xoves, agosto 24th, 2006


amor escríbese con H24 ago 2006 07:00 pm

 

e de súpeto sona o móbil. era Eme. estrañoume un montón porque non é dos que chaman habitualmente. pensei que quería algo dos exames, pero non... que este sábado hai festa alá. supoño que se acorda de min, non sei. pero está ben. o cariño sempre foi a droga máis doce. terei que ir, non? aínda que só sexa por curiosidade.

Chuzame! chuzame -
adolescencia tardía24 ago 2006 06:49 pm

estaba en pixama, estudiando. non serían máis das once e media. meus pais que non están en casa. sona o timbre e atópome de pleno co Matadragóns que vén traer unhas empanas de zamburiñas... el, o tío que sempre me gustou da aldea... e que por riba sábeo porque xa sabemos o discreta que son eu para estas cousas... (por non dicir outra cousa). aí de pé, tan macizo coma sempre... e eu en pixama!!!!!  definitivamente, o único sex-appeal que podo ter é o pallasa que son... e logo velo pola noite nunha festa de aldea, falar con el e non lembrame de qué á mañá seguinte por culpa do l.c. (a todo isto que seica roubei un calabacín nunha horta e me tirei no medio da estrada porque non quería irme pra cama jejeje). a historia de todos os veráns. é curioso, un metrosexual tímido que nin a min me aguanta a mirada. será por iso que sempre me gustou. por pedaciño de pan.

Chuzame! chuzame -
persoal24 ago 2006 06:31 pm

xa teño fondo físico. pernas pequenas, pero fortes, pulmóns áxiles. conseguino, e ademais perdín uns quiliños. agora a bicicleta é a miña mellor aliada. coñéceme á perfección. disfruto, esfórzome. con ela nunca teño ganas de parar. si, teño que confesalo, son lesbiana si se trata dela. os quilómetros non me pesan e nótoo. fago cronos sen reloxo, etapas de montaña longas e sen parar, sprints a mil por hora ata que me é imposible seguir pedaleando. MENS SANA IN CORPORE SANO. saúde. adrenalina cando me lanzo polas costas de pé e (ás veces) sen freos. pecho os ollos e case podo voar. só me falta un E.T. que dea o toque máxico para despegar. igual que o amor a primeira vista.

Chuzame! chuzame -
b.s.o. and basado en feitos reais and de esmorga24 ago 2006 06:05 pm

un concerto de Xoel e unha descrición inmellorable dun encontro cun admirador. pero non un calquera, eh! e botar, saltar, bailar, cantar desafinando sen medo de facer o parvo. e frío. e a Nécora que nos (Catuxa, o mozo dela, Josiño, e eu) levou a cear ao mellor sitio de todo o país das patacas. que máis se pode pedir?

Chuzame! chuzame -
eu enténdome24 ago 2006 05:47 pm

saber perder. unha guerra, un imperio, un partido, un soño, un amor. a derradeira bágoa. a derradeira, xureimo. o meu corazón cansouse de vivir da memoria. e se perdín foi porque non me arrisquei, non o suficiente. non ao 100%. quixen ter a seguridade, a certeza, un papel firmado que calase as miñas dúbidas. que facer agora que aprendín que se non houbo un incendio foi non me atrevín a acender o chisqueiro? unha chispa, unha soa, pequena e insignificante e entón... seino, agora, estou convencida. hai verdades tan grandes que custa aceptalas. e agora que? volver a empezar.

Chuzame! chuzame -