Febreiro 2007


basado en feitos reais28 Feb 2007 11:22 p.m.

o que non me mata faime máis forte

algunha vez viches unha nena tan bonita como o máis desamparado gato dos suburbios?


de ninguén estamos tan lonxe como de nós mesmos.


no amor sempre hai algo de loucura, mais na loucura sempre hai algo de razón.


é necesario levar en si mesmo un caos, para poñer no mundo unha estrela danzante.


é referible morrer a odiar e temer; é preferible morir duas veces a facerse odiar e temer.

a madurez do home e volver a atopar a seriedade coa que xogaba cando era neno.


o que me entristece non é que me mentiras, senon que xa nunca máis poderei confiar en ti.


ninguén pode contruirche a ponte sobre a cal terás que cruzar o río da vida; ninguén a non ser ti.


quen con monstruos loita debe ter tino de non convertirse nun monstruo


TODO o que se fai por amor, faise máis ala do ben de do mal…


eu digo: ámate a ti mesmo, así hanche amar os demais

basado en feitos reais and máis que papel27 Feb 2007 12:22 a.m.

 

hoxe tíña que saír o sol… non podía ser doutra maneira. e eu dígolle en silencio que me miras, pero non me ves. e cun raio acaríañame a cara. boto a cabeza cara atrás no asento. son feliz. un segundo e voume lonxe. súbome ao teito e aguanto de pé o equilibrio ata que me engancho a outro raio de luz que se cruza comigo. e déixome arrastrar como cando calquera me colle da  man e me leva cara o interior dun pub, ou ata a primeira fila dun concerto. sabías que as mans falan unha linguaxe que poucos admiten? máis tacto, máis comunicación que cando miras aos ollos. e un conto de amor que comeza cunha pintada nun muro.

de saber que eras ti tería pechado os ollos para seguir vivindo

descubrirás o segredo?

delirando26 Feb 2007 12:16 a.m.

un segundo para nacer

outro para morrer

e outro máis para que te namores. nove meses de xestación e nace un neno co mesmo nome que Roma. dalo en adopción? deixalo morrer de fame? crialo? non ten futuro donas e cabaleiros…

un final feliz ou o final que nos toca vivir a moitos? (demasiadas preguntas, demasiados silencios)

sen fin…

[bso: InterpolSay Hello]

íntimo e persoal25 Feb 2007 01:48 p.m.

“a paciencia é a constancia valerosa que se opón ao mal, e malia ao que sufra o home non se deixa dominar por el. así é como a persoa paciente faise forte pouco a pouco, á vez que a persoa forte sabe ser sempre paciente”

nunca tiven paciencia. nunca. escápaseme, fuxe de min. son como o xogador de poquer que un día perde a súa sorte e nunca máis volve gañar unha partida. por non saber esperar. non podo, impaciéntome. desespero. agás cando pescaba. unha caña nas miñas mans e era feliz. sabía que os peixes estaban alí. dáballes o que eles querían. sentir como pican e agardar o tempo xusto, tirar cara arriba sen dubidar. nin máis nin menos, así de fácil. os peixes sempre pican.
e agora? de nenos somos máis sabios que de grandes porque hai cousas que non necesitamos que nos expliquen. saen porque están dentro. estou de pé, apoiada contra o cristal da galería. madrugada e choven mares de soños. e decido que non me vou mover. nin un milímetro. volvereime un gas en expansión, sen pedir permiso, se que se dea conta, sen darme conta eu tampouco. deixarei que pase o tempo, que os anos traballen ao meu favor. estar aí sen estar, sen agardar nada. eu non son forte, son débil e inconstante, pero é que teño tan claro o que quero… terei paciencia.

e mentres pescarei outros peixiños…

as miñas nenas and family woman24 Feb 2007 04:17 p.m.

