xa a coñecía, pero onte, tirada no sofá mentres en todos os telexornais o sacaban a el cantándoa... a pel de galiña e unha emoción que non sei dende onde chegaba ata min ...

Que ninguén durma! Que ninguén durma!
Tampouco ti, oh, Princesa,
no teu frío cuarto
miras as estrelas
que tremen de amor e de esperanza...
Pero o meu misterio está pechado en min,
o meu nome ninguén o saberá!
E o meu bico romperá o silencio
que te fai miña
Disípate, oh noite! Tramontade, estrelas! Tramontade, estrelas!
Ao mencer vencerei!
Vencerei! Vencerei!

e despois de escoitala outra vez non teño que comentar nada máis. é incrible o resultado final de cantar algo tan bonito xa por si mesmo con todo o corazón.

Nessun dorma, que ninguén durma esta noite...

Chuzame! chúzame -