Xaneiro 2007


amor escríbese con H and arroutadas and basado en feitos reais31 Xan 2007 02:19 a.m.

hombre-rana.jpg
“El verdader amor no es otra cosa que el deseo inevitable de ayudar al otro para que sea quien es”

é o único que sinto agora. é que o que ofrezo, que te mires nas miñas pupilas e te vexas e saibas, por fin, quen es. iso, e que son feliz.

e unha canción que tarareo sen darme conta. o futuro?

b.s.o.30 Xan 2007 03:00 p.m.

 

cal deles cres que son eu?

[Sigur Rós – Glósóli]

de esmorga and íntimo e persoal28 Xan 2007 08:56 p.m.

 

saír. frío nas rúas desertas. bailar. bailar como os indios. xa non espero nada nin busco nada. deixo que todo flúa arredor de min. son libre porque non son esclava nin dos meus soños nin do meu corazón. guapa, co pelo solto. mírame, mírome e son eu no espello do baño. muller e algo máis que está debaixo da pel. e na pista eu non vexo corpos, son luces brancas, son almas. sorrío. e palabras nunca pronunciadas que se estrelan contra os meus ollos, veñen, de pares de ollos que cruzan liñas prohibidas ao abrigo das cervexas que beben, a música que bailan e a escuridade do local. e roces casuais que delatan e todo para roubar un anaquiño do meu aroma… sen que eu me dea conta? saúdo a un coñecido e o seu primo de barbas faime unha radiografía aos ollos. sórriolle, non me corto un pelo, e ti ves sendo…? sempre sen medo nas distancias cortas. a mirada apuntando e a piques de disparar. e voume e déixoo case coa promesa do el quere. e vén, xoga, pero eu non quero xogar. que loite, que pelexe, que me busque, que se lance. sabendo que non se lle pode pedir iso a ninguén, ou si? sabendo que o máis seguro é que o volva a ver. sabendo que só me apetece bailar. e bailar e bailar e saltar cos ollos pechados mentres ouveo.

casualidades and family woman26 Xan 2007 11:44 p.m.


hai quen ten irmáns. hai fillos únicos que queren aos seus amigos como se fosen do seu propio sangue. pero imaxina que catro células microscópicas se namoran á vez, dúas parellas perfectas. nacer xuntas e ser unha casualidade. imaxina o que é sentir que ao teu lado sempre hai alguén, vivindo e respirando igual ca ti esteas onde esteas e fagas o que fagas. medrar á vez que ela, non hai nada tan grande e tan marabilloso nesta vida. xuntas dende sempre e para sempre. completamente distintas, pero por dentro tan parecidas… (as apariencias enganan). ela é a miña verdade, o principio de todo o que eu son. inexplicable, máxico, real. todo o que fun, todo o que son e serei, todo está nos seus ollos. preguntádelle a ela. preguntádeme a min por ela. vivir en sincronía, ás veces a tempo, outras a destempo. querernos máis alá do sangue, do amor, da vida, de todo e todos. sen ela eu non sería como son

non, non te confundas, ela non é a miña irmá xemelga, ela non é a miña amiga… ELA é a miña vida dende hai 23 anos. feliz aniversario Catu

arroutadas and as miñas nenas26 Xan 2007 10:42 p.m.

fai un ano

teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver teño que volver

e volverei

saudade25 Xan 2007 02:03 a.m.

do you remember?

e lembro. segundo a segundo. imaxes na miña cabeza, agromando de novo, resucitando. os segredos morren, evapóranse e só queda o seu olor, o teu. o que xa cría borrado da miña memoria. risas, caricias, e moito silencio. bombardeando o meu corpo, aniquilando todo ao seu paso. recordos que se fan de carne e óso neste salón pequeno. como estar na sala dun cine, a película da miña vida. and the Oscar goes to… Aultre Narai, porque fun a mellor actriz e subo ao escenario e dedícocho a ti, que me deches todo o bo e todo o malo que se lle pode dar a alguén, e non podo enfadarme, no fondo era o que eu quería, vivilo e sentilo TODO.

e hoxe non ía escribir, pero lembrei…

estás outra vez aí diante miña. este xa non é o meu salón, estamos no patio vello do meu colexio, e tod@s aí, xusto aí diante. mírasme ou son eu. como a víctima que quere verlle os ollos ao etarra que lle puxo a bomba debaixo do coche. sen rancor. a derradeira, para que vexas que xa non hai máis quérote, nin máis esperarei nos meus ollos. para que saibas que xa se acabou a Guerra Fría, que agora son eu a que desmantela bombas, que volvín ao meu.

para que saibas que me lembro. e non doe. que te lembro e non sinto.

arroutadas and b.s.o. and eu enténdome23 Xan 2007 11:41 p.m.

