Xuño 2006


family woman and maratón29 Xuñ 2006 08:17 p.m.

 

cando caes nunca te das conta. o teu corpo non é consciente dos seus movementos, perdes o equilibrio e alá vas. e non te enteras ata que sentes o golpe. o golpe. doe, verdade?

o normal é que non o valoremos, non estamos acostumados a facelo. claro os demais non o ven… tampouco se dan contan. normal. normal? ben, iso é o de menos. romper a gravidade só coa forza do teu corpo. mandala á merda. transformar o eixo horizontal do teu corpo nun vertical. erguerte. agora, xa. neste preciso instante. e cambialo todo dunha puta vez…

amor escríbese con H and pelis29 Xuñ 2006 02:38 a.m.

 

unha película. domingo pola noite saco de paseo á miña Melancolía. non é a mesma, esta é libre. e agora que raio me pasa? o mozo que me vende a entrada mírame raro, xa o sei, teño cara de ir na póla, e por riba coa música nas orellas. perdida nos meus pensamentos. nos bares andan co partido. na entrada vexo que hai catro acomodadores ou cinco. ollan para min. teño cara de friki, xa o sei… agacho a mirada coma sempre, timidocha entrégolle a entrada a un deles [que resulta que me recoñece] nin me fixo na súas caras. fuxo cara a sala e busco sitio na cima, onde máis me gusta. noto un baleiro por dentro. fáltame algo. acaba a película. preciosa. amor, tenrura, maxia, un neno que é o protipo de fillo que quero ter, follas caendo en outono e fadas padecen amnesia. hai que volvelas educar para que poidan ser felices e concederche os teus desexos. no fondo son unha romántica das boas. MÁGOA que aínda que non tiven ocasión de explotar todo o meu potencial. mágoa que o tomen a broma cando o digo. é máis fácil aparentar o que non somos.

b.s.o. and basado en feitos reais and viaxes29 Xuñ 2006 02:08 a.m.

 

praia. POR FIN!!! non houbo maneira de convencer a Catu de que foramos alí. Jo, Catu, que eu estiven en Montalvo e nunca en Marín, lévame alí… plisssssssss e nada. atravesar Sanjenjo e Portonovo. teño fame, pero non me resisto a un chapuzón antes do bocata. Catu queda tostándose na toalla e veñen Cris e Josiño (meu cuñado). conxelada. comer. tú me das cremita, yo te doy cremita. queimarme. fuxir a dar un paseo. Catu e Cris xogando coas paletas. volvo, Cris vense comigo e deixamos sozinhos aos namorados. anda de top-less e para variar algún que outro home quédase mirando e disimulando o que pode. dáme a risa. xa teño tonalidade camarón vermello nas costas. tirarnos a sobar. ela cóntame as súas conquistas. como raio fai para ligar tanto? recibir medio bote de crema por todo o corpo. vento, areas. por iso quería eu ir a Marín. Josiño escoitando o final do partido no meu mp3. xogar con Catu, puteala todo o día. son unha nena pequena e nese momento non podo evitalo. arrastrala pola area, facerlle cóxegas, pressing catch. o derradeiro baño. adoro estar así na auga. amnesia. paz. volvemos ás sete. a ría de Teucro, casiñas, a illa dos militares, Combarro, a Celulosa pegada a Marín como unha hemorroide. pregúntome cal será a porcentaxe de alerxias e asmas. tarear unha canción. sigo sendo unha tímida que aprendeu a disimulalo mellor ca ninguén. ai! que actriz tan grande se perdeu hollywood! esta noite voume pra cama cheirando a salitre.

persoal27 Xuñ 2006 12:21 a.m.

 

xoves noite.

rematar o traballo sobre Kant. imprimir. chegan as irmás pequenas de Xoela e DI. sms de Eme que mañá vai subir ata o cuvi. durmir tres horas. soñar con paracaídas que non se abren.

