Maio 2007


b.s.o. and persoal28 Mai 2007 01:08 a.m.

[gv data=”QZ0e6fC3WNw” width=”425″ height=”350″][/gv]

síntome así… próxima… síntelo? non existe nada mellor ca isto…

And when I see you then I know it will be next to me
And when I need you then I know you will be there with me
Ill never leave you…

Just need to get closer, closer,
Lean on me now,
Lean on me now,
closer, closer,
Lean on me now,
Lean on me now.

maratón28 Mai 2007 12:55 a.m.

estame custando máis traballo do que pensaba. quero facelo ben, moi ben. que lles chegue, que se emocionen, que rían. e miralos de fronte. a tod@s.

amor escríbese con H28 Mai 2007 12:29 a.m.

é tan fácil conquistarme… 

pode ser calquera. vai ser calquera.

casualidades and íntimo e persoal22 Mai 2007 11:42 p.m.

 
déixate levar

a peza do quebracabezas que me faltaba. abriume os ollos e puiden velo nun segundo. telo tan claro. ese algo que sempre me faltaba… e chego a casa, déixome levar, encendo o portátil, déixome levar,  e meto no google as palabras máxica e voilà …!

“No es mi intención abandonar este blog, lo que ha sucedido es que no he tenido tiempo para sentarme a escribir.

Tiempo para pararme a pensar en todo, tiempo para soñar cosas imposibles, al menos 5 minutos. Nada de eso, he vivido unos días demasiado intensos, han sucedido cosas que debería pararme a pensar, pero esta vez no, no voy hacer nada de eso.


Esta vez, pienso dejarme llevar y no voy a reflexionar, no voy a analizarme, y no voy a buscar justificaciones de los hechos. Esta vez ha llegado el momento de vivir el momento, creo que para pasar página tengo que empezar por dejarme llevar.

Hoy no voy a buscar “un por qué si”, ni “un por qué no” a nada, no, al menos hoy no.
Considero que después de todo lo que he pasado en estos últimos años me merezco dejarme llevar. Pensar en mí al menos solo un día…. o dos??

Y qué agradable esa sensación de olvidarse de todos los problemas, obstáculos y ….

dejarse llevar.


Exprimir el momento y no importarte otros anteriores…..
Saborear esa compañía, escuchar, ser escuchado, quedarse en silencio, reir, jugar al juego de las miradas, ese que lleva a un mundo de sensaciones agradables…”

…vai sendo hora de montar nestoutro Dragon

b.s.o. and de esmorga and íntimo e persoal21 Mai 2007 08:38 p.m.

Festival do Norte. Sábado

estaba rabeando por ver a Sr. Chinarro… empezamos ben. La decoración, Del montón, 2 besugos, Cero en gimnasia, Gitana, Ángela, El rayo verde…

risas. bromas. a seguir Lori Meyers. cervexiña vén, cervexiña vai… menear os corpos ao ritmo da música. ouvear. De superheroes, En sus zapatos, La mujer esponja, Ya lo sabes, Ham’a’ cuckoo, Parapapa, Dilema, La Pequeña Muerte, Tokio ya no nos quiere

descanso. mexar de monte. emocións a flor de pel. non sei como é que acabamos falando de miña irmá… e véñenseme ás bágoas aos ollos… sorrío. mataría por ela… entón comeza a soar. marchamos correndo. Xoel comeza con Simone e un lóstrego nas costas. vou saltando, vou feliz. calquera que me viu pensou que me metín algo… só existía a música pra min… Requiem, A un metro de distancia, Gigante, Colillas en el Suelo. a música en min. cada nota, cada acorde. cada palabra. cada recordo. todo, absolutamente todo. rebentar por dentro. bailar, bailar, bailar. drogarme coa música. sentila cos 5 sentidos. co 6º disfrutei de Rostro de actriz e El amor valiente. lembreime desta semana santa, de miña avoíña, e en cada desas feridas silenciosas, ese QUÉROTE xamais pronunciado que morre pouco a pouco dentro de min. estámolo matando co cancro do “é imposible”. non te preocupes, non fai falla que veñas ao funeral.

