Novembro 2005


persoal29 Nov 2005 06:57 p.m.
estou xusto onde quero estar. nin mellor nin peor. encaixando como a peza do quebracabezas. eu controlo, eu decido, eu manipulo os sentimentos. son os meus escravos mais fieis. con menos ganas de estudiar que nunca. prisioneira da minha imaxinacion. e con estudios ou sen eles atopo a escusa perfecta para non ir de ponte a Lisboa con todos. non quero volver. porque non quero lembrar, porque non quero intentar revivir, porque o Pasado pasado esta, porque estou xusto onde quero vivir. iso si, iriame outra vez a facer o caminho. iriame soa a caminhar dias enteiros coa unica preocupacion de comer, beber e descansar o necesario para poder continuar ao dia seguinte. e pensar moitas cousas. ou non pensar. deixalo todo en mans do azar e conhecer a alguen que sen querer me faga comprender que eu non son a que perde, (creo) eu xa ganhei.
paso da debilidade a fortaleza nun segundo. a minha vontade loitando contra o sindrome de abstinencia que hai meses deixou de ser dependencia para convertirse en algo moito peor. o domingo dixome que estou tola. miroume e non me creu. estas tola. eu riame. incredulidade nos seus ollos. se puideches facer iso, non dubides que es quen de facer calquera cousa que te proponhas. fareino. agora son libre como o vento. buscarei uns beizos que me dean o apertivo do que poida pasar a partir do 20 de decembro. sen eses ollos que todo ven e observan. sen rancor. cada dia mais lonxe, cada dia mais libre.
falan e sorrin. companheiras de piso, de clase, as minhas amigas, a familia. agarrome a eles sen pedir permiso. son o caxato co que me impulso. a mochila non me molesta nas costas, acostumeime ao seu peso. xa vou preto do Cebreiro, un quilometro mais e listo. saco o papel do peto do pantalon. nin o miro nin o releo. o isqueiro coa outra man. lume. queimoo. acabouse. e sae sol para quitarme este frio do corpo.

PECES DE CIUDAD
(Ana Belén)

Se llamaba Alain Delon
El viajero que quiso enseñarme a besar
en la Gare di’Austerlitz.
Primavera de un amor,
amarillo y fugaz como el sol
del veranillo de San Martín.
Hay quien dice que fui yo
la primera en olvidar
,
cuando en un si bemol de Jacques Brel
me perdí “dans le port di’Amsterdam.”

En la fatua Nueva York
da más sombra que los limoneros
la estatua de la libertad.
Pero en Desolation Row,
las sirenas de los petroleros
no dejan reír ni volar.

Y en el coro de Babel,
desafina un español.
No hay más ley que la ley del tesoro
en las minas del rey Salomón
.

Desafiando el aleaje
sin timón ni timonel,
por mis sueños va lijero de equipaje
sobre un cascarón de nuez
mi corazón de viaje,
luciendo los tatuajes
de un pasado bucanero
de un velero al abordaje,
de un no te quiero querer.

Y como huir
cuando no quedan islas para naufragar

al país donde los sabios
se retiran del agravio
de buscar labios
que sacan de quicio.
Mentiras que ganan juicios tan sumarios
que envilecen el cristal de los acuarios
de los peces de ciudad,
que perdieron lñas agallas
en un banco de morralla.
Que nadan por no llorar
.

El Dorado era un champú,
la virtud unos brazos en cruz,
el pecado una página web.
En Macondo comprendí
que al lugar donde has sido feliz
no debieras tratar de volver
.
Cuando en vuelo regular,
surge el cielo de Madrid,
me esperaban dos pies en el suelo
que no se acordaban de mí
.

Desafiando el oleaje
sin timón ni timonel
por mis sueños va ligero de equipaje
sobre un cascarón de nuez
mi corazón de viaje,
luciendo los tatuajes
de un pasado bucanero
de un velero al abordaje,
de un no te quiero querer.

Y como huir
cuando no quedan islas para naufragar
al país donde los sabios
se retirasn del agravio
de buscar labios
que sacan de quicio.
Mentiras que ganan juicios tan sumarios
que envilecen el cristal de los acuarios
de los peces de ciudad,
que perdieron las agallas
en un banco de morralla.
En una playa sin mar.