“Perfecto en la locura, no es para Vinodelfin solo una combinación de palabras sugerentes. Es una puesta en escena, una declaración de intenciones. Ser perfecto en la locura es admitir que lo que nos hace extraños, también nos hace únicos; es asumir que la existencia esta llena de actos contradictorios, de aciertos y errores, aceptar que ese vaivén, que esa locura, si uno la respira enteramente, es perfecta”

e confórmome con nada, soñar porque si, sen poder dar. sabendo que non vas recibir nada a cambio de dúas palabras que non vas pronunciar… shhhh, é un segredo, e o neno chíscame un ollo. case teño 23 e creo que son perfecta na tolemia. a pureza da miña alma.

eu SI sei a onde irán os que van sen mirar cara atrás, chegarán a vivir no ceo.

amor escríbese con H and casualidades and eu enténdome and máis que papel23 Xan 2007 01:38 a.m.

¿qué es el amor?

preguntoulle a moza ao poeta, e este díxolle:

verte una vez y soñar/haberte visto otra vez

basado en feitos reais and persoal and Sen clasificar22 Xan 2007 10:09 p.m.


gústame estar soa. descubrino un día que fun soa ao cine cando tiña pouco máis de 15. e dá igual que haxa moita xente ou non, eu desaparezo, fágome invisible. ou eles ante min. gústame estar soa e nunca saberei explicalo ben. será porque non hai explicación… e hai un mundo aparte. vou pola praza da madalena e vexo unha voda musulmana, neva e caen pétalos do ceo. meu pai recibindo clases de guitarra de Paco e tareando unha nana. Cristo é un ionqui, travesti e sen barbas, que me chisca un ollo mentres paseo contonéandose mellor do que farei eu na vida, gárdame o segredo. ir con calma, sorrindo a calquera. mirar con descaro, deixar que me miren de arriba a abaixo, mísiles directos aos ollos. participar nun master de bicos que fan na praza maior, a intimidade, a sensación, a humidade, os suspiros contidos, a cámara lenta, sacar matrícula de honor nas distancias cortas. seguir o rastro de olor que alguén deixou pola cidade, o perfume do silencio, atopalo e xogar unha partida de xadrez. sempre me mira e non abre a boca. xa o dixo todo.

eu non son o que parezo

amor escríbese con H and as miñas nenas and basado en feitos reais20 Xan 2007 03:46 p.m.

a túa man sempre buscaba a miña. palma contra palma no medio da noite. marcha, festa, ruido, xente. ese arrepío da man ao peito… o tacto suave. taquicardia. sentidos que eu descoñecía espertando dun coma profundo. non sei, non entendo, non atendo. case non son quen de respirar. lume entre esas dúas mans. deixábame levar, non podía facer outra cousa, tiña o Paraíso entre os meus dedos (a túa alma)… facíamos o amor con aquelas mans, en silencio, con todo o tempo do universo. diante de todos

volvo do pasado, de algo que morreu hai moito.  esta historia non é a miña, pero podía selo. amar sen un só bico por medio. tan preto que queima. non hai nada máis puro. querendo cruzar a liña prohibida que o cambia todo. soñar con facer paracaidismo sen paracaídas e ser por unha vez kamikace namorada. ela segue de pé, non quere marchar. esa mirada que di  que non está aquí, de viaxe polas reminiscencias de imaxes e olores na súa retina. e eu miro dende fóra como quen atopa unha casa na praia: portas e fiestras abertas. a luz entrando e saíndo, o mar susurrando unha canción. un conto que eu creo que non ten fin. o seu.

e seguir camiñando, próxima estación: Esperanza.

as miñas nenas and basado en feitos reais18 Xan 2007 01:14 a.m.

 elisilla.jpg

“terán que partirme a cara para que deixe de sorrir”

a mirada confiada, o sorriso pícaro querendo asomar, a certeza a b s o l u t a, a verdade, unha mentira piadosa e o tempo parado e atracado á saída do banco nunha milésima de segundo. ai, e non te dás conta…

[magosto da FFT, novembro 2006]

basado en feitos reais and saudade16 Xan 2007 10:53 p.m.

