Setembro 2005


persoal29 Set 2005 03:59 a.m.

non
non
podo cambiar
non
non
menten os espellos
non
non
engánanme?
non
non
a min
non
non

dáme paz coa túa man

o ser humano
animal egoísta
todo ten máis quere
racional?
de tanto pensar tornouselle mudo o corazón
nada sabe
mais todo quere saber…
e cando a verdade se lle aparece o único que fai é fuxir dela

dáme paz coa túa man

o avión esnafrouse e eu con el
asasinei á nena que fun
devoreina coa miña rabia
enferma de medo
ao meu corazón cosinlle os beizos coa dor da renuncia
morta en vida
á que quixeron salvar
mordinlles sen querer evitalo
cadela rabiosa sen dono
as feridas dos meus aínda hoxe non cicatrizaron…
tola??
salvaxe

dáme paz coa túa man

fun o meu propio inferno
queimeime no meu propio lume
fun nada
pero o ave fénix sempre renace das súas cinzas
das miñas miserias…
peor que a tolemia é a desesperación
tola
salvaxe
soñadora
irracional

dáme paz coa túa man

para que amar cando todo está perdido?
loitar por unha lingua que morre?
non dignidade
non orgullo
loitas porque amas a lingua que morre
amas porque vivir é amar

dáme paz coa túa man

vivo porque si
vivo porque non
si
non entro
saio
e xamais pecho a porta
collo a mochila e bótome a andar
tantas xentes, tantos momentos
acougar?
xa vou cansa
cheguei a compostela e tombeime bocarriba no Obradoiro
as torres abrazaban o meu corpo magoado
marchei de esmorga pola cidade dos meus soños
e falei coa pedra sabia na lingua de Deus

dáme paz coa túa man

quemáistenseestouaquíparaescribirsalvarlleavidaaalguénvivirmorrerouparanada!!

acougar…? máis non me pidas que me pare a pensar
dóeme a alma se o fago
só quere sentir o mundo dentro do meu corpo miúdo
contemplalo e abrazarse a carballos e castiñeiros de ducias de anos
pechar os ollos sen soñar

dáme paz coa túa man

vivo porque si e porque non
si
sen sentido
inútil
prescindible
si
mais…
vivo para min
e só vou en busca de pequenos anacos do paraíso
MOMENTOS que lle dan sentido a todo o que vivín
ti tamén tes que te-los…

dáme paz coa túa man
vivir
morrer
non-vivir
cal é o teu?

dáme paz coa túa man

non hai volta atrás
se vives terás que
atopar o equibrio entre todo o inmellorable e todo o noxento
da vida
do mundo en que vives

dáme paz coa túa man

tiña unha ilusión
loitei por ela
e cando xa era miña
alguén berrou: “aínda non!!”
cortaron as miñas mans para roubarma
tiven que aprender a escribir coa boca e co corazón
eu si coñezo eses dentes sanguinarios
a dúbida do corazón malferiro…
que porta?cal?
porque aínda non a vin
acougo e penso
que xa non sei rendirme
terían que matarme para impedirme seguir a loitar
e soño de novo
pero ben sei que moitas veces é máis difícil
crer
no que a alma soña
que estar a soñar

dá-me paz coa túa man

abrazar
amar
rezar
cantar
aguantar
soñar
andar
escoitar
viaxar
chegar
falar
acougar
axudar
procurar
preguntar
atravesar o ar… así son eu guerrilleira

na carteira aínda conservo o carné de cando estiven toda
e se procuro o fin da miña existencia é porque
eu xa me atopei a min mesma

porque queres que acougue?
xa te rendiches?
quen te feriu que xa non confías?
porque non queres que atravese esa porta que non coñezo?

(((sénteo!)))

dá-me a paz coa túa man, Guerrilleira, para que acougue

persoal27 Set 2005 06:58 p.m.

hai algo que nunca probei. creo que sería quen de morrer por un só bico de amor. só un. non pido máis. que se sentirá? que pasa cando a túa pel xa non é a túa pel e non che pertence?? que pasa cando te mesturas con quen queres? QUE SE SENTE. e un arrepío percorre as miñas costas de Norte a Sur como se fose un furacán. eu só quero sentir amor, porque teño moito amor que dar. máis do que ninguén se atreve a imaxinar. máis do que me atrevo a confesar. e quero, necesito recibir amor. AMOR con maúsculas. que me miren e me fagan tremer. quero o que intúo aínda que nunca o vivise. veña de onde veña, de quen sexa. tal e como están os tempos despreciar a felicidade veña de onde veña é un delito polo que deberían dar cadea perpétua. quizais por iso me asuste tanto. e aínda que só sexa por hoxe, non o vou negar. todo é cuestión de tempo.

