Xuño 2007


Sen clasificar30 Xuñ 2007 02:13 a.m.

[gv data=”8C7SxYzDNZk” width=”425″ height=”350″][/gv]P E C H A D O    P O R    V A C A C I Ó N S

eu sempre volvo… vémonos nos meus soños

basado en feitos reais and saudade30 Xuñ 2007 02:02 a.m.

xa nada será igual. mellor ou peor, pero distinto. unha habitación baleira. xa non ten vida… desprende unha frialdade que me acoitela polas costas. dóeme máis do que eu pensaba. caixas e maletas que eu aínda teño que encher… atravesar media cidade coas bágoas correndo pola miña cara por causa da forza da gravidade. estou triste. ela cólleme da man e abrázase a min por detrás… negra sombra. millóns de recordos… acumulados no meu pequeno corazón. e dóeme dunha maneira tan doce que só podo sorrir. non, non estudiei xornalismo. e cando me namorei tiven que tiralo todo ao lixo, esquecer ou poñer toda a forza do meu corazón para ser só a mellor das amigas. porque vin morrer a nais, avoas. porque cando volvan pasar outros 365 días terei sido eu, unha vez máis, a que viu como marchaban tod@s. cicatrices. o corazón deixou de amar, pero a memoria non entendeu nunca as súas razóns. que será de todos nós? algúns están de paso… asústome. déixademe botar raices en vós… e non haberá día que eu non vos roube un sorriso. o dia que non o faga será porque estou a dous metros baixo terra. non me asusta a morte, nin a dor, nin a soidade, nin a felicidade, nin a mirarme no espello. nin sequera me asusta cruzar o Amazonas e que ninguén o entenda… voume, voume de vacacións, de retiro. o luns o derradeiro exame e logo a perderme nas alturas da miña aldea. vixiar dende lonxe a Atenas… escribir de noite, contar estrelas, ser a filla, a irmá, a amiga, ser todo o que son e máis. choro mentres escribo isto. igual que algúns cando o lean. salitre, son filla dun amor prohibido. seguirei a tradición… a min non me importa quen es, nin como es. a min só me importa o que me contan os teus ollos… sabes? sei quen es.

estou triste, é que teño o corazón de mudanza. e entre caixas, recordos e albumes de fotos descubro todo o feliz que fun…

adolescencia tardía and amor escríbese con H and arroutadas30 Xuñ 2007 12:00 a.m.

mércores

bótolle un par de ovarios e aparezo alí como quen non quere a cousa… xiránse para observarme todos os da súa pandilla. pido un té vermello. noto o rubor subindo polas miñas meixelas… non teñen xornais e cágome en todo. estou espida, exposta, igual que unha quinceañeira. tímida. Ro chámame, hoxe saiu antes de traballar. rógolle, suplícolle, implórolle que veña… dez minutos que se me volven eternos… póñome a ler (ou intentalo). sae da barra. estou a suar dos nervios. falan da asociación e eu dígome para os meus adentros que o destino búrlase de min unha vez máis. a menos de tres metros de min e por baixo da mesa sinto o temblor das miñas pernas. cando me quero dar conta séntase máis preto. viva a fase de achegamento! Ro aínda non apareceu e vaime dar un infarto porque sei que como lle dea por dicirme algo farei o ridículo máis grande da miña vida. nisto chega Ro. pídelle un té con xeo. desfágome cando volvo a ver ese sorriso… e todo o demais esquéceseme. calma, serenidade, tenrura e sobre todo, pureza. o sangue evapóraseme… media hora despois pagamos e marchamos. a duras penas esquivo a súa mirada… non me quero enganchar. así non. odio vivir de espellismos. esta vez non escribirei un conto… esta vez vivirei a miña vida.

xoves

a tentación é moi grande e ao final saio a probar sorte. dáme unha casualidade máis, non necesito máis. saber por onde te moves, despois xa farei eu porque nos encontremos. non houbo sorte e comprobo que isto se me vai das mans. quero que me fagas un lavado de cerebro, que me contes esas pequenas/grandes cousas que che fan sorrir. e quizais isto sexa unha loucura… outra vez no balulake, pero esta vez non estabas… e certifico que aquela noite xa estivemos a menos de dous metros, que pasará comigo se algún día falamos beizo a beizo sen unha soa palabra? maxia… quizais é que levo toda a vida en coma e xa deliro… quizais…

amor escríbese con H28 Xuñ 2007 04:33 p.m.

non só hai que normalizar a lingua, tamén hai que n o r m a l i z a r o amor

vive e deixa vivir.

