Xoela:

ninguén pode imaxinar como me sentín esta mañá. a agonía desta semana rematou e a despedida veu. xamais me abracei a ninguén como a ti. como cando de nena me abrazaba a un carballo. sabes que hoxe sentín o universo cando me abracei a ti? eu pensaba que si, pero non, o Eramus non colle nun abrazo, dixenlle a Dido morta de medo e con dúas bágoas cruzando a miña cara de Norte a Sur. Quérote, agora mesmo só se me ocurre escribilo. o teu cuarto completamente baleiro, xa non estás e a túa ausencia é un cancro contra o que non quero loitar. onte fuxiches para que ninguén vise como te emocionabas e Dido entrou sen chamar e cachoute. un abrazo ou dous, cantas cousas que non se poden dicir nin escribir!! e aínda con todo teño a impresión de que vas volver a Lisboa, e dáme medo saír á rúa porque sei que en calquera esquina pode estar a túa ausencia esperando para apuñalarme. e doe que xa non esteas AQUÍ. doe, doe. fáltame outro dedo, como vou escribir agora que non estas preto?? quen me vai dicir as cousas como son? que me vai coidar sen que eu me dea conta? e onte pola noite, a cámara grabando e eu tratando de dicirche cousas que mereces que che diga, pero que me impedían mirar de fite á cámara porque eu sabía que nunhas horas os teus ollos se cruzarían rompendo espacio e tempo. medo a que vises a toda a miña fraxilidade.

PERO, porque hai un "pero" e sei que este non che vai importar... PERO isto só é o principio de todo o que nos queda por vivir. no fondo estou contenta por todo o que compartimos xuntas. somos paralelas cruzándonos e descruzándonos, facendo maxia e negando as matemáticas. fixemos parte do camiño xuntas, parte da nosa vida. iso é o máis importante e para min é un dos grandes que o Deus no que non cres me fixo. e só por terte coñecido meréreceme a pena crer nel un pouco máis. eu quédome coa música, coas imaxes, coas verdades, cos teus sorrisos e e sobre todo cos abrazos. gracias por terme axudado a ser un pouco mellor!! vémonos, menina!!!

I'LL SEE YOU IN LONDON (XOEL LÓPEZ)

I wake up today
And again I have slept bad tonight
Why life is so cruel
Why the streets now seem so sad

But if you were here now baby
If you could feel my devotion
You could see how much I hate to say goodbye

It´s easy when you come
To feel nice, to feel stronger to fight
Is easy to relax myself And even be fun

But I avoid the time now
And I´m waiting for tomorrow
We both know very soon I´ll be by your side

I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London town

We´ll go to the clubs
Where I thought of you eighty two times
One time for each song, for each word
That I have said that night

Why can´t you be here now baby?
Why I have to feel so lonely?
Why the things with you are so different that now?

I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London town

Chuzame! chuzame -