fdn2009

Quería espirme. Quería saír disparada cara o ceo como unha bala. Quería berrar ata quedarme afónica. Quería deixar de ter esta sede diaria. Se a cervexa fose amor, eu sería alcohólica. Beber, beber. As ganas, as putas ganas. Esas que siguen intactas. Son como un depredador que cambia de présa, pero a fame non morre. Ou son insaciable ou aínda non me saciei.

Ao final, quedei afónica e bebín da boca de quen primreiro se ofreceu. A sangue frío.