íntimo e persoal and saudade28 Xuñ 2007 12:06 a.m.

queres chorar e non podes… un par de bágoas, nada máis. quixeches fuxir, pero ben sabes que só é un engano temporal. non estás mal, estás ben, xa o sabes. pero é algo que che tira dende adentro… tan adentro que chega a queimar… chámase Melancolía do desprazamento. non é unha enfermidade, nin sequera é unha alerxia. se vas ao médico non cha vai diagnosticar e vaise rir se llo intentas explicar… botas de menos… fáltache algo. e esa sensación, esa pequena ausencia, dor, sentimento ou como lle queiras chamar colle forma de can fiel. vai contigo a todas partes. durme aos pés da túa cama, deixa que lle deas de comer cando te pos a lembrar… e a memoria, traidora ela sempre, non deixa de disparar recordos… ese suspiro que coñeces ben… sen vir a conto… sabes de sobra que non se pode ter todo, que nunca o vas ter todo, que é unha ilusión, e a realidade asusta, sempre asusta. e durmes coa fiestra aberta porque o fresco da noite anestesia a Dª. Melancolia e fai que poidas durmir tranquila… dende antes de que tiveras uso de razón, dende antes que a vida che ensinase que todos van e veñen, que ninguén queda contigo eternamente… e ti só queres botar raices, quedar, non facer máis viaxes, atopar o teu lugar e quedar alí, non volver a ter que dicir ola ou deica logo… no fondo es unha nena que só quere conservar o que ten, sexa pouco ou moito, unha nena que se pasou media infancia comprendendo e colléndolles a man aos grandes en sinal de apoio… xogando soa polas esquinas da casa, polos carreiros, buscando carballos aos que abrazarte e contarlle os teus segredos… e eu sei que non podes, que ninguén che ensinou a saír e verte dende fóra. ninguén se parou a sacarte dese mundo aparte que xira dentro de ti… non es mellor nin peor, nin máis grande, nin máis sabia, nin máis simpática, nin máis sabia. es ti en estado puro. es pura como os glaciares da antártida. aínda que queiran non poden contaminarte… cando queres a alguén consigues que se sinta especial por riba de todas as cousas… pero xa van sendo horas de que saías dese burato marabilloso no que te escondes. e tempo de parir  soños e namoralos a todos.

e non sei que debeu ver ela en min… que todos os anos. non falta ningún…

persoal27 Xuñ 2007 06:06 p.m.


eu espero sen esperar. fago autostop pola vida. se alguén para e me recolle, ben. se non para ninguén, pois ben tamén. eu sempre tiro cara adiante dunha maneira instintiva… eu non entendo de razóns, de lóxicas, de explicacións… eu só atendo ao corazón. son adicta ás miradas. o meu can entendíame porque sempre lle falei mirándoo aos ollos… eu non vía un can, eu vía a un amigo, por iso só me facía caso a min, por iso sempre viña detrás de min. fose a onde fose. fidelidade, lealtade. o máis importante é que o facía porque lle daba a gana. os humanos somos idiotas. empregamos mal o instinto de defensa. pensamos que sabemos, damos todo por suposto, aceptamos sen queixa todo o que non ensinan… e ninguén sabe o que é a vida ata que se atreve a vivila con todas as súas consecuencias. sempre hai algo que cho berra dentro, esa voz que calaches dende a infancia. toneladas de silencio durante anos e anos… e do outro lado do espello eses ollos que che miran… que son teus e case non recoñeces… encadenados á memoria do espello (terán memoria os espellos?). e de que cor son os teus ollos? e agora contestas con toda a seguridade do mundo… e eu sorrío porque a pregunta tiña trampa. hai dúas clases de persoas: as que lles preguntan aos demais de que cor teñen os ollos… e as que, aínda que o pregunten, plántanse diante del para averigualo por eles mesmos.

