Novembro 2006


soños30 Nov 2006 04:21 p.m.

a parte de que me mata, colle e arríncame un ollo co coitelo. o meu cadaver tirado pola vella Atenas entre a pedra do chan e a chuvia que cae. nunca me vira morta a min mesma nin nun soño. e só vexo unha cousa fotografada para sempre no meu rostro inerte: o medo a que me faga dano.

que me paraliza

non querías caldo? pois toma sete tazas… 

casualidades and pelis30 Nov 2006 12:57 a.m.

cabalos diante da facultade. os derradeiros raios de sol. cabalos salvaxes, ceibes, libres, ata os coches lles paran… os verdadeiros donos e señores do cuvi. unha nai coa súa filla, unha egua noviña. segue os seus pasos sen dubidar. e eu sorrío, idiota, estúpida e feliz. cansa de estar arriba todo o día. e imaxino que eu son unha susurrudora de cabalos. que me achego, que se fía de min e escoita os meus segredos… os animais non necesitan de palabras para ter certezas. abóndalles co instinto e os ollos.

non mintas, sei que podes sentilo.

as miñas nenas and basado en feitos reais29 Nov 2006 09:25 p.m.

ás seis esperto. durmín mal. soño e logo non me lembro. ducha, o abrazo da toalla quentiña pola calefacción. mmmmmmm. volvo ser muller outro mes máis. cousas das que me esquezo. bus, a dous quilómetros deíxanos tirados. un té para almorzar. son as nove. chupar biblioteca. descentrada. un coffee con Chorima, falar e rir. todo e nada. anécdotas e sorrisos. mirar aos ollos. clases. encomenda. comer rápido. biblioteca. baixar. sweet home, Alabama.

non te fies, non todo son apariencias…

arroutadas29 Nov 2006 10:00 a.m.

sae pra min. SÓ pra min. unha milésima de segundo. é o único que quero, é o que quero.. ese anaquiño de tempo que me pertence tan só a min. e remóvense os meus cimentos. ábrense as contras, as fiestras, as portas. entra a luz imparable. todo se transforma devagar, sen apuros de última hora. e despois de días e días de escuridade, esa luz que me dá a vida. creo que me quedaría así ata a fin dos tempos. quieta, sen moverme, en paz, mentres a luz do sol se estrella contra as miñas pupilas, mentres me bica as meixelas…

non é miña, pero é miña. é a miña luz. dá igual gañar ou perder. agora mesmo non necesito nada máis para sorrir

as miñas nenas and delirando and family woman27 Nov 2006 10:32 p.m.

xúrome que non vou volver probar o l.c. nunca máis. e o estómago revólvese furioso mentres eu, máis pequena do habitual e anicada sobre a taza do váter fago malabarismos pra non expulsalo a el tamén. a boca aberta, os ollos pechados, veleno saíndo do meu corpo, a comida de todo o domingo. bágoas polo esforzo sen que chame por elas. suor frío, tremer coma un vimbio, os meus brazos firmes botando raíces na taza, aguantando a cabeza. e penso no pouco que valoramos a saúde, ata que a perdemos. no mal que o debeu pasar meu pai, digan o que digan ninguén estivo na súa pel, só el sabe as que pasou. e penso no que me gustaría que miña nai estivese comigo, aguantándome a cabeza mentres boto os fígados pola boca, ou facéndome algunha sopiña mentres eu durmo tirada no sofá para recuperarme. e que aínda que hoxe non estea aquí só teño que coller o teléfono pra falar con ela.

á novena o corpo fica baleiro e volve a paz. métome en cama esgotada. non fuches xusto... murmuro en voz baixa antes de que Morfeo me coide.

as cousas das que menos falamos son as que máis doen

de esmorga and eu enténdome27 Nov 2006 07:27 p.m.

un don. empatía mutando en algo moito máis grande. inexplicable. maxia en estado salvaxe. ti non cres, pero eu si. creo en todo o que ve, sinte e percibe o meu corazón. e nun momento todo encaixa. todo é. os ollos que nunca menten. o aparentemente inexistente, o que todos esconden do mundo. pero eu podo velo… o que calas, os xestos, o ton de voz, os círculos, os medos, a realidade que é moito máis bonita do que a rutina che deixa ver. a beleza do invisible. toda a vida derrubando os muros que os que quero constrúen para protexerse do mundo, da realidade, deles mesmos. saber cousas que é imposible que eu  saiba. saín á rúa pra que me dese o aire. unha explosión dentro do meu corazón. falar cunha sinceridade que me fai libre. a persoa que son e a persoa que podo chegar a ser. os medos vanse. EL tiña razón, son a Maga. e dareiche os tesouros da (miña) alma se me deixas

… se cres en min.

basado en feitos reais25 Nov 2006 04:08 p.m.