“Ahora entiendo que cada espina
Que cada pequeño arañazo
Cada cuchillo por la espalda
Fue tan sólo un pequeño trámite
Tan sólo una excusa idiota
Hace tiempo que yo ya no sonreía tanto

remata o concerto con Mejor (So Alive). e pasa, por fin pasa. os cinco, eses cinco nomes, eses que ocuparon o meu corazón. ese bico que sempre lles quixen dar… todo xira. a cada segundo é un, é outro, e outro. texturas distintas. o seus aromas. o pelo, a altura, os corpos, os brillo dos ollos, a calor que desprenden os seus corpos, as voces… non necesito abrir os ollos para saber quen é quen. as mans caprichosas por baixo das camisetas. sen porqués, sen culpables, sen rancores, sen ilusións. pagar con intereses esta débeda do meu corazón. o bico perfecto, o que non existe, o que nunca se dá. cando non ocorre é porque non estaba de ser…, é unha lei infalible. sodes pasado.

acaban Catpeople. sublimes, exquisitos. Mexican life, Radio, Next hours, Get up, Pretty things, Behind, Alone. respirar música, beber música, ser música. vivir música.

de esmorga and miradas21 Mai 2007 01:01 p.m.

Festival do Norte. venres

a primeira vez foi casualidade. a segunda foi curiosidade. a terceira foi unha cachada. a cuarta xa non era necesaria… eu búscote, ti búscasme. coincidimos sempre. ao ir ao baño, pedindo na barra. gústoche? gústasme? máis música. fago como que a cousa non vai comigo. que papelazo o meu! despois dos Sunday Drivers, Astrud e as súas letras psicodélicas. bailar a rebentar. a fartar. bailar como os indios. o sangue deixa de circular polo meu corpo. só hai música. momento de exaltación da amizade e Chorima abrázame por detrás. vexo a súa cara mirándonos. e vai como un avión a abrazarse á amiga. foron alucinacións miñas ou acaba de delatarse? de últimos tocan Delorean. bailar, bailar. vou un pouco para adiante, pero volvo pra atrás ata onde están Ro e Chorima. cruzámonos, vai pra adiante cos colegas. ao final acabamos Chorima eu dándoo todo na 4 fila ou así. tamén están a Ninfa e Aris. sorrío cando vexo que  anda pola primeira fila saltando como unha cabra. o sábado non nos cruzamos. pero o domingo tamén viña no tren para aquí.

adoro as casualidades…

basado en feitos reais and persoal21 Mai 2007 11:23 a.m.

 

sede de salitre. sede a inmensidade do mar. mergullarme… sentime oceánica. pechar os ollos, boca arriba, deixarme levar pola corrente. a auga taponandos os oído. só escoito a miña respiración, só sinto o bombeo de sangue no peito. abro os ollos. o azul do crávaseme na alma…

e na toalla agárdame o sol rabioso para bicar cada centrimetro de pel…

non saber se son un peixe de color, unha serea, un lobishome, a maga de Rayuela, ou tan só unha ovella máis no rebaño.

creo que son a muller esponxa.

7º arte and amor escríbese con H and b.s.o.14 Mai 2007 12:14 a.m.

[gv data=”aI4u1-xCRNk” width=”425″ height=”350″][/gv]
o coitelo cando te cortas picando cebola. a túa canción favorita de viaxe interior polas túas arterias. un raio de sol cegándote mentres vas pola rúa. tropezar e caer. correr, notar como o pulso se acelera e os pulmóns se enchen de aire; cansar. o olor dese alguén que che gusta. a auga gorentándoche pola gorxa abaixo cando tes sede. ler unha carta en silencio. bañarte no mar e sentir a súa inmensidade. unha caricia cando estás durmid@. o bico de spiderman. chorar cando alguén que queres morre. bailar ata que che doian os xeonllos. comer chocolate. dar un abrazo. parir. unha caricia…si, somos imperfectos. pero os anxos teñen envida de nós. por que? nós podemos sentilo todo.
“arrepínteste de telo feito?