mírame aos ollos e dime que ves… e se non te atopas neles mándame á merda, estamos a perder o tempo.

basado en feitos reais27 Xuñ 2007 08:06 a.m.


unha estrada que leva á praia. cantas veces pasei eu por aquí?? o mar de fondo, o sol facendo das súas, xogando a camiñar como Cristo polo mar… e nós xogando a facer fogueiras máxicas, se as saltas tres veces cumpren os teus desexos. preguntarme por milésima onde empeza a muller e onde acaba a nena… rir, beber, cantar ata quedar sen voz. lume hipnotizante… que morre cando xa non hai máis leña. tres desexos. SEMPRE é máis difícil crer que non crer en nada… o mar sempre sempre chama por min. o olor a salitre, as sereas só saen de noite… teñen aspecto humano e se tes a sorte de que unha delas se cruce no teu camiño podes preguntarlle o que queiras, non che mentira. barcos de fondo, area húmida. e como a vou distinguir? a lúa vixiándo dende arriba. polo seu aroma a salitre, pero máis intenso… (como boto de menos os contos de meu avó)
cando me quixen dar conta xa estaba no peirao, entre o rebumbio de xente, a orquestra, as actuacións. ás veces pregúntome se será malo que me guste tanto estar soa… xusto acaban de tocar unha de Bisbal. todos rin e bailan. son felices coma min. un dos que debe ser unha das novas fichaxes da orquestra comeza a entonar esa canción que coñezo pola radio… sinto como me cambia o xesto da cara… que a miña pel me avisa de que me están tocando a fibra sensible… estou alí no medio e medio de todos, paralizada… a botella colgando da man… o corazón dando un golpe de estado contra min…

quién da más, tú sabrás,

quién te da tanto amor de verdad

yo me iré, tú te irás

pero siempre te preguntarás… QUIÉN da más

k.o. técnico… como se me desen unha paliza. volvín con paso apurado, xa me deben estar botando de menos…, preguntándome que é o que lle preguntaría eu a unha serea se teño a sorte de que se cruce algúnn día no meu camiño, se é que non nos cruzamos xa. cando nos quixemos dar conta xa amencera…

de esmorga and miradas25 Xuñ 2007 10:55 a.m.

maxia. párase o tempo. a min dáme a risa, están todos completamente cegos… como un imán. e non podo apartar os ollos. a mellor maneira de librarse da tentación é caer nela. e sen ter nada tíveno todo, absolutamente todo o sempre quixen. así a ver quen aparta os ollos… está ben? está mal? todo flúe arredor coa música de fondo.

mais… quen é quen cando hai desexo?

[bso: SidonieNuestro baile del viernes]

amor escríbese con H and arroutadas and casualidades and de esmorga17 Xuñ 2007 07:53 p.m.