persoal26 Nov 2005 10:13 p.m.
Quela e Catuxa veñen de compras a vigo. fai frío, pero o sol quita calquera friaxe. a esas horas xa sei que Xoela (despois dunha odisea) aprobou o carné e que haberá que saír. despois da ronda de tendas por Urzáiz e por Príncipe acabamos tiradas no Rajastán. falamos e falamos. ríome con elas un mundo lembrando cousas. vanse para a estación de tren e eu piro ata casa. como algo. chegan Pau e Evita. bla, bla, bla. case que non me apetece saír de casa, estou ben con elas. cámbiome e vou ata casa de Xoela. andan a cear. despois chegan Cholo e Dido con todo o minibar da casa dela. mágoa dunha botelliña de licór café. Xoela chimpa unha botella de cava e ponse coma unha moto. é case como mirarse nun espello en pasado e en lisboa. eu vou boa, pero non sei porque cohíbome a min mesma dunha maneira que non logro comprender. o meu sexto sentido captou algo que flota polo aire e do que me avergonzo. son a tres e todo o mundo anda medio apalancado. eu morro por saír. quero fuxir. voume soa para casa. procuro non facer ruido e collo o móbil. chamo á Ninfa. anda por viños. voume correndo ata alí. xa non sinto o frío contra a cara. agora si que parece que fai efecto todo o alcohol acumulado. estou tola, tolísima. pérdome polas rúas do casco vello. Vigo é o meu gardacostas particular. xa non teño medo. corro sen parar. síntome invencible. Eli e Aultre Narai en simbiose perfecta. onde empeza a realidade e o soño? dou coa Ninfa e con toda a peña de clase. tamén me atopo con Termi e con Flower Death que seica leu algún poema meu. vamos para Churruca. coincidencia ou non vou falando coa miña tocalla de I/E. faime gracia, tamén lle mola Eme. igual ata nos parecemos en máis cousas que no nome: “Eu cando confío en alguén pode ser a simple vista. Confío e punto”
entramos no Angara, falo coa peña de clase e bailo. libre de todo. como antes. de repente alguén me saúda. Rai e Josiño. sorrío. voume con eles. falamos de todo. estou eufórica. fumo. fúmome a min mesma. non lembro ben. sei que entramos en algún garito máis, sei que comimos uns bocatas (ou iso creo). lembro que me despido e me vou para casa. cando abro os ollos a luz entra a través da persiana. hai alguén máis. mírame con curiosidade. eu coñezo esa curiosidade. rebovino e rememoro a noite. asómbrome cando vexo que son as 14:30, xa perdo o bus das 15:00. acendo o móbil. chamadas perdidas de casa. chama Xoela. como algo e piro para a estación. collo o das 16:30. estou cansa, pero non durmo. en Ou agardo media hora a que cheguen Catuxa e Quela de Pontevedra. escribo. leo. dóeme a cabeza, pero síntome ben.

BEN

persoal26 Nov 2005 10:00 p.m.

cando o vexo non me cabe a menor dúbida. é o pai de Eme. sorrí da mesma maneira. ten os mesmos andares. eu xa rematei as clases e ofrécese a baixarme do Cuvi ata Vigo. acepto encantada. cando chegamos ao coche sorpréndome porque tamén está a nai del. teñen os mesmos ollos. falamos da carreira, del e de min, do futuro, do Erasmus. síntome incriblemente cómoda e segura. son a raíña da situación. sorrío sen parar. falo alto e claro. son eu máis que nunca. estou encantadora e seino. eles tamén. un olor inundame. se pecho os ollos podo sentilo a el preto aínda que ande a miles de quilómetros. calquera se tería namorado de min nese momento. ao final invítanme a pasar un finde este Nadal con eles. dino de corazón. faime gracia porque non os coñezo de nada e parece que eles xa me coñecen de antes. cando me baixo do coche vou nunha nube. sei que non é bo vivir nas alturas, pero xa o viña necesitando. a todos nos encanta que nos acepten sen pedir explicacións.
persoal26 Nov 2005 09:54 p.m.
bícame. bícame.bícame outra vez ata que acabes a saliva da miña boca. quero afogar coa túa lingua. bícame. e cúrame. XA. regáloche a pureza do meu corpo para que te emborraches con ela. deixa as maletas no avión e trae só as ganas de amarme. fágote dono do meu corazón. fágote dono do meu corazón.
persoal21 Nov 2005 07:50 p.m.

aí, xusto aí. sempre aí. molestando. na punta, na fronteira, no abismo. e eu aguantando as ganas. e apreto a man con forza. sen mancarme. disimulando, que os ollos non se me pechen. un paso, outro paso, e outro. o corpo que se move, pero eu non vou con el. o carteiro vai con retraso e non sei cando raios vas ler a carta que che mandei. puxen ben o selo, ten que chegar.
sabes?
sigo sendo unha mentirosa.
mentiras con verdade, verdades con mentira.
e brillanme os ollos e sabes cando non minto, por iso te preocupas. xa levo demasiado tempo nesta illa. é tempo de emigrar cos patos salvaxes. porque vén o frío que máis me fire. pero ti nunca lerás estás palabras, e se o fas non pensarás que sexan para ti. quizais non existes e fuches a miña mellor invención.
tanto ten (outra mentira) dá igual
persoal18 Nov 2005 03:16 p.m.