Come on hold my hand,
I wanna contact the living.
Not sure I understand,
This role I’ve been given.

I sit and talk to god
And he just laughs at my plans,
My head speaks a language, I don’t understand.

(chorus)
I just wanna feel real love,
Feel the home that I live in.
’cause I got too much life,
Running through my veins, going to waste.

I don’t wanna die,
But I ain’t keen on living either.
Before I fall in love,
I’m preparing to leave her.
I scare myself to death,
That’s why I keep on running.
Before I’ve arrived, I can see myself coming.

(chorus)
I just wanna feel real love,
Feel the home that I live in.
’cause I got too much life,
Running through my veins, going to waste.

And I need to feel, real love
And a life ever after.
I cannot get enough.

(instrumental)

(chorus)
I just wanna feel real love,
Feel the home that I live in,
I got too much love,
Running through my veins, going to waste.

I just wanna feel real love,
In a life ever after
There’s a hole in my soul,
You can see it in my face, it’s a real big place.

(instrumental)

Come and hold my hand,
I wanna contact the living,
Not sure I understand,
This role I’ve been given

Not sure I understand.
Not sure I understand.
Not sure I understand.
Not sure I understand.

persoal26 Set 2005 01:52 a.m.

alguén me cambiou os ollos. quitarónme os meus e agora vexo con outros. todo empeza a transformarse diante miña e outra vez volvo a ter ganas de aumentar as fronteiras do meu reino. fago viaxes cara o pasado. realismo máxico. revivo Lisboa e comprendo que quizais perdín algunhas cousas por gañar outras. paisaxes do meu corazón que outros pintaron para min. pintura abstracta.

namoreime no bus. el tamén se namorou de min. un só instante e despois perdino para sempre como di a canción. o conto xa é vello. o xoves volvín a caer na trampa do meu astigmatismo. corro, escapo del. son un trebón que corre sobre raios contra a terra. vendinlle unha vez máis os meus bicos a non sei quen. biqueino coa furia dos mares buscando o que ninguén me dá. e por un momento conseguín enganarme a min mesma. espertei co acabouse tatuado na miña lingua.quero amor de verdade, dalo e recibilo. volvo a casa con bea nun bus directo cara o monte. quédome frita no sofá, a miña vida social deu un xiro de cento oitenta graos e agora tócame saír aínda que estea morta. unha casualidade e un principiño from vigo atópame falando coas miñas nenas. a vendima e bo rollito. son a súa guía polo meu reino. o sábado fúgome con nai, tío e avoa a Fontes. sigo a ser unha nena que se sente torpe por non saber facer as cousas da aldea. son a nena que se durme despois de comer. logo, á noite fúgome coa miña Catuxa, recollemos a Ro e aterramos para ver gatos saltando por Lalín adiante. fumo recordos e letras. fai frío, pero non me importa. sorrío. estou ben e encántame. domingo, comida familiar. volvo á cidade dos segredos con novas pilas. hai cousas que morren. outras comezan. creo que non nada como o olor do aire cando te ergues do chan. ás veces a forza da realidade/gravidade non me impiden facer imposibles.

persoal20 Set 2005 09:19 p.m.