a coincidencia. mira quen está aí… díxome Ro polo baixo. sorrío, levaba meses agardando por esta noite… estamos na Praza das Mercedes e a xente vai e vén como un río. todo é igual que no meu soño, pero esta vez non se transforman en monos. nós entramos no Underground. a súa pandilla no Face. estou tranquila, habemos volver coincidir no Badulake. hora e media máis tarde alí estamos baixo as luces, a música, o fume. eu non podo deixar de sorrir. leva unha gravata negra delgadiña… vaille falar… anímame Ro. pero eu sei que non é o momento, aínda non. era a noite das miradas que van e veñen. os “quero que me biques” non pronunciados. remato a derradeira copa da noite e deixo que a música se apodere do meu corpo. falo cas nenas, rímonos. e eu sei que me está mirar. case podo sentilo. como se de súpeto descubrise que existo. a miña alegría engancha… e eu quero que se enganche. vou para o baño e un movemento estudiado, lento e saboreado rozo o meu brazo co seu… a cámara lenta. suave, suave… cando volvo do baño, vexo que marcha. está triste, non sei que lle pasa… non son capaz de reaccionar. lémbrome da última vez que pasei por aquela rúa coa música atronando na miña cabeza, estaba no chan, falando por teléfono e cunha mirada tan triste que… pero que lle pasa? a curiosidade cómeme. lembro que pensei no boa persoa que debe ser. esas cousas nótanse, eu nótoas… volvo dos meus pensamentos. vexo como sae pola porta do local. canto tardei eu en saír detrás? nin rastro, vou correndo ata a praza maior… nada. intento adiviñar por arte de maxia onde vive. iría detrás e como eu estou o suficientemente tola preguntaríalle sen dubidar por que estás triste? só iso…

onte tiven a (absurda?) seguridade de que eu podía sacarlle aquela tristeza dos ollos… e namorei desa sensación.

saudade12 Xuñ 2007 01:06 a.m.

xa debería estar a durmir…, mañá teño que estudiar… pero hai maxia nestas noites así… paséase pola cidade murmurando segredos… e a outra metade durme. algún poucos afortunados andarán a facer o amor. outros soñarán con exames, medos ou si se xubilan ou non… outros poucos fuman coa fiestra aberta, vixiando a cidade. taxistas que escoitan programas de radio nocturnos. camións do lixo e demais. os hospitais que nunca descansan… e así todos. eu cavilo en que dentro dun mes xa andarei por terras do interior, durmindo, como todos os veráns, coa fiestra, mentres a luz da lúa se cola por ela. e xusto antes de quedar durmida lembrarei meu avó como me contaba que a Lúa tiña enganados a todos… “non é noiva do Sol, é noiva da Noite”

basado en feitos reais and eu enténdome and soños12 Xuñ 2007 12:41 a.m.


deixo de saltar, de botar, de bailar, de ouvear. a música vaise distorsionando. desparecen todos, miña irmá, Jose, Quela que está un pouco máis adiante, Bea que está ao meu carón. nun poucos segundos tamen o resto da xente que está no concerto e el… o escenario baleiro, as luces apagadas, non hai ruído de coches, vasos de cervexa polo chan, cabichas,… estou completamente soa, plantada no medio e medio do Xardín do Posío. escóitanse silbidos, risas, voces. sigo de pé e saidos nada meus avós e miña avoíña montados cada un dos tres na súa bicicleta. non podo evitar sorrir ante a imaxe que teño. non sei se teñen aspecto de vellos ou de novos. o tempo xoga cos seus rostros e non me deixa distinguir. ela achégase a min con eses ollos nos que eu xa vin a Deus hai uns anos. cólleme da man. pecho os ollos con forza ante ese contacto, querendo saborear esa calor coa punta dos meus dedos. xa pasou a dor. e nin me dera conta… as cicatrizes caeron, hai pel nova e ten un nome tatuado… pel compartida. entendes? fun eu a que dixo iso? míroa aos ollos… miña avoa asente, non deixa de sorrir. o mellor que podes por unha persoa que queres é querela, amala. teus pais, túa irmá, as túas amigas, e claro tamén… mírame pícara. abrénseme os ollos de golpe, subeme unha calor polas meixelas e baixo a mirada tímida. a avoíña ri. solta a miña man e pona xusto enriba do meu corazón no peito que, ao momento, se incha como un globo, como se espertase. sinto o corazón later con tanta forza que semella que non vai parar nunca, que vou vivir eternamente… as miradas, busca as miradas, non as palabras. xa o sabes os ollos non saben mentir, di meu avó cravándome os seus nos meus tan profundamente que me traspasa. o meu outro avó aproveita para sacarme as gafas e limparmas cun pano. o mesmiño que meu pai cando eu era peque. posiblemente el tamén o fixese,  non consigo lembrar. a mirada limpa como che dixo Quela, antes… líberao, sácao de dentro. naciches pra vivilo. volve a música, volven todos, o barullo. estou a bailar. é a derradeira canción do concerto. estou en trance? unha flexibilade que descoñezo no meu corpo. estou posuída… non, vale si, pero non é esa a palabra na que estaba a pensar. e semella que me vou romper, que vou partir en dous en calquera momento. pero non é así… e algo sóltase por dentro… como un can cando lle quitas a correa… algo que inunda cada centrímetro da miña alma… e xa non bailo, levito. é coma un gas que sae do meu do meu peito… un gas en expansión. todos o respiran. todos me respiran… non se dan conta? acaba o concerto. sorrío. xa  (case) podo morrer tranquila! a verdade é que parezo unha cría de nove anos, e dáme igual.

