
mercar dúas
camisetas. mollarme. camiñar. acabar nunha librería, e parar xusto diante d
el. andaba eu a buscalo ou andaba el a buscarme? as casualidades non existen. cear e ver a caixa parva un pouco. meterme en cama á unha. ler 142 páxinas dun tirón en tres horas. fóra o vento brúa querendo entrar. durmir abrazada a el. soñar e non lembrar. ás sete e media en pé. ducha e para o
bus. dúas horas de clase anestesiada. voume fugar deste zulo. voume para o interior buscando a luz. a cidade semella un barco pesqueiro á deriva. e eu non son boa nadadora, non me apetece naufragar outra vez.
Agora comprendo que a cidade vén detrás de min, que camiño sempre polas mesmas rúas e que é necesario desenterrar a angustia para que non podreza baixo os meus pés. Por esta razón deixo unha cidade e regreso a outra, porque sei que no fondo habito sempre na mesma.
chuzame -

esta
cidade converteuse nun
burato fedorento. e non o aguanto. non deixa de
caer sobre nós. auga ácida. veleno que desfai a pel. quero sol. quentarme con el. xogar con el ás agochadas.
liarme con el diante de todos. e andar
espida por casa todo o día. ter calor. dentro. fóra. segue a chover sen parar. e dáme igual. eu saio, sen paraugas, frío, calor, noxo no aire. non deixa que entre a primavera pola ría. pero chegará.
chuzame -

estudiar (créalo ou non)
perderme polo labirinto (adoro os libros gastados polos uso)
ler (no parque co solciño abrazándome as costas e avós que pasean aos seus netiños)
dar un paseíño, un matrimonio de guiris alemáns (polas pintas)
collidos da man e marabillados con Atenas, recórdanme a meus pais, sorrío ao velos, a muller dáse conta e fítame sorrindo (somos cómplices)
soñar cunha gaivota que non coñecía en persoa (é posible sincronizar os soños de dúas persoas?)
cabrearme comigo mesma, desilusionarme un pouco (a viaxe posponse ata principios do mes das flores)
Ro a piques de marchar ao deserto (que envexa! que envexa!)
perderme soa (eu nunca estou soa)
pola estas rúas que tan ben me coñecen (saben os segredos dos meus beizos)
buscar unha vacina contra o que non vexo (difícil de explicar)
tontear polo messenger e proposicións de amizade eterna (con iso xa me conformo!!!)
abrir a fiestra e quedar durmida (para fuxir por ela a visitar cidades que xa coñezo)
se queres saber máis ten .... .............. de chamarme
chuzame -

Madrid, deshabitado como mi colchón
el verano en que me hice mayor,
y ella que ya no llama.
Tanta ciudad y tan poco por hacer,
gente que sueña su siesta y que
mira por la ventana.
Gente que miente por un trozo de calor,
que reza por que pare el ascensor,
atrapado contigo.
Madres que pierden a sus hijos al nacer,
buscando entre tus piernas lo que ayer
han dado por perdido.
Kilómetro Cero,
respira en el centro de la ciudad
el alma que se pierde al escapar.
Kilómetro Cero,
comienzo de los días que han de venir,
la lluvia que se derrama por ti.
Bares en los que la calma y la cerveza
salvan nuestra vida, y mi cabeza
soñando estar bajo tu ropa.
Promesas que se dicen en la cama,
luces que se clavan en tu espalda,
deja que yo te vista ahora.
Bajo unas ruedas mi mala sombra arrojaré,
quizás así interprete ese papel
en el que soy tu abrigo.
Mujeres que quizás hoy no puedas pagar
cuestionan con sus labios la verdad
de que aún seguimos vivos.
Kilómetro Cero,
respira en el centro de la ciudad
el alma que se pierde al escapar.
Kilómetro Cero,
comienzo de los días que han de venir,
la lluvia que se derrama por ti.
Kilómetro Cero,
respira en el centro de la ciudad
el alma que se pierde al escapar.
Kilómetro Cero,
comienzo de los días que vendrán,
la calma que nos trae tu tempestad.
chuzame -

