Decembro 2005


persoal29 Dec 2005 01:29 p.m.
noite boa
mensaxes polo móbil, subir á aldea con Catuxa para ver ao tíos e aos primos. asimilo, trago e fago a dixestión do xoves sen poder evitar sorrir cando recordo esa dúbida na miña retina e na de Eme ao despedirnos: un na boca ou na meixela? pola noite imos todos á Ponte. panzada de comida que na miña vida: langostinos, cigalas, boi, ensaladilla, pementos asados, caponciño e año… (menos mal que a min non me gustan os doces…). Catuxa animadilla polo cava facendo de xornalista e Quela e eu morrendo coa risa. ninguén salvou aos meus pais, tíos e avoa dun interrogatorio do máis puro estilo Salsa Rosa. elas saen pero eu quedo en casa. o domingo voltamos a comer alí e vén a pequerrecha cos seus regalos de Papá Noel e a min cáeseme a baba de mala maneira… mira que é encantadora a condenada!!! e non podo evitar pensar en Osiria e no Mago. como será o seu fillo cando teña catro anos?pola tarde chaman os de Tarragona, que miña avoa materna está no hospital, nada grave. non coñezo a ninguén de 96 que aguante tanto. son unha privilexiada.

a semana pasou rápido, aguinaldos e eu de tendas por aí coas miñas botas novas, que parezo unha amazona, imaxinando o guapa que tería que estar montando a cabalo, outro dos meus soños de infancia. mira que se me vai a olla…

os soños
outra vez en Pontevedra, un concerto, eu deixándome as cordas vocais no escenario. e máis festa. está toda a miña xente e eu estou que non cago. pero hai unha rapaza morena que me fala animadamente. aí paro, non a coñezo fóra do soño, quen pode ser? e de repende diante dos meus ollos, saída na nada fórmase a figura dunha muller triste, tola, perdida. unha pantasma. pego un brinco cara atrás. e na súa cara non hai ningunha emoción, semella insensible. horrible. asústome pq acabo de ver unha pantasma e ninguén me vai crer. pecho os ollos e procuro borrar imaxe da miña cabeza e fuxo en dirección aos baños. a rapaza veme: ti tamén a viches?? non saio do meu asombro. sí, é a primeira vez, déixame ir ao baño que me quero esquecer… sorpréndese. esa pantasma é miña. e eu escacho coa risa. si?agora vexo as pantamas alleas!!! a festa sigue e marchamos en marabunta para outro local. Eme cólleme do brazo. está contento. e susúrrame a palabra máxica ao oído. nisto é cando entra Catuxa no meu cuarto co boneco do dinosaurio facendo o parvo, feliz como nunca. é o nadal ou é que ma abduciron???

fin de ano
nada de festas, pagar entradas, cotillón, gastarme un potosí en roupa, roupeiros e demais tópicos e topicazos. botellón en casa de Ro e logo a viños a dalo todo por onde se poida: Patio Andaluz, K-Oba, Trole, Auriense, Soho, Rock Club. estamos animadas, había tempo que non estábamos todas así… e os rapaces tamén. carallada, só queremos carallada!!
concerto/ susto
sorpresa: os meus primos de Tarragona que veñen a ver a meu pai. a catedral abarrótase. saco algunhas fotos. xa me sei todas as cancións. tócalle a meu pai e a min trémeme a man intentando grabalo. emocíonome. é o home que máis quero. débolle todo o que son. absolutamente todo. son como son gracias a el. séntome. espero que o saiba, que o intúa, non sei… algo! pq non vou poder dicir con palabras na vida. cantamos o Adeste Fideles. por fin dou chegado ás máis altas! mágoa que estea en vigo, senon metíame na Coral remata o concerto. chega da súa cita sorrinte e con cara de parva. marchamos. despídomonos dos primos. rumbo para casa. ceamos e mentres meu pai deixa os intentinos no w.c. chama por miña nai. está tirado na cama cunha baixada de tensión moi gorda. nin azucar. nin subirlle as pernas. punzadas de dor no abdome. pálido, coma un morto, morto de frío e asustado. deixamos de decidir entre ir a urxencias ou ir mañá ao médico. 061. meu pai desfaise na cama de dor. cambiámolo a mil por hora. todo ordenado. a tarxeta sanitaria. Catuxa aguantándolle as pernas e eu racional, sen deixar que os nervios ou a histeria me gañen a partida, que me asusto, xa vivín isto antes? miña nai nerviosa e algo acelerada, meu pai é o seu punto débil… ao final din que nos mandan un médico do centro sanitario. e pouco a pouco a meu pai pásaselle. conseguimos que se poña en pé para levalo ao salón. deitámolo e quédase durmido coma un neno pequeno. miña nai abrázase a el con tanto cariño que o di todo sen dicirlle nada, igual que unha ola de calma que trae tranquilidade. ao cabo de media hora chega o médico e unha enfermeira que debe ter os mesmos anos que miña nai. ao final a cousa quédase nun susto.
Eme segue sen vir por Ou, que si partido da selección que si non sei que… ou lle mando unha directa desas que acojonan ou… en fin. é un desastriño de home e non podo cambialo. vou ter que seguir na miña tónica habitual, mellor non esperar, aínda que teña que mentirme para iso. o problema é: quen me apaga este lume que levo dentro???
persoal25 Dec 2005 04:22 a.m.

