Novembro 2007


adolescencia tardía and amor escríbese con H23 Nov 2007 01:20 a.m.

 

de perdidos ao río. e iso que significa? deixar de darlles voltas ás cousas, lanzarse de cabeza á piscina sen mirar se é verdadeira ou só un debuxo no chan. aguantar a mirada. sinto como me tremen as pernas, a cabeza dá voltas tan rápido que me vou marear. e non podo nin quero nin sei como apartarme deses ollos que me miran curiosos. a un metro de distancia. pérdome neles e son incapaz de dicir unha soa frase con xeito porque nese intante non me importaría morrer. só por eses ollazos. facer o ridículo máis grande da miña vida e vivir para contalo cun sorriso.

eu enténdome16 Nov 2007 06:45 p.m.

son como a Bela Durminte, pero sen príncipe azul. un só bico, un maldito bico. ese que abre os ollos, que o cambia todo para sempre. quero complicarme a vida de mala maneira. teño ás e non sei como utilizalas, vasme ensinar a voar dunha vez? estás no punto de mira, no centro da diana. son a cazadora, pero xa non sei quen pon as trampas nin quen caza a quen. camuflaxe invisible, hai cousas que só se poden ver co corazón. sácame do coma de vintetres anos. reanímame, abréme os poros da pel, dáme o tacto dunha deusa exipcia, dáme o poder de cambiar o rumbo do mundo cunha soa mirada, dáme a música da túa risa. dáme vida…

 eu SÓ serei o que ti queiras que sexa