Xullo 2006


basado en feitos reais30 Xul 2006 08:16 a.m.

 

 

nada máis. bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar, bailar. bailar.

drógome.

a sangue fría, igual que que un psicópata, é necesidade. nada máis. moverme. son unha alga no medio do coral. son peixe de color que se deixa levar polas correntes oceánicas. hoxe non durmo. son as dez e un minutos. a exactitude nunca foi comigo. bailar e non lembrar beizos. vanse os ollos. un de raias que se me pega na Bull. se quere algo que veña a por min. non atendo á razón. son coma o caimán que deixa de devorar por instinto e se pon a pon a tocar o piano como se fose Chopin ou Chris Martin. era o que querías, non? xa o tes, e agora déixame en paz. quero morrer de sede. ninguén vai voltar a probar os meus beizos. quero un mínimo. NECESITO ese mínimo. a metadona do Ionqui. prefiro morrer de sequía a morrer de sede…

Sen categorizar30 Xul 2006 07:33 a.m.

Lois, Isa, Quique (irmán de Lois) e alguén máis fóronse do Auriense. que si eu che vendo a miña parte, que si non sei qué. negocios, e eu non entendo nada deles. para min o Auriense xamais voltará a ser o mesmo sen eles, e sen ánimo de desprezar aos que siguen! e vamos de despedida, Catuxa e eu. disimulando. sempre disimulando. a el gústalle miña irmá, creo que non sabe que existe un San José. tamén lle gusto eu. é obvio. iso ou que estou demasiado borracha. que máis dá? queríades sinceridade, pois ídela ter neste amencer. hoxe si, mañá non. com absoluta certeça! e por que non? somos un tamdem. algo que ninguén ten. una mestura por separado. a perfección se nos xuntasen. igual que o David de Miguel Anxo. víchelo en vivo e directo? a beleza do humano unha e mil veces!!! estou contenta. non son unha metade, pero son unha metade. contradicción, verdade e rareza. éche o que hai, ou me (nos) abrazas para sempre ou prefiro que pases das dúas como da merda. gústame. xa dende antes do premio. faloulle a ela un día que eu non estaba. despois, este finde ano, faleille eu. vergonza encarcelada igual que un terrorista; ten razón, pero o MODO fai que perda sentido. e bla bla bla. sinxelamente porque me gusta. porque ten o que soño, porque SINTO que non minte.  pola mirada interesante, porque me peta, porque quizais é o único que me entenda. e confésolle que levo un mes escribindo sen parar. que me invento vidas partindo da miña sen que teñan que ver comigo. ou non…un conto de fadas, e esquézome do sangue, o real e regalo sorrisos ata para os máis tímidos. son un caracol sen cuncha. cresme? vesme? e escribo porque aborrezo ser unha tartaruga por obrigación, porque os meus ollos xamais che mentiran, porque non quero que o l.c. inflúa, porque teño cousas peores que esconder, porque no fondo sei que isto non vai significar nada. e porque adoro escribir. e se non gusta a cambiar de blog.

 

[si, hoxe son máis chula que ninguén, algún problema? e perdoade se son creída… o equilibrio non quixo compartir comigo esta resaca…]

de esmorga and persoal30 Xul 2006 06:23 a.m.

 

 

 