o xoves fíxome eterno. primeiro foi promesa e logo confirmación. Eme viña a saír a Vigo. paseime todo o día delirando e buscando o equilibrio. unha seguridade estraña me invadiu… daba igual o que pasase, eu só quería velo. pola tarde papei un bo susto porque meu pai estivo en urxencias por unha febre derivada do día anterior e miña mai esqueceuse de levar o móbil con ela e ata case catro horas despois non comprobo que era unha parvada. un susto. respiro aliviada, estou contenta. fágome a promesa de queimar esa noite. dúchome, vístome. vou guapa e seino. só para el. e síntome como se levase unha coraza e me fose montada a cabalo. orgullo? eu creo que máis ben confianza. a noite non me pasa. aturúllome e a sombra de que pase algo e non veña acojóname… fuximos a viños Cholo, Zin, Arnoia e eu. Cholo está triste e eu non sei como explicarlle que SEI, porque o sei, exactamente como se sente. porque eu xa o vivín un día si e outro tamén. a min segue habendo pezas do quebracabezas que non me encaixan. cousa da miña intuición. en fin… en viños chámoo para asegurarme de que si vai vir porque me mata a intriga. e SI que vén, está de camiño cun para de amigos. uffffffff. alivio. atácolle ao licor café. pero a noite segue sendo eterna. por fin chegan Dido e Xoela. xa son as dúas e non pode tardar en chamar. breve chamada, quedo en que me dará un toque cando xa estea polo mercado da pedra. aí váiseme a cabeza. non escoito a música, non vexo a ningún deles. non hai outra que centre a miña atención. deambulo como unha tola polo medio do pub co móbil na man. saboreo o momento antes de que todo poida pasar. o momento da incertidumbre. se esperei tanto podo esperar un pouco máis. hai anos que soño con esta noite e xa a estou a vivir, agora sen présas. toque. saio correndo do pub. alí o está. igual que sempre. un abrazo nervioso. o alcohol faime efecto. buscamos aos demais. marchamos para Churruca e bla bla bla. sen querer cóllome do seu brazo. metémonos no Soho. uns tequilas para que se animen. só teño ollos para el. vou, volvo, uns tíos queren ligar comigo. búscoo coa mirada. aí o está, de pé esperándome cun certo temor. tranqui, eu non vou xogar contigo. volvo onda el. dáme medio abrazo. tremo coma un vimbio. gústame a música, pero non axuda. queremos pegarnos como lapas e o corpo pídenos pachangueirada. ando liberada, sen disimulos sen esconderme da palabra maldita. dando cariños e mimos a saco. quedáriame así toda a miña vida. pídemo o corpo tanto ou máis que respirar. tanto tempo esperando… saboreo cada instante como se fose a morrer mañá. o frío fai o seu efecto. marchamos con Zin, Xoela e Dido para outro local. Cholo foise xa pero eu non teño cabeza para pensar niso. chámanme e collo. ríome sen parar. foi o alcohol ou estaba pletórica? outra copa. elas marchan. quedamos sós co Freans. agarrados e abrazados. eu xa non aguanto máis. busco esa boca coa que tantas veces soñei. el ten medo, véxollo nos ollos. dubida, que non quere perderme como amiga. pero esta vez eu non teño medo de arriscalo todo. quere esquivar os meus ollos, non o deixo. estalo desexando tanto coma min… sensualidade nos meus ollos. un susurro. disparo directo ao corazón. e non me dá tempo a reaccionar. bótase con ganas sobre os meus beizos como un lobo. e non podo crelo. o soño faise realidade. paixón. lume, quéimome, quéimame tanto que me doe. e paro para ver que é real, que non é un soño e que cando abra os ollos non me vou cagar en todo porque confundín realidade e soños. é real. non podo crelo. bótome sobre el. apretámonos. lume e máis lume. tanto sentín que non podo explicalo. a respiración, as ganas, o cansancio, a música. e xusto antes de perder o control para sempre… coa bocas exhaustas e doloridas. ausencia de tantos anos. hai bicos que o curan todo(…)

FIN DA PRIMEIRA PARTE

persoal21 Dec 2005 02:51 p.m.