collería o coche vello do avó aínda que ás veces falla. moitos vaqueiros, xerseis, algún chandal, as botas de montaña e os abrigos vellos. o portátil, CDs de filmes, un cargamento de pilas para o mp3, algún que outro libro, as cartas vellas que escribín hai anos. no super que hai por tras da estación. mercaría as provisións suficientes para un mes ou dous e na carnicería pediríalle que me desen a comida dos cans porque non lla vai levar meu tío, que lla levo eu. en pouco menos dunha hora chego. poñer a cociña de leña, abrir as fiestras, ir por por auga á fonte, ordear todo un pouco, comer calquera cousa. outra vez no coche ata a Barcia e botarlles os restos da carnicería a un exército de cans sen dono que viven do que lles leva meu tío. todos mimosos e cariñosos. volver a Fontes. dar un paseo entre a néboa. lembrar as corredoiras polas que me levaba o avó cando aínda vivía. sentar ao pé dun carballo, pechar os ollos, escoitar os segredos que me contan as fadas que viven alí. escribir toda a noite, ata o amencer. non ter horarios. limpar a casa, ir ata o cemiterio a porlle flores. falar en voz alta cos cans. non vivir a miña vida, non ser eu, ser os personaxes. que dominen o meu corpo. ser feliz cando eles o son, chorar as súas derrotas. as fins de semana fugaríame ata o Carballiño, para saír, ás veces como narrador omnisciente, outras sería Elvira perderíame polos garitos onde aínda poñen algo de boa música, e outras tantas miraría cos ollos de Lois, que ao final rematou por calar máis do debido, decidir se ao final o perdoo por ser tan covarde ou se o castigo co silencio do seu orgullo. os domingos iría ver algún partido de futbol no campo vello, só por observar ás persoas. e as miñas mans cegadas diante do teclado do ordenador, como se eu fose unha pianista, a miña arte. os ollos cansos. vivir pra escribir. rematar cun final que polo menos roube un sorriso e un suspiro de aprobación. o final será feliz se eles queren que así sexa.

ás veces sinto que levo dúas vidas… e ando a agardar polo momento en que se cruza e se volven unha soa, perfecta. se agora morrese e me fixeses a autopsia atoparíaste cun libro dentro do meu útero. como me molesta non ter tempo pra parir…

mágoa que non sei conducir

basado en feitos reais and pelis16 Xan 2007 01:09 a.m.

“cando queiras que alguén se namore de ti só tes que conseguir que se fagan realidade os seus soños, por riba dos teus (…)” [Mia Sarah]

outra frase que me rompe en mil pedazos os esquemas. por que ás veces é tan difícil ver o obvio?

só que queres de verdade podes facelo.

só se te queren de verdade poden facelo por ti.

fixéchelo? fixérono por ti? no meu caso nin o fixen, nin o fixeron, pero todo chega. como sempre a vida é máis sabía ca min, aínda me queda moito por aprender, moito por desfrutar desta viaxe,

adolescencia tardía and delirando and persoal16 Xan 2007 12:01 a.m.

cinco anos pra isto. e como explico que en vez de bolboreta saín libélula?

delirando15 Xan 2007 11:34 p.m.

febre. grao arriba, grao abaixo. unha montaña rusa no meu corpo. marabunta, estampida. non podo durmir, nin moverme, nin deixar de tremer. soño e deliro. hope of deliverance. os cabalos correndo pola miña cabeza. quero durmir, quero durmir. exames e notas. Señorita, vostede non vale pra esta carreira. quero durmir, quero durmir. FODER, que iso xa o sei eu. o Rei que me fala de política, non nos entendemos. a maldita sensación de que hai cousas que nunca vai entender na boca do estómago. odio a política, a relixión, os tópicos. nunca digas nunca, é demasiado tempo. unha man sobre a miña fronte. hoxe non vas durmir ben, pequena. teño tanta sede e tantas ganas de crer que ata mataría como matan os leóns no Serengueti. mataría por un só bico de amor, ou máis ben morrería. só un. aínda que despois esperte e pense que só foi un soño. regalo a miña alma a cambio dun.


íntimo e persoal13 Xan 2007 03:51 p.m.

non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir non me quero ir

e na rúa,  o sol estrelándose contra os cristais dos coches, xente agardando fóra, rapaces con monopatín, amas de casa entrando e saíndo do super, o meu reflexo nun escaparate, ruído de vida, buses e o macuto agardando por min.

amor escríbese con H13 Xan 2007 11:54 a.m.

tocou o meu punto débil. pero que linda es… e caio, de parva, de lista. unha frase (infalible comigo) e desármame. por que non me había deixar querer? cámbiame a cara, retira as miñas gafas con coidado. estou espida cando me miran directamente aos e máis sen elas. e acaríñame as meixelas, toda a pel. fáime cóxegas. pero el non sabe quen son, nin o que quero, nin o que hai ou deixa de haber. xogar e retalo. se quere algo que o curre.

e premio.

frikadas11 Xan 2007 07:03 p.m.

aguantarás a tentación de pinchar aquí ? vai ser que non…

eu enténdome11 Xan 2007 02:40 a.m.

todo o que non se dá, pérdese…

presente, pasado e futuro xogando a facer unha orxía dentro da miña cabeza. meténdose de todo á miña conta.

“la casualidad nos va a alcanzar… non va a salvar… y a matar” 

e desaprender as palabras

Páxina seguinte »