non sei porque durmo tan mal cando volvo. ultimamente. miña irmá adorándome coma sempre, sen esa seriedade que ás veces ulitiza de escudo. as cousas que fixo por defenderme sen contarmo e as cousas que fago para que nunca deixe de mirarme con ese brillo confiado nas pupilas. fóra vento e diluvio, máis que camiñar hai que camiñar pola rúa hai que nadar a bolboreta. unha ducha de auga quente. non hai ninguén en casa. a calor artificial do gasóleo. encántame andar espida cando estou soa, e durmir máis. mírome no espello do corredor. aínda que eu no queira, o prototipo de corpo ideal made by Vogue está aí. as pernas pequenas demais, a barriguiña. pero gústanme os meus peitos, redondos, proporcionados, naturais, equilibrados. os pés, pequenos e ben feitos. pés espidos, de nena, pés que fixeron centos de quilómetros sen unha ferida. as mans a medio camiño da madurez e da nenez. as poderosas mans que escriben, acarician, que din gústasme cando ninguén mira, mans quentes no inverno, igual que as da avoa. a manía de dar calor con elas. a perfección da imperfección do meu corpo.

e as ganas de camiñar pola praia

as miñas nenas and basado en feitos reais23 Nov 2006 08:05 p.m.

colgada do teléfono, bla bla bla. analizar, supoñer, soñar, intuir, ansiar… odio falar por teléfono, aínda que ás veces, non queda outra. e ata parece que teño a Ro aquí comigo, sentada na miña cama e mírandome fixamente. e ti que queres? silencio. a luz do flexo, a habitación en penumbra, estou cómoda, ben. tranquila e en paz. e as palabras saen da miña boca limpas e cristalinas. coma un raio de sol despois da tormenta. voz serena, equibrio perfecto. xa o dixeches ti todo. e eu sorrío polo teléfono. sempre teño medo de dicir as cousas en voz alta porque todo se define e volve real.

e non sei se me vas crer ou non, pero esta mañá vin o raio verde

íntimo e persoal23 Nov 2006 07:41 p.m.

 

sabes unha das cousas que me falta por aprender?  gañar

adolescencia tardía and saudade22 Nov 2006 02:04 a.m.

 

a primeira vez que quixen montar no Dragón non fun quen. foi ao voltar de pasar 15 días de intercambio en Torre Annuziata. 15 nos que me devorei toda a arte habida e por haber no Renacemento e parte do Barroco con estes olliños de cores mesturadas e miopes. e namoraronse da arte para sempre. unha cousa son fotografías, outra cousa cousa é o paraíso que eles probaron. ao voltar paramos no parque. un día enteiro. tiña tanto medo que me botei a chorar e avergonzada e cabreada comigo fuxín da cola. ese medo irracional… nunca che pasou que queres facer algo, pero tes tanto medo que non podes? nin o intentas. case seis horas despois e guiada por un impulso que non sabía de onde viña, sen penar, púxenme na cola con Manu e Mónica nerviosa coma un vimbio e facendo o parvo. Xabi tamén viña. só me lembro de Manu axústándo o meu arnes e eu cantando cancións de Maná para espantar o medo mentres subía por aquela costa que nós levaba cara o ceo. os ollos pechados. o corazón bombeando tan forte. e sabes que pasou despois?

déixaste levar. a vertixe desparece e o corpo reláxase. e sentes a forza do Dragón debaixo de ti. para un lado e para outro, en perpendicular, boca arriba. a ingravidez máis absoluta. e berrei como se fose William Wallace, como unha leona. cando parou, aínda montados, eu non podía parar de rir e de patalear contra o chan. case non podía crelo. e Xabi miroume serio. veña, que agora hai pouca xente, volvemos subir pero adiante de todo. e eu sorrín. pero prométeme que ti non vas berrar. era un reto cariñoso. e sei que me brillaron os ollos de confianza. vale e outra vez o mesmo ritual. e o sorriso perenne na miña cara. disfrutei como aquel que sabe que hoxe é o seu derradeiro día na terra.

de volta en Atenas conteille orgullosa a miña fazaña a Osiria. a súa cara cando lle ensinei a foto que nos sacaran. tiña unha felicidade serena debuxada na cara impropia de min naquela época. tiña 17 anos e por unha vez na vida sentíame quen de loitar polas cousas que soñaba.  canto máis medo, máis forte e imparable é o impulso de tirar cara adiante. sempre cara adiante. coma os carneiros. pase o que pase.

isto non ben a conto, só é un dos meus pequenos grandes tesouros.