rompo o silencio en falar. cágoa ben cagada. pido perdón. asomámonos ao abismo da distancia. prometo non volver a caer na tentación (algún día se terá que evaporar, non?) estudio. durmo. non durmo. espertador traidor que me quitas o sono. érgome. milésima de segundo. demasiadas cousas. escollo. decido. despréndome. exame. mentira piadosa. caio rendida no sofá e non escoito a Pau marchar. mensaxe de Eme. medo. regreso a elas. risas e máis risas. libérome. non doe, isto xa non me doe. córtome, metáfora do que me pasou nos últimos meses. sangue. alcohol para que cicatrice. agora son feliz. corro. tírome de cabeza ao chan. só quero cantar. agárrome. ouveo. canto. alto, baixo, desafinando, afinando. non me oes? estás aí detrás vixiando que eu non me faga dano. pecho portas para sempre. e canto polas rúas sen nome escalando montañas que ninguén máis ve. sei teño exame ao día seguinte e non me importa. estoume despedindo dunha etapa da miña vida. quédome a durmir en casa de Xoela. e vomito as palabras máis sinceras, a media voz, xusto antes de rendirme diante de Morfeo. e volvo a durmir soa e xa non me doe. algo cambiou para sempre. en menos de 48 horas comprobareino…

persoal19 Dec 2005 01:34 p.m.

falando de soños

os soños sempre se repiten. en 1º de carreira disparáronme no medio dunha clase. un disparo directo ao corazón. era un soño, mais a min doérame de verdade. e logo o meu sangue. non sei porque, pero miña mai e Osiria estaban comigo. eu queríaas botar, que marchasen, eu tiña medo de que lles fixesen dano. miña mai púxose a operarme en vivo e directo e sen anestesia, como se aquilo fose o máis normal da vida. metéronme no coche de Osiria e ela, conducindo como se pilotase un F1 levábame ata o Meixoeiro. nunca descubrín quen me disparaba ata a semana pasada.

o xoves esa puta sombra aparecéuseme por Pontevedra. daquela non o dubidei. non lle dei tempo a reaccionar. rompín unha botella de cerveza que había polo chan e co cascotei boteime directa contra os seus ollos. rebenteillos de cunha frialdade e cun sorriso cínico desfrutei daquel momento. “voute matar, así que xa te podes ir preparando” non choraba. non podía crer o que eu acaba de facer. caía no chan coas mans tapando os ollos cheos de sangue berrando sileciosamente por que? “non me volvas mentir. quedas avisada” . e marchei a continuar a troula con cara de non romper un prato. igual me pasei, pero sabes que? prestoume ser cabrona por unha vez. e non me arrepinto.

os soños traspasan as fronteiras do espacio e do tempo. eu tamén podo xogar forte
a facultade medio baleira. cómome os apuntes. nervios: exames e Eme que agora mesmiño ten que andar metido nun aeroporto. e aquí vén a gran incógnita:
volverei a namorarme por segunda vez no ano?
donas e cabaleiros, doulle permiso para que fagan as súas apostas, así que aposten!!! eu prometo non mover un dedo nin provocar nada. que decidan o destino e o meu corazón.
(menuda semaniña me agarda!!!)
persoal18 Dec 2005 03:55 p.m.

a Osiria

ás veces pasa que o único que fago é mirar para o meu ombligo. ultimamente dedícome a fuxir da xente que quero e invéntome as excusas perfectas para o meu corazón. é o peor dos egoísmo, cando es egoísta e non consigues velo. levo meses guerreando contra pantasmas que en realidade nunca existiron. parvadas, só parvadas. fuxo por covardía, por comodidade. e ata se me pegou o vicio de non estar soa. engánome e engano aos demais. minto. son unha mentirosa. todo o que sae da miña boca é mentira. xa non loito, xa non busco. cánsome e durmo horas e horas para seguir soñando e non ter que poñer os pés na terra. fago parvadas e chámolles “locuras” para convencerme de que non fixen nada mal. todo o relativizo para quitarlle importancia. semella que me abduciron, que son outra persoa. calo as cousas. e espero sentada e fumando a que alguén veña a rescatarme desta maldita apatía coa que me droguei tanto e pola que abandonei . non fago as cousas que quero facer, non cumplo as miñas promesas… e síntoo. non sei se sirve de moito, pero é a verdade.

xa son horas de que volva a ser quen son: a túa amiga.

nada máis

(isto encontreino o outro día, perdido entre un as páxinas dun libro de Suso de Toro, xa nin me lembraba de que o escribira…, escondino no libro pq nunca o acabei de escribir e pq nunca me atrevín a mandarcho)

