Xullo 2007


eu enténdome28 Xul 2007 11:03 a.m.

 

sempre minto se quen me pregunta xa sabe a resposta…

se xa o sabes non preguntes. fai o que queiras pero non preguntes.

casualidades and soños28 Xul 2007 10:24 a.m.

 

o soño e a realidade mestúranse… chorei con tanta dor e tantas ganas que secaba o Sil. un funeral e era a min a quen lle daban o pésame… meus pais, miña irmá, todos… todos agás @s ían dentro da caixa. e eu preguntando unha e outra vez por qué… inmesamente triste… e miña nai repetíndome unha e outra vez que son moito máis forte do que se ve e todos pensan. baleirarme… deixar atrás para sempre. a c a b o u s e

aquela noite estaba triste. cando espertei pola mañá tiña tanta paz dentro que non houbo quen me roubase o sorriso nunha semana.

enterrei o pasado… os medos, desfíxenme das vellas feridas, de pantamas e evitei caer no mesmo foxo que hai dous anos… ser xusta. non volvo regalar sorrisos derrite-icebergs a calquera, hai que gañalos.

seino, podo sentilo… prómixa estación: Roma

persoal28 Xul 2007 10:01 a.m.

todo está no aire, flotando, indo e vindo. as miradas confirman e desminten. instinto animal, sentir o que os demais senten, sexa quen sexa. vivo conectada a todos, unha Internet do corazón… os soños, os presentimentos, as intuicións. o inexplicable. unha empatía extrema ben utilizada…
só maxia, crer no que ninguén cre.

b.s.o. and persoal27 Xul 2007 06:03 p.m.

[gv data=”GUB1xSAAADk” width=”425″ height=”350″][/gv]
temazo… bufff canto pode cambiar a vida dunha persoa e menos de 15 días? non son grandes, non na medida en que calquera poida velos. son máis sútiles, máis marcados, detalles só visibles a longo prazo. actitudes, só iso.

dous apuntes máis:

– hai dúas clases de cegos, os que non poden ver e os que NON queren ver.

– hai dúas clases de persoas, as que non tiran un só papel ao chan e as que o tiran absolutamente todo.

abrir os ollos non é fácil, ver as cousas como son e aceptalas nunca é cousa fácil. pode doer, mais eu son das que que prefiren vivir cunha man man ou unha perna menos a ter gangrena. a honestidade cun mesmo é algo que non ten prezo. prefiro morrer en silencio a vivir nunha mentira.

mens sana in corpore sano and persoal19 Xul 2007 01:29 a.m.

pantalón curto, camiseta ceñida. unha pedalada outra. a arte do equilibrio e non malgastar forzas. saber en que tramos podo dalo e en cales non. desniveis.

só teño que aguantar

só teño que aguantar

repítome unha e outra vez nos dous quilómetros e medio que hai de subida. suar, notar como se incendia a miña cara, o flequillo xa hai un anaco que deixou de estar no seu sitio. se me sacasen unha fotografía sería a que menos ensinaría. pero iso é o de menos. o corazón bombea sen descanso e a un ritmo grande. sinto como se contrae unha e outra vez con forza. imparable. os meus pequenos pulmóns administrándolle osíxeno aos músculos como poden. a tirantez destes, a execución de graxas acumuladas pola vida universitaria na gran cidade. unha recta e comezar a voar. acelerar o ritmo… a baixa pronunciada de cincocentros metros e voar. literalmente. a curva, a derradeira subida a recta na entrada da aldea. sprintar. a lei do máximo esforzo. chamar pola dor en todo o corpo. máis, máis, máis rápido. pechar os ollos, a tensión soltada nun só segundo.

case tan sano como o sexo, pero con menos pracer.

[b.s.o: HombresFangoria]

“Tienes que aprender a resistir
tienes que vivir
esto no lo tengo esto no lo hay
esto no lo quiero y esto que me das”

b.s.o.19 Xul 2007 12:36 a.m.

