
A min tamén me pasa... A ti non?

primeira fase do experimento:
- o suxeito, a través dun xogo consciente/inconsciente no que se lle provoca buscando unha reacción a unha acción planificada con anterioridade.
de observarmos calquera tipo de reacción/casualidade de natureza estraña pasaremos á segunda fase do experimento.
(continuará...?)

Que raro se me fai que as cousas me empecen a saír como eu quero. Supoño que é a falta de costume. (sorriso idiota)

É curioso como nalgún momento (non sei en cal) deixei de lembrarme dos bicos que dei para lembrarme só dos que non cheguei a dar.
Agora? Mmmm, pois estou a quedar sen memoria. E tan feliz.
26 anos. Así de golpe. De onde saíron? Ás veces síntome esa nena sensible, inocente, alegre que non atende a razóns. Outras vexo á muller á que moitos lle piden consello. É certo, sigo a ser unha “niña-mujer” como me bautizaron hai dez anos. Teño días moi bos. Momentos brillantes nos que podo facer maxia só cunha mirada. Teño días nos que todos me queren ao seu lado e estou segura que calquera pode namorar de min. Pero tamén teño días nos que nin eu me aguanto, días no que as ganas de saír correndo, fuxir e morder a quen ouse dirixirme a palabra. Coma absolutamente todo o mundo. Pero eu non entendo a vida sen ti, sempre xuntas, dende antes de nacer, quizais por iso me guste tanto estar soa, porque te teño a ti, porque no meu corazón sempre estás comigo. Por iso xamais me sinto soa. Sería capaz de matar se alguén che fixese dano. E cambio a miña felicidade pola túa mil veces ou as que fagan falta. Perdoa se ás veces pago contigo os meus medos, sei que estás cansada de escoitarme repetilo. Prometo ter máis paciencia. Prométoche que nunca nos perderemos. E vaias a onde vaias, fagas o que fagas, eu xa estou orgullosa de ti.
A túa metade

Non volvas, non escribas, non chames, faime caso, fagas o que fagas ámao, como amabas a cabina do cine Paradiso.
_________
volverei só visita?

"Interés y atracción
Te asustas y corres
Respecto y admiración
Dos animales distintos que conectan
Una conexión mágica que no mucha gente entiende
Y disparos, disparos y más disparos"
(texto que non é meu, pero que me encanta)

pequena escapada. outro pueblo, outras rúas, outras xentes. respirar a Meseta. non pensar(te). non sentir(te). e pasalo ben. confórmome con que a saudade me dea un descanso.

Fun ao médico. Fixéronme unha biopsia no corazón. Dixéronme que non me preocupase, que "non pasa nada". Que hai quimio, que a xente sobrevive a estas cousas. Pero que carallo fas cando o amor é como un cancro que non se quere ir do teu peito? Que fago se xa me operei en verán? Pero se eu ía ás revisións e todo estaba ben... todo. O inconsciente rebélase contra min. O pé tamén. Cando? Como? Onde? Por que? Resucitou e agora non se despega de min. Vixíame cando durmo, tápame se me destapo, agárrame forte se caio, espértame a tempo e obrígame a ir a autoescola... Pero non, non quero amar, non quero botar de menos, non quero. Non quero absolutamente nada. Pero é o único que fago. e esta vertixe, este medo... Unha espiral que xa non sei onde empeza e onde acaba. e por dentro... Oh! Por dentro... Alá, soterrada, con miles de toneladas de alegría e ilusión está a dor. Esa que aparece nos meus ollos cando me despisto. A dor de quen quere ser covarde, deixar de ser valente. que o sexan outros, xa me cansei. De que serve o amor se non podes amar a quen queres? Non quero ser espectadora, nacín para o escenario. Hei mentir a sangue se me frío se alguén pregunta.

"La distancia no es el olvido, la distancia es el deseo"
(non sei a quen llo escoitei ou onde o lin)