“TÚ eres lo que amas, no lo que aman de ti, eso ya no es asunto tuyo”

persoal18 Nov 2005 12:42 p.m.

volvo para casa o mércores no bus das 20:45. na estación esperáme miña nai cun sorriso de orella a orella. aquí vai máis frío que alá. resoplo, xa o botaba de menos. meu pai anda por casa acabando de cear. anda de mellor humor. regálolle o mellor dos meus abrazos. esta vez paso da tele e voume cedo a cama. cando me ergo pola mañá eles xa marcharon a traballar. fago un par de recados e tiro cara o Santa María Nai. fai frío, a néboa aínda non se foi de todo e sen o sol nótase máis. vou contenta. hoxe vai ser un bo día. recorro o camiño que xa coñezo de memoria. fáiseme curto. no aparcadoiro xente entrando e saíndo. dentro do hospital o medo nas consultas. baixo pola escaleiras e párome xusto diante da U.C.I.

podo volver a verme a min mesma baixando hai dous invernos aquelas escaleiras. insegura e temerosa, buscando a Osiria entre tanta enfermidade. e vexo á súa irmá, ou máis ben unha muller que ten que selo porque se parece moito a ela. achégome e alí está. mírame e sorrí con agradecemento. o día anterior operaran á súa nai dun xeonllo, pero houbo algo que saíu mal coa anestesia e a pobre da muller case se lles queda no sitio. fun nada máis enterarme, con Ro, porque a min dábame medo estorbarlle a Osiria. estiveramos falando unha hora ou dúas, non lembro. ela choroume. nunca antes a vira chorar, e iso aos meus ollos aínda a volvía máis forte. volvín para casa e ao chegar agardábame unha sorpresa desagradable: a nai de meu pai rompera a cadeira. alá marchamos todos ao hospital. foi unha mala casualidade. e houbo outra máis. urxencia estaba a escasos 50m de corredor das portas da U.C.I. onde Osiria, o Mago, familia e demais esperaban por un milagre. nun momento en que andaban a facerlle probas á miña avoa, escapo e vou ata alí. estaban todos sentados naquelas cadeiras brancas, cansos e desesperanzados. Osiria a que máis. teño esa imaxe grabada na retina. alguén me viu e ela miroume. pegou un brinco do asento e recompúxose cunha facilidade asombrosa. sempre o fixo, protexerme dos seus problemas. ela sabía que a aquelas horas eu non andaba por alí por algo bo. que fas aquí? que pasou? conteille. sorriume cómplice. unha mala casualidade que me nos deixaba estar xuntas unha vez máis. algo que as dúas necesitábamos. estiven algo con eles, unha novidade que lles libraba de pensar no coma da nai dela por minutos, unha leve anestesia. e o Mago facendo un par de trucos coas cartas para min. tamén andaba moi triste. ás dúas da mañá leváronme a casa, meus pais non me deixaron quedar. normal. eles tamén me protexían.

esa noite e os seguintes tres meses da miña e da súa vida pasaron por diante dos meus ollos a mil por hora. reacciono. xusto onde estábamos xa non hai ninguén. a xente está na porta da U.C.I. mirándome sen entender. é raro ver a unha moza nova, sá e sen cara de ter a ninguén ingresado alí. algúns entenden, outros non. respiro. aquí non fago nada. sigo os carteis, a frechas. chego ata un ascensor, métome e pulso 1. nada máis saír dúas portas metálicas con cristais cheos de rexas. xa cheguei. PSIQUIATRÍA. pulso o timbre e vexo como unha enfermeira vestida se achega para abrirme e á vez vexo a un rapaz dos meus anos, no medio do corredor, vestido con pixama e zapatillas de andar por casa bailando sen parar e desenfreado a Chenoa que sona polo altavoz. pregúntolle por Ro á enfermeira e ela, moi amable dime que pase. os habitantes andan na súa hora hora libre, nunha sala xogando ás cartas, ao pim pom, facendo rosas con papel dese raro. e eu por alí medio acojonada esperando por Ro. véxoa saír dunha habitación toda guapa, unha muller que disfruta do que fai. sorrío. unha das petardas que ten por xefas mírame mal. agúantolle a mirada. a esta o único que lle mola é mandar e ter poder, sentirse máis ca os demais e humillalos. imos tomar un café. anda agobiada e algo cansa, a tipa esa só sabe darlle o coñazo. fálame do que ve ali todos os días. xente que dun día para o outro enferma, sen motivo, sen razón. así de repente. como se alguén lles botase unha maldición. totalmente irracional. a min o me fastidia e que son persoas, enfermas, pero persoas ao fin e ao cabo. non son animais. di ela seria. e eu penso que quizais sexan máis persoas que calquera de nós e menos animais. a razón é unha arma de doble filo. e cando a razón falla, cando a mente non vai… é mellor ter un cancer. de todas voume contenta para casa. eu nunca estiven nun psiquiátrico, pero si sei o que se sente cando estás caendo no abismo. eu podería ter sido calquera deles: alí había mozos e mozas de 15, de 20, xente nova con esquizofrenia, manías persecutorias, obsesións e ataques de ansiedade. eu tiven moita sorte. alguén me colleu da man xusto cando caía: Osiria. e pode parecer esaxeración, pero non. cando estás nel ou saes ou non saes nunca. non hai término medio nin equilibrio. se consigues saír del, do abismo, é mellor que nacer. é como resucitar. é como facerte de carne e óso das cinzas. cheguei contenta a casa. só eu coñezo realmente o valor da miña victoria. se non o viviches non podes saber de que che falo.