 

a gripe pasándolle factura. a voz de ultratumba, ollos achinados, tos, mocos, febre. vexetar. consulta ás seis menos cuarto e alí cruzámonos co amor da miña vida, que vai con muletas e se chama Daniel (sóubeno cando chamou por el o médico). penicilina para a súa gorxa e de ruta pola farmacia. vexetar diante do televisor. mirar a febre. unha sopa que se nos espesou. cine vía portátil. cear e vexetar con Grey. durmir dun tirón ata as 4 e pico que abro un ollo e coa luz do móbil véxoa na penumbra, sentada na cama tremendo e moqueando. 39 de febre, outro termalgin e agardar esperta mentres leo ata as cinco pra porlle o termómetro. se non lle baixa lévoma a urxencias. báixalle. durmir, soñar con mil vidas. ela reméxese menos na cama e eu inconscientemente levo a man ata a súa cabeza para comprobar que tamén descansa. foi como cando de pequenas Catu e eu aínda durmíamos no mesmo cuarto e eu vixiaba o seu sono cando enfermaba. moito me gusta cando os meus me deixan coidalos e mimalos.

creo que teño máis futuro de enfermeira ca de tradutora…

eu enténdome24 Feb 2007 03:00 p.m.

 

sabes o que queres ou vas dando tumbos pola vida adiante?

tes alma de salmón ou déixaste levar pola corriente coma un peixe calquera…?

es ti ou vives crendo que os demais din de ti?

conquistas ou déixaste conquistar?

lánzaste ou agardas a que outros se lanzen antes ca ti?

conduces ou fas autostop?

disfrázaste no entroido ou miras como outros disfrutan facéndoo?

derrubas muros ou constrúelos?

deixas que te coñezan ou agóchaste baixo un sorriso calado?

protexes ou tes medo de facelo?

námoraste de quen mellor te quere ou regálaslle o teu corazón ao primeiro demagog@ que che di unhas palabriñas bonitas?

se es dos dos segundos non quero saber nada de ti, sal da miña vida. a ignorancia covarde é algo que me dá úlcera de estómago…

[bso: Ian Brown F.E.A.R]

entroido21 Feb 2007 12:14 a.m.

mimos.jpg
mimos 

mosca-cojonera.jpg
a mosca

tatuaxe-caseira.jpg
tatuaxe caseira

cada-un-da-sua-casa.jpg
cada un da súa casa

mais-fotos.jpg
posando 

montandoa.jpg

montándoa 

de esmorga and saudade19 Feb 2007 03:24 p.m.

disfraces. pintar a cara. ser outra persoa. as rúas ateigadas de xente. sorrisos, broma, festa. ganas de vivir. mares de voces, o rumor cancións que estiveron de moda hai anos. a cidade vólvese un labirinto. parece outra. charangas e bailar pasodobles, paquito ou o que faga falla. saber que tiñamos que estar as tres alá. saber que non podes cambiar nada, que ás veces, parece que canto máis desexas unha cousa máis se afasta. e esa sensación de vivir mirando para outro lado… facer o parvo, facerlles rir. como se pode botar de menos algo que nunca tiveches?

e matar a saudade con sorrisos…

[b.s.o. Snow Patrol Open your eyes]

as miñas nenas and basado en feitos reais15 Feb 2007 01:46 a.m.

entonei o fa-fa-fa fascinado sen darme conta. camisas brancas, gravata negra, antireflexantes (polas gafas), o sorriso soñando coa lúa de valencia, catro flashes e máis risas. a imaxe parada no tempo, realmente dende fóra venme así? a xente maqueada demais, máscaras de mentira e eu sen entender; que eu saiba o entroido só comezou na limia. e alá van as fotos pra orla. despedirme sen despedirme, se ti soubeses. unha profesora que é unha friki, e paréceme un milagre polo que só me falta poñerlle unha vela a san antón. unha piscina anti-estrés de canicas e unha taza molona. non, non foron regalos por culpa del. pasear e bla bla bla. rúas que descoñecía, tendas de segunda man, o paraíso das pequenas cousas que foron doutros. ter un dejá vu mentres pecho os ollos para seguir falando. só son tímida cando sinto a vertixe na boca do estómago. eliminar toxinas facendo aerobic mental.

pode que non a vexas se non te fixas, pero a canica está aí. e non é cousa de agora. quen xogará comigo?

casualidades and family woman14 Feb 2007 12:56 a.m.

