rállome, rállome moitísimo. isto non pode seguir así. miña avoa no hospital. 96 anos, microinfartos, case se lles vai en Urxencias e aí a tedes!! viva. VIVA !! de maior quero ser tan forte coma ela... mordo, ladro, e non bico. abstinencia, desgana, pureza, tolemia, medo, sinxelamente que só quero algo máis... Fer, coma un milagro, como que alguén me escoita alá arriba. e el escóitame... mensaxes ás tres da maña, ralladas e eu berrando que só quero estar soa e con medo de abusar e darlle a entender o que agora é imposible [non digo nunca porque xa as paguei pola dichosa frase]. cóidame a peito descuberto, sen pedirme absolutamente nada, sen soñar, pero soñando. achégase coas mellores armas para conquistarme aínda que en min só reina a anarquía. lume. e non entendo nada, só que cando Landis gañou aquela etapa, unha voz berroume que había tongo. veñen os meus tíos de Tarragona. dous días e medio de praia, top-less sen que as meus pais lles importe, saír en Patos e que viva o reggee. churruscarme. voda no Carballiño. vestidito e parezo unha princesa, son unha princesiña. risas, bailar con meu pai. grazas, grazas, grazas, grazas. saír en Atenas. non aguanto e cambio vestido por vaqueiros, tenis, camisa negra e a miña adorada gravata. son demasiado cómoda para ser (máis) presumida. e soñar. a paranoia outra vez. definitivamente váiseme moito a cabeciña.
chúzame -