Decembro 2006


persoal31 Dec 2006 02:13 p.m.

e no momento en que dan as baladas, no momento en que meu pai come as 12 uvas (eu nunca o consigo) no momento en que todos lembramos o bo e o malo deste ano, ese instante máxico,

se cres en ti,

se confías en min,

se deixas de ter medo… concédoche o que queiras. todo é posible.

tes 365 pra vivilo e comprobalo

HAPPY 2007 TO EVERYBODY!!

b.s.o.29 Dec 2006 04:28 p.m.

nin panxoliñas nin Bisbal. música doutra raza. as miñas recomendacións pra este Nadal son:

DOVES, descubrinos grazas á Chori que controla un mundo de música, eu aínda estou flipando con eles, a min a canción que máis me gusta é a de Sea Song. non conseguín atopar o vídeo, síntoo! ten un principio que me pon o pelos de punta. outras cancións son Caught by the river, Snowden, There goes the fear, etc, etc. moi recomendables.

HOOVERPHONIC, e destes belgas, aínda que non che sone o nome, sónache a música: Mad about you, Jackie Cane. non che recordan a anuncios?? e logo teñen 2Wicky, Sometimes, pero a min as que me encantan son One e sobre todo Eden

por suposto, o último disco de Maga, el rojo, unha obra de arte pra ver coas orellas. o primeiro single é Pasó el cometa [“voy a borrar tus sueños, para salir de tus recuerdos“]. non me esquezo dos clásicos Agosto esquimal, Medusa, Piedraluna, e a miña favorita Diecinueve [ “y domíamos tan juntos que amanecíamos siameses“] tamén Aqualung. descubrino de casualidade no youtube, a min tenme un aire con Moby. Strange and beautiful [“Sometimes, the last thing you want comes in first, sometimes, the first thing you want never comes, and I know, the waiting is all you can do,
Sometimes…”
], Bigger than sunshine entre outras.

e para acabar o último disco dos Mando Diao que é unha puta pasada. e veñen a España en febreiro!!!! o que daría eu por velos!

e nada máis de momento.

amor escríbese con H and basado en feitos reais28 Dec 2006 05:52 p.m.

aquel día eu andaba incenciada, non sei que me pasaba. ardía por dentro e nas clases era como se houbese alguén bicando o meu pescozo a todas horas. a pel hipersensible, como agardando polas caricias de alguén invisible. pero pola tarde eu xa non podía coa miña alma, quería marchar. aquilo non era normal. estaba acabando colocar a chaqueta, o bolso, poñendo o mp3 camiño da parada de bus. saúdoume sorrinte, coma sempre. tes mala cara. e eu púxenme como un tomate. non, nada, hoxe estou un pouco cansa. seguía a sorrir, como se lese na miña cara algo que eu non quería que vise. vén comigo. e colleume con dozura da man. eu ía como cegada. métemonos nun dos baños do pavillón A. tan ten se era o de homes e mulleres. estou enmeigada, enfeitizada. non deixa de sorrir e eses ollos que brillan como dúas estrelas. e despacio, gafas fóra, a goma do pelo. e ese aroma… boca contra boca, a poucos milímetros. derrítome. xa non sinto o corazón. vou morrer se non me bica XA. e bícame. o tempo exténdese como se fose de plastilina. as mans coñecen os camiños prohibidos de peles que se tocan case case por primeira vez. sede e lume. goréntame pola gorxa. desfágome como un castelo de area na praia. e as pernas fallan, non as sinto. os sentidos aumentados. o olfato, o tacto. afogar suspiros nunha boca que non é miña pero da que podo facer un mapa cos ollos pechados e unha man atada ás costas. afogalos porque a menos de 15 metros están todas as miñas amigas en clase de administrativos.

cando saen eu espéroas na porta cun sorriso de orella a orella. e ti por aquí? disimulo. veño, da biblioteca e xa marchaba, voume con vós.

e se mo preguntas direiche QUEN foi.