pola tarde vou ata o colexio para facerlle unha visita a Osiria. máis gordiña, con máis barriga, máis sorrinte e tranquila, máis nai que nunca. cóntame que onte cabreouse porque hai un para de GILIPOLLAS no meu colexio que se adican a complicarlle a vida a nenas de quince anos con crises de ansiedade. igual que como fixeron comigo. se hoxe volvese a ter eses 15anos en vez de calar teríalles cuspido na cara a esas amargadas de merda que só querían cotillear. aínda que me expulsasen. cóntolle o de Eme e rise. opinións para todos os gustos. así me gusta, que todos me coiden, pero decido eu.
o mércores soñei que tiña un accidente de coche, que morría. soñei co instante no que sabes que vas morrer, que todo se acaba. era como unha montaña rusa. o único que pensei foi: merda!! a carta, non lla mandei. o xoves soñei que corría os 100m nas Olimpiadas de China en menos de oito segundos. era a primeira vez que gañaba algo, que me sentía campiona porque nunca gañei nada nada vida, que tampouco é algo tan importante, pero é unha sensación que me gustaría experimentar. esta noite soñei que estando este xoves de marcha por aí viña el e me sacaba a bailar. a bailar pegados unha lenta. cousa que nunca fixen aínda. que me abrazaba a el e que me sentía segura. só ternura. e que sentía os latexos do seu peito contra o meu. o seu olor. todo el para min soa. espertei sorrindo cos primeiros raios de sol. o que teña que ser será.

Seal
Kiss From A Rose Lyrics

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya
Ba ya ha ya ah ah ah ah ah ba ba ya ya
ha ah ah ah ah ah ah

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya
Ba ya ha ya ah ah ah ah ah ba ba ya ya
ha ah ah ah ah ah ah
Verse 1

There used to be a greying tower alone on the sea.
You became the light on the dark side of me.
Love remained a drug that’s the high and not the pill.
Chorus 1

But did you know,
That when it snows,
My eyes become large and,
The light that you shine can be seen.
Chorus 2

Baby,
I compare you to a kiss from a rose on the grey.
…kiss from a rose on the grey.
Ooh,
The more I get of you,
Ooh……………….
Stranger it feels, yeah.
And now that your rose is is in bloom.
A light hits the gloom on the grey.
Inter

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya
Ba ya ha ya ah ah ah ah ah ba ba ya ya
ha ah ah ah ah ah ah
Verse 2

There is so much a man can tell you,
..there………………..woa…
So much he can say.
there’s so much inside.
You remain,
you…….
My power, my pleasure, my pain, baby
To me you’re like a growing addiction that I can’t deny.. yeah.
Won’t you tell me is that healthy, baby?
Chorus 1

But did you know,
That when it snows,
My eyes become large and the light that you shine can be seen.
Chorus 2

Baby,
I’ve…
I compare you to a kiss from a rose on the grey.
been………….. kissed from a rose on the grey.
Ooh, the more I get of you
…ooh………..the..
Stranger it feels, yeah
stranger it feels, …yeah.
Now that your rose is in bloom.
A light hits the gloom on the grey,
Bridge

I’ve been kissed by a rose on the grey,
…I’ve been…………………..I’ve…
I’ve been kissed by a rose
…been kissed by a rose on the grey.
I’ve been kissed by a rose on the grey,
…I’ve been…………………..I’ve…
…And if I should fall, at all
I’ve been kissed by a rose
…been kissed by a rose on the grey.
Verse 3

There is so much a man can tell you,
..there………………..woa…
So much he can say.
there’s so much inside.
You remain
you…….
My power, my pleasure, my pain.
To me you’re like a growing addiction that I can’t deny, yeah (L)
Won’t you tell me is that healthy, baby.
Chorus 1

But did you know,
That when it snows,
My eyes become large and
the light that you shine can be seen.
Chorus 2

Baby,
I’ve…
I compare you to a kiss from a rose on the grey.
been………….. kissed from a rose on the grey.
Ooh, the more I get of you
…ooh………..the..
Stranger it feels, yeah
stranger it feels.
Now that your rose is in bloom,
A light hits the gloom on the grey.