aínda que só puidese ulir o seu cabelo unha soa vez… unha soa… non o cambio por toda a eternidade

[BSO City of Angels, Go Go DollsIris]

arroutadas13 Mai 2007 11:22 p.m.

debaixo da ducha. o chorro de auga sobre a miña cabeza é como unha ola rompendo. relax. a auga escorregando polo meu corpo. centos de pingas bicando cada centímetro da miña pel. que facer, que dicir, que sentir? nada. absolutamente nada outra vez. non ansiar, non buscar, non soñar. non dar máis do que se me pide. pechar os ollos e non ver. agora son eu a que se vai volver cega. bloquear os sentidos. o olfacto, o tacto, a vista, o oído. matarei esa parte de min. a sangue frío se fai falla, con alevosía e premeditación. deixarei que me salven outros beizos da nostalxia. enganareina e envelenareina. é o que queres? é o que terás. pecho a billa. abrázome á toalla. mírome no espello. a voz de Ro retumba dentro de min.

“mereces que te queiran COMO ti queres”

o corazón dálle a razón cun aceleramento de 0 a 100km en tres segundos. pois si… ríome soa. algún día…

mens sana in corpore sano13 Mai 2007 02:30 p.m.

unha pedalada. outra. outra. outra. e outra. non parar, ser constante. primeiro polo paseo do Barbaña que chega ata o Pavillón. logo pola beira do Miño ata Reza. vou escoitando o que fala a xente, esquivándoos. o río vai baixo. algunha que outra parella sentada nas rochas falando entre susurros. linguaxe corporal, só son amigos, pero ela está coladiña por el. pecho os ollos rabiosa. casualidade, só casualidade. apuro o ritmo. empezo a suar, noto perfectamente como me vou poñendo colorada. outras rochas, outra parella de amigos. esta vez é el o que está coladiño por ela. outro que non se entera de nada… o universo conspira contra min, acósame. manteño o ritmo, chego ata Outariz. cruzo pola ponte branca e prepárome para as costas que hai. dóenme un pouco as costas da falta de costume. sei que me miran porque estou colorada como un tomate, pero a min dáme igual. non os vexo. na pista vermella parece que voo. as pernas non se cansan. desoxídome. desconecto do mundo, de todo e tod@s. queimo graxa, queimo silencios e segredos. cruzo a ponte vella e volvo pra casa cansa e cun sorriso limpo que gardarei na recámara para unha emerxencia.

as miñas nenas and de esmorga and saudade10 Mai 2007 12:19 a.m.

mmmm… pequena, non te resistas ao poder do Lado Escuro!

100_2408.jpg
“me tienes tan fa fa fa fascinadoooo…”

100_2410.jpg

a miña outra irmá!
100_2422.jpg

pura adoración

100_2478.jpg
un dos mellores días da miña vida…

[Fotos de San Pepe]

frikadas09 Mai 2007 06:53 p.m.

O principal rasgo do meu carácter? Ser alegre (Pau dixit). Cazo de leite a piques de ferver, verme de seda a piques bolboreta, ao borde do precipicio, formiga no cu. (Chorima dixit)
A calidade que prefiro nun home? A bondade, que teña personalidade e a tenrura.

A calidade que desexo nunha muller?A bondade, que teña personalidade e a elegancia natural.

O que máis aprecio nos meus amigos? Que me queren como son.

O meu principal defecto? Crerme peor do que son, e porme histérica cando me tocan a moral.

A miña ocupación preferida? Escribir, estar soa, estar cos meus e saír de festa.

O meu soño de dicha? Que seguir como ata agora, mellor se podo.

Cal sería a miña maior desgraza? Que alguén de quen eu me namore me queira e nunca mo diga.