foise o que sempre estivo. un abrazo e un sorriso sincero. o que el está a vivir agora xa o vivín eu hai un ano. porque hai 365 días eu xa andaba comezando a querer á cidade que o cambiou todo. só había moita ilusión na miña maleta. pero volvamos ao presente. exames e partidas de billar coa Ninfa. as pezas do quebracabezas empezan a encaixar, e para evitar que os meus ollos me enganen unha vez máis vólvome cega. o sábado de ruta con Dido e seu pai: un cabo, pozos e alba. de súpeto o universo enteiro párase a ver como unha loba se inclina a beber da auga do mar. o vento, o salitre, todo se pega á miña pel. respiro e pecho os ollos pensando que quizais non me importaría quedarme a vivir aquí para sempre. comida familiar. non hai nada como ver a cada persoa no seu hábitat natural. unha partida de trivial, non sei perder, pero tampouco sei gañar.
sábado pola noite e bébome a vida a pelo. xa non me does. e ríome. estou xusto onde quero estar. vou por rúas que non coñezo, un pub no que non deixan entrar a todos. arraso con todo. son un incendio de persoa. con todo, non bailo todo o que quero. agárrome de Arnoia de invítoo a un licor café. empezo a notar o cansancio, fallan as pernas. son as 9 cando volvo a casa. durmo todo o domingo. exame o luns. tomo algo con estes. felicitación de cumple pa Ro e eu que empezo a notar como queren volver as alucinacións, e digo eu… non será cousa da miopía??
unha peli para catro e varios descubrimentos. cines con encanto, unha historia (a miña en parte), unha confesión-broma: “é que me pos nervioso!”. arnoia non se decata de me dou conta, que curioso, sempre estiven eu do outro lado e agora… interesante. e por último, cara o final de todo nace unha idea. véxoa ante min e medra, medra, medra. a miña historia. andaba agardando por ela para escribila. o corazón aceléraseme. taquicardia. a peli ENCANTOUME. fúgome en dirección ao baño para que non mo noten. estou pletórica. xa teño unha montaña para escalar!! e empezo a buscarlle nome…

érgome relativamente cedo, o ruido das máquinas non me deixa durmir. acabo na alameda e cun regalo incrible que alguén deixou para min na fonte pequena. e xa posta vou ata o porto deportivo. que ten vigo que empeza a facerme esquecer doutras cousas? todo encaixa. só iso. estou xusto onde quero estar e de aquí ninguén me move. NINGUÉN

persoal19 Set 2005 01:48 p.m.

que as apariencias non enganen, non estou triste. estou tranquila. simplemente é que NON. que xa non necesito buscar a ninguén. abonda cun sorriso dos meus 🙂

Artista: Shakira
Album: Fijación Oral
Canción: No

No, no intentes disculparte
No juegues a insistir
Las excusas ya existían antes de ti

No, no me mires como antes
No hables en plural
La retórica es tu arma más letal

Voy a pedirte que no vuelvas más
Siento que me duelas todavía aquí
Adentro

Y que a tu edad sepas bien lo que es
Romperle el corazón a alguien así

No se puede vivir con tanto veneno,
La esperanza que me dio tu amor
No me la dio más nadie,
Te juro, no miento

No se puede vivir con tanto veneno
No se puede dedicar el alma
A acumular intentos
Pesa más la rabia que el cemento

Espero que no esperes que te espere
Después de mis 26
La paciencia se me ha ido hasta los pies

Y voy deshojando margaritas
Y mirando sin mirar
Para ver si así, te irritas y te vas

Voy a pedirte que no vuelvas más
Siento que me duelas todavía aquí
Adentro

Y que a tu edad sepas bien lo que es
Romperle el corazón a alguien así

No se puede vivir con tanto veneno
La esperanza que me dio tu amor
No me la dio más nadie
Te juro, no miento

No se puede morir con tanto veneno
No se puede dedicar el alma
A acumular intentos
Pesa más la rabia que el cemento

persoal17 Set 2005 02:11 a.m.


o reloxo de area que me trouxeron os Reis Magos
o muíño de bágoas salgadas
o cempés que trepaba polas mans do David

corazón, para que te quero se non me volves invisible cando quero?

outono nos ollos
o arco e a frecha cos que me cazaron
o lapis co que pedín perdón
o cume que ninguén pode alcanzar
o horizonte de antonte abrazado ó meu iris
o cabalo de circuítos informáticos co que atravesamos a chuvia de estrelas
a máquina do tempo que me trouxo a Sócrates
os brazos que me salvaron do furacán
os beizos de non sei quen que non me bicaron
a miña ilusión que xogou á lotería
(tocoulle)
a carreira que nunca comecei e acabei
o Juan Ramón que me escribe poemas
as dúas caras que todos descoñecen
guerras e atentados que son iguais
nove de noventa e tres
noventa e nove
dezanove
a porta que non fai falta que pechedes
o silencio das cousas que xa non hai que explicar
o mundo visto cos ollos de Deus
milagres que ninguén cre
a síndrome de abstinencia
pés espidos correndo polas catedrais
os navegantes que xa foron náufragos
norte e oeste que son un
(noroeste)
ceos azuis de tódalas cores
pianistas das palabras mortos en tempos de guerra

que é a Beleza?