“ás veces escribo cartas. cousas que nunca che digo en voz alta, segredos que só a TI confeso. e todo está ben cando o fago, aínda que non haxa tempo para que esteamos xuntas. con iso abóndame. eu escribo e TI les. así é que sempre estás comigo. e non necesito que me escribas aínda que ás veces a inseguridade me venza, á TÚA maneira xa mo contas todo como se puideses colarte nos meus soños de madrugada para ir a dar un paseo en bici, ir de viaxe moi lonxe, levarme a aprender a montar a cabalo. escríboche de forma ritual, de madrugada, con banda sonora e con moitas ganas. sempre teño tanto para darche!!! e imos e vimos polo espacio e polo tempo sen ter que pagar peaxe nin cruzar fronteiras. Paralelas que se que cruzan xa para sempre/ milagre incomparable da Física Irracional. lembras? que sexa así sempre. sempre…”

El último de la fila
En los Árboles

A veces escribo cartas para no sentirme atado,
para no aferrarme a remilgos que yo quisiera abolidos
de mi vida. De mi vida.
Y pinto de colores los sobres. En el remite soy un enigma.
Espero siempre una respuesta para sentrime querido
como los niños chicos. Como los niños chicos.
Mensajes que llegaran, papeles envolviendo una piedra.
Mensajes de cariño que rompìeran el cristal de mi cuarto.
Quién pudiese ingerir un fármaco precioso…,
Convertir en realidad todos esos sueños.
Cartas que me dijesen cosas bonitas
como que vendrás a maullarme de contraseña en la madrugada
bajo mi ventana. Bajo mi ventana.
Que corriéramos campo a través, a la luz de los fulgores del alba.
Chispas blancas sobre el rojo violento. Y que hiciésemos cabañas
en los árboles. En los árboles.
Mensajes que llegaran, papeles envolviendo una piedra.
Mensajes de cariño que rompieran el cristal de mi cuarto.
Quién pudiese ingerir un fármaco precioso…
Convertir en realidad todos esos sueños.

