Setembro 2007


eu enténdome29 Set 2007 03:49 p.m.

upssss! cazador cazado…

soños19 Set 2007 02:51 p.m.

soñei…

soñei con Fisterra, estaba de pé, non había mar, que se retirara cara atrás quilómetros e quilómetros. o sorriso na miña cara. achégase por detrás e abrázame pola cintura. non me movo, non sinto amor. que fas? dime moi preto do oído, está xogando sen querer darse conta. desfágome do abrazo, dedícolle unha mirada resignada e o sorriso da victoria. sinalo cara o horizonte… as gaivotas reméxense no aire nerviosas… afástanse e despois dun silencio premonitorio síntese como unha ola xigante a toda velocidade se dirixe á costa. vexo o medo nos seus ollos, vexo como marcha correndo intentando, inutilmente, fuxir. e eu digo en voz baixa as palabras máxicas… era inevitable… e cunha forza que non é propia do meu corpo corro un metro e salto uns dez metros de altura. e berro como cando me cabreaba de nena xogando ao futbol, ou como cando por culpa do forte vento me custaba un mundo avanzar coa bicicleta… parece que o meu corpo non pesa nada e debería ser vulnerable ao impacto coa ola xigante, pero non é así. é como se me abrazase a ela, como se a atravesase e me quedase alí flotando. todo pasa moi rápido. o sonido do mar, a miña pel mollada. défagome da roupa ata quedar espida. a forza da ola, o meu corpo empurrando… e o mar vólvese de carne e óso. quen es ti? quen son eu? preguntas que se responden con linguas enrredadas… e entón é…

cando abro os estou nunha cama de hospital, confusa e desorientada. meu pai, miña irmá e miña nai e Ro co uniforme posto… levánme para o quirófano e teño posto un camisón que case non me tapa nada… asústome… sinto a enfermidade, a dor, sinto que non estou ben… pero logo… despois non sei que pasa. alguén aparece, alguén me sorrí, alguén me colle da man. non me di nada, só sorrí. e síntome ben, comezo a saltar enriba da cama e a rir como unha nena pequena, saltando polas paredes e facendo breakdance. o anestesista aparece por alí e di que non, que non hai nada que operar, que estou ben, que estou curada. repítenme as probas e todo sae ben. camiño polo hospital detrás dos médicos e das enfermeiras sen entender. pero COMO me curei? vanse porque teñen que atender a outros pacientes e a min déixanme coa dúbida. todos me animan a que saia do hospital canto antes… un raio de luz que entrar pola porta de vidro e…
o sonido do espertador.

[b.s.o: New OrderCrystal]

de esmorga17 Set 2007 04:08 p.m.

dscn7483.JPG
cada tolo co seu tema…

dscn7485.JPG

enfermeira sen fronteira

dscn7486.JPG
mmmmm sesy sesy sesy!!!

dscn7498.JPG

cuchipandaaaaaa!!!

dscn7501.JPG
ains, que bunito is the loveeeeeeeeeeee!!! (SO NUTRIAS!!)

dscn7489.JPG
e pensar que nacimos o mesmo día… jasú!

dscn7488.JPG

Andriu, the seductor man!

eu enténdome17 Set 2007 12:23 a.m.

 

oh oh oh, the sweetest thing!

basado en feitos reais and maratón12 Set 2007 09:46 p.m.

dóeme a cabeza… mañá remato os exames

mañá paz

amor escríbese con H and b.s.o. and basado en feitos reais and casualidades and íntimo e persoal11 Set 2007 09:39 p.m.

 [gv data=”NFOVt1kAPHY” width=”425″ height=”350″][/gv]

voute cazar, o círculo vaise pechando…

adolescencia tardía and íntimo e persoal09 Set 2007 07:12 p.m.

ultimamente non me atopo cando me miro no espello. e por momentos síntome como esa peza do quebracabezas que non sabes onde encaixa… e vivo tendo a impresión de que todo é cuestión de fe. móvome por areas movedizas e do único do que reamente teño ganas é de facer a maior tolería da miña vida, tirarme á piscina de cabeza e cos ollos pechados, ir a un concerto o próximo sábado. sinto que teño moitos menos anos dos que teño, como se recuperase esa adolescencia que non souben aproveitar ben. véxome pequena, inmadura… non vexo unha muller cando me miro no espello, só vexo a cría dun oso panda nacida nun zoo…

síndrome pos-vacacional?

b.s.o. and basado en feitos reais07 Set 2007 11:35 p.m.

xa a coñecía, pero onte, tirada no sofá mentres en todos os telexornais o sacaban a el cantándoa… a pel de galiña e unha emoción que non sei dende onde chegaba ata min …

Que ninguén durma! Que ninguén durma!
Tampouco ti, oh, Princesa,
no teu frío cuarto
miras as estrelas
que tremen de amor e de esperanza…
Pero o meu misterio está pechado en min,
o meu nome ninguén o saberá!
E o meu bico romperá o silencio
que te fai miña
Disípate, oh noite! Tramontade, estrelas! Tramontade, estrelas!
Ao mencer vencerei!
Vencerei! Vencerei!

e despois de escoitala outra vez non teño que comentar nada máis. é incrible o resultado final de cantar algo tan bonito xa por si mesmo con todo o corazón.

Nessun dorma, que ninguén durma esta noite…

basado en feitos reais and casualidades and family woman06 Set 2007 12:08 p.m.

o outro día cando fun ver a meu tío xa me chamou a atención… alí sentadiña con calma e enchufada a vinte mil cables. onte volvín e alí seguía. de súpeto a máquina que controlaba as constantes púñase a pitar. a enfermeira rifáballe con cariño por soltarse de non sei que cables. miña tía contoume que leva alí dende o 2 de maio. resultou que ademais das gafas tamén compartimos nome e sorriso pillabán. ao cabo duns minutos xa volvía a pitar a máquina porque esta vez tirará do tubo do respirador. outra enfermeira colocoullo con moita dozura e deulle un bico na fronte. aquela velliña que levaba meses sen erguerse do típico sillón de hospital, que respira por un tubo de plástico, controlada por centos de cables… aquela velliña non transmitía pena nin tristeza. cando me quixen dar conta todos os presentes naquela habitación (enfermos, familiares e enfermeiras) estabamos hipnotizados observando a escena cun sorriso de cariño debuxado na cara. canseime de repasar o perfil da súa cara, o nariz. de cando en cando quedábase mirando cara a nada, como se estivese esperando por algo ou alguén… serena, como se soubese que ten que esperar. fixo algún amago máis de broma de sacar o tubo ou os cables, fíxonos rir a todos. non pode falar por culpa do tubo, pero tiña unha mirada transparente. foi como se me mirase no espello, aqueles ollos son os meus cando me miro no espello. outra alucinación máis, supoño, ou non, vai ti a saber.

se algún día me vexo na mesma situación que ela encantaríame que todos me mirasen con eses ollos…

amor escríbese con H and arroutadas02 Set 2007 11:38 a.m.

como farias que alguén se namorase de ti? como conquistarías?

daríalle algo que só eu lle podo dar, iso que non fai únicos a todos, que nos diferencia, que nos separa. daríalle o mapa da miña alma sen dubidar