o día que te encontres a ti mesma
será o máis feliz ou o máis triste
na parede dos aseos dun bar de mala morte
himnos urbanos tocados pola plebe das cidades
ouveos de lobos de mar
puños de astronautas que perderon amigos
alguén que se cola nos meus soños
noites de insomnio sen parar de soñar

qué sentes cando te namoras? pregunteilles

brillábanlles os ollos
e as ganas
as ganas de vivir en cada latexo
como a sede que non deixa camiñar polo deserto
perdida no Paraíso
atopada no Corazón

VIDA!!

nestes tempos que corren

persoal08 Set 2005 08:09 p.m.

INSTRUCCIÓNS PARA PEDIR UNHA TREGUA
Lume. Chamaron por min. Chamaron por todos. Aló arriba, por riba do campo de fútbol, só se vía fume negro. Había cousas que non encaixaban. Os meus brazos eran máis grandes, pero eu andaba moi ocupada como para reparar niso naquel momento. Fume. Suor. E algo de medo. Gústame o lume, a súa luz, o seu brillo, a súa calor, a súa forza. O lume é coma min, cando se descontrola e sopla o vento do Norte destrúe todo ao seu paso. Despois de nada serve pedir perdón. O incendio estaba gañándonos. Non había maneira con el, retrocedíamos cada vez máis. Ata que viñeron os avións e os helicópteros. Había que tombarse no chan para que non che partise as costas a forza da auga ao caer. Unha e outra vez. Eu pechaba os ollos e imaxinaba que estaba nos cons de Fisterra, de pé, esperando ata que unha ola viña e me tragaba. De repente sentir todo o poder do mar. Abro os ollos e volvo ao meu. Pouco de vida lle queda a este incendio. Cando acabamos eu marcho andando ata a Peroxa porque quero parar no Dorado a tomarme unha cerveza. Pasa o camión diante miña, todos volven contentos. Á altura do Colexio vexo a un grupo de nenos coas súas bicicletas que me miran como se eu fose un heroe. “E non tiveches medo?” Unha voz de nena. Ela está sentada nunha bicicleta rosa. Ten cara seria, aínda que non está enfadada. Desconfía da miña reacción. Sóname a súa cara pero non consigo recoñecela. “Bastante, pero alguén ten que facelo” Entón foi cando se baixou da bici, cruzou a estrada e me colleu da man. Quero que te quedes comigo Sorría. Eu non entendín nada. Apretoume a man, comezou camiñar. Se algún día lle poño lume a algo bonito quero que esteas alí para apagalo. Non quero destruir nada.

Esta mañá espertei co fume do incendio que se ve alá cara o Oeste e que onte non conseguiron apagar. Ás veces esquézome de que son eu a que ten que arranxar as cousas. Pido milagres, e o milagre son eu.

