
someday...
chuzame -

que fará o carteiro se o cadelo non lle deixa entregar o que ten que entregar? foi a miña trampa para comezar a correr antes de tempo. a distancia protexe. ten máis valor un papel escrito que calquera promesa dita, triste pero é así... e se non que llo digan a Dufresne.
chuzame -

e dende fóra véseche tan vulnerable
(iso é porque me encanta que me miren con tenrura, para que mentir?)
chuzame -
cun pouco de amor propio… todos acaban sorrindo!!

escuridade. no Charol nunca hai boa luz. saio do baño aturdida. o soldado volveu a intentalo por milésima vez. e mentres boto auga no baño sinto esa dor punzante no peito. alcohol en vena e chuvia fóra. por que carallo me tes que doer tanto? abro a porta e aínda baixaron máis as luces. escuridade absoluta. aparece da nada e pon unha man no meu corazón, por un momento parecía que deixaba de desangrarme... por un momento. respiro o seu aroma. caio na trampa, na rede, no labirinto. bebo da súa boca. o tempo párase, volve a ir rápido. semella un cd raiado. e sigo sen saber porque non funcionou. mal sabor de boca, como cando vomitas.
o bico perfecto é aquel que nunca se repite.
chuzame -