Firmamos un acordo invisible. As discusións absurdas para enganarnos. Trátantos como se non fósemos medrar e nós facemos o mesmo con eles. Os catro vivimos nunha especie de adolescencia que non remata e así finximos que o tempo non avanza. A realidade golpeunos outra vez. Mordeu á miña nai nas costas. Tivemos que pasar case todo a noite en urxencias sen saber se era unha cousa ou a outra… Paseo polos corredores do hospital que de día están ateigados de xente. Morremos de sono. Agardamos. Placas, residentes, cafés de máquina. Unha muller entra chorando acompañada do que debe ser o seu marido mentres á miña nai lle dan a alta. Hai unha ambulancia fóra. Baixan a padiola cun home co rostro tapado. Baixo a vista. Gustaríame dicirlle algo á muller, un abrazo, o que sexa. Pero xa non teño o valor para facer esas cousas. E outra morte máis. Cando me meto en cama estou tan cansa que me doe ata pechar os ollos. Pero o peor foi ao espertar. Por segunda vez este verán, non recoñecía a cidade e sentíame estranxeira.

Saudade.