A PERSISTENCIA DA MEMORIA
Ourense. Sábado. 04:49 da madrugada.
Saio do Extravaganza con présa, con ganas de meterme en cama. A cabeza dáme voltas. Catuxa queda con Mané. Envexa, xa empezo a estar cansa de andar soa pola vida. Cruzo o Parque das Mercedes. Dous matados queren vir detrás de min. Baixo por Capitán Eloy ata a altura do Paseo. Collo por aí. A miña rúa preferida está preciosa tan baleira de xente e baixo a luz da lúa chea. Porque hoxe hai lúa chea. Pero eu non fun de caza. Paso, vou morrer de fame… Que poucas ganas de nada. Tiro por Xoán XXIII. Case me dan ganas de correr. Tamén baixo por Ervedelo e logo pola miña rúa, por Doutor Fleming. Chego ao portal, pero non teño ganas de ir para casa. Na cima da rúa hai barullo. O Rock Club, non mo penso dúas veces. Saúdo o porteiro e entro. Fume. Escuridade. Música dos 60. Hai un home maior sentado nunha das cadeiras. Xa leva un anaco a mirarme. Miro para el e parécese a…, pero non… NON PODE SER. Sorrí e vaise. Estou petrificada. Unha certeza que non me asusta invade todo o meu corpo. Era el, seguro. Saio do local correndo, alí está rúa abaixo. Estaba a agardarme. Eu case non podía respirar da carreira. Si, era el e os meus ollos non me enganaran. Estaba tal como eu o lembraba. Sorriume con aquel sorriso enfeitizante que tiña e eu lanzeime a abrazalo. Caíanme as bágoas unha detrás da outra pola cara. Non podía parar de rir. Si, era el. O olor, a pel. Meu avó acaricioume o pelo. Estás moi guapa así de loira, igual que cando eras nena. Eu non podía falar. Tan só quería abrazalo e retelo. Fose un soño ou non. Real ou non. Total, a fin de contas o que importa é que dunha maneira ou outra el estivo comigo e iso ninguén mo vai quitar xamais. Confía, Eli, ti confía. Sempre, escoites o que escoites, aínda que todo che diga que non. Fíate tan só dos ollos deles. Eses non menten, ademais que ti xa o sabes de sobra. Digan o que digan, fagan o que fagan, míralles aos ollos. Os ollos sempre din a verdade. Non o esquezas. Os ollos din todo o que a xente non se atreve a dicir. Non sei se encollín ou que pasou. Quedei durmida nos seus brazos, de pé, no medio da rúa, coa súa voz de viaxe por todo o meu corpo. Esa noite durmín como había semanas que non durmía. Cresme?

PAXAROS DE LISBOA
Eran dous. Viñan collidos da man e andando. Preguntaronme polo meu Castelo e leveinos ata el. Contáronme que na súa terra había unha lenda na que se contaba como nunha terra irmá, nun condado onde se ve o Miño, onde tres ríos se xuntan, onde todos os tolos andamos soltos, onde os curas se casan, onde os nenos aprenden a xogar sós e a conquistar o mundo a lomos das súas bicicletas, onde pola noites mires cara o ceo ou cara a terra só se ve un océano de luces brillantes; que alí había un castelo dende o que todos os agostos polo San Lourenzo, cando hai a chuvia de estrelas todas as madrugadas, se vía iluminada a capela da Virxe da Soidade. Viñan collidos man. Sempre veñen collidos da man. Por que será así todos os anos? Eu sorrinlles. Que se amaban, que non querían separarse xamais, que non querían estar sós,… Sempre me piden o mesmo. Esta vez non acenderon ningunha vela, e tampouco me trouxeron flores. Deixaron unha postal da miña cidade. Espero que aprendan que a vida é unha Soidade compartida.

BÚSCASE AO PRINCIPIÑO: SE RECOMPENSARÁ, QUEN TEÑA ALGUNHA PISTA QUE CHAME AO 600889806. PREGUNTAR POR AULTRE.
Rematou a obra de teatro. Todos nos aplauden. E están todos os meus. Adrenalina en vena, orgullo, alegría. Son a muller máis feliz do mundo. Abrázome aos meus compañeiros. Síntome como se acabase conquistar o Himalaia. É un momento que se volve eterno. Ábrense as portas da platea. Todos miran para atrás. Aí está cun sorriso de orella a orella. Bríllanlle os ollos. Atravésanme. Quéimanme. Son dous metereoritos que veñen directos a min. Cada vez máis preto de min. Non vexo, non escoito. Tan só queda o meu corazón latindo como se o fixese por primeira vez. E sei o que vai pasar pero esquézome. Bótase a camiñar mentres todos o miran estrañados. Salta e sube ao escenario. Eu non me movo. Non podo! Cólleme a cara coas mans e chegados a este punto é cando eu remato de derreterme porque o seu olor me inunda por completo. Porque non podo resistirme a eses ollos mestura de tantas cores: verde, marrón, azul, laranxa. Porque o tacto da súa pel erízame ata onde ninguén pode imaxinar. E bícame. Realidade e intensidade cabalgando a lomos dos meus glóbulos vermellos, facendo turismo dentro de min, namorándose de min e decidindo quedarse a vivir para sempre aquí.