Yes I compare you to a kiss from a rose on the grey
I’ve……….been kissed from a rose on the grey.
Ooh, the more I get of you
…ooh………..the..
Stranger it feels, yeah
stranger it feels. …yeah.
And now that your rose is in bloom
aah-ee-aah…
A light hits the gloom on the grey
aah-ee-aah…
Outro

ba da ba da da da ah ya ya
ba da da da ba ba ee ah
Ba ya ya ba ba de ba da da da ah ya ya

Now that your rose is in bloom,
A light hits the gloom on the grey.

P.D. ah! e hoxe regaláronme unha estrela fugaz para que pida un desexo… que vou pedir?

persoal15 Nov 2005 09:22 p.m.

onte pola noite. rematando de cear mentres me devora o virus da gripe e moqueo sen parar. soa o timbre. Evita non é pq non chega ata as dez e ten chave. era Amir cun amigo que viña de visita sorpresa para invitala a tomar algo. abriulles Pau pq eu estaba recollendo na cociña. entran e sentan. volve Pau para a cociña e decido ir a saudalos. vou polo corredor, entro e ENTÓN o tempo para, o meu corazón pega un bote de 60m, mataría por ver a miña cara. esquézome de TODO por arte de maxia, xusto como eu quería. e unha frase que alguén me susurra moi docemente ao oído: acabas de namorarte. gústame e iso gústame. unha montaña rusa nunha milésima de segundo en 21 anos e en pouco máis de metro e 55. un xiro de 180º, un cambio no rumbo. chega Evita e lévannos a tomar unha cervexa por aí. póñome nerviosa aínda que nin se note, fago un pouco o parvo e falo moito. voume contenta para cama, pero coa sensación de que agora teño un disfraz que me custa quitarme.
o único que sei é que é un Samurai, que é tímido e que dá clases de Aikido arriba. e algunha sorpresa.
o único que sei é que hai máis peixes de colores neste Océano Pacífico.
P.D: Son unha esaxerada, xa o sei
persoal14 Nov 2005 06:49 p.m.

despois de incubar, agora os virus son donos do meu ser. a resaca da miña alma aínda dura e unha envexa sanguinaria e inocente que me persigue como unha cirrose no fígado. drógome (fumando). olores. bebo. acaricio sen acariciar. bico e amo. dime que me queres, encántame. iso dáme azos. respiro. sobrevivo. San Teleco, paso de TODO. convénzome a min mesma de que son alucinacións miñas. créome a miña mentira. salto, bailo, fumo. estou soa comigo mesma. vou. veño. volvo. o tempo párase nun segundo para min. párase. busco aos ollos que me buscan e me confesan que é mellor que me rinda. tíos guapos. míranme. son incapaz de achegarme. o meigallo que me botaron é máis forte ca min. hai un burato negro no espazo/tempo. marcho do cuvi. collo un bus. esquecinme das miña nenas?!!!págolle ao conductor. báixome da miña parada. esperto. abro os ollos, estou no medio da rúa sen saber como cheguei. abducíronme? secuestráronme? que pasou neses 45 minutos da miña vida? hai unha mensaxe no meu móbil: Síntocho, intentámolo, pero non houbo resultados… non podes esquecer.

sábado pola noite. por milésima vez vexo que a miña intuición nunca me abandona. recordádeme que este ano xogue á Lotería de Nadal, que seguro toca. os recordos inexistentes téñenme amolada. todos me ven cara de borracha, non deixan de invitarme. alcohol na ferida, aínda que pique. vólvome a confesora de Cholo. escoito. Arnoia que me come cos ollos. eu o único que quero é bailar e esquecer. bailo. calquera cousa. marchamos e parece que por fin me vou atrever a mirar aos ollos. nunca me cres cando che digo que te quero. Cholo flipando. sei o que pensa aínda que non o diga. como é que non me dou conta das cousas? a rabia de saber que nunca expreso con claridade, en voz alta, sen chorar, sen medo e mirando aos ollos todo o que sinto. unha deficiencia coma outra calquera.

Ro chamoume o domingo. non paro de esbirrar e moquear. estou enferma, nada que non cure o tempo. durmo tranquila. xa atopei a *música, a película, o libro e o final para a miña historia. hoxe saiu o sol rabioso e da igual que me coman o xermes. sorrio.