o flequillo alborotado, unha camiseta vella, o fresco da noite e unha calma que parece sacada dun conto de fadas…

amor escríbese con H and b.s.o.11 Xuñ 2007 03:44 p.m.

burra.jpg
o amor é como un concerto… cando empeza non queres que remate nunca

[DeluxeThree moths of Glory]

adolescencia tardía10 Xuñ 2007 05:20 p.m.

todos esperan algo, todos queren algo de min. sempre. e eu cansa, moi cansa… toda a vida así. poucos preguntan que é o quero eu. algo que se rompe, algo que se tensa.                                   acabouse.

íntimo e persoal08 Xuñ 2007 10:42 a.m.


eu buscaba a verdade. no ceo, na terra, no océano, nun SI ou nun NON, en preguntas, en silencios, en libros, en mentiras piadosas, en estacións de tren, nas poesías de Neruda, en vidas alleas, sempre á procura. obsesionada como el buscando a tumba de Tutankamón

o día que menos o esperaba…

o corazón non para, non deixa de bombear, nin sequera se me corta a respiración. non lembro se estaba bailando, falando ou o que… é de dia? xa amenceu? caéme o cubata ao chan e sen orde, sen ton nin son véñenseme á cabeza centos de fotogramas destes últimos cinco anos. voces resoando dentro mi. de súpeto todas calan. esa voz que parece a miña, máis segura, máis confiada, máis, máis de todo. unha frase. dúas, tres palabras ou catro. e esa melodía calmada, a de quen sabe que o que di é certo. sen probas, sen porqués, sen razonar. fráxil e pura como un recén nado. como unha filla.

e non hai nada máis, non existe outra cousa pra min. estou cega, estou xorda, estou tola. seguireino como un can fiel.

donas e cabaleiros, xa cansei de que o meu corazón se sentise estranxeiro no seu propio corpo.

[1 de xuño de 2007. Graduación da X Promoción de Tradución e Interpretación 2002-2007 da Universidade de Vigo. bso: U2City of Blinding Lights]

Oh, you look so beautiful tonight…

basado en feitos reais and maratón03 Xuñ 2007 05:59 p.m.

estaba nerviosa. non me importou que se me notase. falei co corazón na boca. todo o que vivín, todo o que aprendín da vida, do amor, das dificultades, toda esa maxia na que eu creo… espinme por dentro e por fóra. era eu, só eu. Aultre Narai. sorrínlles e perdinme. rían e eu sabía que estaba en casa, confiaba neles. saborei cada palabra que dixen como se fose o meu derradeiro día no planeta. riron e choraron. non puiden ver a cara de ningún deles, pero sentíao.

rematei emocionada e aparteime do atril e do micro. romperon a aplaudir como cando rompen as olas contra os cons en Fisterra, ou unha tormenta no verán. estremecín. tremín baleira (dérallo todo a eles) e baixei a mirada tímida. outra vez a nena pequena. póñense de pé o equipo decanal, e logo Chori, a primeira, e o resto dos meus compañeiros de promoción, e o resto do salón de actos. e só me vén unha palabra á cabeza para intentar describir: abrumada…, completamente abrumada…

un dos mellores momentos da miña vida