basado en feitos reais28 Dec 2006 10:17 a.m.

o tipo víame cara rara. eu andaba a chorar. non podía parar e dábame igual que me visen ou non. 25 de decembro, 13:35 pm. un tren que marchaba e pouco máis pola estación. outro por alí parado. un tipo normal, baixo, un tipo calquera. e párase diante miña. queres que te leve comigo ata San Francisco? e cabréome. que pasa viume cara de cría? non, déixame tranquila. pero o tipo fai que marcha, pero non, queda alí chantado insistinto. si, muller, vén comigo que te traio enseguida. noxo. mireino con odio, por botarme anos de menos, por facer o mesmo coas nenas. pero eu xa non unha nena… TÍO, déixame tranquila, víchesme cara de idiota? bueno, bueno, bueno, como te pos eu só quería… QUE CHE DEAN, déixame soa. vaise cara a máquina que está aparcada a 300 metros, e volve mirar cara atrás. hai algo que non me gusta da súa mirada. non teño medo, non son unha nena, se lle teño que dar un puñetazo doullo, pero é de día, non me vai tocar, se fose de noite xa sería outra cousa. finalmente marcho, oxalá ningunha nena caia na súa trampa.

faime caso, nunca fales con estraños.

amor escríbese con H and soños28 Dec 2006 12:13 a.m.

tres filas de asentos máis adiante e a luz entrando con forza polos vidros. está agardando por min. pero non me movo do meu sitio, alguén cólleme da man. queda comigo. e eu sen entender, sorrindo e volvendo aos 9, cos cabelos de ouro. abrázame. teño soño e apoio a cabeza contra o seu peito. sigo sen entender, só son unha nena. e retumba o seu corazón dentro do seu peito contra a miña orella. escoito e sinto cada latexo, case podo velo. ergo os ollos pra preguntarlle curiosa. por que che late tan forte? pecha os ollos e unha bágoa cae pola súa cara. suspira e mira pola fiestra. entón é cando me dou conta de que non é o meu soño…

espertei e descubrín que soñabas comigo.

family woman24 Dec 2006 04:20 p.m.

esta sempre é a noite que máis medo lle teño…

Bo Nadal a tod@s e desfrutade das vosas familias!!!!! e como dicimos na miña familia, QUE DE HOXE NUN ANO!

amor escríbese con H24 Dec 2006 03:58 p.m.


onte tivemos ceíña da pandilla. comín a mellor tortilla da miña vida, son adicta a ela. e por máis que o intento non consigo poñer os pés na terra. Nadal estraño, raro e tranquilo para min. bebo e nada me sube. a música xa non fai o seu efecto. o Micho que me busca coa mirada. puro magnetismo animal. e ardo de desexo (acumulado). pero… algo pasa, ou nada. e non podo. ando ida. no Trole non collemos, e dáme igual estar alí ou na fin do mundo. de broma, un pico do Xigante. non sinto nada, son inerte. el non será, isto xa o vivín. hai un indio que me mira serio pendurado dende a parede. as catro marcho. frío que corta. non sinto o corazón. só quero estar soa. case ninguén polas rúas, e todo dá igual e deixo de ter frío. vaise do meu corpo, voando a sabe Deus onde. en casa desvístome desganada. acabo sentada no salón, onde me escondía de pequena pra esperar por Papá Noel e os Reis. hai algo que non sei se pedirlles…

de esmorga24 Dec 2006 03:07 p.m.

xoves noite. vivir a cámara lenta. saboreando cada segundo como se fose o derradeiro. feliz como unha nena. borracha coma quen celebra unha victoria. ás pantasmas non apareceron, creo que xa marcharon pra sempre. e o frío facéndome cóxegas nos pés. pupilas dilatadas, mais non por efectos do l.k., e vexo todo borroso, diluído en auga e sal. descubrín unha nova constelación no ceo, non a viches? é un triángulo equilátero perfecto. e non, sinto dicirche que non sei a súa orixe, nin a lenda, nin porque a fun atopar eu. boca arriba, tirada no chan, soñando esperta con que as estrelas se pelexan polo meu amor e me bican por toda a pel. e derrítome. cantando pola pedra vella de Vigo. correr ata case romper as pernas. vacilar ao panadeiro e pedirlle un biquiño (ou mil máis). fumar silencios e bailar entre a espada e a parede.

