Decembro 2011


saudade31 Dec 2011 06:18 p.m.

Derradeiro día do ano, sairemos e celebraremos outro número máis na conta dos anos. Pero non esquezas que todos os días son o derradeiro, únicos. Diranche que non teñas tanta ilusión, que as cousas están mal (porque están mal). E ti este ano non os escoitarás. Sorrirás e calarás con esa certeza coméndoche a orella: Non hai nada imposible, gañarás a medalla de ouro nas olimpiadas da túa vida. Comerás as uvas ao son dese topicazo que sempre che abranda o corazón. Es unha ñoña, para que negalo?

Lembrarás o voso 1º aniversario, que vos regalastes o mesmo, o ataque de risa que tivestes. Creo que este é o momento máis feliz da miña vida…

Lembrarás Edimburgo, a furgoneta e a entrada nas Highlands, no words

E lembrarás os 200m finais da carreira, o sprint, a explosión no peito. A victoria da túa vontade, por fin.

Tres recordos para resumir un ano

íntimo e persoal and soños26 Dec 2011 11:35 a.m.

En soños volvo a un pasado que presenta  pinceladas de recordos aínda por inventar. O futuro sorrí con forza. Recoñéceme coma un fillo á súa nai. Xa non é fráxil, ten reflexos de gato, non cae, tropeza pouco. Lévame a lugares que eu cría aínda habitados por pantasmas adolescentes. Sabe cal é a banda sonora que me gusta e regáleme un momento de soidade para mirar  cara atrás: as paredes, o chan, os marcos das fiestras non mudaron; a esencia segue igual. O bo permaneceu e non se contaminou. Era o meu gran temor.

Mentres, soan violíns

eu enténdome21 Dec 2011 11:09 a.m.

 

“Para crear unha amizade precísanse anos, pero pódese destruír en cuestión de segundos

espectadora and eu enténdome19 Dec 2011 10:56 p.m.

Penso que nunca fun consciente do que realmenta significa ver medrar a un neno. Ata hoxe. Non se trata de que os nenos che caian mellor ou peor, que te sintas identificado e penses na túa infancia. Non, é distinto. Esa maneira na que botan raíces en ti sen pedircho, sen que sequera o saiban… Este sentimento, de onde vén? Un truco de maxia inesperado, maxia de verdade. E algo cambia en min, no profundo, no eterno. Un golpe seco na alma. E algo esperta… Algo que estaba aí dende o principio dos tempos, algo que xa vin nos ollos que me criaron e me guiaron. Un flash, un recordo: Osiria ensinándolle a ler a un neno no patio do colexio. A miña mirada curiosa. Por que? Que buscas?

Vexo o futuro, preséntase ante min cos brazos abertos, sorrindo. Todo está mal, todo é complicado, todo, todo… Todo é mentira. Todo depende de ti. O abrazo invisible da vida.

7º arte and family woman and íntimo e persoal and saudade14 Dec 2011 04:47 p.m.

Lembro con adoración aqueles días de verán e primavera. Unha aldea pequena, tan pequena que xa pouco queda dela. Camiñar por carreiros e congostras. Sempre detrás dos avós, soñando con saber coidar a horta coma eles ou ser grande para cortar ben a leña. Non había televión, non había nada que non fose o verde das árbores ou os paxaros falando en voz alta. Atopar a pel vella dunha serpe ou tirarnos prado abaixo con sacos. Os cans, as pitas, as ovellas, os veciños, as partidas de brisca… Cando estábamos todos, cando o medo non nos bicara. Cando a morte e as ausencias non existían nos diccionarios das nosas almas… Sorrisos de raíz infinita. Inocencia, coma un castiñeiro que non coñece a polución.

O ceo non é un lugar, eran aqueles días. E algún día volverei.