volver a casa como quen volve á infancia. estás guapa. é o primeiro que me solta miña nai nada máis entrar pola porta. e eu caio na conta de que estou coas mesmas pintas de sempre, despeinada e medio durmida. quieta, parada, sen chegar a comprender moi ben que ve ela que eu non vexo. doulle un bico sorrindo e marcho saudar a Catu. nin que estiveses namorada… susurra baixiño mentres eu saio da cociña. e sen motivo o corazón ponse a bombear coma un tolo. Catu e as súas bromas. e esa mirada sincera…. estás guapa. e flipo, agora si que flipo.  boh, iso é porque me botaches de menos. escapo nerviosa disimulando mellor que ninguén.  papi, a que está guapa? directa pro meu cuarto a desfacer a maleta mentres el lle dá a razón. poño caretos no espello. ríome eu soa, que marabilla volver e que che digan que estás divina aínda que, en realidade, vaias feita unha merdiña (polos exames). que fas? miña nai cáchame. outra vez son un tomatiño feliz. e como sempre desordeno o meu cuarto que só está civilizado cando eu non estou. mira que se mami vai ter razón…, co transparente que son eu…

adolescencia tardía and amor escríbese con H and arroutadas and de esmorga13 Feb 2007 11:58 p.m.

tolemia, desvaríos varios e a realidade agardándome no baño do piso vello de miña avoa. e botei bágoas de crocodilo, impotencia. que fas cando no podes facer nada? nadei nun océano de metáforas que nunca chegarei a escribir. e non ver, e non querer saber máis. enrollarme coa mentira sen darme conta e xogar a non ter conciencia. fuxir de min mesma. fuxir de algo que xa sei  que non vou conseguir. e regalar os mellores bicos que sei dar e todo por non chorar. e todo por non caer na tentación de falar. por non dicir as palabras malditas. aguantar un pouco máis, uns meses. só iso, amnesia no corazón.

b.s.o. and delirando and maratón09 Feb 2007 11:58 p.m.

a arte de vivir sen paraugas aínda que diluvie. e non tusir polas noites. a arte de ofrecer só o que é xusto e necesario. e dar o abrazo imprescindible. a arte de vivir pegada a uns vidros mirando como se manchan durante 24h. e ver todo o que os demais non ven. a arte de non preocuparse e ocuparse. e facer sorrir cando é todo é cabeza perdida…

aí foi cando acabei café con leite e me dei conta de que estaba na cafeta da facultade e que quedaba menos de sesenta minutos para o derradeiro de febreiro. e tiven moitas ganas de escribir por detrás dos apuntes. escribir con rotuladores de cores e empapelar a o edificio con palabras. pechei os ollos un instante e deixei que chovese dentro. deixei que se inundase, que as mesas flotasen, que a auga chegase ao teito. e vin como os poucos que estábamos alí buceábamos como peixes de cores. e bailar baixo a auga. e silvia sonando de banda sonora.

escuchar las palabras sin que se me dirijan. y mezclarme viajera con todas las manos. y rozar sin reparo todas las mejillas.

mergullo sincronizado, respirar polas branquias das puntas do cabelo. flotar coma unha alga, ingravidade.

10 minutos máis e estou sentada na parte máis alta da clase, na esquina. vixío a todos. tan lonxe da porta que se me fai eterno o camiño ata chegar onda a profesora pra pedirlle que me deixe ir ao baño. e saír correndo, voando,   p  a  r  a  n  d  o      o      t  e  m  p  o. ese segundo no que estiven máis preto de ser tradutora, máis ca nunca. quizais o único momento da miña vida en que realmente o fun. a melodía de 56 pares de mans pasando follas de diccionario apágase dulcemente mentres acabo o exame. a sorte xa está botada.

basado en feitos reais and casualidades and delirando and soños07 Feb 2007 11:50 p.m.

quirofano.jpg
volta pra un lado. volta pra outro. o reloxo marca as oito cando abro os ollos. e voume ata casa. miña nai hoxe non traballa e aínda está na cama. collo un xersei armario porque vai frío e vou camiñando ata o hospital pola Praza maior, a rúa do Perigo, o Posío e en tres minutos máis chego. renego do ascensor e subo ata a sétima andando. a porta da 718 outra vez. entro calada e íspome. veñen a pincharme. veñen a levarme. imaxes que non son miñas, roubeillas ao meu pai, mesturadas con outras sobre as que tampouco teño dereitos. prefiro as guerras nas que son soldado a aquelas nas que só son espectadora. mestúranse as imaxes na miña cabeza. recordos. estou soñando, seino. pero sinto como me atravesa o bisturí. e non sei porqué estou a sorrir. e canto, como aquela que vez que subín no Dragón.