sempre cara adiante e sen medo.

basado en feitos reais and eu enténdome20 Dec 2006 03:08 p.m.


como años levados ao matadeiro… exames de decembro. hai cousas que deberían mermar co paso dos días e cos quilómetros que hai no medio. pero NON, a min ninguén me fai nin piiii caso, nin o meu corazón. ao principio só era unha brecha pequena, un fío de auga. despois un río, o Nilo, o Amazonas e logo fíxose profundo ata case tocar o centro da terra. un novo ecosistema, lava no seu interior, miles de quilómetros de auga salgada ata a superficie. e cando se quixeron dar conta aquela merdiña de auga que corría e bailaba alegre por riba do chan, aquela cousa tan insignificante convertiuse no Atlántico.

desconfía dos detalles pequenos porque  sen querer vólvense oceánicos…

delirando18 Dec 2006 11:57 p.m.

frío nas mans. camiño de noite. vou, veño, non paro. e se ti me quixeses como te quero eu… e se non fixesen falla as palabras, direille ao oculista que me dilate as pupilas por tempo indefinido, veralo así nos meus ollos? porque non vou pronunciar as palabras malditas, a miña condena de ante man. coma o can ao pé da tumba do seu amo. e que máis dá que non volva? que máis dá? só sei perder, non sei facer outra cousa.

If I told you a secret
You won’t tell a soul
Will you hold it and
Keep it alive

 

[…]

 

So take me, don’t leave me
Take me, don’t leave me
Baby, love will come through
It’s just waiting for you

basado en feitos reais17 Dec 2006 09:18 p.m.

pagando no super e dúas frases que me atravesan como puñais mentres soan pola radio. ás veces penso que o universo enteiro sabe o que os demais son os únicos que non ven, un muro invisible que distorsiona a realidade. percorro o lugar do crime outra vez, á luz do día todo parece diferente. e o salitre sempre chama por min e acabo no porto de paseo e colgada do móbil. algún que outro pescador no muelle, parelliñas que comezan, a negrura do mar que me fala e me conta verdades que me custa crer, luces dende o outro lado da ría.

antes de irme definitivamente pra casa entro un momento no Cash Converters de Urzáiz. curioseo. crúzome cunha moza loira moi bonita cando miro pra esquerda. non… non, non pode ser. son eu reflexada no espello grande que teñen alí. e por un momento case podo saber como me ves dende fóra.

…………………………..non me digas nada, mírame en silencio………………………………….

de esmorga17 Dec 2006 07:15 p.m.

o primeiro documento gráfico da noite do xoves (o resto das fotos cando as consiga!). dúas tolas no Anghara. graciñas nOa!!

noa-e-eu.jpg

soños17 Dec 2006 06:44 p.m.