venres

repasar o maldito exame. DI na parada do bus. tipo test e largarme de alí en menos de 15 minutos. velo. foi efusivo o seu abrazo ou pareceumo a min? baixar con el no coche. amable. todo cheira a el. merda, merda, merda, merda. aínda me sobra o tempo de facerlle de celestina. meterme en cama. dor de ovarios. morrer de dor. erguerme e comer un plátano para que o ibuprofeno non me desfaga o estómago. limpar o piso. baixar ata blanco e mercar unha camiseta. as nove e media na estación de bus. imos para Nigrán. namorarme perdidamente da casa da Meiga. churrascada e sardiñada. ata as dúas e media non baixamos á praia. só hai colgados e borrachos. chamada de Eme. voume a buscalo soa e sen medo a perderme entre as 100.000 persoas que debe haber. patear Panxón de cabo a rabo. a orquesta, o saltamontes. quédome sen saldo e este non sabe dicirme onde está, o alcohol foi mal aliado. non me enfado. hoxe non.  atoparme co primo de Ro, con Anxela, coa Nécora (algún gilipollas rouboulle os tenis), co Santi da Peroxa, con Mila, con Chori, Lu, Laura and company. volvo ata onde están as demais, non me perdín. escupirlle a un aparvado que cantaba a miña canción sen pedirme permiso. é miña, idiota, paseime todo o curso cantándoa pra quedarme durmida. marchamos as cinco. parada de taxi. durmo no chan. abrazada a min. fíxeno moi ben, ninguén viu como nunha milésima de segundo eu conseguía escalar o meu Everest. ninguén me viu saltando. pedir un desexo? ah, si..

 

S E G U I R    A S Í

 

P.d: mil gracias Meiga!!

persoal23 Xuñ 2006 12:06 a.m.

 

a única vez que estiven en Sevilla foi no 98, na excursión de fin de curso. foramos a Isla Mágica. o que máis lembro non foi a piscina do hotel, nin o río, nin os mosquitos que eran coma vacas, nin a calor. na Amazonia, descendimos pola fervenza do Iguazú. había unha zona na que non te apartabas a ola xerada pola atracción mollaba aos que miraban dende fóra. nun momento no que estaba soa puxenme alí sen a menor intención de apartarme. a especie de canoa descendeu e formouse a ola. vina vir a cámara lenta cara min. de reollo vin como o resto de rapazas da miña idade con chuvasqueiros de plástico, xente maior e algúns pais cos seus fillos se apartaban dela para non mollarse. xogaban, rían. eu estaba seria. aguantei cos ollos abertos ata tela case encima, o máis que puiden. era como se eu fose unha rocha agardando a que o mar me bicase. no momento xusto pechei os ollos. deixeime levar. rompeu contra min. o meu corpo inundouse de auga por completo. fresca. igual que unha flor cando a regas. da que volvín a ter os ollos abertos notei a miña respiración axitada e toda a roupa mollada. encantoume. non sabía explicalo. mirei para atrás. ninguén. sorrín. diosssssssssssss, por que me gustan tanto estas cousas raras? por que disfruto tanto eu soa?

mañá é o meu primeiro San Xóan. e pedirei un desexo e se teño valor saltarei as veces que faga falla pola fogueira. mañá vai pasarme algo. podo cheira co corazón, sentilo cada vez máis preto, como aquela ola en Sevilla. maxia no aire…

 

 

eu enténdome22 Xuñ 2006 01:26 a.m.

 

cres nas segundas oportunidades?

dúas opcións. fuxir ou ficar. mirar á realidade cun sorriso. sen asustarme, non baixar a cabeza. A C E P T A R. e pasalo ben. por min, para min, confíar. dar un paso máis. superar e pasar páxina. sempre hai unha primeira vez.

 

e maybe, volver pronto.

persoal21 Xuñ 2006 01:03 a.m.

 

 

apóstome o que queiras a que se meteu nos baños das mozas. o que nos faltaba!!!

adolescencia tardía and b.s.o.19 Xuñ 2006 02:37 p.m.

 

ao final nin concerto de Quique, nin mar de pedra nin churrascada familiar nin hostias. a chapar!! un milagre que me puxo de mala leche. nada máis poñer un pé en Atenas. cabreeime co mundo sen razón. a lúa que me afecta ou que no fondo son coma el (vaites, a que enganan as apariencias?) deixádeme soa. farteime de repetilo. todos sen entender. menos entendo eu… murmuro polo baixo. sabes o difícil que é derretir un iceberg cun chisqueiro?

pola noite o mal humor evapórase. concerto no Posío. Kannon, Killer Barbies, Siniestro Total [I N M E N S O S]. Catu como unha moto e sen beber. de aquí para alá, co meu meu móbil e facendo fotos. odio cando me di non sabes con que olliños te mira Papi. aínda que no fondo me encante. ou peor, cando me chama SALCHICHA PELEONA… e todo porque en Vigo levo máis vida sedentaria que un mando a distancia! cousas de irmás, non sabería vivir sen elas.

b.s.o. and de esmorga and persoal19 Xuñ 2006 01:57 p.m.

