subíronme ao ceo e vin o mundo cos ollos de Deus. despois baixamos e camiñei quilómetros de area e sal. bebín augardente sentada nos cons da vila cun home que pescaba na súa dorna que me sorría. baileibaixo a chuvia, baixo a lúa a medio camiño do inferno, do purgatorio, do ceo. son unha ionqui e a falta da miña dose de amor e drogueime coa metadona dos bicos que non me enchen. volvínme de pedra por fóra, a miña pel é áspera e perde sensibilidade e tacto. nadei como se quixese ser unha balea que cruza océanos ata chegar a Alaska ou Terranova. poñen bombas e a min non me importa. falan e eu non escoito nada. quedeime sen tren e sen o abrazo de Santiago. peregrinos, guitarristas e concertos que non empezan. rescatoume a Ninfa. e volvo a casa e atópome cun castelo que é invencible e coa amnesia conducindo o coche novo mandándo telegramas.

ei!STOP. si. STOP. ti. STOP. déixa. STOP. que. STOP. te. STOP. olvide!!! STOP

a vida sempre me empurra a andar soa, xa me esquera diso. as circunstacias. as palabras. aquel que me salve desta soidade, só a ese lle darei a miña alma, só a el o buscarei ata o fin do mundo. só a el.

o demais son mentiras

Chuzame! chuzame -