Febreiro 2009


arroutadas and basado en feitos reais and saudade27 Feb 2009 01:46 a.m.

esta é a miña segunda oportunidade. XAMAIS debín deixalo

amor escríbese con H and saudade and viaxes13 Feb 2009 01:34 a.m.

Imaxina todo o que es. Todo o que viviches. Os límites da túa existencia. Imaxina que non te queres ir… que nunca te quixeches ir… imaxina un golpe de sorte. A casualidade máis grande da túa vida, como esa pregunta do Trivial que che fan e que ti respondes case sen saber como sabes a resposta… sen ter a certeza absoluta. E acertas. E sorpréndeste, vaia, quizais debería facerlle máis caso ao meu corazón…

Irme foi un instante, vale si, veña, voume a Lisboa. E todo o planificado cambiou… a orixe da orixe. Quizais me mentiron e noutra vida eu fun o Tejo, ou un tranvía vello…

Lisboa Lisboa Lisboa… Sempre Lisboa. O centro do meu universo, da miña vida, da miña alma, de todo o que son agora, se cadra tamén do que fun , pero aínda non o sabía, aínda non o sabía. O útero no que vivín nove meses. Alí espertei á vida, rexuvenecín como naquela película… alí onde recuperei a adolescencia perdida… A maxia que transpira a cidade é a miña herdanza. Roubeilla cando regresei… era o noso pacto, a cambio eu deixáballe a miña inocencia, a miña ilusión, as miñas ganas… E ninguén imaxina como me sinto agora…A piques de pagar a miña débeda con ela…

Din que non se pode cambiar o destino de un. Iso din. Pero Lisboa cambiouno ABSOLUTAMENTE todo… Vexamos do que é capaz nuns poucos días.

íntimo e persoal13 Feb 2009 12:38 a.m.

como un imán

as apariencias enganan and basado en feitos reais and persoal13 Feb 2009 12:29 a.m.

As máscaras. A miña fai que aparente menos anos dos que teño. Pero eu xa fun máis vella do que son… moito máis. Xa me xubilei, xa pasei por onde pasan todos agora. Teño xogado tantas veces ao xadrez que te sorprenderías… ou máis ben asustaríaste. Collerías e buscarías unha boa escusa para afastarte. Non negues coa cabeza, é o que fan todos… Tiña quince anos e polas miñas veas só había sangue triste e apagado dunha vella desganada. Xa fun ao inferno, fun unha nazi, matei sorrisos, ilusións, confianzas… Despois, cando vin como sangraban as súas feridas tiven un cancro de arrepentimento. Acaso sabes o que é mirarse no espello e non sentir máis que noxo…? E morrer en vida e resucitarme. Perdoarme, coñecerme, aceptarme, quererme…

Podo facer que te desenrroques. Que te enrroques. Que me deixes comerche o alfil nun descuido. Pero non te asustes, prometo non comerche a Raíña, non vaia ser que esta partida non remate en táboas.

as apariencias enganan and persoal03 Feb 2009 11:01 a.m.

ten que ser unha broma, non pode ser.