alguén me cambiou os ollos. quitarónme os meus e agora vexo con outros. todo empeza a transformarse diante miña e outra vez volvo a ter ganas de aumentar as fronteiras do meu reino. fago viaxes cara o pasado. realismo máxico. revivo Lisboa e comprendo que quizais perdín algunhas cousas por gañar outras. paisaxes do meu corazón que outros pintaron para min. pintura abstracta.
namoreime no bus. el tamén se namorou de min. un só instante e despois perdino para sempre como di a canción. o conto xa é vello. o xoves volvín a caer na trampa do meu astigmatismo. corro, escapo del. son un trebón que corre sobre raios contra a terra. vendinlle unha vez máis os meus bicos a non sei quen. biqueino coa furia dos mares buscando o que ninguén me dá. e por un momento conseguín enganarme a min mesma. espertei co acabouse tatuado na miña lingua.quero amor de verdade, dalo e recibilo. volvo a casa con bea nun bus directo cara o monte. quédome frita no sofá, a miña vida social deu un xiro de cento oitenta graos e agora tócame saír aínda que estea morta. unha casualidade e un principiño from vigo atópame falando coas miñas nenas. a vendima e bo rollito. son a súa guía polo meu reino. o sábado fúgome con nai, tío e avoa a Fontes. sigo a ser unha nena que se sente torpe por non saber facer as cousas da aldea. son a nena que se durme despois de comer. logo, á noite fúgome coa miña Catuxa, recollemos a Ro e aterramos para ver gatos saltando por Lalín adiante. fumo recordos e letras. fai frío, pero non me importa. sorrío. estou ben e encántame. domingo, comida familiar. volvo á cidade dos segredos con novas pilas. hai cousas que morren. outras comezan. creo que non nada como o olor do aire cando te ergues do chan. ás veces a forza da realidade/gravidade non me impiden facer imposibles.
chúzame -