THE HARDEST PART
Foi unha casualidade. O seu coche berroume e el andaba na terraza da cafetería cos seus amigos e un par de princesiñas. Sentín a forza invisible que me separaba del. Outro que pasa de min, porque é así como hai que chamalo. Outro máis. Doeume no orgullo. Ás veces creo que son víctima da miña propia inocencia. Sempre me fío do iris dos outros. E el tamén me mentiu, non se atreveu a achegarse a min. Ás veces pregúntome que é o que esperan de min os demais. Vou dando tombos unha e outra vez. Non o entendo, que fixen mal? Nada, como sempre. Todos tedes un escudo, unha máscara, algo que vos protexe dos demais e do resto do mundo. Eu non, para empezar eu camiño cos pés espidos. Por iso cada vez que dou un insignificante paso cara adiante me podo botar a chorar, porque hai días nos que me deixo a pel en todo o que fago e digo, porque me aprenderon a vivir así, sentindo cada pedra, cada gota de chapapote, cada herba, cada imperfección do chan, para sentilo todo. TODO. Ás veces creo que podo sentilo todo e a TODOS. Abonda se che digo que é verdade e non me pides probas para crerme? Ás veces prómetome que esta é a derradeira vez que me volvo a tirar á piscina de cabeza sen mirar se hai auga ou non. Que non volverei a buscar a ninguén, que xamais vou volver pronunciar un QUÉROTE e arriscar o pouco que teño. Que vou ser orgullosa e cumplir o papel da muller nunha peli de Hollywood: esperar. Ás veces ata mo creo. Pero non, a min sempre me gustou o papel de heroína (será porque nunca o fun), de Juana de Arco, sempre me gustou ir ao revés de todos. Completamente ao revés. Que lle vou facer se aínda penso que existe o príncipe azul feito á miña medida?! A resposta é unha soa palabra: soñar. Pero eu tampouco quero ser escrava dos meus soños e vivir de costas á realidade. O máis dificil é ese equilibrio. Ser realista. Creo que o conseguín a base de caídas. Unha e outra vez, un día tras outro. Escoitando ao meu corazón procurando ter a suficiente humildade como para non ignorar o que os meus me tiñan que dicir. O único que sei é que cada un vive a vida, e ultimamente o amor, como quere, como pode e en gran medida como o medo e/ou o valor llelo permiten. E sobre todo, que hai que respetalo. Mané ensinoume que o respeto éo que máis vale no amor. Se hai respeto non haberá traizóns nin infidelidades. É o máis grande que che poden regalar. É o mellor dun mesmo, o mellor que podes dar. Se non hai respeto, ao final todo será unha mentira.


CORRER, FACERME LIBRE

Sempre quixen vivir na Idade Media por iso viaxei no tempo ata o Ribeiro. Quixen traelos a todos comigo, non puiden, sempre se me deu moi mal a planificación de nada. Xudeus, ricos, pobres, cabaleiros, princesas que coleccionan pretendentes de todos os xéneros, taberneiras, xitanas, mercaderes, curas, monxas, borrachos, gaiteiros, príncipes azuis aos que lles gustaría mudar de cor do pelo, e eu co segredo collido da miña man. Roubeille o cabalo máxico do rei ao Mago dos Mil Sorrisos. Emborracheino con licor café e deixeino que me levase a onde quixese. Meteuse no Torneo para vacilar a tanto cabaleiro andante e falsos imitadores do Quixote. Eu quería correr n a carreira e non me deixaban.

Es demasiado nova
Non tes forza
Non se che vai dar ben
Podes caer
Os cabaleiros son mellores ca ti
O teu cabalo é pequeno, non vale para isto.

Escoiteinos. Calei. Íanme comezar a doer as malditas palabras. Non as deixei ferirme. Non, esta vez non. Collín o meu cabalo. Dinlle uns aloumiños, estabamos morrendo os dous por botarnos a correr. Esa vez non pedín permiso nin apoio, nin consentimento. Coloqueime no meu sitio e agardei. Respiramos e a volar!!! El corría e eu deixábame levar sen medo. Cada vez máis, máis forte. Tremía a terra ao noso paso. O animal e eu respirábamos á vez. Un sprint e gañamos. Ninguén podía crelo. Eu era libre. Berrei. Ouveei como os lobos. E cuspinlles as súas palabras. Estaban moi calados, estaban atragantándose co me dixeran. Algún quixo vir a felicitarme, xa se sabe, cando gañas…, pero eu afasteime. Collín o trofeo e fun directa cara a Raíña Osiria. Estaba moi sorrinte sentada nos seu trono collida da man do Mago. Ofrecinllo a ela por prestarme o seu cabalo para correr!. Chiscoume un ollo. Marchei correndo a celebralo coas miñas amigas. Alguén me preguntou de que coñecía eu a Raíña, que como conseguira que me deixara o seu cabalo. Acusábame cos ollos. Deume por rir. É A MIÑA IRMÁ, PARVO!

