Marzo 2009


family woman23 Mar 2009 10:54 p.m.

mañá repetimos, pero esta vez é ela. esperemos que non sexa nada.

as apariencias enganan and íntimo e persoal23 Mar 2009 10:40 p.m.

odio sentirme así de vulnerable. non, non son as hormonas. é ese sobre pechado no fondo do caixón…

soños20 Mar 2009 11:41 p.m.

prométeme que me deixarás durmir. porque teño medo de que nun descuido

axenda20 Mar 2009 11:36 p.m.

que ganas teño de verte mañá no Torgal. non me emociones moito que ando sobrada de emocións

máis que papel20 Mar 2009 11:29 p.m.

Era o poeta do corpo.

era o poeta da alma.

Era o poeta do home e da muller,

pensaba que é tan grande ser muller coma home,

pensaba que non  había nada máis grande cá nai dos homes

é coma min, ou máis ben ao revés… oxalá fose eu a súa reencarnación.

de esmorga and eu enténdome20 Mar 2009 11:12 p.m.

esquecendo que esquecín porque me pasei media noite sen gafas. por que era tan feliz que me tiraba ao chan? as (miñas) apariencias enganan…

¿?20 Mar 2009 04:35 p.m.

será ou non será?

de esmorga and eu enténdome20 Mar 2009 12:55 p.m.

espertei no chan, desorientada, aínda respirando aquel olor

creo que perdin algo máis que a memoria

self-service love16 Mar 2009 04:43 p.m.

sorrinte, tirada no chan cos ollos pechados. sen nada que perder nin gañar. creo que por fin aprendín a ser feliz co que teño, sexa moito ou pouco.

7º arte12 Mar 2009 11:23 a.m.

Dentro de todos e cada un de nós hai un verdadeiro e auténtico swing. Algo co que nacemos, algo que noso e só noso. Algo que non se pode ensinar nin aprender. Debemos mantelo vivo. Co paso do tempo o mundo pode roubarnos ese swing e queda enterrado no noso interior baixo todos os nosos “tiña que, podería, debería”. Hai quen chega a esquecer cal era o seu swing.

¿? and as apariencias enganan and basado en feitos reais12 Mar 2009 10:47 a.m.

agora tócame a min facer o que absolutamente ninguén espera.

basado en feitos reais and eu enténdome12 Mar 2009 10:41 a.m.

e non sei se realmente quero fuxir e saír correndo. e non sei nada e seino todo. hai un sexto sentido. o da distancia, saber o que non pode saber. quen está preto e quen non. sabelo e punto. e desexaría non ter que dar máis explicacións do que sinto ou non. máis ben non ter que xustificarme. dá igual que cho explique, sei que non me entendes. non o dis pero o ton na voz, ese vaste equivocar e vala cagar tatuado en cada sonido que emites, vai directo ao meu sistema central. dígocho polo teu ben. esperando o momento da miña derrota para soltar o consabido non me fixeches caso. e todos son covardes, todos agás un poucos. teño ansia, teño que disimular, xustificar, xogar as miñas cartas, escoller, decidir, e sei que ninguén é sincero de todo comigo. seino. minten as palabras, as intencións, as actitudes. todos minten (porque todos se minten a si mesmos)… amigos ou inimigos. pero o corpo… como se moven, como miran… o corpo escápaselles do seu control. e nunca minte.

eu enténdome09 Mar 2009 11:11 a.m.

vou ter que empezar a marcar territorio

7º arte and amor escríbese con H06 Mar 2009 05:36 p.m.

a quen non lle gustaría que lle lesen así?

amor escríbese con H and viaxes06 Mar 2009 05:29 p.m.

a que en Roma non hai unha Lisboa?

eu enténdome and frikadas06 Mar 2009 05:18 p.m.

estou empezando a engancharme… así como quen non quere a cousa

máis que papel and persoal06 Mar 2009 05:11 p.m.

esta primavera vou parir, estou embarazada. xa noto as patadiñas… van ser xemelgos.

amor escríbese con H06 Mar 2009 04:58 p.m.

cada vez gústame máis.

basado en feitos reais and eleccións06 Mar 2009 04:49 p.m.

non é atacando a cultura e a educación como se remedia a crise

NON ME TOQUES O GALEGO

Páxina seguinte »