Decembro 2009


basado en feitos reais and íntimo e persoal31 Dec 2009 04:38 p.m.

salta

2009

O ano que volvín a Lisboa
O ano que volvin facer teatro
O ano me licenciei

Nota media: 9,3

Frases:
– Están los que saben ser felices y los quieren que les hagan felices, ¿Tú a que grupo perteneces?
– A miña intución nunca falla.
Pasa que me gustas
– Temazooooooooooooooo!!
Gracias por crer en min.
– Escoitar o corpo e controlar os impulsos
– Un dos soños da miña vida era meterme en Maricastaña
– E cando me morra, posiblemente, esta será unha das imaxes que me veña á cabeza.
– Aínda non mo creo…
– Jo, non me quero ir.
– Ti es a que tira do carro e están tan acostumados que non o valoran.
– A valente non me gaña ninguén.
– Cuando tardas en llamarme es porque todo te va muy bien.
– Se algún día me pasa algo non quero que morrades de pena, quero que tiredes para adiante.
– No siempre lo ves todo
– Todos temos un monstro dentro de nós, somos como Carol, podemos ser encantadores ou odiosos.

Abrazos, bicos, bailes, sorrisos, silencios, medos, miradas, música, chistes, soños, decepcións… Vida, moitísima vida.

¿? and basado en feitos reais30 Dec 2009 10:13 p.m.

conservar ou tirar ao lixo?

arroutadas and íntimo e persoal30 Dec 2009 09:44 p.m.

rabia… apodérase de min e ouveo. as mans vánseme ao colo da parte de arriba do pixama. estou soa en casa. a forza dos brazos que se deixan levar pola música… a camisa rásgase… e non, non hai lúa chea…

saudade and soños30 Dec 2009 12:50 a.m.

onte  atopámonos por casualidade. abrázasme con ganas despois de tanto tempo… e xa non había restos de radiación

e canto me doeu espertar e ver que só foi un soño

basado en feitos reais and pelis30 Dec 2009 12:26 a.m.

choro por segunda vez. os pés apoiados contra a butaca de diante. todos choramos. eu máis. frases que me van sacando a tensión do corpo. autoengano, coidarme. mimarme, quererme. eu non teño medo da dor, nin da felicidade. non fuxo. tampouco teño chaleco antibalas que me protexa. a peito descuberto. todos levamos un monstro dentro… uns só queren que os queiran e lles presten atención. saio do cine aliviada. fóra chove, diluvia. a min tanto me ten que me quedase o paraugas na casa. non camiño, deslízome polo chan mollado. o equilibrio non é algo que se atope, é algo que se crea.

as apariencias enganan and eleccións29 Dec 2009 11:57 p.m.

“Se sabes o que vai pasar, tamén te podes anticipar, non?”

basado en feitos reais28 Dec 2009 10:59 p.m.

entras aquí cando pensas que ninguén te ve.

de verdade pensabas que non me ía enterar que o fas?

unha vez dixéronme que era a Maga, a estas alturas do conto xa deberías saber por que…

máis que papel28 Dec 2009 10:04 p.m.

foi o meu regalo de Nadal, o que pedín, basicamente. creo que podo intuír por onde van ir os tiros, pero iso non quere dicir que o libro perda fío ou sexa fácil, é que eu teño demasiada intuición.

e como o estou a gozar. un luxo.

persoal and self-service love27 Dec 2009 11:19 p.m.

libre, por fin.

family woman and saudade24 Dec 2009 02:36 p.m.

ainda que non o diga… bótovos moito de menos. esta noite máis. prometo sorrir moito, regalar abrazos, bailar e ser feliz. facer as cousas ben… pero aínda así

quérovos

íntimo e persoal and pelis23 Dec 2009 02:20 p.m.

— Quen es ti?

—A morte.

—É que vés a por min?

— Xa fai tempo que camiño ao teu carón.

—Xa o sei.

 —Estás preparado?

—O espírito está listo pero a carne é débil. Espera un momento.

—É lo que todos dicides, pero eu non concedo prorrogas.

—Ti xogas ao xadrez, verdade?

—Como o sabes?

—Vino en pinturas e escoiteino en cancións.

—Pois si, realmente son un excenlente xogador de xadrez.

—Non creo que sexas tan bo coma min.

—Para que queres xogar comigo?

—É cousas miña.

—Por suposto.

—Xoguemos cunha condición, se me gañas levarasme contigo, se perdes a partida deixarasme vivir. As negras para ti.

—Era o lóxico, non che parece?

 

e que lle dirías á Morte cando veña por ti?

as apariencias enganan and basado en feitos reais and dor22 Dec 2009 05:31 p.m.

afástasme. polo ulilo, podo sentilo. e os fíos invisibles rómpense, quizais para sempre. xa nunca máis irei a Xúpiter. xa non farei teatro… tiñas que curarme esta ferida que aínda non comezou a doerme… e estou tirada no medio de urxencias paralizada e inmóbil. débil… o meu sangue telo ti. dévolvemo, por favor…

basado en feitos reais and pelis21 Dec 2009 10:51 p.m.

Teño un escudo contra a tristeza

b.s.o. and eleccións21 Dec 2009 10:47 p.m.

Voy a borrar tus sueños
para salir de tus recuerdos.
Voy a borrar tus sueños
para salir de tus recuerdos.

Ya pasó el cometa

y descansa un mundo
que no va a volver.

auga pasadísima and íntimo e persoal21 Dec 2009 10:38 p.m.

encántame que non me tomes en serio, (en serio) sabes por que? non does. si, para min tamén foi unha sorpresa.

amor escríbese con H21 Dec 2009 10:31 p.m.

que farás sen min?

nada

amor escríbese con H and pelis19 Dec 2009 10:59 a.m.

Quizais estar vivo sexa isto: perseguir instantes que morren

 

eu enténdome17 Dec 2009 09:50 p.m.

E xa van dúas veces que me mentes. Así, a sangue frío, na miña (PUTA) cara…

Espero impaciente pola terceira.

basado en feitos reais16 Dec 2009 11:27 p.m.

pois iso

Páxina seguinte »