Agosto 2006


arroutadas and basado en feitos reais27 Ago 2006 10:55 a.m.

 

cágoa ben cagada e confundo que o quixen coas ganas de que me queiran. confúndinme como o náufrago que se abraza a un delfín pensando que é un anaco de madeira. pagan xustos por pecadores. e vaise triste pola miña culpa. son a súa mellor amiga, é o meu mellor amigo. foi el o que puxo a distancia, foi el o que me protexeu. dáme azos, escóitame, voa, que nada te pare. e eu con medo a coller o camiño de outros, a non ser quen de ir polo meu. medo a ser e non ser. non quero volver tropezar con esta maldita pedra. esta vez non.  N O N.

(b.s.o. Principio de Incertidumbre)

amor escríbese con H24 Ago 2006 07:00 p.m.

 

e de súpeto sona o móbil. era Eme. estrañoume un montón porque non é dos que chaman habitualmente. pensei que quería algo dos exames, pero non… que este sábado hai festa alá. supoño que se acorda de min, non sei. pero está ben. o cariño sempre foi a droga máis doce. terei que ir, non? aínda que só sexa por curiosidade.

adolescencia tardía24 Ago 2006 06:49 p.m.

estaba en pixama, estudiando. non serían máis das once e media. meus pais que non están en casa. sona o timbre e atópome de pleno co Matadragóns que vén traer unhas empanas de zamburiñas… el, o tío que sempre me gustou da aldea… e que por riba sábeo porque xa sabemos o discreta que son eu para estas cousas… (por non dicir outra cousa). aí de pé, tan macizo coma sempre… e eu en pixama!!!!!  definitivamente, o único sex-appeal que podo ter é o pallasa que son… e logo velo pola noite nunha festa de aldea, falar con el e non lembrame de qué á mañá seguinte por culpa do l.c. (a todo isto que seica roubei un calabacín nunha horta e me tirei no medio da estrada porque non quería irme pra cama jejeje). a historia de todos os veráns. é curioso, un metrosexual tímido que nin a min me aguanta a mirada. será por iso que sempre me gustou. por pedaciño de pan.

persoal24 Ago 2006 06:31 p.m.

xa teño fondo físico. pernas pequenas, pero fortes, pulmóns áxiles. conseguino, e ademais perdín uns quiliños. agora a bicicleta é a miña mellor aliada. coñéceme á perfección. disfruto, esfórzome. con ela nunca teño ganas de parar. si, teño que confesalo, son lesbiana si se trata dela. os quilómetros non me pesan e nótoo. fago cronos sen reloxo, etapas de montaña longas e sen parar, sprints a mil por hora ata que me é imposible seguir pedaleando. MENS SANA IN CORPORE SANO. saúde. adrenalina cando me lanzo polas costas de pé e (ás veces) sen freos. pecho os ollos e case podo voar. só me falta un E.T. que dea o toque máxico para despegar. igual que o amor a primeira vista.

b.s.o. and basado en feitos reais and de esmorga24 Ago 2006 06:05 p.m.

un concerto de Xoel e unha descrición inmellorable dun encontro cun admirador. pero non un calquera, eh! e botar, saltar, bailar, cantar desafinando sen medo de facer o parvo. e frío. e a Nécora que nos (Catuxa, o mozo dela, Josiño, e eu) levou a cear ao mellor sitio de todo o país das patacas. que máis se pode pedir?

eu enténdome24 Ago 2006 05:47 p.m.

saber perder. unha guerra, un imperio, un partido, un soño, un amor. a derradeira bágoa. a derradeira, xureimo. o meu corazón cansouse de vivir da memoria. e se perdín foi porque non me arrisquei, non o suficiente. non ao 100%. quixen ter a seguridade, a certeza, un papel firmado que calase as miñas dúbidas. que facer agora que aprendín que se non houbo un incendio foi non me atrevín a acender o chisqueiro? unha chispa, unha soa, pequena e insignificante e entón… seino, agora, estou convencida. hai verdades tan grandes que custa aceptalas. e agora que? volver a empezar.

persoal13 Ago 2006 06:05 a.m.

 

rállome, rállome moitísimo. isto non pode seguir así. miña avoa no hospital. 96 anos, microinfartos, case se lles vai en Urxencias e aí a tedes!! viva. VIVA !! de maior quero ser tan forte coma ela… mordo, ladro, e non bico. abstinencia, desgana, pureza, tolemia, medo, sinxelamente que só quero algo máis… Fer, coma un milagro, como que alguén me escoita alá arriba. e el escóitame… mensaxes ás tres da maña, ralladas e eu berrando que só quero estar soa e con medo de abusar e darlle a entender o que agora é imposible [non digo nunca porque xa as paguei pola dichosa frase]. cóidame a peito descuberto, sen pedirme absolutamente nada, sen soñar, pero soñando. achégase coas mellores armas para conquistarme aínda que en min só reina a anarquía. lume. e non entendo nada, só que cando Landis gañou aquela etapa, unha voz berroume que había tongo. veñen os meus tíos de Tarragona. dous días e medio de praia, top-less sen que as meus pais lles importe, saír en Patos e que viva o reggee. churruscarme. voda no Carballiño. vestidito e parezo unha princesa, son unha princesiña. risas, bailar con meu pai. grazas, grazas, grazas, grazas. saír en Atenas. non aguanto e cambio vestido por vaqueiros, tenis, camisa negra e a miña adorada gravata. son demasiado cómoda para ser (máis) presumida. e soñar. a paranoia outra vez. definitivamente váiseme moito a cabeciña.