Setembro 2011


íntimo e persoal27 Set 2011 09:41 p.m.

Un segundo. Un vaso a piques de caer ao chan, pero tiveches os reflexos de Bruce Lee. Hai alguén que toca o violín. Camiña detrás de ti poñéndolle banda sonora á túa vida. A que ti decidas. Un segundo.  Cruzar a rúa. Namorar, morrer, recoñecer. Unha decisión importante, unha enerxía que nin se perde nin se destrúe. Transfórmase nunha certeza. É a imaxe que che devolve o espello. Chámanlle cidades. Claro, ninguén sabe con que nome bautizar a esa diferencia inolora que che devolve o espello. Edimburgo, Lisboa, Madrid, Barcelona, nos teus bicos, Vigo, Cracovia, Londres. Ourense. Algo mutou, a evolución das especies aplicada á alma, medida en quilómetros, con avións e trens. Quilómetros que teñen rostro de recordos. Deja vu.

Dáste conta? A miña alma xa quixo pasar por aquí.

viaxes26 Set 2011 10:27 p.m.

A pedra escura, fea non ten culpa de ter alma de volcán… Pantasmas en cada esquina. Cemiterios nos que me quedaría a vivir. Luz intensa, escala de grises. Acentos estraños. Palabras no vento da pedra, no chan húmido. Cruzámonos con Mark, con Jekyll, e con Bea; a súa Cat serviunos un scottish breakfast. Dous edredóns, ficar durmidos coma siameses. Three sisters e un loch que é coma un mar. Un vinilo. As personaxes da miña cabeza por fin teñen vida propia, saen dela, estamos no Jazz bar sentados a tomar unhas pintas. A cidade ten alma tranquila, ten alma de vello paciente ao non que xa non lle importunan as inclemencias do tempo. A alma que quero para min.

máis que papel20 Set 2011 10:03 p.m.

“En el principio de los tiempos los hombres utilizaban armas de piedra, que se quebraban con facilidad. Pasados los siglos, las sustituyeron por utensilios de hierro, que si bien eran mucho menos resquebradizos, presentaban la desventaja de oxidarse rápidamente. Y entonces a un herrero se le ocurrió la feliz idea de crear una aleación de metales que llamó acero. Pero el acero, para llegar a serlo, debe pasar por las pruebas de los elementos: Primero por el fuego, para fundirse, acto seguido por el agua y por el aire, para endurecerse, y finalmente por la piedra, para forjarse. Y por fin se convierte en una espada de acero, la más resistente de las armas.

-Y supongo -dije yo, irónica-, que la moraleja de la historia es que uno solo se hace fuerte después de superar todo tipo de pruebas.

-Fuerte no. Fuertes lo eran la piedra y el hierro -afirmó ella categórica-. Flexible. Ahí radica la diferencia. No puedes sobrevivir si no lo eres”

(Fragmento de Beatriz y los cuerpos celestes no que ultimamente penso moito)

viaxes03 Set 2011 07:21 p.m.

Próxima estación

íntimo e persoal and maratón and self-service love03 Set 2011 07:12 p.m.

Cando corro son outra persoa. As miñas pernas só entenden de quilómetros e nada, agás a miña mente, me pode parar. A cabeza dilúese. Nada importa, nada existe. Non teño medo dos coches nin de que se me pare o corazón. Deixo de preguntarme se quizais só son a sombra dunha pantasma. Fico máis espida ca diante do espello ou sen gafas que oculten a miopía do meu corazón. Fuxo, son máis rápida ca min mesma. E convértome naquilo que sinto que non poderei chegar a ser nesta vida.

Pensan que me preocupa a miña figura, quero gustar… (Non sei, quizais esta tamén é unha nova  entrada  na miña longa lista de percepcións erróneas) E calo porque non me atrevo a  confersarlles que só cando corro me sinto invulnerable, segura e protexida. Que ninguén pode volver ferirme.

Quizais o único que sei sobre a vida é que hai cousas que ninguén máis nolas pode dar. Nin o amor, nin a familia, nin os amigos. Só un mesmo. Só eu.  E que sen ese “algo” todo se vai á merda. Custa tanto chegar ao cume do Everest, pero é tan sumamente doado esvarar e caer… Volver perderse, volver ser unha nazi. Cando as neurosis merodean, cando toda a túa vida fuches unha inxenua, unha persoa tan débil e tan valente á vez, tan extremista que non sabes en que momento a auga se tranformou en lume… Cando me pregunto se serei suficiente para el co paso do tempo…

Corenta minutos despois paro. Estou algo cansa, suada. Fago estiramentos e dúchome sen ese estado de alerta permanente. Sen buscar aprobación. Por fin, en equilibrio.