
son como a Bela Durminte, pero sen príncipe azul. un só bico, un maldito bico. ese que abre os ollos, que o cambia todo para sempre. quero complicarme a vida de mala maneira. teño ás e non sei como utilizalas, vasme ensinar a voar dunha vez? estás no punto de mira, no centro da diana. son a cazadora, pero xa non sei quen pon as trampas nin quen caza a quen. camuflaxe invisible, hai cousas que só se poden ver co corazón. sácame do coma de vintetres anos. reanímame, abréme os poros da pel, dáme o tacto dunha deusa exipcia, dáme o poder de cambiar o rumbo do mundo cunha soa mirada, dáme a música da túa risa. dáme vida...
eu SÓ serei o que ti queiras que sexa
chuzame -