Xaneiro 2009


persoal31 Xan 2009 12:51 p.m.

a miña memoria volveuse de plastilina. obecedeme, a miña memoria é lista, xa non me molesta con estupideces. a confianza de saber que esta vez aprendín a lección mentres espero sen esperar, mentres vivo e me alimento de rutinas máxicas invisibles aos ollos dos demais. intúo como agora que ten todas as pezas do meu crebacabezas, senta no chan do seu salón unha tarde de domingo calquera e cando ninguén mira dedícase a porlles cara ás personaxes

a metáfora da metáfora, de carne e óso. a casualidade da casualidade da casualidade.

¿Qué más decirte sin hablar?

basado en feitos reais and íntimo e persoal26 Xan 2009 12:03 p.m.

fágome vella, teño a crise dos 25…

basado en feitos reais and casualidades22 Xan 2009 12:31 p.m.

onte cruceime cunha pantasma. non era miña, pero dérome ganas de …

basado en feitos reais and dor and saudade and Sen clasificar20 Xan 2009 11:39 a.m.

non, non era a miña avoa. tiven flashes. era a avoa dela e ela choraba. non podía parar de chorar. non era o pranto forzado, nin obrigado. era sincero. xa lle vin esa mirada o domingo no hospital. estaba a verme a min mesma hai dous anos. víñanseme flashes á cabeza. vinme a min mesma querendo estar soa, para chorar en paz. xa non tiña que estar pendiente de quen viña ou deixaba de vir ao velorio, nin de meus pais, nin de ninguén, só quería chorala. soa… non quería a ninguén preto, só a tristeza.

non hai nada que doía máis que saber que a certeza das ausencias que son para sempre.

basado en feitos reais and persoal20 Xan 2009 10:51 a.m.

que se lle vai facer… son un pato. e teño complexo.

¿? and arroutadas and basado en feitos reais19 Xan 2009 01:16 a.m.

xógome o pescozo a que fixen diana.

sabíalo, confirmáchelo, e agoraagora que?

puntos supensivos

eu enténdome16 Xan 2009 05:45 p.m.

esperando

tic – tac


non te asustes, por favor…

b.s.o.15 Xan 2009 05:47 p.m.

non podo deixar de escoitalo

basado en feitos reais and saudade15 Xan 2009 05:39 p.m.

non é temporada de rebaixas, é temporada de a u s e n c i a s.

benvida Saudade, xa te botaba de menos.

basado en feitos reais14 Xan 2009 05:50 p.m.

boa viaxe

as apariencias enganan and basado en feitos reais14 Xan 2009 04:55 p.m.

as apariencias das apariencias

agora vai resultar que as sombras teñen sombra

basado en feitos reais and persoal11 Xan 2009 10:10 p.m.

e caeume a venda dos ollos

amor escríbese con H10 Xan 2009 07:44 p.m.

é imposible que volvas a derribar o meu muro

é imposible derrubar o muro de Berlin 2 veces

basado en feitos reais and eu enténdome08 Xan 2009 10:21 p.m.

menos mal que son máis lista que a fame…

¿? and basado en feitos reais08 Xan 2009 02:31 a.m.

nin podes borrar os meus soños, nin podes saír dos meus recordos (e viceversa). por moito que cliques en DELETE…

basado en feitos reais08 Xan 2009 02:16 a.m.

hamburguesas e rutina

sempre pagan xustos por pecadores

eu enténdome07 Xan 2009 11:54 p.m.

non son meus… son teus, e ademais sen motivo

arroutadas and basado en feitos reais and casualidades and de esmorga and miradas07 Xan 2009 03:38 p.m.

música. pecho os ollos. música nas miñas veas, no meu corazón, no aire que respiran. o momento de dalo TODO. non había outro. non ía haber outro. saborealo como o bo viño. vólvome un puto imán. irradio enerxía. amor nuclear. radioactividade. cruce de miradas. ollos que me buscan. as mans tremendo, saben o que teñen que facer, pero non queren equivocarse. adrenalina contida, escuridade, ganas de…

(1 de xaneiro de 2009, nalgún lugar da galaxia)

basado en feitos reais and delirando05 Xan 2009 01:21 a.m.

non existe a distancia adecuada:

preto é demasiado preto… e lonxe é demasiado lonxe.

o equilibrio é imposible?

Páxina seguinte »