 tardo en beber, porque ultimimamente (xa dende fai bastantes meses) tardo bastante en facer todo o que debo. chego tarde aínda que a miña natureza sexa chegar a tempo. a que as apariencias enganan? non quero ser. de cara preciosa, e vístome ou para disimular ou porque non mo creo. NON, NON MO CREO. é unha careta, pero non é a que uso habitualmente. cres que me coñeces? se non me viches ouvear por nada ou por todo, se non entendes, se non sabes que son unha fábrica de pan raiado… chungo chungo, se non che gusta o que les, bótalle sal ou pasa (ou me vas chamar victimista ou egocéntrica, a que é a hostia de fácil facelo? a que non esperabas isto?) de min. entón non sabes nada. nunca me viches poñerme colorada e ser tímida. É O QUE SON AÍNDA QUE XAMAIS O VISES. mentinche. SI. mentiras con verdade, verdades con mentira. créalo ou non, non existe nada máis realista. máis de carne e óso. e bailo. e non me molesta estudar algo que me dá noxo. non teño porque darche explicacións nin xustifircarme de se me gusta ou non. estou fartísima de dar explicacións. é o que hai. xa procurarei eu que mude pola conta que me trae. non creas en min. mira, non teño necesidade de ser forte ou débil. só quero ser eu. sen aparentar. podes ser ti sen as mesmas frases gastadas e putrefactas? podes facelo sen os mesmos sorrisos de merda? xa tevendiches aínda que ninguén che diga á cara. a quen? ao orgullo nen@! ao ORGULLO nen@!! se non sabes perdes,estás perdid@: ninguén vai entender xamais que queiras ser máis que unha formiga.

persoal29 Xul 2006 08:52 p.m.

 

  

As cousas veñen soas. Hai que deixar que veñan soas. Non sei por qué, pero funciona así. E despois dunha semana de rallada porque me veu a regla (e non vexas como me afecta), de ladrar e morder a diestro e siniestro, aínda que só é a punta do iceberg, despois dese día no que teus pais invitan a amigos para comer a carne ao caldeiro e o polbo e te tiras no sofá a auto-mimarte porque non aguantas coa dor. Saír a tomar algo con Catu que só sabe facerme monográficos do seu mozo; bótao de menos, foise a Portonovo a pasar uns días cos amigos. Coller o coche e baixar para limpalo a Vilarchao.  Ela aspira e eu lávoo coa mangueira. Encántame facelo. Chegar a casa contenta, tareando algún canción da radio e facer unha chamada porque me apetece. Quedar para o día seguinte. Así de simple. E un venres calquera, nunha terracita bebendo unha auga ben fría, cocida porque xa non estou acostumada á calor de Atenas, relendo un xornal que me sei de memoria, aparece Osiria flamante nai primeriza conducindo un cochiño de bebés. Está máis gordiña, cos mofletes inchados, pero igual de guapísima e elegante que sempre. NAI. E o pequeno, o Principiño. Que non ten nada de pequeno. Vai ser enorme. Quédome aparvada un momento mirando para el. Tranquilo, gordechiño, grande. Deus, é igual ao Mago! Atino a dicir. E achégome para ulilo. Olor ao primeiro día de primavera do ano, a pureza, a cando durmes ben e abres os ollos cun sorriso debuxado. Un olor novo que memorizo para sempre no meu corazón. Abre e pecha os ollos. Ten sono, digo sorrindo. Queres collelo? e xa vexo a Osiria lanzada a sacalo do cochiño para poñermo nos brazos. Asústome. Non, non, déixao tranquilo. Seguro que está farto de que o collan como se fose un xoguete. No fondo si que morro de ganas de collelo, pero é mellor así. E máis despois de saber que a este neno non lle gusta que o soben moito, síntome aliviada. É listo o condenado. Nariz da nai, inconfundible en toda a familia materna. Non deixaba de mirar para súa nai. Ollos como espellos. Non sabería dicir de que cor son. Os ollos máis bonitos que vin na miña vida. Brillantes. Reflecten todo aquilo que vén. Coma os charcos do Paseo nos que tantas veces vin a simetría de edificios, arcos da vella e ceos grises, azuis ou con nubes. Espellos improvisados. Maxia. A beleza das pequenas cousas. Este neno tena. Xa dende antes de nacer. Lévao no sangue, na alma. Tal vez agora nin súa nai nin eu nos deamos conta. O tempo xa comezou a correr na nosa contra e a favor del. Cando nos queiramos dar conta os anos terán voado e o Principiño será un mozo. Nun abrir e pechar de ollos. Onde andaremos daquela?

as miñas nenas25 Xul 2006 10:36 a.m.