CERRADOS POR REFORMAS NO MES DE AGOSTO /CURAS DE AMOR PROPIO.
As cousas van cambiar. Están cambiando. Necesito que cambien, QUERO que cambien:

Vou escribir o que me pete e como me pete. Triste, alegre ou como me saia. A quen non lle guste que non o lea.

Vou pecar de egocéntrica e egoísta, porque nunca me consentín ese luxo.

Vou deixar de compracer, vou deixar de amoldarme, de ceder, e entender a todos. Voume dedicarme en corpo e alma a complacerme, a entenderme, axudarme, escoitarme, soñarme. A miña empatía toda para min.

“Non se che pode dicir nada” “Hai cousas que tes que cambiar” “Tes que facer isto ou aquilo”. Acabouse facer todo o que me din os demais e dubidar de min. Fe absoluta e cega, aínda que me equivoque. Teño os principios, as bases, xa está ben de deixar que outros decidan por min.

O pasado existe, o meu pasado existe, coñezádelo ou non, e para min importa PORQUE É A MIÑA VIDA.

Namórome de que me sae dos ovarios e a quen non lle guste que se morda a lingua e cale.

O mundo non é un lugar de color de rosa onde todo é chuli del paraguay. NON, nin negro, nin rosita, é gris. Son unha persoa REALISTA que sabe ver as cousas boas e malas (porque as hai gústenos ou non!) da vida. A quen lle guste ben, e a quen non mala sorte.

Se digo que podo sentilo TODO é porque é a puta verdade.

Gústame estar soa, son solitaria e iso encántame. Disfruto moito da miña compañía, non me asusta ir ao cine soa, ver unha peli e comentala comigo mesma. Non quero depender de ninguén, iso vólveme posesiva e celosa.

Necesitar a alguén non é querelo, é egoísmo. Chamar a alguén para compartir cousas cando non o necesitas, iso si que é QUERER.

Eu non lle regalo o meu sorriso a calquera, polo tanto se quero estar calada vouno estar. O meu sorriso vale tanto como unha estrela e moi poucos se atreven a buscar estrelas de noite. A eses dareillo encantada.

Son unha loba e voume comportar como tal. Que a ninguén se lle ocorra atacarme a min ou aos meus, porque mo como con patacas.

Xamais vou volver a idealizar a ninguén. Poucos o merecen e ninguén o valora. Vou deixar de namorarme de quen non o merece, voume namorar de min mesma, voume idealizar. Todo o que lle din a outros, TODO o meu amor para min.

Quen me queira hame entender e non me pedirá explicacións. O que me queira que me chame e que me busque, que me axude, que me comprenda. O que me queira que confíe en min cegamente sen pedir nada. O que me queira que me acepte tal e como son, que non me diga que teño que cambiar. Se teño un día triste que me faga sorrir ou que me dea un abrazo, que non me bote en cara que estou triste, PORQUE TEÑO DEREITO A TER UN DÍA MALO, con razón ou sen ela, porque ninguén está na miña pel e ninguén sabe NADA do que vivín nin do que sinto. O que me queira que me escoite e que non confunda as cousas. O que me queira que me perdoe as cousas pequenas. O que me queira non me vai criticar cando eu faga algo que non comprende, vaime apoiar. Quen realmente me quere non se vai enfadar cando lea isto; vai berrar cos brazos cara o aire: “Xa eran horas de que o fixeses!!!!”

Unha vez abandonei a unha nena, renunciei a ela polo resto do mundo, para que se sentisen orgullosos de min. E hai unha nena/muller de 15 anos que non mo perdoa porque ese é o erro máis grande da miña vida. O máis grande e non esaxero. Voume deixar a pel para que me perdoe. Voulle devolver todo o que lle quitei para darllo a outros. TODO para que me perdoe.