 

saír o xoves e acabar montándoa. o equilibrio colléndose da miña man, moi agarimoso el. deixeime guiar. xente da carreira e por un instante síntome orgullosa de dicir que xa estou en 4º de tradución. notables ausencias para min. por que sempre confundo a Extremo con Marea? colgarme da tocalla. a min todos me chaman Chori de chorima, porque din que son igual que flor do toxo…, que son un toxo. os meus ollos coma pratos. non, iso non mo creo. vidas parelas ou vidas a piques de cruzarse? foto vai, foto vén. un koala ghabeando por un piñeiro!!!! Pau que se mexa da risa, eu a piques de caer de cu (agora xa nin lembro a que viña a frase) o Angara pechado. Reserva, Rass e Planta. cantarlle a Lau. rebentar o corpo a bailar. deixarlle a gravata, non sei por qué, quédalle mellor que a min. pechar os ollos. suar. esquecer. calor. que hora é? ganas de saltar, pero desta vez levo o paracaídas comigo. as sete marcho pra casa. non podo comigo. os tenis cheos de merda. xa amenceu. subo Urzáiz tarareando. son un morcego.

 

“y si me dejas seré el sin igual funambulista sobre el hilo dental”

persoal17 Xuñ 2006 02:31 p.m.

 

estou farta de dicirlle que se veña con Pau e eu por aí, de festa. sempre tranquila e responsable. eu tamén quero ser así. nunca berra, nunca ten un mal xesto. é coma unha geisha, sempre lista para contentar aos demais. MAL, que ás veces esquécese de si mesma. protectora, agarimosa, xenerosa, sabe escoitar. a calma que moitas veces non teño. é a miña compañeira de piso dende hai catro anos. por favor, que alguén lle pregunte a Eva cal é a fórmula para aguantarme cinco días á semana. que alguén lle diga que nunca máis me repita iso de “non te cambio por nada do mundo”… non o merezo. e isto si que é verdade.

amor escríbese con H and soños and viaxes17 Xuñ 2006 10:53 a.m.

 

ver como trona. abrir a maldita fiestra de par en par. abréme en canal, a ver que descobres de min que non sabías. luz. unha sombra contra a parede. quero mollarme. saír correndo. ouvear ata quedar sen voz. que treme a terra. voute secuestrar. esta vez vouno facer. taparche os ollos cun pano. confía en min. e confías. levarte alí. a que ule? pechas os ollos por inercia aínda que xa tes o pano tapándoche os ollos. quítalo dos ollos. sigo a sorrir agardando a resposta. a ti, a min. sorrío. xa non… múdache o xesto. sóltoche a man. sorrío máis, coma un can cando o deixas andar solto. e voume. o derradeiro regalo sempre foi o máis doce. agora son eu a dona do xigante.

eu enténdome14 Xuñ 2006 01:46 a.m.

 

a min antes non me gustaban os pementos nin a cebola. paseime toda a infancia e adolecencia a sacala da empanada. os amiguiños verdes de padrón nin cheiralos de lonxe…

esta noite veu Dido a cear a casa. Pau e Iria rematando unha tradución de francés no salón. supúñase que ía cociñar eu… e coma sempre, acabei de pinche. como xa me pasara con Eme no Leste, fico aparvada mirando como fai unha salsa de tomate natural e cebola para o arroz e como frite uns pementos sen a cara de pánico que lles tería posto eu. que sucede? que os ingredientes conspiran contra min sempre que trato de pasalos pola tixola? e todo porque saben que son lentiña e que me poño moi nerviosa se teño que cociñar diante de alguén. sobra dicir que me encantaron os pementos. e isto é o que máis me preocupa, a mutación de gustos. e penso na calada que lle metín hai dous xoves ao pitillo de Cholo. Deus, é que me encantou… non, se ao final vou acabar fumando… por iso fuxo do tabaco como da peste. non vaia ser que me enganche. e aí si que a temos armada. como lle explico aos meus pais semellante cambio? como se antes nunca se me pasara pola cabeza fumar? con que cara miro eu á miña irmá? 22 anos a enganala!!! sen contar, claro, todas as explicacións que tería que dar… en fin, mellor non pensalo. mellor non probar. nin impulsos, nin corpo caprichoso nin hostias. porque hai cousas na vida que, coma o tabaco, se comezas….PARA TODA A VIDA. inevitable coma a forza das mareas.

persoal14 Xuñ 2006 12:06 a.m.