íntimo e persoal19 Nov 2006 11:58 a.m.

catro anos atrás, en primeiro, chapapote e o meu nome escrito na praia de Carnota. aínda non as coñecía e iso que coincidíramos todas. un horreo para xigantes e un cabalo nun establo. achegueime. uliu a miña man, tiña tanto medo coma min. quen dixo que os animais non teñen alma tamén? bus e pra casa. unha mensaxe no móbil:

“imagino lo orgullosa que te tienes que sentir de ti misma”

ao final era Osiria. non era por ir limpar, era por unha carta que lle mandara a semana anterior:

“hai tres cousas nesta vida que son sagradas para min; a relixión, a lingua na que falas e a sexualidade dunha persoa. non entendo como a xente se mete a opinar e criticar… é tan fácil! e nunca ninguén se pon na pel de outros… todo son prexuízos e estereotipos, como se as persoas fosemos cuadradas e todas iguais. se non podes sentilo non tes nin idea do que é para outro ser humano”

nunca digas nunca

delirando and soños18 Nov 2006 10:36 p.m.

 

volta pra un lado. volta pra outro. falo. teño calor. sede na boca. e o meu nome resoando por todo o meu cuarto. susurros que non sei de onde veñen. destápome. soño e non sei o que soño. non entendo. ás 6:23 abro os ollos de par en par. as chamadas perdidas. saio do cuarto. meu pai soneando e miña nai facéndolle os coros. auga da botella na cociña. non chega a gorentarme todo o que eu quixera. desvelada. sonámbula. volvo pra cama. a luz da lúa cólase polo salón. noutras circunstancias tería ido ata o balcón para admirala, pero estou tan cansa… e quedo durmida nunha espiral de soños que non entendo.

 vou coa miña vella BH polo Souto. é primavera. os avó está vivo, pero eu debo ter case 30 ou máis. alguén máis vén comigo, detrás de min, de paquete. hai un cemiterio entre os castiñeiros que eu nunca vin. deixamos unhas flores. non quero estar alí, un medo que non recoñecezo, case infantil. marchamos ata a Molinera. non me doen as pernas, pedaleo sen esforzo. hai unha festa. música vella dos noventa. eu só bebo zume de laranxa. bailar. todos me coñecen, saúdos cariñosos. quen son? non os recoñezo. entón volve cara min e quedámonos mirando. todos bailan e nós paramos. cunha delicadeza divina retira as gafas da miña cara e eu síntome espida. ata me custa abrir os ollos. tímida non son quen de aguantarlle a mirada. óllame, por favor. ergo os ollos e non me movo. isto xa o vivín. pídeme o que queiras. e sorrío máis e mellor que nunca… rescátame aínda que non faga falla.

 cousas que só digo en voz alta cando soño (contigo).

adolescencia tardía and eu enténdome18 Nov 2006 10:44 a.m.

 

unha revelación? non, quizais outro disparo directo ao meu corazón. si, que pasa, son crente. EU CREO. en cousas que nin imaxinas. o tempo párase e o bufón deixa ver a súa alma de verdade. e son un pouco coma el. as apariencias sempre enganan. saír correndo pra parada de bus. frío, chuvia. corro e espéstome contra unha barra. (branca  e fosforente pra que se vise ben…). rir a fartar. as situacións absurdas son a miña especialidade… nin en vídeos de primera!!! volve a nena de nove anos sen previo aviso nin cita. tímida, vergonzosa sen saber por qué. a nena que sempre pensaba que o facía todo mal. e outra vez esa inseguridade na punta da lingua. non sei o que digo ou si. todo a medias, como sempre. como debería ser, como son, como serei…

hai volcáns de segredos debaixo dos silencios…

amor escríbese con H and basado en feitos reais17 Nov 2006 03:42 p.m.


durmo en camas que non son miñas. acóstome cun tipo que acabo de coñecer. dá igual, á merda con todo! placer que nin enche nin cura. espida, de corpo, pero non de alma. vas vir ti a salvarme deste labirinto de certezas? e se por unha vez non me escondo? non podo, xa estou acostumada a perder antes de apostar. xa non sei se isto é unha queixa ou conformismo con sabor a outono podre. o que quero e non teño… nunca? e sáenme ben as interpretacións, e vólvome dona do destino nun soño, e camiño e camiño pola cidade, e canto cando ninguén mira, e dígoche a verdade sen que te deas conta e minto cando todos preguntan.

 móllome.

íntimo e persoal16 Nov 2006 10:50 p.m.

estou espida e ninguén se dá conta. non podo máis… vou rebentar. subirei á montaña rusa e non terei medo nunca máis.

danzas guerreiras ou danzas de amor?

eu enténdome and máis que papel10 Nov 2006 06:03 p.m.

 

¿Cómo hacerte saber que siempre hay tiempo? 