Esas dúas nenas son eu.

persoal04 Set 2005 07:37 a.m.

chamoume sofi e tiven que agocharme do mundo no meu cuarto. chorei e iso que non quería, que máis terá iso agora? algo se me partiu. e un medo feroz a que perdeses a túa inocencia. perdíchela? alma de nena de grande que se enfronta á realidade como pode. ninguén Te acusa, ninguén te culpa. tan só que non te rindas. non queres que vexamos chorar ou os estragos do mal. non queres, non podes, pero como facer para que a túa dor non che fira? e sei que é imposible. esta é das poucas leccións que terás que aprender ti soa. SOA. da morte ninguén pode fuxir. fainos humanos. lémbranos que non somos de pedra, que imos vivir nin tan sequera douscentos anos. como moito cen. e gracias!! asústame que esteas soa, non quero que probes esta clase de soidade porque quizais te marque para sempre. seino, intentarás protexer aos demais; quizais con túa nai dea resultado. pero quen te protexe a ti? QUEN? fuxirás, pero ninguén pode fuxir desta dor. da ausencia. quizais pasen días ou meses ata que a sintas. e estarás soa pq ninguén máis a vai sentir de igual xeito ca ti. aprenderás que simplemente é así. mentres uns se van outros comezamos a vivir en serio. que sentirás que lle vas ter que dar máis valor a cousas que antes apenas che pertubaban. “Lei de vida”, frase da que te fartarás ata máis non poder. ao final ata necesites estar soa para que ninguén sinta a túa dor. a min hoxe gustaríame ter a fórmula para que isto non che afecatase. mataría polo abrazo que che curase desta puñalada da vida. e simplemente sei que non o teño. por iso me quedo mirando dende lonxe. choro, quizais, sen ter dereito a facelo. porque ti non o farás. rézolle ao Deus do que ti hoxe máis que nunca desconfías, e pídolle tan só para que non esteas soa. onde vas? e esta madrugada vou ser ti. lémbrate de todos os Nadais, de cada un dos sorrisos, dos abrazos, das frases…, do amor. de TODO. por ti soa e para ninguén máis tes que aprender que hai cousas que nin a Morte che pode roubar. depende de ti, tan só de ti. se ti te lembras do teu avó, EL será inmortal para sempre. non o esquezas xamais.

quixen bailar e non puiden. veleno no aire. berrei no medio da discoteca. preguntoume o porqué un rubio de ollos azuis. “porque SI” fun taxante. algo me chamou dende a barra, era el, o Matadragóns. non o recoñecín ao principio, teño que recoñecelo. sorriume. estrañoume ata que me lembrei que a todos nos gusta ter a alguén detrás no noso cu. non hai nada que suba máis a moral. sorriume cómplice. pero manteu o seu papel de cabaleiro, de príncipe azul polo que hai que facer méritos. fun ao baño e cruceime con el. “sabes? estou triste, hoxe morreulle o avó a unha das miñas mellores amigas e non sei que facer”. miroume con xesto preocupado, como se puidese percibir todo o que eu sentín. en fin, que me canso de prícipes azuis que se disfrazan. hoxe, esta madrugada de sábado gastado, o único que quero é que non esteas soa, Dido. podes sentilo??

escribino nunha carta a Osiria:
“a Morte é a única que fai que nos comportemos como realmente somos, porque a ninguén deixa indeferente”.

É A PURA VERDADE!!

My life is brilliant.
My love is pure.
I saw an angel.
Of that I’m sure.
She smiled at me on the subway.
She was with another man.
But I won’t lose no sleep on that,
‘Cause I’ve got a plan.

You’re beautiful. You’re beautiful.
You’re beautiful, it’s true.
I saw you face in a crowded place,
And I don’t know what to do,
‘Cause I’ll never be with you.

Yeah, she caught my eye,
As we walked on by.
She could see from my face that I was,
Fucking high,
And I don’t think that I’ll see her again,
But we shared a moment that will last till the end.

You’re beautiful. You’re beautiful.
You’re beautiful, it’s true.
I saw you face in a crowded place,
And I don’t know what to do,
‘Cause I’ll never be with you.
You’re beautiful. You’re beautiful.
You’re beautiful, it’s true.
There must be an angel with a smile on her face,
When she thought up that I should be with you.
But it’s time to face the truth,
I will never be with you.