Que quixera ser? Mellor persoa.

Onde desexaría vivir? Florencia ou Uruguai

A cor que prefiro? Vai por etapas, antes o branco e o verde. Agora o azul.

A flor que prefiro? A que non está cortada.

O paxaro que prefiro? Un pato destes que percorre todo o mundo.

Os meus autores preferidos en prosa? Suso de Toro, Rivas, Ameixeiras, Márquez, Lucía Etxevarría, Fran Alonso, etc.

Os meus poetas preferidos? Poesía leo pouca, máis ben poemas soltos. Quédome con Manuel Antonio.

Os meus heroes de ficción? Pois creo que Spiderman e V (de Vendetta).

As miñas heroínas de ficción? Virgina Woof

Os meus compositores preferidos? Aquí mellor será que poña o que ando escoitar ultimamente: Deluxe, Delays, Quique González, Amália Rodrigues, Sr. Chinarro, e mil máis. Ah, por suposto: Oasis.

Os meus pintores predilectos? Miña irmá, Dalí, Miguel Anxo, Tamara de Lempicka, etc.

Os meus heroes da vida real? Miña nai, meu pai, miña irmá, porque sempre pelexaron por amor.

As miñas heroínas históricas? Juana la Loca, a Nai Teresa de Calcuta, Cristo.

Os meus nomes favoritos? Eu son das que cre as persoas son as que fan bonitos ou feos os seus nomes… pero aí vai: Ana, María, Cristina, Álvaro, Ismael, Afonso.

Que detesto máis que nada?
Que a xente que quero me minta e sexa covarde. É algo que non soporto e que case son incapaz de perdoar.
Que caracteres históricos desprezo máis?
Buffff, hai moita merda solta pola Historia adiante…

Que feito militar admiro máis? A Revolução dos Cravos.

Que reforma admiro máis? O sufraxio da muller e que neste país poidas casar cun home ou cunha muller.

Que dons naturais quixeras ter? Ter telepatía, falar ben e fluido outros idiomas e ser quen que facer mates! (sendo igual de pequecha que son)

Como me gustaría morrer? Mirando aos ollos de alguén que me queira, e, a ser, posible sen dor.

Estado presente do meu espírito? En transición, aprendendo que son moitísimo máis forte do que eu sempre crin…

Feitos que me inspiran máis indulxencia? As debilidades dunha persoa, os seus puntos fracos.

O meu lema? Nunca digas nunca. As apariencias enganan. Soñei a miña vida, pero vivín o meu soño. A felicidade empeza por un mesmo.

Pásollo a Pandeirada, Noa, L.Q.B, Torreira, Ra, Catuxa, Miss Potato, Chorima e todo aquel que o queira facer.

persoal09 Mai 2007 03:49 p.m.

ela non é ela.

ela son eu.

amor escríbese con H and soños07 Mai 2007 02:42 p.m.

chegou á primavera e dende aquí arriba vexo como a túas eternas neves non se derreten. todo quere aflorar e ficar na superficie. vexo novos escaladores, novos aventureiros intentando chegar a ti. eu recollo as cousas, as poucas que teño e gárdoas na mochila. no fondo xa sabía que non ía estar aquí para sempre… coñezo o tacto da túa pel, sei onde acubillarme e onde non. deixei que me ensinaras que cando o temporal é forte é mellor esperar e ter paciencia. que asustas do grande que es, pero amable con todos… non es traicionera. viran outros moitos atraídos pola túa grandeza de conquistarte. vanidosos… só queren a fama… e virán seguindo a nosa ruta, os nosos pasos. non esquezas nunca que se cheguei ata aquí foi pola túa maxia; eu non te conquistei, fuches ti a min. sei quen es. é hora de partir, ata sempre!

o mércores soñei que eu era Tenzing, que estaba con el, que xa chegáramos á cima. e escrinbinlle unha carta á montaña. deixeina alí enterrada no medio da neve. era miña dunha maneira que só entenderás cando chegues ao cume.

arroutadas and b.s.o.07 Mai 2007 01:31 a.m.

estás a salvarme a vida, pero…, claro, ti non tes nin a menor idea…

odio mentir 

[DeluxeCientos de Mentiras]

casualidades and íntimo e persoal07 Mai 2007 12:59 a.m.

