tremía a terra e de debaixo do chapapote saían lobishomes xigantes. ouleban e eu con eles. o bocexo da miña alma.
AAAAAAAHHHHHHHHHH
voltei a soñar que estaba en Fontes. era outono e chovía, eu viña de buscar setas cos meus tíos e cunha garrafa de vidro chea de auga da fonte. a auga máis pura que xamais bebín porque nace do interior da rocha que ningún canteiro tocou co seu martelo e que é tan dura que conserva a auga fresca ata no peor dos verán. e eu quería baleirar a miña garrafa, a miña auga, pero non atopaba onde botala porque todo estaba mollado e cheo de auga. "aí!!" berrou un dos meus tíos. "non teñas medo" nun charco, mo medio dunha das abandonadas ruas, cun peixe de color intentando nada entre a merda que había alí. quiteille o corcho e comecei a botarlle toda a auga porque eu xa non podía máis, estaba cansa de andar con ela dun lado para outro e xa comezaba a esbararme das mans e eu tiña medo que rompese. o peixe mirome e sorriume. chiscoume un ollo e ía dicir algo xusto antes de que eu escoitase a Dido dende o meu cuarto "Eli! Que isto non imprime!"
hai algo flotando pola aire... hai algo que vén e vai. e hoxe volvei a comprobar que o meu é escribir. estou farta de dicirmo a min mesma: nacín para escribir. todo me vale, todo axuda. e aínda hai quen me di que a alma non existe... a alma non existe?? pois que me perdoen porque se eu só fose un cacho de carne, un corpo, un animal racional non escribiría. eu teño alma, hai cousas que están por riba de todo o racional. e non falo de relixión, de deuses ou de inmortalidade. hai cousas que non se senten cos sentidos, que case non se ven, nin se escoitan, nin se cheiran. son certezas e veñen de dentro, de moi adentro. da materia dos soños. hai cousas que só se poden sentir coa alma. que para iso está!
daba igual que o tipo me tocase, me mirase ou que fixese calquera cousa. fun un bloque de xeo. non podía encenderme, creo que por iso non apartei a súa man da miña perna. só para comprobar que quen manda no meu sexo é o corazón.
P.D: a guerra do mundos é unha merda!!
chuzame -