a noite do sábado resucitei e volvín ás miñas orixes. xa te botábamos de menos, soltáronme as miñas nenas tomando uns chupitos no Montederramo. camiseta negra, pantalón negros chinos, cinto de tachuelas vermello, a camisa negra que tanto me gusta,
chapa, os meus adorados
tenis. e a cazadora negra que lles gusta a todos. cómoda, eu máis
india ca nunca. no Auriense caíaseme a baba pola exposición de miña
irmá, efecto secundario do amor fraternal. é unha artista, que me digan o que queiran.
para min, e dígocho de corazón, é un orgullo tervos como amigas. xírome sorprendida a mirala. elas andan a pedir e eu facendo equilibrios por non caer.
Sasa mírame sorrinte.
non digas iso..., acerto a dicir. o que pasa é que ela nunca se viu cos meus ollos. ten o estigma de ser unha
femme fatale, non porque sexa unha víbora, é que todos caen rendidos aos seus pés e despois de dúas frases xa se namoran. o que pasa é que moitos só vén a envoltura e non se dan conta de que o caramelo está xusto debaixo dela... coma un
animal salvaxe que intentan domesticar unha e outra vez. un animal que non entende de libros e cadros. funciona só co instinto. intentando sobrevivir. salvaxe, por iso somos amigas. por iso sempre o seremos. vémonos e as apariencias non nos cegan.
encántame que cambiases, que sexas así... facíache falla. e rímonos coma parvas e tomámoslle outra. no Trole fártome de bailar c
os de New York, e xusto antes de marchar pinchan aos
Planetas (b.s.o. para esas 24h da miña vida) e a
Xoel. poño a cazadora e ouveando os derradeiros acordes coa
convicción de que esta vez son eu a que non vai ceder. así estou de puta madre e non molesto a ninguén.
P.d: ou si? as queixas AQUÍ
chuzame -

foise o temporal e saiu o sol. as cousas cambian, sempre, sempre. fartouse de dicirmo meu avó. ás veces só é cuestión de tempo. a noite do venres foi
erótica-
festiva. non podía crelo, chistes sobre o
bigotes, actores porno e ao final un streaptease dunha tipa que parecía máis unha boneca
inchable ca outra cousa. pero non o vin por iso. entre
zapping e
zapping, a orquestra Teucro, os meus
ollos só conseguiron divisar a
dúas das xornalistas, ou confundilas. case morro da risa cando vexo que despois de intentar ligar cun dos Del Río e que rematan a actuación póñense a cantarlles a Macarena.
están tolas de todo! jajajajajaj ata me sentín como o
Big Brother. mágoa non conseguir ver
ao resto. unha
mensaxe e unha
perdida no
bicho. e irme pra cama cun sorriso
.
chuzame -
hoxe teño un bo día. o temporal vaise. regaleille o meu odio, por covarde.
vés comigo de paseo?
chuzame -

nin que fose cousa de meigas. xa van catro anos seguidos con vodas na familia. curmáns de miña nai. dentro de cinco meses, outra na
vila onde se come o mellor
polbo á
feira. e outra vez sacarei os
tacóns para disfrazarme de
moza maior. a que parece imposible que eu saiba andar con eles? é que hai moitas cousas que aínda descoñeces de min...
chuzame -
as chamadas
perdidas e despois a
chamada. a miña vida está feita de casualidades. sinais que van e veñen.
na
academia déixanme
máis loira do normal, tanto que semella que
lle roubei a
luz. unha rapaciña loira que ten un aire coa compañeira de piso de
Catuxa lávame a cabeza e córtame.
e vaime cortar ela??? ai, que non faga ningún experimento... ten mans de nena, coma min. adoro que me fozen na cabeza.
pero como podo ser tan mimosa?? seguro que noutra vida fun gato ou can. ou os
dous.
chuzame -

pasei dúas noites durmindo ao descuberto. dous días camiñando sen rumbo polo monte. sen présas. que ben se está así. correndo se me apetecía. berrando outras. bocexando. ruxindo. aquí segue a chover. non para e eu sei a causa. os lobos vixíanme dende lonxe e só se achega o pequeno cachorro. creo que coidan de min, pero non estou segura. se estou triste é el o que se pon a choromicar. é moi mimoso. gústalle vir ata onda min polas noites e sentar ao meu carón. e mírame. o animal mírame.
ti tamén o sabes verdade? lambeume un
pé, xusto onde teño unha
vinchoca que me molesta bastante. rin.
non te preocupes, está curando. rosmou algo entre dentes e marchou. é curioso, non teño medo de estar así, o único que me apetece e volver a ver o sol.
algo está cambiando, que se vexa ou non é outra cousa.
chuzame -

estaban a xogar ás
cartas coma sempre. fixen cachiños pequenos coa que se supuña debía ocultar. metina na boca e mastiguei. traguei. eu sempre trago.
ide á merda na mirada e marchei cun bote de esprai a
tatuar a cidade.
érgome do meu asento un pouco mareada. vou cara ao baño a refrecarme. cando estou estirando o brazo para abrir a porta sae do seu agocho con sorriso pícaro.
pero... pero... como...que fas ti aquí? [eu alucino]
impórtache se te acompaño? [acéntuase o sorriso]
para nada...
esta noite voume colar nos teus soños. non te asustes. nin te vas enterar. xa o teño todo planificado dende hai tempo. saúdame se me recoñeces, vale?. apetéceme coidarte.
chuzame -