 

Atenas de festa. a xente nas rúas, nas prazas, de viños, de pinchos, feira medeival. esta é a mellor época do ano para pasear aquí. a miña cidade máis linda ca nunca. soan as primeiras notas. seina de memoria. tócana para min. hai un ano andábamos a subir costas cara o castelo. eran as festas do San Antón. case chove. volta ao presente. erízaseme a pel. ela segue a cantar. a praza a rebentar. sorrío. alivio. buff, xa non doe… ndo. 

Dime por qué, dime cómo,
dime onde, dime cando;
sabes que entre fusco e lusco,
estareite aquí esperando.

Como un paxaro sen aire
atravesando camiños,
vives no teu mundo alleo
e foxes do teu destino.

Se che canto, non me escoitas;
se te chamo, non respondes.
Non me colles, nin me deixas;
non me deixas, nin me colles.

Quítasme o sono na noite
e por moito que che diga,
acabas sempre levándome
os soños que prometías.

Non me podes ver de preto,
nin de lonxe tan sequera.
Pasas diante dos meus ollos,
como se eu non estivera.

Non sei por qué, non sei cómo,
non sei onde nin sei cando;
pero entre fusco e lusco,
estareite aquí agardando.

Dime por qué, dime cómo,
dime onde, dime cando;
sabes que entre fusco e lusco,
estareite aquí esperando

Ro é outra folclórica. anda cansa e rallada por tanto exame. se todo vai ben, este verán xa estará a traballar. a min caíaseme a baba cando a vin hai dous anos, pandeireita en man ou gaita, tocando e cantando con colegas que fixera alí. era a primeira vez que iamos. é un privilexio ver ás túas amigas disfrutando do que realmente. o meu soño é facer un grupo folk. apoia a cabeza contra o meu hombro. esa mirada soñadora… exactamentei igual que cando vou a Compostela. 

ás catro da mañá espértanme os tronos, os raios, chuvia rabiosa. a fiestra aberta. estrondo, luz. dou a volta na cama. ando a soñar coas clases que me ten que dar Ro, que vergoña que non sei bailar ben a muiñeira!! e véxoa a ela pra un lado, pra outro, e eu coma un pato con jet lag. visualizo unha e outra vez os seus pés espidos. volvo mirala aos ollos. agora estamos alá. veña Eli! e xa sei bailar. e podo vervos a todos. ese é o meus soño, tervos a todos xuntos… santiago, vigo, ourense, voo directo sen escalas.

 

máis que papel13 Xuñ 2006 04:48 p.m.

 

sorpresa e das boas. por fin gaña un kamikace. lembreime de fin de ano. algo de polémica. e os meus parabéns.

 

amor escríbese con H and as miñas nenas12 Xuñ 2006 09:13 a.m.

 

 

Evita que se atopa con notas na porta do garaxe, no ascensor, no corredor, na porta de casa. e unha tarta de chocolate con 24 velas colocadas á perfección por Pau. rir a fartar. a ver que nos inventamos para o ano. venres e dous exames. a profesora que se pon a ler o meu exame mentres o fago e aí é cando non podo evitar que a miña perna sexa unha taladradora contra o chan. aprobarei? son as nove e veñen a pechar a facultade. saír pola porta de atrás, coller o U2. a Nécora e eu cargadas con macutos e o meu portátil. ás 22:00 bus para Atenas. durmo como unha pedra. hoxe teño ganas de festa. non vai a calor asfixiante e estase xenial na rúa. ceo calquera cousa e vou buscar á Nécora. no Auriense, Quela, Sasa e Catu agardando por nós. fago o parvo máis do habitual, estou contenta e aínda non sei ben por que. o éxito que segue a ter a miña gravata, o corpo de bombeiros e o seu himno, rir porque sí. tomarlle outra no Montederramo. cambiar o itinerario e ir de pachangada. fieles coma sempre acabar antes das catro no Trole. bailar, bailar, bailar. e sen que me dea conta aparece el. fala con Sasa, seica estudian o mesmo. ao principio non lle fago moito caso. estatura media, uns vaqueiros e camiseta a raias, gafas, patillas, unha cara que me gusta. non sei como foi, se me tropecei ou o qué. presenteime. ola! son Eli. el é Dani. e ese olor que se cola polo meu nariz sen pedir permiso cando me achego a darlle dous bicos. outra vez a montaña rusa. o instinto animal. aférrome a el. pecho os ollos. respiro. mmmmmmmm… que ben ules! e volvo a aferrarme, son un náufrago do Titanic. gústame. pechan o Trole, as outras marchan e só quedamos a Nécora e eu. imos ata Bull. rebentar a bailar. xa non son consciente do meu corpo. a memoria falla. a liberdade é isto? delirar sen ouvear. rezar para que o volcán non estoure esta noite. acabamos na Extrava. e non levamos alí nin 15 minutos cando saído da nada aparece Dani. e que pasou? non sei como. non o dubidou dúas veces, coma o mar cando rompe contra os cons. un bico, outro. endorfinas xogando a final da NBA. combater beizo a beizo. morder, lamber, bicar, acariciar, soñar, incitar. o principio de nada, a fin de todo.

