xoves, xullo 19th, 2007


mens sana in corpore sano and persoal19 xull 2007 01:29 am

pantalón curto, camiseta ceñida. unha pedalada outra. a arte do equilibrio e non malgastar forzas. saber en que tramos podo dalo e en cales non. desniveis.

só teño que aguantar

só teño que aguantar

repítome unha e outra vez nos dous quilómetros e medio que hai de subida. suar, notar como se incendia a miña cara, o flequillo xa hai un anaco que deixou de estar no seu sitio. se me sacasen unha fotografía sería a que menos ensinaría. pero iso é o de menos. o corazón bombea sen descanso e a un ritmo grande. sinto como se contrae unha e outra vez con forza. imparable. os meus pequenos pulmóns administrándolle osíxeno aos músculos como poden. a tirantez destes, a execución de graxas acumuladas pola vida universitaria na gran cidade. unha recta e comezar a voar. acelerar o ritmo... a baixa pronunciada de cincocentros metros e voar. literalmente. a curva, a derradeira subida a recta na entrada da aldea. sprintar. a lei do máximo esforzo. chamar pola dor en todo o corpo. máis, máis, máis rápido. pechar os ollos, a tensión soltada nun só segundo.

case tan sano como o sexo, pero con menos pracer.

[b.s.o: Hombres - Fangoria]

"Tienes que aprender a resistir
tienes que vivir
esto no lo tengo esto no lo hay
esto no lo quiero y esto que me das"

Chuzame! chuzame -
b.s.o.19 xull 2007 12:36 am

[gv data="Ktsm_VYW0W8" width="425" height="350"][/gv]

cada vez gústame máis...

[Cuanta vida - Pastora]

Chuzame! chuzame -
arroutadas19 xull 2007 12:28 am

seica foi un erro de cálculo... iso é o que din sempre, o conto é vello. cando me quixen dar conta tiña unha jabalina chantada nas costas, atravesando o meu peito. lembreime de como miña nai sempre me dicía xa de dende cría que non sei aguantar a dor... lembreime dela porque non imaxina o experta que son. pois ben, así, no medio da disco-tecno-guai cunha dor que me paralizaba e que chegaba ata a alma, con aquela jabalina facéndome sangrar coma un porco na matanza. e marchei (aínda non sei como) de alí mentres o destino se burlaba de min unha vez máis e xusto nese instante no que só lle pedía ao todopoderoso que me tragase a terra sona a maldita canción de merda. outra coroa de espiñas máis. estoume volvendo atea...

déixame que hoxe vou adiviñar o teu futuro... déixame que che diga (sexas quen sexas) con ton sarcástico, con sorriso triste e ganas de non durmir en toda a noite que se crías que o máis difícil que podes facer na vida é atoparte a ti mesm@, aínda queda un paso máis para que chegues ao cume da montaña... é o paso máis difícil, porque é o derradeiro, porque estás tan preto do teu soño que case non podes crelo, porque estás sen forzas, débil e vulnerable... déixame que che diga que o máis difícil nesta vida é facer o correcto.

Chuzame! chuzame -