Se sabes o que provocas, daquela non poderán escondelo de ti.

O amor é un tesouro demasiado valioso como para non agochalo. Cada un ten o seu método: actuar como se fosen axentes da CIA, James Bond ou un diplomático inglés na India colonial. Outros disfrázano de piloto de F1 para non ser alcanzados; outros de Hannibal, bícante mentres xa decidiron destriparte para facer un exquisito guiso co teu corazón. Hainos que utilizan o seu superpoder para facelo invisible. Está aí, podes ulilo e sentir o amor a menos dun centrímeto dos teus beizos, pero de todo ese esforzo invertido na invisibilidade unicamente queda unha pantasma desorientada e amargada.

Mentirán, non teñas a menor dúbida de que o farán. Negarante como San Pedro a Cristo. Si, serán elevados aos altares, mais non te apures que os derradeiros serán os primeiros. O que só quere pasar desapercibido na fotografía. Que non se disfraza nin finxe, o que tampouco abusa de superpoderes nin sae correndo. O que se tirou á piscina contigo en lugar de negarcho. Querían ver á muller, querían beber do teu sangue e sentirse únicos á túa conta. Pero a muller é del en corpo e alma. Repítome, seino, pero pouco importa. Neste conto non hai princesas nin príncipes, só dous que se volven un e medran xuntos como a raíz do carballo máis centenario.

(Fotografía de Santiago Covela Ulloa)