Abril 2009


eu enténdome20 Abr 2009 10:34 a.m.

Auga entre os dedos. Saber que é o momento, quizais non haxa outro. Quizais. O brillo dos ollos, o que non se di en voz alta, o que quero. Participar na maratón, aínda que chegue á meta de última. Só iso. Pero non puiden ser egoísta. Renunciar ao momento, era o mellor? Si, pero para quen? E deixar escapar o momento

Auga entre os dedos

basado en feitos reais and íntimo e persoal20 Abr 2009 10:02 a.m.

o universo conspirou. e eu tiven que facer de superhéroe, coma sempre. cando non teñen calma, cando o medo corroe as súas veas, iso que ninguén máis ten o privilixio de ver… o sangue frío que se apodera do meu corpo, esa axilidade, esa maneira que teño de saber o que necesitan xusto nese momento. o antídoto de todos os males. mírame! e saco as gafas que ocultan a Clark Kent.