Que uno sólo tiene que buscarlo y dárselo,
Que nadie establece normas salvo la vida,
Que la vida sin ciertas normas pierde forma,
Que la forma no se pierde con abrirnos,
Que abrirnos no es amar indiscriminadamente,
Que no está prohibido amar,

Que también se puede odiar,
Que el odio y el amor son afectos
Que la agresión porque sí hiere mucho,
Que las heridas se cierran,
Que las puertas no deben cerrarse,
Que la mayor puerta es el afecto,
Que los afectos nos definen,
Que definirse no es remar contra la corriente,
Que no cuanto más fuerte se hace el trazo más se dibuja,
Que buscar un equilibrio no implica ser tibio,
Que negar palabras implica abrir distancias,
Que encontrarse es muy hermoso,
Que el sexo forma parte de lo hermoso de la vida,
Que la vida parte del sexo,
Que el “por qué” de los niños tiene un porque,
Que querer saber de alguien no es sólo curiosidad,
Que querer saber todo de todos es curiosidad malsana,
Que nunca está de más agradecer,
Que la autodeterminación no es hacer las cosas solo,
Que nadie quiere estar solo,
Que para no estar solo hay que dar,
Que para dar debimos recibir antes,
Que para que nos den hay que saber también cómo pedir,
Que saber pedir no es regalarse,
Que regalarse es, en definitiva, no quererse,
Que para que nos quieran debemos demostrar qué somos,
Que para que alguien “sea” hay que ayudarlo,
Que ayudar es poder alentar y apoyar,
Que adular no es ayudar,
Que adular es tan pernicioso como dar vuelta la cara,
Que las cosas cara a cara son honestas,
Que nadie es honesto porque no roba,
Que el que roba no es ladrón por placer,
Que cuando no hay placer en las cosas no se está viviendo,
Que para sentir la vida no hay que olvidarse que existe la muerte,
Que se puede estar muerto en vida,
Que se siente con el cuerpo y la mente,
Que con los oídos se escucha,
Que cuesta ser sensible y no herirse,
Que herirse no es desangrarse,
Que para no ser heridos levantamos muros,
Que quien siembra muros no recoge nada,
Que casi todos somos albañiles de muros,
Que sería mejor construir puentes,
Que sobre ellos se va a la otra orilla y también se vuelve,
Que volver no implica retroceder,
Que retroceder también puede ser avanzar,
Que no por mucho avanzar se amanece más cerca del sol,

¿Cómo hacerte saber que nadie establece normas salvo la vida?

delirando09 Nov 2006 04:48 p.m.

 

toleo por momentos. e iso encántame. desta non morro. estoume transformando. a próxima vez romperei as roupas e perderei a razón. non te preocupes, non te mancarei cando te morda

basado en feitos reais07 Nov 2006 12:30 a.m.

 

o medo sempre volve…

agobiada, fuxo del e marcho pra casa o xoves. téñoo dentro, coma un virus que se nega a curar. miña avoa morre pouco a pouco e seino. podo sentilo. non é fácil admitilo. e teño medo dese baleiro que sempre queda, do demais non teño queixa, 96 son moitos anos. o concerto ao que non fun e durmo escoitoitando a Amaral na radio. e o corazón puxando por saír do meu peito. rebélase. xa non atende a razóns. un terremoto na miña habitación, é un xigante con ganas de sentir. dáme dozura, dáme mel nos beizos, dáme o que quero, non teño medo.                   

                                                      pero eu si…

o sábado acabo nunha sala vendo un conto sobre a felicidade. sempre soa, coma un can sen dono. adoro a miña vida, penso mentres volvo. a lúa vixía o meus pasos. pero en cama a nena volve e choro. salitre pola miña cara e o veleno vaise da miña alma. abrazada ás pernas, destapada e cos ollos pechados. o domingo quedo con Osiria, co Mago e o seu Principiño. completamente felices, coas súas feridas de guerra, pero felices. hai un momento no que me pasa o brazo por detrás dos ombros mentres camiñamos e saúdan a un veciño. como repetíndome o que xa me escribiu hai moitos anos: sempre serás a irmá pequena que nunca tiven.

bus pola tarde. agora xa non durmo en toda a viaxe, ela ten a culpa. e Quela que me di por teléfono que estou moi guapa. sorrío, calo e miro pola fiestra do bus as nubes que van pescar troitas polo ceo adiante. crúzanse co sol e fanlle unha reverencia. é imposible non sentir ante tanta beleza e bondade. inevitable.

íntimo e persoal05 Nov 2006 10:23 a.m.

 

sinais

indicadores no camiño. vou por aquí ou vou por alá? e cando pensas que estás a dubidar xa o tes todo máis claro que a auga. cabeza e corazón van por un lado. o que sintes e que cres que deberías sentir. confusión. e pides un sinal. algo que só vexas ti. atópalo e por un día vas durmir con calma.

a vida xa me empuxa, non hai nada para evitalo. saborear a viaxe.

Páxina seguinte »