
madrugada, un sábado calquera, nun pub.
aí estaba... marabunta de xente, música. posme un licor café? a mesma cara de sorpresa que poñen todos cando o pido. non aparto os ollos nin un só instante. vaise debuxando un sorriso na miña cara. volve é págolle. non sei o seu nome pero é igual. sorriso pícaro. fágolle un xesto para que se achegue máis porque case non dou falado co ruxe-ruxe. onde mercaches a gorra? a miña voz irradia inocencia... a miña mirada di outra cousa... bótase a rir con cara de felicidade.
xa te teño xusto onde quero
chúzame -

debería estar a durmir. coma tod@s. mañá teño un exame. mañá é mañá, pero hoxe é hoxe... esta noite. fai tempo que non escribo... teño medo das miñas palabras. isto xa o le demasiada xente. non en cantidade, non... pero si demasiada xente. e hai anos que perdín a arte de dicir exactamente o que quero dicir sen que ninguén se entere. ou que só se entere quen se tiña que enterar. outra vez volvín ler que o amor non se escribe con H... outra vez que gran mentira.
JA
ríome eu.
ironías da vida, agora os anónimos déixanmos a min. no fondo gústame xogar e arriscarme. fiarme do instinto, quizais adiviñe quen es sen que te delates. así por ciencia infusa. mestura de intuición e deducción. unha chispa que acende o chisqueiro. así funciono. e non me preguntes porque, pero ao final, sempre me acabo enterando de todo aquilo que me interesa... existe unha lei universal que di que todo se acaba sabendo.
cuestión de tempo, todo chega... ou non.
chúzame -