y voy a respirar, TE voy a respirar, y nada podrá matar la voz de mi locura

e voume do meu corpo. non me ven? invisible. mais eu tampouco me vexo. non todo está marcado e escrito, as cartas equivócaronse.  pasan as horas e pra min non pasou nada de tempo. déixome respirar por todos e por ningún. sinfonía de corazóns latendo automaticamente, como a luz do faro que se encende e se apaga. palabras susurradas, pensadas e nunca pronunciadas. vai sendo de que volvas e eu tamén. un home mírame sorrindo cos ollos. moito me gustan as persoas que sorrín así. pero eu non entendo nada. volver a onde? e turra por min mentres rematamos de cruzar aquela porta de vidros difumilados. e un letreiro, QUIRÓFANO. non entendo, a onde me levas? e vexo pasar unha padiola co meu pai máis pálido do normal e lanzándolle bicos a todo o mundo. miña nai vai detrás empurrando tamén. e vexo a Catu e Aultre Narai asomadas pola porta que acabamos de cruzar. lévano á sala do espertar, di miña nai con sorriso de alivio. feliz. o home cólleme cara adiante, veña, moza, que imos chegar tarde. sigo confusa, é un soño, un recordo, ou que? e paro en seco. pero quen es? e mírame e nega cabeza. veña vamos, agora sei que volverei ver o mar.

custáme espertar. levo horas durmindo, como anestesiada e drogada. e Eli aínda non se ergueu? chegan ata min as voces de Pau e Evita na cociña. botar outra media hora para abrir os ollos. estou boca arriba, cústame moverme, semella que levo anos a durmir.  vou directa pra ducha. moito me gusta estar coa cabeza baixo o chorro… cámbiome. son as dúas e vinte, é moi raro, non teño nada de fame. paso pola cociña, ei, tes mala cara. nin me inmuto, é que durmín mal… recollo un pouco o cuarto. hai un vulto baixo as mantas. abro e… o xersei.

e agora podes crer o que queiras, dáme igual.

adolescencia tardía and maratón07 Feb 2007 02:24 p.m.

iglesia_luis.jpg

case me dá algo cando o vexo entrar pola porta do salón de actos. e non quero contar xa cando vexo que se senta case detrás de min e que o seu marabilloso olor chega ata o meu nariz… mmmmmmmmmm

onte non choveu no cuvi, eran eu babeando…

de esmorga07 Feb 2007 02:05 p.m.

a dor de cabeza tamén viña de festa comigo. unha dor estraña, na fronte, unha opresión que non se quixera quedar na casa. o pijerío por todo Teucro e eu deixándome levar por Quela e Ana. perder ao xadrez na Tetería. baixar a mirada tímida como cando de pequena vin por primeira vez un bico con lingua: eran os dous morenos máis guapos da cidade. licor café no Ocho. bailar ata rebentar no sitio máis chic e onde mellor pinchaban, montala rodeadas de pijos que non saben o que escoitan. directas pro Dentelladas. ambiente. a realidade sen máscaras nin disfraces. gays, lesbianas, heteros. todos xuntos e mesturados. e miro e non sei quen é quen, nin onde empezan uns ou outros. ninguén mira mal, ninguén se asusta. a mesma música, a mesma bebida, o mesmo desexo . e eu que sempre quixera ir á sabana africana…, sen comelo nin bebelo estiven alí. a natureza humana en estado salvaxe. libres. os baños eran autopistas do amor fugaz. a pretendiente dunha das amigas de Quela merodeando e tonteanto cunha loira de armas. logo atácalle a ela que a esquiva como pode. hoxe anda cariñosa demais con todo o mundo, ten coidado. eu fállole a un pelado guapísimo que xa sei que é gay, dáme igual. mírame curioso. dálle de fumar á nena. marchamos pro Lusco. o antro dos antros. un barbiñas que toca a guitarra e canta. Ana e eu acabamos facéndolle os coros e destrozando Lela. as sete pra casa e eu co sabor de que foi unha noite demasiado curta na punta dos beizos.

