Febreiro 2013


arroutadas and basado en feitos reais and espectadora and eu enténdome and íntimo e persoal26 Feb 2013 10:42 p.m.

Todo acto ten consecuencias. Poden perdoar e ti sacar da túa memoria o (estúpido) grave erro cometido. Inxenua… Pero mentalízate, acéptao, non esquecerán. Quizais haxa feridas que nunca cicatricen ben.

E da mesma maneira que Tenzing aprendeu a vivir coa vergoña de ser o segundo en chegar ao Everest, eu teño que aprender a vivir co dano feito.

casualidades and dor and eleccións and eu enténdome and family woman and persoal18 Feb 2013 10:28 p.m.

Un mal presentimento. Estar a xantar un día calquera e que un frío angustioso che suba polas pernas ata sentar no teu colo, coma un gato caprichoso que quere que notes a súa presencia. Outra ausencia máis. Outra vida que pon punto final. E o círculo vaise pechando, cada vez máis pequeno. Esta bala pasou rozando o corazón, a próxima rebentaranos os miolos. Ese día que non queremos que chegue, ese día… Suspira, aguanta. Outro aviso, no reloxo de area o tempo cae cada vez máis rápido. Tic tac. Temos que correr e chegar a tempo.

Que nada quede por dicir ou facer.