Maio 2011


7º arte and amor escríbese con H and basado en feitos reais and self-service love20 Mai 2011 11:42 p.m.

O amor procura acubillo no máis profundo da memoria. Espido, cos ollos abertos, sempre agardando por unha visita nosa.  A súa pel ule a salitre. Recitanos poesía en soños. Xa case non nos lembramos porque nos ensinaron a agochalo do sol. Esa inxenuidade… A miña inxenuidade, como a boto de menos. Quen ma roubou? Si, roubáronma. Deixei que a bebesen do meu sangue. Teño que perdoarme… Aínda teño que perdoarme por ser así de vehemente.

A muller que sae na pantalla lémbrame a min, pero de maior. Unha máis do montón, alegre e faladora. Esa que ninguén agarda faga algo tan inesperado. Non o podían nin imaxinar. Eu si, só cunha palabra, só cunha mirada sabía o que ía pasar dez minutos de metraxe antes. E veñen a min aqueles días nos que eu tamén era quen de facer poesía. O amor facía autostop en cada estrada da miña alma. Era libre, non tiña medo. Pasaron dez anos. Agora non podo, non atopo esa pureza. Quizais a perdín para sempre. Ou quizais volva a min cando xa non teña nada que perder e a vida ben vivida, cando envelleza e ninguén lle dea tanta importancia ao que digo ou fago. O amor fora atropelado hai anos. Agora camiña cunha perna ortopédica e ten medo a cruzar a rúa, pero segue saíndo a correr todos os días.

Volvo a casa correndo, no medio da madrugada e coas rúas baleiras. E en silencio, as árbores repítenme o que xa sei. O amor é a única revolución posible.

máis que papel20 Mai 2011 10:45 p.m.

“Pero eu recoñezo que hai unha sombra no meu interior dende sempre, dende que tiven uso de razón. Ao mesmo tempo sempre fun optimista. Parece unha contraposición, pero non o é. Non pode coñecer a poesía e o amor quen non coñece ben o fracaso“. Lois Pereiro

Autonauta escribiu unha marabilla de libro. Altamente recomendable.

as apariencias enganan and persoal20 Mai 2011 10:33 p.m.

O día que non se teña que celebrar o día das Letras Galegas, o día que non teñamos que escoitar discursos a medida e politados (tanto uns coma outros), ese e só ese será o día no que o galego deixará de ser unha especie en perigo de extinción. Unha lingua completamente normalizada.

O demais impórtame unha merda.

íntimo e persoal and mens sana in corpore sano04 Mai 2011 10:07 p.m.

Saio a correr. Primeiro estiro con calma. 40 minutos despois volvo ao punto de partida, pero algo cambiou… Algo que hai moito que tiña que ter cambiado.

eu enténdome and self-service love04 Mai 2011 09:30 p.m.

A fe, a confianza é algo tan fráxil… Translúcida como papel cebola, eses que utilizaba miña nai para facer patróns. Seica Cristo podía cambiar a materia das cousas, de viño a sangue. Transubtanciación. Alquimia da alma é o que me toca a min. Raíces profundas e pacientes.

eleccións03 Mai 2011 03:06 p.m.

Para resucitar primeiro teño que morrer.