persoal16 Dec 2005 11:47 p.m.
sempre teñen algo que dicir. semella que todo o mundo sabe o que é mellor para min. todos saben como son, pero poucos me coñecen. necesito unhas vacacións das circunstancias. unha tregua. que alguén me rescate sen que eu llo pida. deixeino todo de lado pola droga. agora empezo a pagar as consecuencias. un sorriso que empeza a ser habitual na miña cara. non ves como me escondo detrás del? eu quería falar e non me deixaron. a lingua que é muda, o espacio e o tempo xogando e facendo das súas comigo. non hai forma, esta vez deixei que o destino me vencese. como falar se o universo conspira para que non o faga? como afrontar a Realidade se non me deixan? e Xoela e a Deusa da Lúa pedíndome que quede, que saia esa noite en Vigo que Dido aprobou e hai que celebralo. non podo. non sei como explicarllo sen facerme de rogar. dígolles que non sen saber de onde me saen as forzas. quero quedar, pero non quero… simplemente non podo. non debo. “alguén haberá en Ou…” sorrín con picardía. mentres eu calo pensando para min. fuxo. non quero ir para Ou, non podo quedar en Vigo. sona o móbil a media tarde. Quela que está en Vigo vendo unha exposición. voume coma un foguete ata onda ela. mestúrome entre os bohemios coma ela. síntome cómoda. boto de menos estudar arte como no instituto. unha sede e fame brutais invaden a miña intelixencia. ganas de aprender. trouxo o coche. fago o macuto e marchamos para Ou. pero enganoume, cando me dou conta xa estamos cruzando a ría. un secuestro. e non podo crelo, non sei se rir ou chorar. “xa verás ti como se enteren estas…!!” en Pontevedra agarda Catuxa cun botellón improvisado. Cris fai os 21 e hai que celebralo. saimos por aí. frío, o frío da distancia. síntome liberada, pero culpable. rúas polas xa pasei con el mortos de frío e risa. entramos nun pub duns amigos de Cris. xogamos ao fubolin e eu pícome con Catuxa por unha mariconada. “sempre as pago con ela” recuperámonos. Quela toleando a todos os mozos. a min gústame o de raias. nin se entera que existo. un de por alí quéremo presentar. non, déixao, hoxe non. mírame sen entender. saímos. Quela e eu correndo pola rúa. ela cae. ríome igual que cando era pequena. colegueo con coñecidas de miña irmá. unha coñece a Eme e Andrea. falo un bo cacho con ela. fálame de videoclips e de cousas da súa carreira. eu sempre soñei con estudar en Compostela. era unha meta na miña vida, pero agora, de repente, non sei ben como, deixou de selo, igual que cando te desenamoras. e se cando acabe me vou para Pontevedra? por que non? gústame esa idea. faime feliz. entramos no bar Coyote. pasou case un ano e a min paréceme que xa pasaron anos. lémbrome como se fose onte. Ara que nos colle a Eme a min polo pescozo. “eu quero comprobar unha cousa”. el sorrí. eu tamén. “quero ver como che dá un bico“. abrazámonos. achégome. segue a sorrir. e doulle un pico. non se aparta. e sen querer deixo de reprimirme de con toda a dozura do meu concentrada na punta dos beizos vou abríndome camiño pouco a pouco. non penso. sinto. non escoito a música. o seu olor. e por un instante parece que se vai deixar querer. e noto o seu esforzo, case podo saber o que pensa. ténsase e apártase. “ves o que me fas facer?” non sei pq pero non me cabrei. nin sequera me doeu. estaba feliz. acababa tocar o ceo cos dedos. confórmome con calquer cousa. feliz porque el estaba comigo, porque non me fuxía, porque dunha maneira ou doutra foi meu e de ninguén máis, toda a noite bailando pegados como dúas auténticas lapas. si que se pode facer o amor sen un só bico e con roupa. completamente acoplados. esa noite non a esquezo na vida. e agora el vén nun par de días e o único que intento é non ilusionarme. marchamos. alguén me di. imos para outro e logo para Karabas. pérdome entre a xente. alguén me colle da man. Catuxa subida na tarima e Quela cunha afonía dolorosa camiño de casa. agárrome a esa man como se niso me fose a vida. é máis grande ca miña. máis áspera, pero gústame ese tacto. é distinto. despois saúdame o home que cheira gloria. “ola! ti estabas hoxe no Marco” sorrío. que ben ule o condenado!! sen querer voume directa ao seu pescozo. outra vez ese olor. mmmmmmmmmm “tío! que ben cheiras! xa me fixara cando estábamos alí” de súpeto, Cris agárrame dun brazo e miña irmá mírame abraiada. “ese que está aí e o seu mozo e non vexas a mirada asasina que che acaba de botar” “ja,ja,ja, pois ben que me tiraba os trastos, este quería picar ao mozo” e a min de que me sona todo isto? a miña brúxula amorosa sempre se equivoca. saímos e marchamos para o Buho. esta a rebentar. estou cansa e Cris tamén. piramos e pillamos unha piza nun 24h e mentres saimos de alí unha parva que coñece sóltalle unha bordería. frío. rapidamente chegamos ao piso. metemos a piza no forno e mentres eu mángolle algo de roupa a miña irmá para durmir quentiña. comemos na habitación de Cris e despois dime que se quero que me podo quedar a durmir na súa mega cama. e quédome pq paso de estar soa. un par de bromas sobre a calidade do colchón que é de latex. quédome frita ata que chegan Catuxa e Rebe facendo barullo. unha ponse a tocar a pandeireta antes de meterse en cama e a Rebe por dicir que teño que coñecer ao meu cuñado desa noite (todo mentira). durmo dun tirón e cando esperto lémbrome do móbil. a extraña sensación de que fixen algunha parvada con el… pero non hai rastro de nada del, nin mensaxes recibidas nin enviadas. recollemos as cousas, comemos, ducha e pasa Quela a recollernos no Saxito. imos pola autovía. volvo a pasar pola ponte en menos de 24horas. o sol métese comigo, semella un amante que me bica por toda a cara. en Ou a nosa avoa está algo baixa de moral: as cataratas do Níagara que son traizoeiras. Ro vén por casa para planificar a saída de todas (agás eu) pola noite. voume cedo para cama. teño unha estraña sensación na boca do estómago. sei que fixen algo mal, aparte de fallarlle o luns á Ninfa de Mel e non saír con Xoela por Vigo, e non consigo lembrar o que era… volvo mirar ao móbil como se me berrase caladamente a resolución do enigma. seguro que a caguei ben cagada. mágoa que os móbiles non saiban falar. mágoa.
Ismael Serrano
Cien días

Como una luna nueva,
como el metro de Madrid,
negro como una cáries
o un septiembre estudiantil.
Como la certeza de que no sueñas conmigo,
negro era aquel bar
donde se esconden los malditos
de los amaneceres,
de los repartidores de periódicos,
de las agujas del sol,
del amor del prójimo
.
Allí la encontré.

Como un suicida asomado
al borde del precipicio,
amontonando maldiciones
sobre la barra de aluminio.

Temblaba en sus ojos
el humo de mil cigarros
que fumó con un tipo
que la había besado,
que la dejó una mañana
dormida entre las dunas de su cama,
que se fue con otra una madrugada.
Así la encontré

Alguien me contó que llevaba cien días
encerrada en aquel bar,

pidiendo fuego o alguna pista
que le ayudara a encontrar
la luz dentro del laberinto,
el mapa donde está escondido,
el mar donde arden las promesas,
donde solías naufragar.

Cien días escondiéndose del gris
cielo de marzo y sus atascos,

tragando niebla por la nariz,
soñando contigo en los lavabos,
jurando no salir con vida,
sellando todas las salidas,
buscando en un mar de ginebra
una playa en la que encallar.