[gv data=”Ktsm_VYW0W8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

cada vez gústame máis…

[Cuanta vida – Pastora]

arroutadas19 Xul 2007 12:28 a.m.

seica foi un erro de cálculo… iso é o que din sempre, o conto é vello. cando me quixen dar conta tiña unha jabalina chantada nas costas, atravesando o meu peito. lembreime de como miña nai sempre me dicía xa de dende cría que non sei aguantar a dor… lembreime dela porque non imaxina o experta que son. pois ben, así, no medio da disco-tecno-guai cunha dor que me paralizaba e que chegaba ata a alma, con aquela jabalina facéndome sangrar coma un porco na matanza. e marchei (aínda non sei como) de alí mentres o destino se burlaba de min unha vez máis e xusto nese instante no que só lle pedía ao todopoderoso que me tragase a terra sona a maldita canción de merda. outra coroa de espiñas máis. estoume volvendo atea…

déixame que hoxe vou adiviñar o teu futuro… déixame que che diga (sexas quen sexas) con ton sarcástico, con sorriso triste e ganas de non durmir en toda a noite que se crías que o máis difícil que podes facer na vida é atoparte a ti mesm@, aínda queda un paso máis para que chegues ao cume da montaña… é o paso máis difícil, porque é o derradeiro, porque estás tan preto do teu soño que case non podes crelo, porque estás sen forzas, débil e vulnerable… déixame que che diga que o máis difícil nesta vida é facer o correcto.

casualidades and de esmorga and miradas15 Xul 2007 08:01 a.m.

xa sei que só foi un segundo, que eu ía borracha, que estábamos con compañía, xa sei que eu alí non pintaba nada, que cortou o pelo, que se me pasou, que non me fixei ata xusto antes de saír… que me agarrei das súas mans, que non mirei así a ninguén na miña vida… con tanta tenrura… saime un sorriso de fondo da alma. puro, purísimo, como un diamante en bruto. sorriso improvisado, casual… saíume da alma como me saiu collerlle as mans… sen premeditación, sen alevosía, sen consentimento… con confianza. pura e dura sinceridade. fíxome sorrir e eu fun un lóstrego e atravesa de norte a sur as súas costas… ten un uns ollos que sei que xamais que me negarán cos beizos… ten a mirada tan libre que brilla… esa liberdade, sen sequera chegar a tocala, faime mellor persoa. unha canción por banda sonora. voume achegando, como o caracol. a pasiños pequenos, lentos, pero tan firmes e seguros que xa hai nada volta atrás. quen me ofrece algo mellor? Q U E N ?

hoxe volvín a ser Grace Kelly sen darme conta, vestida de vaqueiros e zapatillas vellas.

… e non imaxinas a ganas que teño de que saibas que me estás salvando a vida…

miradas07 Xul 2007 07:33 p.m.

pode pasar que o tempo e o espacio, se confundan, se mesturen nun só segundo? pode pasar que nun segundo de vida, nun alento, nun latexo do corazón te poidas cruzar con alguén a quen fai tempo que non ves e que como mínimo está a 70 km de onde estás ti? podería pasar ou é que a meu subconsciente me mandou sinais outra vez?? o máis probable é isto, pero por un intre eu xuraría que nos cruzamos…

cruce de miradas

e claro, pasou o de sempre, as miradas que se quedan enganchadas, que se recoñecen con sorpresa… e logo… ploff!! aire, enfocar ben, é imposible, a dúbida racional.

onte aprendín que hai lazos invisibles que unen máis que calquera bico ou polvo.

persoal07 Xul 2007 07:17 p.m.

non, non fun a Ortigueira. cadroulle mal. fagan as súas apostas: convertireime na nova Dj do Trolebus? deixarei de ser unha máis dos “esquecidos“? xogarei ben as miñas cartas e casulidade premiarame con ese bico tan ansiado?

o único que é seguro é a miña ONG pra dar de comer a todo felino que se moleste en pasar pola miña casa. e como non, o romance perpetuo coa miña bicicleta (que me dá o que ninguén me soubo dar).

e quizais, por chulería, dentro de dous meses xa teña tatuxado na mirada un vaste namorar de min.  

como dirían no anuncio, é hora se sacar o mellor de min.