Rúa de Santo Domingo. Ro vai diante coa súa bici e eu detrás ca miña, con tino de non atropelar ningún neno. a temperatura é perfecta, o grao de humidade, a luz iluminando a todos, enchéndonos de vida. é un dos meus soños de nena, andar en bici polo zona vella da miña Atenas. e xusto nese intre, nunha esquina, uns ollos que coñezo de sobra, uns brazos que marcaron a miña vida sen eu pedilo e o silencio de quen sabe calar e dicilo todo cunha mirada. o meu pasado feito presente. non me lembrei de nada. nin un só recordo. ata tiven que facer o esforzo para recoñecer… levo a camiseta vella de Dover de Catu, un pantalón de chándal gastado, o pelo recollido. a rabia de saber que aparento ser unha nena cando xa non o son. e odio que me vexa así… son un cisne. quédome con eses segundos nos que me sigue cos ollos…

que? agora xa sabes quen son, non? 

as miñas nenas and casualidades and de esmorga and miradas06 Mai 2007 09:36 p.m.


o primeiro dos concertos xa comezara. síntome ben. bailamos e rimos. non deixo de sorrir. paz outra vez… pero os meus ollos obrigan a que a miña cabeza e xire cara a dereita, cara atrás. entón pasa… está a mirarme. un medio sorriso tranquilo debuxado na cara. esa mirada… e deixo de respirar, o sangue conxélase e sinto como de súpeto todo se acelera. quedo completamente espida, núa. foi como se me vise… coñecémonos? cunha soa mirada e fai o que case ninguén fai. volvo a mirar pra adiante nerviosa, disimulando que a velocidade na que bombeo sangue só é propia dun F1… e sinto como o círculo se pecha… todo comezou cun concerto, todo acaba cun concerto e de regalo unha mirada. a menos de tres metros de min… memorizo esa cara para sempre, porque, nunca se sabe, quizais os destino sexa benevolente comigo e nos volvamos atopar… ou non. deume igual. e con certo temor observo de reollo, entre conversas e bromas. gústame, xa vin a súa alma, xa viu a miña, a min chégame con iso. a certeza de que en menos de dous días me podería namorar. o medo de saber que xa me ten pasado e a seguridade de que non vou ter o pracer de cruzar unha soa palabra.

e bailar como fan os indios. sei que me observa, mentres me pregunto porque o fai, eu non sei bailar ben a muiñeira… e desprendo maxia e feromonas a partes iguais. desaparece entre a multitude, escóndese, xa o sei. nun momento de volvo do bar cunha cervexa na man e moi ben acompañada, nese momento no que me mira con sorpresa? estrañeza? molestia? e touché. agora xa sei que non soñei que me miraba…

b.s.o. and basado en feitos reais02 Mai 2007 06:04 p.m.

[gv data=”1yegzHrIQHY” width=”425″ height=”350″][/gv] [The Delays– Valentine]

a mirada azul.a disco a rebentar, formo parte da masa, deíxome levar, sentir que non quero (ser) NADA.

a exposicíon, o concerto, as risas, os bicos desinteresados e as respiracións na boca, unha nai enferma, cds ciscados no cuarto de baño, un gato no corredor… e fóra sae o sol e o inconsciente volve a traicionarme.

a obra, o unicornio, eu só quería que foses ti o meu unicornio…

12 segundos de escuridade, porque no faro non só é importante a luz… tamén os 12 segundos, das dúbidas, da escuridade tamén hai que aprender delas…

a febre, o delirio, os soños, a lei do desprendemento…

e palabras con olor a salitre e sabor a bicos invisibles.

sete días e todos os estados posibles da alma.