Besó una copa llena
de cenizás, me miró,
me dio el humo de sus manos,
lo fumé. A cambio yo
le conté que la ciudad
la estaba esperando,
que afuera llovían madreselvas,
que se acercaba el verano,
que qué iba a ser de nosotros
si decidía no venir conmigo,
que saliera a desafiar
al alba y sus asesinos.
Así la hablé.

Sonrió cansada y perdida,
se abrió su boca azul.
Besó de nuevo la copa,
se marchó y toda su luz
fue devorada por la puerta de un servicio
donde mujeres sin alma te empujan al precipicio.
Serán ciento un días
encerrada en la negrura de este bar,
yo salí a la calle y olvide pagar.
Y me marché.

persoal14 Dec 2005 01:17 p.m.

superticións e demais. onte deixounos tiradas a caldeira do gas. 07:30 e Evita e Pau chamando por min. érgome coma un avión. maldita caldeira… vén o técnico. chanchullo e auga quente, pero quedamos sen calefación. paciencia. non subo, quedo estudiando en casa. como. Pau vén estresada e con novas: Xoela botando os fígados toda a mañá por culpa dunha cea con mahonesa e a Deusa da Lúa chama que chama ao seu móbil. fágolle compaña. algo de tele e unha sestiña. outra vez a traballar. logo saio de casa para ver o correo, pero no meu correo hai máis dunha postal. sorrío, a quen non lle gusta que lle manden algo? paso polo kiosko, Dido non está, anda a voltas co teórico e ten medo. frío, volvo para casa. ceo e acurrúcome no sofá. unha mensaxe para Ro. acabo de ver a serie e penso que morro de ganas por ver como irá todo esta noite no hospital. voume para a cama. algo de insomnio. non consigo desengancharme do frío e dunha frase que flota na miña cabeza. volvín a ser unha suicida, unha kamikace. nada, xa non sinto nada. e agora xa non teño medo de falar en alto. comeza a conta atrás, exames e Eme na próxima semana.
persoal11 Dec 2005 04:27 p.m.
para acabar coas fobias, coa vertixe, decidin que o mellor era tirarme dende o alto do barranco en parapente. e saio con todas as miñas nenas, xa as tiña moi abadonadas. marabíllome, algo cambiou. non sei moi ben que é. rarezas do meu. agora soporto o frío moito mellor. antes fuxía del como do demo. odíabao. antes encantábame a calor bestial da miña cidade, agora pode chegar a matarme. si, algo cambiou no meu corpo. cousa das hormonas, do corazón, da alma, do corpo. podo sentilo cada día máis e máis. a noite vai indo cada vez mellor. risas e máis risas. de Montederramo ata o Trole. e música a dolor. bailo, só bailo. estou contenta. ladro como os cans. Fascinado, Raining Again, etc. encéndeseme a bombilla e vou ata o pincha. o meu sorriso é unha trampa de cariño que agora empezo a explotar. amabilidade nos xestos. tes algo de Block Party? bótase para atrás sorprendido, xesto de moi bo gusto! e volvo a sorrirlle. armas de muller inofensiva. vamos para o VaiVén. chupito por aquí e por alá. marchamos para o K-O-BA. Ro cun que estudia Historia, Catuxa con Josiño, Aransa co Moi. Quela e eu a velas vir. a min xa se me evaporou todo, serena como unha pedra, vixiando que Catuxa non me colla unha pulmonía por andar en sisas pola rúa. vou ao baño. coa cabeza apoiada na parede, os ollos pechados. alguén que me observa. mirámonos. quizais sei quen é, quizais non… eses ollos… eses ollos que eu nunca vin pero que coñezo. dáme amor. abalanzámonos como animais. arriba, abaixo. bicos e máis bícos. mordeduras de corazón. o alento, a respiración alterada. son túa dende agora. amnesia na retina, nas gafas. lume baixo a roupa. instinto humano. e amor a saco. non podíamos parar. toda a vida agardando por un instante. con dozura, con paixón. a cámara lenta, a cámara rápida. en picado, primeiro plano das nosas bocas. en branco e negro, en color. no cine ou en casa co Home Cinema. recibilo todo, dalo todo. así como eu merezo. acabamos, e marchamos todos, uns para o Capital, outros para a Extravaganza. finalmente marcho para casa soa. as rúas baleiras e o frío querendo ferirme. non pode, nunca máis poderá. algo cambiou para sempre.

realidade ou ficción?

persoal09 Dec 2005 08:06 p.m.

onte pasou algo. onte entendín a frase de que as casualidades son as cicatrices do destino. agora sei porque os novos morremos antes de tempo. onte matei o Amor. non me dou o corpo cando o botei de onda min. e mordo, e só quero estar soa e ouvear. e asústanme os exames e a semana que vén. non quero volver. na miña cova estou ben. só quero escribir. soñar. drógome cos meus soños. fíxenlle dano a Catuxa. hoxe estou baleira. cortei o pelo outra vez. hoxe só quero morder e arrincarlle a pel a tiras a alguén. dun extremo ao outro nun segundo. despois virá o olvido e a calma. non, hoxe non te achegues a min…
“o máis belo que escribín é unha carta sen sentido que lle mandei á persoa equivocada a sabendas… para baleirar o meu corazón. por iso a queimei!”