 

 

caen todas, comas a follas en outono aínda que é verán. tal vez ela nunca saiba nada. mellor así. a verdade libérame máis do que imaxinei. feliz día de Galiza. feliz aniversario Meiga!        [e resaca para moitos]

basado en feitos reais24 Xul 2006 08:38 p.m.

Catu comezou a berrar. estaba de pé na porta do seu cuarto cando nota algo na perna e mira. unha culebra, ou serpe ou o que fose amarrada á súa perna.  Q U E   N O X O !!!!!! líbrase dela, non a pisa de milagre (se pisas un bicho deses morderte…) e salta acojonada pola fiestra. as veciñas que facían cola na caixa e na perruquería deberon flipar. sain disparada do baño e vina reptando polo salón. era hipnotizador. lembrei que ela andaba en sandalias e eu mirei por acto reflexo ao meus pés. uns tenis vellos que me daban seguridade. meteuse por tras do sofá e eu saltei enriba para vixiar para onde ía. seguramente só era unha cría que caera pola fiestra ao tomar o sol, pero xa non había outra. miña nai correndo escaleiras arriba e eu informándoa. hai que cortarlle a cabeza. marcho pola pá para facer de guillotina con ela. meu pai pai na cociña que a el sempre lle deron noxo eses bichos. a filla de puta non quería morrer. non podes imaxinalo. ao final acorralada por miña nai co pá e a piques de escapar por segunda vez, córtolle a cabeza co saco. tíroa a un lameiro, que a coman as formigas.

de nena sempre fun a mexericas da familia e agora… agora teño certo grao de sangue fría para algunhas cousas que non sei dende vén nin que fai aquí. nin que existía. xa non son tan nena…

 

persoal24 Xul 2006 08:05 p.m.

 

era unha indirecta. son parva e non a collo ata que vexo, por casualidade, a maldita película. non a quixen ver antes porque me negaba a ver algo máis naquela mirada. nin en cine nin en dvd.

a min gustoume moito, tela que ver.

aquela vez pechei os ollos para non ver a realidade. por inseguridade. volveríaos a pechar. cansa de facer todo o traballo, cansa de tolear. se quería algo que o dixese claramente e se non que cale. tivo todo o tempo do mundo.

eu enténdome21 Xul 2006 08:04 p.m.

 

  

pedide, e dárasevos

buscade, e atoparedes

golpeade, e abrirásevos.

porque todo o que pide, recibe

o que busca atopa,

e ao que golpea ábreselle

b.s.o.21 Xul 2006 07:54 p.m.

 

collo o derradeiro bus a vigo. os vaqueiros novos, a camiseta verde que tanto me gusta, a gorra a xogo, a sudadeira retro. boto unha soneca. collo un taxi para Castrelos. miro o reloxo, a estas horas xa debeu rematar o concerto de Femme Fatale. chego xusto a tempo. faltan pouco máis de 20 minutos para as doce. atopo a Quela entre a multitude. abrázame cando me ve. comeza o concerto. adoro a estes escoceses!! salto, bailo, sorrío. boísimos. espectacular. xeniais.

non me cres? a verdade é que non fun porque hai veces nas que tes que escoller entre o que poderías ter e o que tes. e eu escollín. quizais penses que me perdín o concerto, que o soñei, que teño moita imaxinación, que son paranoias miñas, coma sempre. pero o certo é que onte despois de comerme o mundo pegándome unha carreira en bicicleta chamoume Quela, a miña prima. dúas veces. xa estaban tocando. e estiven alí. grazas a ela

persoal19 Xul 2006 11:16 a.m.

repítome e xa non me importa. o malo de deixar de estar namorada é que nunca se consigue. o malo é que na terra quedan as raíces do carballo que cortaches coa motoserra que che prestou algún coñecido. e aí seguen. as raíces, os restos do naufraxio. mortas en vida, en coma, a lembrarme sempre o que houbo alí de pé. un cadáver dentro do corazón.

frikadas14 Xul 2006 01:33 p.m.

namoreime perdidamente dela. conquistoume. con ela podo voar.

amor escríbese con H14 Xul 2006 07:06 a.m.