hoxe sei que facer co que non digo

*(pinchar en Facinado e escoitar)

persoal08 Nov 2005 08:55 p.m.
Agora dóeme máis do que pensaba. Ou quizais só é a dor do que nunca foi. Non é unha pantasma, é un zoombie e vén a reclamarme que o resucite.
Pero ti non estabas morto??
Que se fai co Amor que morreu e que agora che pide Vida? Que fago? Atorméntame en soños. Ensíname o que puido ser e iso enveléname. Fíreme tanto que non me atrevo a mirar dentro da ferida. Agora xa é tarde e seino, moi tarde. A xente sempre pensa que odio que me mintan por orgullo. En realidade non é orgullo, é confianza. Do xeito que el me mentiu e me enganou, sempre coa mesma dozura, agora só penso que todos faran o mesmo. Se alguén que me quería tanto non mo dixo, porque non vai pasar o mesmo cos demais? De que cona serviu que non se deixase querer?? NADA. De que me serviu a min? A pregunta flota no aire. Respíroa. Fíreme. Mátame lentamente. Nese momento xa non sei se me doe a cabeza o corpo ou que. Érgome. Maréome. Tropezo e aínda non sei como non caio escaleiras abaixo. Vou coma un foguete para o baño e vomito. Unha arcada e todo para fóra. TODO? Non. Quero chorar e non podo. Non o entendo, nunca o entenderei. Deillo todo, absolutamente todo: o corazón, a alma, a fe, a complicidade, a confianza, a amizade, o corpo. Pero el só se quedou co que lle conviña naquel momento. Non necesitaba máis. Calquera no meu lugar non llo tería perdoado. Xamais. Eu si. Póñome na súa pel e sinto o que el sentiu. Non o xustifico, non ten xustificación. O medo nunca é unha escusa. Son incapaz de entendelo. Pero si que podo sentilo. E iso chégame para perdoalo, aínda que vaia contra min mesma. Se eu tivese unha miga de orgullo…
Creo que non son tan forte como sempre pregonei. Tan só son un Corazón que ama, que amou. Escribo para non chorar, para que as pantasmas non me ataquen mentres intento seguir soñando, porque sei que non vai haber ninguén para protexerme esta noite, nin as próximas. Son débil, unha idota tola que se namorou e o deu TODO. Intento non mentirme, SEI que volvería a facelo. SEI que o farei. Non podo evitalo, NON quero evitalo. Son coherente, confío na xente que quero, aínda que non sempre o merezan, ou o demostren, ou o queiran. Aínda que eu desconfie de tonterías. É así. É a puta verdade. A min non me asusta, o que me acojona son os demais. Sempre ma negan. Ao final, sempre é o que di o meu Corazón. SEMPRE.
Por fin me cachan nunha mentira e voume a casa coa conciencia tranquila. Con iso chega. Non razono, non atendo nin entendo razóns. Paso do que está ben ou mal. Cholo pregúntame: Ti andas rara, algo che pasa. E xa van dous. Non sei de que me queixo, os do Titanic non viron o iceberg ata que se estrelaron contra el.

La casa por el tejado

Ahora si, parece que ya empiezo a entender
Las cosas importantes aquí
Son las que están detrás de la piel
Y todo lo demás….
empieza donde acaban mis pies
después de mucho tiempo aprendí
que hay cosas que mejor no aprender.

El colegio poco me enseño…..si es por esos libros nunca aprendo a:

Coger el cielo con las manos
a Reír y a llorar lo que te canto
a Coser mi alma rota
a Perder el miedo a quedar como un idiota
y a empezar la casa por el tejado
a poder dormir cuando tú no estás a mi lado

menos mal que fui un poco granuja
todo lo que se me lo enseñó una bruja

Ruinas…. ¿no ves que por dentro estoy en ruinas?
Mi cigarro va quemando el tiempo,
tiempo que se convirtió en cenizas

Raro!! …. no digo diferente digo raro!!
ya no sé si el mundo está al revés
o soy yo el que está cabeza abajo

El colegio poco me enseñó….
si es por el maestro nunca aprendo a:
coger el cielo con las manos…..

persoal05 Nov 2005 01:56 p.m.
cámbiome de roupa e saio de casa. aínda teño tempo. baixo por urzáiz pensando que non é normal ter celos do que non se ten, ou iso din. levo cara de asasina. seino e paso de cambiala. cruzo e de reollo vexo unha cara pilla que planea facerme unha broma. o Kamikace saúdame sorrindo. devólvollo sorriso. el non o sabe, pero acaba de facer un milagre. despedímonos e sigo cara a estación. aínda me sobra o tempo. deambulo por alí ata que chega o tren con Quela moi guapa cargada con roupa para durmir. pillamos unha piza no super e unha sangría de cartón que resultou ser veleno puro. presentacións e demais. ceamos. cambiámonos e marchamos sen rumbo fixo. por fin me esquezo de todo e raláxome. atracamos no Máis pa Lá. licor de mora. mudámonos ata o Bartolo. aténdenos Sergio Dalma. babeamos e pedimos. ronda de licor café e despois ronda de ron. animámonos. Quela vai polo aire. eu empezo a levitar. non te dou emborrachado. un loiro de cara rara que me mira. parece bo rapaz. quen diga que non lle gusta que lle anden detrás do cu é un hipócrita. seguimos falando e bromeando. invítome a máis licor café. estou serena, tranquila. saboreo ese momento cunha amnesia parcial que me libera. e música do oitenta. que hora é? xa van sendo horas de preparar o ataque final a Churruca. saco móbil e quédome dunha peza. isto non pode ser. quen é? minto. marchamos para alá. non fai frío ou se o fai eu non me entero. Quela vai boa. eu mellor, foder, non hai maneira contigo, que aguante tes! o que pasa é me estou volvendo de pedra. chegamos á iguana. maduros, frikis e demais. unha cerveza. falamos. parece o día internacional da filosofía persoal. volve a repetirmo e cedo, créomo.

