
volvinme alquimista? nutria? que máis dará...
chuzame -
que é peor:
- ser unha anotación máis da lista da compra?
- ser unha estación na que non para ningún tren?
poden variar as formas, os seus onde, os seus cando, os seus como, pero no fondo é o mesmo.
chuzame -

vouche dar un consello: mira sempre dentro de ti, canto teñas dúbidas e non saibas cara onde ir, fai caso sempre ao teu corazón, el saberá guiarte polo camiño correcto. vin como te mira... e tamén vin como miras ti... non teñas medo, nunca ninguén dixo que fose fácil, pero se non o intentas nunca saberás que podería ter pasado. o amor xorde, na maior parte dos casos, onde menos o esperas.
ata xuraría que M se deu conta de como me quedei apapostiada mirando... de como os meus ollos van detrás como un arqueólogo que persigue o tesouro dentro da pirámide. cando non me dou conta, cando non se dá conta. e busco e busco e non sei o que busco. e atopo. outra vez como cando estiven na Capela Sixtina. ou será que estou soñando e aínda non espertei? ou será que sigo alcolizada? será que levo tanto tempo contando contos que xamais pensei que eu puidera vivir un?
non sei, e sigo tan descololacada..., pero o tempo parouse nalgún momento da noite do venres... un imán para os meus ollos.
xamais pensei que a realidade puidese ser máis bonita que un soño, que os contos que escribín.
xamais
xamais
xamais
xamais
xamais
xamais
xamais pensei que me fose a asustar tanto...
chuzame -

creo que o descubrin cando tiña nove anos, noite que morreu meu avó paterno. ou máis ben foi miña nai, cando non quixo ocultarnos a verdade á miña irmá e a min... Álvaro, non podes enganalas, a vida é así. eu xa sabía que nos ía dicir que o avó acababa de deixarnos. xa o sabía, porque aínda que non o vira, si que o sentira ainda sen estar presente. eu só era unha cría, inocente e indefensa, completamente indefensa e vulnerable. pero xa non. agora xa non. estiven nós infernos e volvín, perdín soños, perdín anos de vida, fixénme dano, fixen dano, caín. NON VIVIR, estar en coma é moito peor ca estar dentro dunha caixa. ninguén pode fuxir da vida, do mesmo xeito que ninguén pode fuxir da morte. parece contradictorio, pero non o é. pode gustar ou non, pero é o que hai. o bo dá vida é que ás veces dá segundas oportunidades. certo é que non podes desfacer o que xa viviches, pero si que podes cambiar o mundo cun só sorriso. a resurrección é un proceso lento, require tempo e paciencia como unha partida de xadrez. e ter a forza de vontade suficiente para cumprir as promesas que te fas diante do espello. xurei que por riba de todo, por riba de todos os que quero e me importan nesta vida, xurei que o día que me enterren será cun sorriso de orella a orella. que dá igual que ese día é mañá, dentro dunha semana, ou dentro de 60 anos. que pase o que pase e que por riba de todas as cousas vou VIVIR. e vivir tal e como entendo eu implica non fuxir aínda que teñas medo, aínda que todo sexa novo. confíar sempre no meu corazón que é o único que xamais me mentiu. a razón é estúpida, fria, está maleducada con tanta merda que nos meteron no colexio. o corazón non, é puro, é listo, é sabio. é forte, honesto e ten calma e paciencia.
o único que sei é que ninguén pode protexernos da vida... nin sequera nosos pais... e o mellor que podemos facer é confiar en nós e vivila. non sei onde vou estar dentro dun ano. non teño nin a máis mínima idea. nin sequera sei que vou estar facendo coa miña vida... e que? tanto importa? non se pode planificar a vida... é unha egua salvaxe demasiado bonita como para atala. o que si sei é onde vou estar dentro de dez días.
non son un león covarde.
chuzame -