e non sei que raio pinto na aldea outra vez. inverno e un campionato de fubito. chaman por min. é un soño, seino, a equipación xa non me queda xigante. marca todas as curvas que ten que marcar. ata parece que estou un pouco máis en forma, como se levase meses a entrenar. mírome no espello, son un auténtico bollycao. tócanos xogar, de novo, contra uns que se supón que son da miña aldea. non me soan de nada. tócame saír a pista a min. hai un tipo enorme que non me deixa nin a sol nin a sombra, abusa porque é máis grande. cabréome, pásase comigo nun par de entradas. o público bérralle e el parece que non se entera que a cousa vai con el. é nun deses encontronazos, dende o chan do pabillón, despois dunha patada moi sútil nas miñas canillas, é entón cando se me conxela o sangue do corpo. e este cabrón que fai aquí?? recoñézoo. férveme o sangue. pásame a dor da perna, e érgome voando, apretando os dentes e as mans con tanta forza que semella que vou facer sangue. un par de xogadas máis e son un mísil campo arriba e campo abaixo. defendo, ataco, os balonazos, os golpes, as patadas, as caídas, nada pode pararme. non me canso e boto lume polos ollos. saiume a raza de miña nai, pelexar ata a morte. salvaxe. nun contragolpe desmárcome e quedo case soa diante da portería. pásanme o balón e teño que enganchalo no aire pra tirar. outra vez o tipo enorme que se me vén meter no medio. e rebento como unha bomba atómica. esta vez non me vas facer dano.
a cámara lenta: a bóla chegándome pola esquerda, o cabrón que me tapa a portería, non me quere deixar tirar a gol. e pégolle ao balón coa perna dereita, facendo forza con todo o corpo, como se a vida se me fose nese instante, e o meu berro de rabia resoando no pabillón. cae ao chan cos ollos coma pratos e con bágoas nos ollos. apuntei ben e deille xusto na entreperna, onde máis lles doe. eu respiro cansa polo esforzo. o público alucina e as miñas compis de equipo aínda non se que cren o que acaba de pasar. Eli, pero… como lle dás así?? eu sorrío pillabana e contentísima. nena, calquera diría que tes esa forza… e eu bebo da botella de auga, colorada e suando máis ca nunca. por ser máis grande non ten porque ser máis forte ca min, ademais que non me quería deixar marcar gol… xa verás como pra próxima non vén meter os fuciños onde non debe.

arroutadas and de esmorga16 Dec 2006 12:44 a.m.

nun só segundo. non vexo nada, escuridade. odio o Planta. David que me mira con ollos tímidos, gustareille? como sempre hai cousas que a miopía non me impide ver. e xa non podo máis. non quero ver, nin saber, nin entender, nin intuír, nin ter que seguir calando. voume e fuxo. dígollo primeiro a el. e non me deixa.

o que non debería facer…

o que deberia facer…

o que quero en realidade morro por facer…

agárrame forte do brazo, que non me vaia, que me quede. nin sequera podo miralo aos ollos…pero eu non podo. así non podo. e Yoliña mírame na cara e ve que me pasa algo. e rógolle que me deixe marchar, dóeme todo por dentro e sei que estou ao borde do abismo. Yoli, de verdade que NON PODO. e voume como o máis rápido que podo. vén Mar a buscarme, que lle gustas. e alucino. non isto non me está pasando, isto non é real, a vida putéame. pero xa dá igual o que digan, marcho rápido porque sei que el vai vir a buscarme. nin me inmuto ante o frío. entro na estación de trens. teño mala cara. estou morta por dentro. camiño sen parar ata casa. non sinto o meu corpo porque non sinto o corazón. xa non é meu.

e agora que?

family woman14 Dec 2006 12:53 a.m.

son unha privilexiada e seino…

hai 56 anos que María Fina Gil Prexigueiro viña ao mundo e meu avó tiña que camiñar case vintecinco quilómetros ata o Carballiño pra buscar a penicilina que lle facía falta á súa primeira filla pra que non morrese despois do parto. e esta noite case podo camiñar con el na escuridade e cos lobos vixiando…