concentreime. dábame todo igual. saiume medianamente ben. desconecteime de absolutamente todo. uns auriculares, unha voz viaxando polo meu cerebro e eu deixándoa ir soa. a miña voz agromando dos beizos, ollos en branco, auriculares, catro
paredes. automático. un pouco de
maxia que non entendo como consigue facer o meu corpo.
comer as
exquisiteces do comedor. e xusto antes de rematar o postre unha
canción que resoa en toda a sala. cabezas seguindo o ritmo. mirándome. esperando. e póñome a bailar enriba das mesas. unha coreografía perfecta. estamos sincronizados. nin un só paso mal. e todos rin e sacan as máscaras. semellan outros, son felices. se me fixesen caso...
un café coa
Meiga e piro para a city. na miña parada está o
outro Kamikace que tamén vai no mesmo bus ca min. e logo vou ata o piso da
Ninfa. son unhas cabras. cóntanme o que lle fixeron a
Lau polo seu aniversario. e
Lu entretense coa miña
tocalla vestindo e desvestindo uns bonecos da Ninfa, un disfraz de ninja, outro de vella, outro de sex bomb.
estás van para diseñadoras!!! e risas. encántame. despois todas metidas nun coche a tomarlle algo por aí. e analizar o comportamento dun fulano que intenta ligar coa nai dun pequeno repipi de tres anos que non deixa de putealo. con compañía
así a chuvia non molesta.
chuzame -
e pechar os ollos ben forte para non chorar antes de quedar durmida
oxalá, oxalá, oxalá, oxalá, oxalá, o x a l á me equivoque...
chuzame -

A miña Catuxa é toda unha artista. non deixes de pasarte se andas de visita a Atenas. arte da boa, prometido.
chuzame -
surrealista. eu no meu cuarto cos auriculares, en pixama, despeinada, rindo soa, bailando enriba da miña cadeira de oficina e tecleando sen parar. el
alá, falando e poñendome
música, en calzoncillos, sen camiseta (
porque vai moita calor na miña resi) e propoñéndome cibersexo vía
messenger. máis risas. eu escribindo e
Eme falando.
espera que conecto a cámara... jiji
non tes huevos a facerme un striptease integral...!!
jajaja, non que non teño cámara...
mentiroso..., xa o sabía... jejeje
si si, cando esteas aquí falamos
faleino cos
eles e si, xa non hai volta atrás... esta semana santa fágolle unha visita. por fin... a
viaxe. ás veces paréceme
incrible que unha persoa que estea tan lonxe estea á vez tan preto...
chuzame -

resaca despois do derradeiro chute. recoller as cousas do armario. non dar explicacións. ir a un enterro clandestinamente. verme morrer. non me mires así, é a puta verdade. eu xa o sabía, aqueles nervios, xa mo viña berrando o corazón. subinme á montaña rusa, pero que curioso cando descubrín que xa non me pertencía. toda esa xente berrando e sorrindo e eu lonxe, moi lonxe. sacar a
máscara. recollelo todo moi ben. sacar as
botas tamén. a xente que me mira estrañada pola rúa. algúns rinse. e todo porque non vou calzada coma eles. coma sempre... e un
reflexo nunha fiestra antes de subirme ao tren. un par de horas e chego ao destino. soa, só quero estar soa. e no alto do monte facer unha
fogueira. queimalo todo. e beber. e danzar ao redor da luz. a lúa no alto, sempre vixiando. berrar. retorcerme polo chan. rir por non chorar. esta noite non. e saltar. no fondo sei que isto non é nada. non é de vida ou morte. é o malo de camiñar con botas, que calquera area nos molesta. prefiro o contacto da pel co chapapote, coa pedra, coa terra, coa herba... a pel dos pés sempre se endurece. os
lobos veñen e séntanse apartados a 300 metros. míranme aos ollos. porque non poden ser as persoas coma eles?? ata parece que o comprenden. cando abrín os ollos xa saíra o sol. cantas horas levaba durmida alí? un cachorriño saltaba por riba da miña cabeza e lamíame as mans. cóxegas. sorrinlle. entendeuno. é hora de montar o meu
tipi. quédome aquí, se me NECESITAS vén, estareite agardando cos brazos abertos. coma sempre...
chuzame -