LA HERIDA

HERIDA
NADA TENGO QUE PERDER
SI CONFUNDO HASTA EL SILENCIO QUE ME DIO

NADA TUVE YO QUE VER
CON EL HECHO DE QUE YA NO SEAMOS DOS

YA NO TENGO QUIEN ME ESCRIBA
CON EL PULSO DEL AMOR
AHORA ME ENTIERRO EN LA HERIDA
QUE SU AUSENCIA ME DEJÓ
NADA ES LO QUE SE VE
SI COMPARTES DE TU VIDA LA MITAD

NADA SÉ QUE YO SERÉ
SI ME MIRO EN EL ESPEJO Y NO ES VERDAD

YA NO TENGO QUIEN ME ESCRIBA
CON EL PULSO DEL AMOR
AHORA ME ENTIERRO EN LA HERIDA
QUE SU AUSENCIA ME DEJÓ

NO SOY LA NIEBLA QUE HOY OCULTA EL MAR
NO SOY LA VIDA QUE NO ME QUISO DAR
NO SOY LA SOMBRA DE LO QUE ANTES FUI

YA NO TENGO QUIEN ME ESCRIBA
CON EL PULSO DEL AMOR
AHORA ME ENTIERRO EN LA HERIDA
QUE SU AUSENCIA ME DEJÓ

NO SOY LA NIEBLA QUE HOY OCULTA EL MAR
NO SOY LA VIDA QUE NO ME QUISO DAR
NO SOY LA SOMBRA DEL QUE ANTES FUI

NO SOY LA NIEBLA QUE HOY OCULTA EL MAR
NO SOY LA VIDA QUE NO ME QUISO DAR
NO SOY LA SOMBRA DEL QUE ANTES FUI

persoal09 Dec 2005 06:37 p.m.

decidín que xa eran horas de cumplir a promesa que me fixera, debíamo, e este mércores bebinme media vida nunhas poucas horas. Ro e eu fomos ata casa dunhas colegas e mentres elas falaban de rollos médicos que eu non entendía fomos servindo. e despois música e bailar. e beber, e beber. a noite perfecta. e logo auga. rica auga percorrendo todo o meu corpo ata chegar. éntrame o complexo pato mareado, bailo mal. non me importa. nada me importa. no Trolebus chántolle os ollos ao pincha, fijo que pensou que se me foi a pinza, teño a mirada dos tolos. a tolemia domina o meu corpo. fomos ao Minibar con dous rapaces máis. e bla bla bla. sei que biquei, pero que acabei bailando soa. as amigas de Ro marcharon e fomos para un after no que nunca entrei. a min a música non me gustaba. nese momento acordeime da reportaxe que vin a semana pasada na tele. que os bicos tamén teñen sabor e olor. deume por rir aquela noite diante do aparato. eu xa o sabía. unha das partes do corpo humano máis sensible tamén é a parte interior dos beizos. e que por iso cando bicamos a alguén podemos saber a que sabe. pensei que despois de toda unha noite de tonteo xa era hora de ver de comprobalo. sei que si, pero sen amor non. ao final marchamos cruzando o parque e sen saber que hora era. durmín en casa de Ro. quedeime morta nada máis meterme en cama a carón dela. espertei con amnesia, baixo os efectos dureiros do l.c. pero cun sorriso de orella a orella. unha vez máis libre.
…a que saberei eu…?
persoal04 Dec 2005 04:57 p.m.