b.s.o. and persoal09 Xuñ 2006 02:16 p.m.

   Si de verdad fuera un poeta
te mordería la yugular
tendría llaves secretas
que arrojar al fondo del mar
si de verdad tuviera madera para saltar
lo llevaría en vena.

¿Sigo la estela de un cometa,
o sigo mi instinto animal?
Soy el peor enemigo que me podía encontrar

tengo un pañuelo y un cuchillo
en el camino de vuelta a casa
mañana volveré vacío.

Lo perdí, y ya no importa
hay veces que lo bordas
y veces que lo tiras por la borda.
Lo perdí, y ya no importa
hay veces que lo bordas
y veces que lo tiras por la borda.

Olas de mar, como se quiebran
como si hubiera que mirar atrás
como si fuera una lluvia de piedras
como si no volviera ya jamás.

¿Cómo te sienta?
Yo lo quería saber de verdad
y lo aprendí de veras.

Lo perdí, y ya no importa
hay veces que lo bordas
y veces que lo tiras por la borda.
Lo perdí, y ya no importa
hay veces que lo bordas
y veces que lo tiras por la borda.

Lo perdí, y ya no importa
hay veces que lo bordas
y veces que lo tiras por la borda.
Lo perdí, y ya no importa
hay veces que lo bordas
y veces que lo tiras por la borda

basado en feitos reais08 Xuñ 2006 01:01 a.m.

hoxe        me    faltou    isto:

 

P.d: eu só creo no Deus das Pequenas Cousas

as miñas nenas and maratón07 Xuñ 2006 01:13 a.m.

 arríscome e saio de casa baixo un sol que en Atenas aínda pega máis forte só que con esta humidade faime sentir coma un cucurucho de fresa derretíndose ao sol. bus. vamos po monte!! vou falar ca de Textos Económicos. un pouco de cola e xusto cando me toca entrar chámana ao móbil. cunha timidez que non recoñezo en min séntome nunha cadeira fronte a ela. non sei pra onde mirar. ela sigue. con quen falará? sen querer os ollos apuntan cara o corcho pendurado da parede que hai detrás dela. fotos dunha neniña con ollos saltóns e cara de pillabana comendo, na bañeira, ata parece que sabe que lle sacan fotos! poño cara de gilipollas sen darme conta. ata me deron ganas de tirarlle unha foto co móbil. disimula… de onde me vén ese instinto maternal? ela segue colgada do teléfono. Si, é que ata as dúas non baixo e despois teño que darlle de comer a Carlota. ese bichiño parecese á nai na cara. acabo pensando nos posibles nomes dos meus futuros fillos: Lucía, Ana, Manuel, Antón. e penso en Osiria, xa fai un mes que naceu o Principiño! colga e falamos do exame do venres. volta á maldita realidade!casualidade, ao pouco recibo un sms de Ro: hxe vin a ana k bbe!! e precioso, regordechiño e moi boíño.

máis calor. afogo. levarlle uns apuntes á Nékora Woman. tomar algo nunha mini-terracita e que nos claven. igual se anima a vir a o venres. as oito e media chega Pau con mala cara porque lle saiu mal o exame de consecutiva. e non sei que facer para que se sinta mellor. falo con Catu que hoxe foi a Montalvo. máis envexa! finalmente son as 24:00 e xa podemos felicitar a Evita. choromiquea algo cando lle cantamos o cumpleanos feliz. e vaise pegando saltiños para o cuarto e probalos. agora mesmo estou sentada no sofá, na tele botan a mesma bosta de sempre. non teño ganas de durmir. e o aire entra pola fiestra e abrázame sen pedir permiso. cóntame segredos en voz baixa. alguén está a soñar comigo?

b.s.o. and de esmorga06 Xuñ 2006 12:23 a.m.

 

    marabillas que atopei pra mover o cu con esta calor:

Páxina seguinte »