ela nunca se queixa. o mellor que sabe nesta vida é coidar á xente que non coñece cunha dozura que rompe a dor da U.C.I. xamais me conta cousas tristes de alí, ela sempre ve o mellor das persoas e da vida. é discreta e humilde. é sensible como o pétalo dunha rosa. ela explícame as cousas do mundo coa claridade dun sabio. non fala coa cabeza, fala co corazón na man. gústalle camiñar moito e le os libros da miña habitación sen que eu me entere. sabe de todo e coñece todos os meus segredos sen que llos conte. ten unha fe en min que nunca acabo de entender, ela cre que son quen facer calquera cousa que me propoña. ten raza, é unha loitadora, nunca se rinde. sempre me deixa que a abrace cando está ferida ou doía por algo. ás veces consigo deixar de vela como miña nai e vexo a gran muller que é. fai de todo: mata serpes, ratas, é xardineira, psicóloga, cociñeira, taxista, ama de casa, enfermeira, conselleira, compañeira de travesuras cando Catu e eu eramos máis pequenas.  namorouse de meu pai e xamais se avergonzou nin  fixo un culebrón da súa vida.  fala de todo con naturalidade,  somos de poucas palabras pero directas. disfruta das pequenas cousas tanto ou máis ca min. ás veces rise como unha nena, por calquera cousa sen importarlle se é o adecuado ou non. sempre me perdoa… deumo todo. absolutamente todo o que se lle pode dar a unha filla (e para nada estou a falar das cousas materiais…). non a quero, non a respeto, non a necesito, simplemente que a adoro máis que á miña vida. e morrería por ela. e mataría se alguén lle fixese dano. e dou cincuenta anos da miña vida para que ela viva o suficiente e sexa avoa (agora mesmo é o único lle falta). non lle ten medo á vellez. estou orgullosa dela, porque é miña nai, porque xamais lle fixo dano a ninguén, porque sempre é ela mesma, porque non se rinde, porque é a raíña do meu corazón e por mil cousas. porque sempre acabo chorando de felicidade cando escribo algo para ela.

basado en feitos reais and íntimo e persoal13 Dec 2006 08:00 p.m.

debía ser cedo. hoxe, esta mañá. durmo profundamente, non sei que andaba a soñar. case esperto porque noto unha man que me acariña no muslo como querendo espertarme. entre soño e soño empezo a pensar que é miña nai pra que me levante porque teño cousas que facer. pero a man volve a insistir. ten que ser Catuxa gastándonme unha broma… e outra vez a man contra a miña perna con todo o cariño do mundo. non, non é miña irmá. e case podo escoitar o meu nome pronunciado en silencio. a derradeira vez que me acariña, sinto que o corazón me sae pola boca. sigo cos ollos pechados, esperta e sei que estou aquí, que non poden ser nin Catu nin miña nai. e tamén sei que a porta está pechada, que Pau e Evita aínda están en cama. non, non teño medo. eu xuraría que foi real, poño a man na lume se fai falla.

de quen era a man? quen me mima mentres durmo?

basado en feitos reais12 Dec 2006 10:50 p.m.


non se daba conta do que facía con aquel xesto tan simple. e foi como verme nun espello. e quedo descolocada e sen saber reaccionar. xusto no peor momento. sen tempo a saborear que por unha vez non son eu a que fai de abrigo cos brazos. unha sensación estraña… será que necesito a alguén que me coide máis do que eu cría? os abrazos danse porque se quere, non para compracer á outra persoa.

b.s.o. and persoal12 Dec 2006 10:00 p.m.


Maybe I dont really want to know
How your garden grows
I just want to fly
Lately did you ever feel the pain
In the morning rain

As it soaks it to the bone

Maybe I just want to fly
I want to live I dont want to die
Maybe I just want to breath
Maybe I just dont believe
Maybe youre the same as me
We see things theyll never see
You and I are gonna live forever

Maybe I dont really want to know
How your garden grows
I just want to fly
Lately did you ever feel the pain
In the morning rain
As it soaks it to the bone

Maybe I will never be
All the things that I want to be

But now is not the time to cry
Nows the time to find out why

I think youre the same as me
We see things theyll never see
You and I are gonna live forever
Were gonna live forever
Gonna live forever
Live forever
Forever

(Oasis, Live Forever)

só o que é puro de corazón cre que pode derrotar todos os imposibles,

e por iso sempre o fai…

amor escríbese con H and saudade11 Dec 2006 11:24 p.m.

 

“prefiero solamente un beso tuyo al amor de mil mujeres” (Mi propia trampa)

Páxina seguinte »