Abril 2008


basado en feitos reais and family woman20 Abr 2008 11:58 p.m.

sábado ás dez da noite metida en cama cunha de estas para non pensar

que non cunda o pánico, esta noite xa caio co sono eu soa.

basado en feitos reais and de esmorga20 Abr 2008 11:49 p.m.

 

O instinto. Hai quen sabe usalo, hai quen non. Pitido de orellas, o meu sentido arácnido afinado e listo como un detector de metais. Non sei porque se puxo a falar comigo. Incredulidade pola miña parte. Preséntaseme para a miña sorpresa. Entre a música alta e o alcohol que debe levar en sangue cústame entenderlle. Aproveitou a escusa para achegarse máis, tamén axudou que me sacaba dúas cabezas, repetir o seu nome mentres case me bica a orella. Eu sorrío inxenua. Non, non pode ser… Pero cando pitan os oídos é por algo. Contoume que acaba de abrir negocio propio e que ía camiño dos 30 sen complexos. Foi divertido porque ao día seguinte e coa resaca evitaría lembrarse de porque veu a min… Mentirnos a nós mesmos é fácil que mentir ao resto do mundo. Ademais, había quen xa estaba agardando polos seus beizos con impaciencia.

O bo desta little town é que cando coincides con alguén unha vez sempre repites, e quedei coas ganas de certificar unha cousa.

eu enténdome15 Abr 2008 08:50 p.m.

sequía

amor escríbese con H08 Abr 2008 05:52 p.m.

e polas noites non podo durmir porque me persigue o teu olor… como un gas en expansión

basado en feitos reais and family woman04 Abr 2008 05:45 p.m.

o derradeiro sorriso. sorríchesme… papá e mamá alí detrás falando de non sei que cousas. onte, no hospital, e o tempo detense, estírase como unha goma xigante. había néboa nos teus ollos, e sen darte conta tatuabas ese sorriso na miña alma. para sempre. foi o teu regalo de despedida? miña avoa, miña velliña, quen me contará agora contos de cando eras nena e corrías libre monte arriba, rodeada de animais? a quen lle vou dicir que o mozo de Catu ten moitas vacas? ti sabías que este conto que foi a túa vida chegaba ao seu fin… esas cousas sempre se saben e os teus ollos que confesáronmo

isto escribino o xoves… aquela noite… e hoxe? hoxe xa pasou unha semana. ti non estás e é como se eu fose un caracol á que lle arrincaron a súa cuncha… sempre estabas, sempre protexías. e eu non me daba conta. chegaba con que existises, con saber que estabas. como o latexo do corazón, ese movemento inocente que fai que sigamos vivos. e hoxe soñei que volvías estar mal… outra vez no hospital, outra vez verte así… a min hai unha semana que se me parou o corazón cando chamou papá para dicir que xa morreras. nervioso, confuso, doído. e eu camiñando por Ourense nunha nube… o mundo seguía. semellaba que nada cambiara. a xente vivindo as súas vidas, alleos a todo o que eu sentía. ese mismo día soñei que tiña unha vespa e que te levaba de paseo por toda A Peroxa, e que facíamos unha festa en casa, porque non morreras… sabes? quérote moito máis do que cría… SI, moito máis. perdoa por tardar tanto en dicircho, creo que xa o sabías. a min esas cousas nótanseme nos ollos. teño medo… eu nos teus ollos víame, sabía quen era. agora teño que volver a aprender sen ese espello. ollándote aprendín a descubrir o que hai en min. cústame dicirche adeus… cústame… porque para min segues vivindo, doutra maneira, agora podo contarche cousas que antes nunca terías entendido. e non me dá a gana de dicirche adeus… non sei se fago ben ou mal. só sei que non quero perderte. dende o sábado durmo con aquel mantón azul que era teu… parezo idiota. non podo evitalo. non o controlo. e o medo a desaproveitar a vida… outra vez tócame ser valente, pero hoxe estaba cansa. necesito parar o tempo e volver a ser a de sempre.

abril de 2007

amor escríbese con H and basado en feitos reais03 Abr 2008 10:55 a.m.

e colorín colorado, este conto rematou.

amor escríbese con H and dor03 Abr 2008 10:47 a.m.

 

frozen.