ti es pura, pero os demais non. ti confías na xente ao 100%. dálo todo. es especial. os demais son covardes e ti non. e deberías ter coidado porque así aínda che quedan moitas que recibir.

sei que ten razón. hai anos que escollín ser así. hai moitos. creo que xa non sei vivir doutra maneira. pídolle un abrazo, é o único que necesito nese momento. a ti pásache algo e non nolo contas. sorrío. nada. iso é o que pasa, que non pasa nada. mudámonos para o Vademecum. as rúas están desertas. Fernando deixa de pinchar e vén a saudarnos. pedimos dúas cervezas. invítanos e eu fúgome para o baño. mírome no espello. saio. Quela cóntame segredos e eu intento entendela. marchamos para a rúa onde están o soho e os demais. atópome cuns de clase que veñen de festa oitentera. pregúntolles pola Ninfa. entran no Rass e nós detrás. a Gafas Escuras gústalle Chaplin. creo que lle molestou que eu bromease con el. vanse e non nos din nada. volvo ir ao baño. non hai ninguén. parece que as paredes me din aquí tiñades que tervos enrrollado. finalmente marchamos para casa. eu durmo no sofá e Quela na miña cama. marcha as oito e pouco para coller o tren a Pontevedra. érgome a unha. como, recollo, fago o macuto. hai un sol precioso cando saio de casa para coller o bus. lámeme a cara e bícame no pescozo. mentres espero polo bus saco o libro e leo:

O aroma do alento recoñécese soamente cando existe unha relación directa entre o corazón e a alma, só se recoñece cando dúas persoas se aman dende sempre, dende antes de intercambiar as miradas. Só se recoñece cando dúas alma están atadas por un cordón umbilical. Eu recoñecería o teu alento entre mil.
métome no bus con esta sensación aínda recente no nariz. nin que escribise eu. quédome durmida. chegamos a ou. Quela e Catuxa chegan media hora máis tarde e xusto depois papá e mamá que veñen a recollernos. xa son as sete e media. deixo as cousas e voume disparada a bucar a Ro. falo e falo sen parar. o móbil volve pitar. isto non pode ser. despídome e volvo a casa. temos a calefacción estropeada no edificio. métome en cama cedo, ando cansa. abrázome a un corazón de mentira por ver si se me pasa a resaca.
persoal05 Nov 2005 01:45 p.m.
ninguén o sabe, pero é verdade. o xoves fun ao hospital. farta de darlle palizas ao corazón, farta de que non me faga nin puto caso, nin a min, nin a Osiria. farta de escoitalo en cada esquina tocando co violín unha melodía que se está volvendo a miña banda sonora particular. despois de que se me rebele en soños e de que me esperte dun sobresalto, por fin me decido a ir a urxencias.

Que ten?
Problemas co Corazón, non me fai caso…

Alucino porque en menos de cinco minutos xa me están atendendo. Carallo, non sabía que aquí a sanidade fose mellor que en Ou. penso xusto antes de que me metan dentro e de que apareza unha médica que se parece peligrosamente a unha personaxe dunha serie de televisión. daquela comprendo que estou dentro dun soño.

Eu quero que me fagades esquecer.
E se sae mal? E se despois te arrepintes?
Dáme igual… teño que facer algo xa. É que me doe.

a médica non me fai caso. trae algo escrito nun papel. sorrí, dáme o papel e un bico na fronte.

Vaite a casa, es máis forte do que pensas.

abro o papel:

Todo o mundo ten que aprender algunha vez… que quizais esa persoa non era a adecuada, a non perder o amor propio nunca, a non reprochar, a dicir adeus a cousas ás que lle quere dicir ola e no fondo a pasalo mal. E despois, sempre volver a empezar.

camiño para casa. esperto e abro os ollos.quedeime durmida co mp3 acendido.

Tienen miedo del amor y no saber amar,
tienen miedo de la sombra y miedo de la luz.
Tienen miedo de pedir y miedo de callar,
miedo que da miedo del miedo que da.

Tienen miedo de subir y miedo de bajar,
tienen miedo de la noche y miedo del azul.
Tienen miedo de escupir y miedo de aguantar,
miedo que da miedo del miedo que da.

