Xuño 2011


amor escríbese con H and casualidades22 Xuñ 2011 10:07 p.m.

(photo by Pablo Araújo)

Amor

Amor

Quen sabe onde comeza e onde remata? Ninguén.

Os  cando, os como, os onde ou os por que marcharon á procura de novos planetas e só queda esta chuvia de verán que calma a sede da terra. A miña sede ancestral, de dinosaurio xa extinguido.

Amor, a palabra non pronunciada (por que non son digna de que entres na miña casa, pero unha palabra túa abonda para me sanar), inoloro como a saudade.

… Amor é o teu nome no meu corazón.

Ourense, 20 de xuño de 2011

basado en feitos reais and family woman16 Xuñ 2011 04:48 p.m.

Non hai maior trampolín que a confianza dos pais… Esa é a raíz dos soños.

7º arte16 Xuñ 2011 04:42 p.m.

Creo que Woody ten razón, a solución non é menosprezar o presente e seguir soñando cun pasado idealizado

soños06 Xuñ 2011 09:16 p.m.

Soño contigo, pero nos son consciente. Realidade semiparalela, coma se noutro mundo, noutra vida non vivida xa non me quedase pena. Os cabelos volven ser rubios. Tes que salvar ás bolboretas, hai unha epidemia en toda a cidade.

Perdoar, deixar de sangrar. Volves a ser a segunda persoa do singular ata que esperto completamente desorientada. Como quen morre de súpeto e deixa unha vida inacabada. E moita paz.

self-service love06 Xuñ 2011 04:41 p.m.

Recoñezo que queimei algo de roda cando me deixaron o coche no breve tramo de Gustei a casa. A banda sonora e a tormenta perseguíndome non me invitaban a outra cousa.

amor escríbese con H and espectadora and Sen clasificar and viaxes06 Xuñ 2011 04:27 p.m.

Tremor. Gabeei polo arco do escenario. Alí sentada, invisible. Vinme dende o público e vinme dende o ceo. Desdobrada. Saín correndo e tireime de cabeza no Mediterráneo.

Paredes que tremen. Calor e fóra nubes que non descargan. Ter a nosa illa de espacio e tempo. Adeus pantasmas, adeus…