o sábado estiven toda a mañá e toda a tarde con traballos e exames. aburrida como unha ostra a sete saio de casa sen rumbo fixo. a rúas inzadas de xente lucindo os últimos modelitos do inverno xunto cos seus nenos pequenos. subo ata a praza maior, logo Paseo e acabo no centro comercial. e vexo unha vespa negra con elas, as mozas do parque. e a min case me dá a risa. eu sempre quixen ter unha vespa para perderme pola cidade con alguén abrazado ás miñas costas, en plan Amelie. en fin… algo lle teño que regalar á miña nai que en breve fai anos. non se me ocorre nada. acabo mercando a traizón en música. máis droga para min con ironía. antes de cear fago algo de zapping na tele. o na canle das viaxes xusto aparece Lisboa. estou soa no salón. non me movo do asento. van pasando as imaxes e algo se solta dentro de min. recordos. síntome como unha pantasma. érgome do sofá aguantando a respiración. achégome o máis que podo. estou de xeonllos pero non me dou conta. melancolía en estado puro. nin unha bágoa que xa as gastei todas alí. acaba o programa e eu volvo á vida, á realidade. teño o móbil na man, deinlle toques a todos. e aínda así sei que fixen ben en non ir. para que? algo do meu corazón se quedou alí para sempre. máis ben é como se viñesen a facer unha visita a Lisboa. e esa noite durmo como unha pedra e soño con ela. vou ata alí voando, igual que Peter. todo segue igual. fago un pouco de sombra, vou para onde van eles. pero todo segue igual. eles están ben, sorrín, disfrutan. voume para casa. oxalá algún día sexa quen de explicarlles porque me doe tanto a idea de volver. e creo que aínda ten que pasar máis tempo.

esta finde volvín ser víctima das casualidades. nomes, lugares, historias familiares, amores e demais. xusto agora que renego e fuxo delas como do diaño. xusto agora que o amor condiciona todos os meus principios.

persoal03 Dec 2005 07:15 p.m.

o xoves fixen limpeza todo o día. é verdade, limpar sempre me axuda a non pensar. recibo algunhas puñaladas, fago as maletas, collo as cousas, mollome camiño da estación de buses e alí alguén me observa con atención. ando ensimismada e non me entero. recoñézoo ao instante. está igual que sempre. un rapaz máis pequeno. que estudiaba no meu colexio, debe ser o seu primeiro ano de carreira. mírame como se eu fose unha deusa. non me quita ollo. eu fago como que non o vexo, que non sei quen é. aínda teño o pelo mollado. e pingas que aínda esbaran polas miñas meixelas. auga doce. no durmo no bus. báiseme a cabeza, ansias por chegar. alí me esperan meus pais. estou contenta. e durmo cun sorriso de orella a orella. ás veces tamén está ben que nos mimen un pouco, non?

soño con mortes. ultimamente só soño con iso. o outro día sen querer resucitei o Amor, e todo porque lle dixen que se levantase do chan. os do 061 non podían crelo. esa noite metinme nos seus soños, chanteille os ollos e díxenllo con fría dozura: “ti non me queres, senon xa estarías aquí coméndome cos ollos”. e facíalle sangue. insomnio pola miña causa.

eu tamén sei dar puñaladas coas palabras
persoal02 Dec 2005 12:51 p.m.
“baixei ata o porto, cedo, nada máis erguerme. aínda non diluviaba. apetecíame ulir o salitre pegado ao casco dos barcos. quería borrar o teu olor do meu nariz porque dende hai cinco días non consigo durmir ben. para que me dixeches nada? sempre igual. agora ves a por min. agora que eu son quen de vivir sen ti. e daquela, eu ensimismada nos meus pensamentos, nos pasos que dou a carón do mar, bebendo do mar todo o seu salitre. intentando esquecer.
OLVÍDATE DE MIN! como eu me esquecín de ti…
deixarache unha nota no peto do abrigo. leríala? sempre tiveches a confianza para loitar polo que amas. non coma min, eu conformeime co teu NON aínda que os teus ollos me devorasen. daquela é cando apareces por detrás, por segunda vez na miña vida, tapándome os ollos coas mans. comeza a chover. non digo nada. xírome. non sei que facer. cada vez chove máis e o mar envalentónase por culpa do vento do Norte. tes esa expresión de victoria que tanto me gusta. todo baixo o teu control, como se fixeses maxia. síntome como unha troita que acaba de ser pescada e sabe que non hai escapatoria. o meu profe de Filosofía do instituto pasaba toda a primavera e todo o verán perdido por ríos cunha cana e as botas. debeu pescar todas as troitas da provincia. era o mellor pescador. despois de collelas sempre lles daba un bico e volvía a soltalas. e ti fas igual comigo. non dis nada, e eu tampouco. bríllanche os ollos, igual que o primeiro día. noto como caen as pingas pola miña cara. non hai ninguén máis. entón bícame. e o mundo ponse patas arriba. moi doce. moi despacio. ese instante co que sempre soñei. ese instante que se fixo eterno. isto é real ou aínda ando a soñar?o seu olor, o seu sabor. non me movo. non podo, non quero. fago que teña que conquistar o meu corpo, malia que xa o sabe seu. bicos que me curan feridas profundas e silenciosas. con olor salitre e sabor a chuvia. todo se mestura. quéreme e eu seino. só entón me sinto segura do sinto desde que nos coñecemos. e as miñas bágoas saladas que se meten nas nosas bocas. abrázame. e eu pecho os ollos. agora irase e deixarame soa. libre, como o filósofo coas troitas.”