El miedo es una sombra que el temor no esquiva,
el miedo es una trampa que atrapó al amor,
el miedo es la palanca que apagó la vida,
el miedo es una grieta que agrandó el dolor.

Têm medo de gente e de solidão,
têm medo da vida e medo de morrer,
têm medo de ficar e medo de escapulir,
medo que dá medo do medo que dá.

Têm medo de ascender e medo de apagar,
têm medo de espera e medo de partir,
têm medo de correr e medo de cair,
medo que dá medo do medo que dá.

O medo é uma linha que separa o mundo,
o medo é uma casa aonde ninguém vai,
o medo é como un laço que se aperta em nós,
o medo é uma força que não me deixa andar.

Tienen miedo de reír y miedo de llorar,
tienen miedo de encontrarse y miedo de no ser,
tienen miedo de decir y miedo de escuchar,
miedo que da miedo del miedo que da.

Têm medo de parar e medo de avançar,
têm medo de amarrar e medo de quebrar,
têm medo de exigir e medo de deixar,
medo que dá medo do medo que dá.

O medo é uma sombre que o temor nao desvia,
o medo é uma armadilha que pegou o amor,
o medo é uma chave que apagou a vida,
o medo é uma brecha que fez crecer a dor.

El miedo es una raya que separa el mundo,
el miedo es una casa donde nadie va,
el miedo es como un lazo que se aprieta en nudo,
el miedo es una fuerza que me impide andar.

Medo de olhar no fundo,
medo de dobrar a esquina,
medo de ficar no escuro,
de passar em branco, de curzar a linha.
Medo de se achar sozinho,
de perder a rédea a pose e o prumo,
medo de pedir arrêgo,
medo de vagar sem rumo.

Medo estampado na cara
ou escondido no porâo,
medo circulando nas velas,
ou em rota de colisâo.
¿Medo é de deus ou do demo?
¿É ordem ou é confusâo?,
o medo é medonho,
o medo domina,
o medo é a medida da indecisâo.

Medo de fechar a cara, medo de encarar,
medo de calar a boca, medo de escutar,
medo de passar a perna, medo de cair,
medo de fazer de conta, medo de iludir.

Medo de se arrepender,
medo de deixar por fazer,
medo de amargurar pelo que nâo se fez,
medo de perder a vez.
Medo de fugir la raia na hora h,
medo de morrer na praia depois de beber o mar,
medo que dá medo do medo que dá.

(tienen miedo de la soledad
tienen miedo de la vida y miedo de morir
tienen miedo de quedarse y miedo de escapar
miedo que da miedo del miedo que da

el miedo es una raya que separa el mundo
el miedo es uan casa donde nadie va
el miedo es como en lazo que se aprieta en nudo
el miedo es una fuerza que me impide andar)

(tienen miedo de caer y miedo de avanzar
tienen miedo de amarrar y miedo de romper
tienen miedo de exigir y miedo de pasar
miedo que da miedo del miedo que da)

(miedo de mirar el fondo
miedo de doblar la esquina
miedo de quedarse en la oscuridad
miedo de pasar en blanco
de cruzar la línea
miedo de encontrarse solo
de perder las riendas la pose y el equilibrio
miedo de darse por vencido
miedo de vagar sin rumbo
miedo estampado en la cara
o escondido en los sótanos
miedo circulando en las venas
o en ruta de colisión
¿el miedo es de dios o es del demonio?
¿es orden o es confusión?
el miedo es un monstruo
el miedo domina
es miedo es la medida de la indecisión

miedo de arrugar la frente miedo de encarar
miedo de callar la boca miedo de escuchar
miedo de poner la zancadilla miedo de caer
miedo de hacerse a la idea miedo de ilusionarse

miedo de arrepentirse
miedo de dejar para después
miedo de margarse por lo que se hizo
miedo de perder la vez

miedo de salirse de la raya
en el momento definitivo
miedo de morir en la playa
después de beberse el mar
miedo que da miedo
del miedo que da)

persoal01 Nov 2005 12:07 p.m.
despois de dous días agochada na miña cova decido saír a respirar á cidade e humidade. o aire na miña cara revíveme. sorrio. estou en casa, este é o meu reino. vou polo Paseo. luces e nenos en carriños que miran o cara o ceo buscando algunha estrela que os ilumine. parellas entradas na madurez que se miman sen présa. velliñas que cotillean na esquina sen maldade. vou cara o centro comercial. métome en tendas e namórome dunha gabardina negra. próboa. parezo outra diante do espello. véñenseme á cabeza as súas palabras:
“mírate no espello. o 90% das mulleres pagaban por ser ti”.
pregúntome se será verdade. e por fin vexo á muller que son. sorrí dende o outro lado. a ver cando me deixas saír do espello. volvo para casa. xa son horas de dar guerra. Lisboa non foi un espellismo. vamos a conquistar a realidade. hai luz no faro.