Xullo 2008


íntimo e persoal and máis que papel04 Xul 2008 06:26 p.m.

Hai un tipo de madurez que non cha dan os anos vividos, nin as viaxes, nin as experiencias, nin as aventuras amorosas, non os estudios, os libros, a música, nin a arte, nada diso serve. É algo que se ten ou non se ten. Non é cuestión de intelixencia nin de razón nin de disimular (ou aparentar). É algo puro, pero non por iso fráxil ou débil. É invisible, non podes tocalo nin velo. Non falo de Deus, nin de anxos nin de humanos… Isto non vai de relixión, é un lóstrego por toda a columna vertebral, unha seguridade, unha certeza que vai máis alá dos sentidos, da intuición. É como a morte, como un nacemento, un instante, un suspiro, menos do que tarda en formarse unha bágoa ou un sorriso. Atreverse a escoller, si ou non, dereita ou esquerda. Vivir sen medo a equivocarse aínda que te poidas equivocar, con ou sen esperanza. Dar un paso máis alá do pactado por todos, máis alá do aprendido. Escalada sen corda, sen coñecer o muro. Derrubar muros invisibles sen pararte a pensar que cando o golpeas co martelo, que do impacto che poden caer cascotes. Non, non é impulsividade. É decisión, firmeza de carácter. É unha forma de estar no mundo que te fará feliz baixo calquera circunstancia, mesmo se ao final non consegues facer realidade os teus soños ou se a túa alma xemelga te manda a fritir churros, por poñer dous exemplos.

 A quen dubide de ti, a quen non saiba se te quere ou non, a quen non te pelexe, a quen non se arrisque por ti, a que non se atreva a espirse diante de ti, a quen finalmente non che faga un mapa da súa alma, a quen só mire e cale, a quen se esconda detrás do muro da indiferencia… (suspiro) pois… dedícalle o mellor dos teus sorrisos e afástate.

 Hai quen prefire ver os leóns no zoo… eu prefiro velos en vivo e directo, na sabana.

Maio de 2008

 

b.s.o.04 Xul 2008 06:20 p.m.

o peor erro que podes cometer nesta vida é escoitar a absolutamente todos os que te rodean agás a ti…

teño a vida hipotecada dende hai anos porque sempre pequei de pouco egoísta. non é unha queixa, é a puta verdade. a miña puta verdade.