Maio 2012


amor escríbese con H and basado en feitos reais10 Mai 2012 12:02 a.m.

3 x 24

Porto non é Lisboa. Lisboa era o centro do universo, o big bang. En tres días, sen darse conta, sen ser consciente, consigue que me olvide de Lisboa, dun ano da miña vida. Eu sempre dicía foi o mellor ano da miña vida. Mesmo me emocionaba. E agora? Lembro que o sentía así, pero non lembro o porqué. Os recordos está aí, pero xa non son meus, non me pertencen, evapóranse coa calor do seu corpo cada vez que me abraza. Xa non sinto saudade por Lisboa, descubro con asombro. Nunca, xamais pensei que alguén podería liberarme.

 

En tres días…

 

 

basado en feitos reais and eu enténdome and self-service love05 Mai 2012 08:11 p.m.

Conterse, aguantarse. Disimular ou non disimular. E ti só queres fuxir de ti e da túa vida. Só un día, só unhas horas. Non ter que dar explicacións por querer estar soa, querer ser completamente invisible. Completamente soa. Non sentirte culpable por desexalo. Falan contigo, ti sorrís, respondes, acertas, erras, mais non estás con eles… Estás perdida no deserto, agora a montaña é un deserto.

Volverás, pero aínda non. Aínda non.