adolescencia tardía and family woman06 Feb 2007 12:09 p.m.

perdín o tren e marchei voando pra estación. tiven que agardar unha hora na outra. non había case ninguén, pero eu non tiña medo, este peixe facíame compañía. as once e vinte chego a Teucro e Quela recíbeme cos brazos abertos. cambiámonos a ritmo de vídeos no youtube. os pitillos negros, a blusa negra, a gravata, os tenis, a chupa negra de Catu. e deixo que Ana me maquille un pouco. e teño que sacar as gafas pra facilitarlle o traballo. cos ollos claros que tes non sei como non pos lentillas. é Ana, e Quela que lle dá a razón. non sei porque non te quitas máis partido. e eu colorada ríome e desvío a mirada. aí está, a nena miope que son. eu non son guapa, nin atractiva, son bonita e pouco máis. levo tantos anos ( 18 ) con gafas que me esquezo… creo que non sei ben de que cor son. e disimulo diante de todos e do espello. as gafas que me protexen, que ocultan o iris, as gafas que son o meu escudo invisible… os meus ollos que me delatan, que non saben o que é disimular. o día que deixe de levalas será porque atopei a quen mirar aos ollos sen nada que gardar pra min, porque quererei darllo todo.

pero con calma, que aínda queda moito

basado en feitos reais and casualidades02 Feb 2007 01:28 a.m.


páraseme o corazón. as 20:14, o u2 aínda non chegou. paseo dun lado pra outro tarareando algunha canción. non hai ninguén máis na parada da fft. noite. e ese olor… outra vez. como se dixese úleme, búscame e completa a serie. pecho os ollos inconscientemente. alucinacións miñas. e vou dun lado pra outro e xusto aí… ese olor, non olor, porque é algo máis ca un olor. aroma? quizais, pero creo que máis. pechar os ollos sen darme conta. suspirar con forza mentres noto como ese olor inunda todo o meu ser ser dende a cabeza ata as puntas das dedas. andar dun lado pra outro e aí, onde é imposible que estea, sinto que está aí. e algo se tensa e se rompe tensa. outro sismo e ninguén está comigo pra ver como treme o chan baixo os meus pés.

b.s.o. and basado en feitos reais and maratón and persoal01 Feb 2007 01:46 a.m.

normalmente é raro que comente algo da carreira aquí (por que será?). máis que nada pra non botar a pacer a lingua e acabar ofendendo a algún profesor (por ganas non é… ) do que dependeu/depende/dependerá algunha nota. e aparte diso porque non me gusta falar das cousas que non me gustan (acabo de darme conta). son as dúas da madrugada e teño os miolos saturados e non me sae nada de xeito cando escribo porque levo todo o día arriba facendo algo da miña vida, como diría o rei. e non, non penses mal, non me estou a queixar. aprendín moitas cousas que non están nos apuntes que moitas veces me prestaron porque eu non ía a clase. si, culpable, porque non me gusta e son negada para a tradución. estou contenta porque aínda que haxa días malos (poucos) sempre hai alguén con quen compartir sorrisos, xa sexa no piso, nas clases ou tomando un coffee. son doctora honoris causa en corazóns e almas.

Vigo, non é Atenas, nin a Pedra, pero ten a moitas persoas e momentos que me atarán de por vida a ela. o que tiña que ser o derradeiro ano, o máis duro, está a ser o mellor de todos. libereime dos desexos, dos soños, das grandes aspiracións, das apariencias. non sei se o teño todo, ou case todo, se fracasei ou non, se me quedan cousas por alcanzar, se son intelixente, parva ou o que. estou ben comigo e con todo e todos os que me rodean. non, non é conformismo. é aceptación, o meu equilibrio.

imaxina saber que pase o que pase non hai día que deixes de sorrir…

doces soños, hoxe estou agotada.

[b.s.o: o novo de Bloc Party]

máis que papel and persoal01 Feb 2007 12:09 a.m.

 
vivo con tres segundos de memoria, despistada, baixo mínimos, despistada e sorrinte polo super adiante… como se estivese… non, non, non, que non hai de quen namorarse.

será que pronto vén o plenilunio?