 

aprendereille a bailar. é o único que sei. estou no outro lado do río. el chama por min. irei sen maletas, sen medos, sen recordos. irei sen nada. só cun sorriso sincero e puro. está de pé, cos brazos abertos. é a primeira vez que non son eu a que pide. que me coide, que me mime. e o que teña que ser será.

persoal14 Xul 2006 06:35 a.m.

foi a hostia. coma sempre. botábao de menos. faltou xente e tiven a grandísima sorte de atoparme cun duende que facía case medio ano non vía. inconfundible coma sempre. non sei se realmente fixen ben as cousas. pedín un desexo e fíxose realidade. o universo conspirando ao meu favor. o pasado queda atrás e iso líberame.

de esmorga and viaxes07 Xul 2006 01:35 a.m.

 

dous anos despois… por fin!!!

amor escríbese con H and soños07 Xul 2006 01:32 a.m.

quizais máis libre que antes. nunca mestures tolemia e mel. deixa que se rompan os pratos ou rómpeos. non me mintas que sei que nunca me amaches. pero eu a ti si. amor sen pedirche permiso. es coma unha binchoca no pé dun peregrino a Compostela. pero eu teño a pomada máxica que fai que ao día seguinte non haxa nin a máis mínima pegada de ti na súa planta do pé. borreite, evaporeite, esquecinte, deixei de soñarche. xa non es. nada. polvo, cinzas, amnesia, indiferencia. vai sendo hora de que te enteres ben de que vai o conto… tócame ser xusta.

soños05 Xul 2006 10:49 a.m.

 

a vinganza do salmón será terrible. todos terán diarrea, vomitarán ata o fígado. e chorarán as bágoas de auga doce que chorou el pola súa causa. matará a todos os gatos que quixeron comelo. eu fareilles a autopsia cunha man atada ás costas e cun chupito de licor café noutra. o salmón transformarase nun monstro de odio. pagarán polo que che fixeron. roubaralles os soños, anacos de corazón e fará que beban o seu mexo. dispararlles coa guitarra. ou mellor aínda: esquecelos e non sentir a súa ausencia…

persoal05 Xul 2006 10:35 a.m.

vida de hermitaña. deixar a cidade, subir para o monte con toda a family. aquí estase ben. paz, paz, paz, paz. certo que non teño internet, que perdín o cargador do móbil e ando algo desconectada do mundo. volvín a escribirlle cartas. estudo todas as mañás. collo a bici e voume a voar polas estradas adiante. vida sá. mens sana in corpore sano. confíar. si, dende aquí as cousas vense mellor.

persoal02 Xul 2006 01:44 a.m.

 

odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio odio…………………………………………

 

 Q U E       N O N     M E      E S C O I T E S ! ! !

persoal02 Xul 2006 01:37 a.m.

 

non sei como raio o fixen. maratón de futbol sala na Peroxa polas festas. as de alí fan un equipo e eu sen comelo nin bebelo acabo xogando con elas. hai anos que non entreno. está claro que nos van a meter unha paliza, pero ISO dá igual. só queremos pasar un bo rato. ir, vir, correr, pelexar os balóns, suar, cansar. e rabia. non contra os do outro equipo, escúpoa a base de patadas contra a bóla. non sei que pasou. Noe pásame a min. estou no medio do campo. control. de reollo vexo a un tipo que me saca case dúas cabezas.  protéxome co brazo. diante só hai camiño libre. alá me vou. consigo esquivar a outro de milagre. agora a portería cun porteiro que é coma Spiderman. non penso, non controlo, non sinto. déixome levar. tiro e metolla polas pernas. abrésenme os ollos coma pratos. o que fai un pouco de confianza…

sempre somos quen de facer máis cousas das que pensamos