Xullo 2005


persoal28 Xul 2005 01:23 p.m.

subíronme ao ceo e vin o mundo cos ollos de Deus. despois baixamos e camiñei quilómetros de area e sal. bebín augardente sentada nos cons da vila cun home que pescaba na súa dorna que me sorría. baileibaixo a chuvia, baixo a lúa a medio camiño do inferno, do purgatorio, do ceo. son unha ionqui e a falta da miña dose de amor e drogueime coa metadona dos bicos que non me enchen. volvínme de pedra por fóra, a miña pel é áspera e perde sensibilidade e tacto. nadei como se quixese ser unha balea que cruza océanos ata chegar a Alaska ou Terranova. poñen bombas e a min non me importa. falan e eu non escoito nada. quedeime sen tren e sen o abrazo de Santiago. peregrinos, guitarristas e concertos que non empezan. rescatoume a Ninfa. e volvo a casa e atópome cun castelo que é invencible e coa amnesia conducindo o coche novo mandándo telegramas.

ei!STOP. si. STOP. ti. STOP. déixa. STOP. que. STOP. te. STOP. olvide!!! STOP

a vida sempre me empurra a andar soa, xa me esquera diso. as circunstacias. as palabras. aquel que me salve desta soidade, só a ese lle darei a miña alma, só a el o buscarei ata o fin do mundo. só a el.

o demais son mentiras

persoal15 Xul 2005 12:36 p.m.

marcho para casa coa mesma sensación, coa mesma necesidade de cambiar que tiven cando fixen as maletas e me viñen para Lisboa. ben, non é a mesma necesidade, non é o mesmo desexo. este é distinto porque fixen realidade un dos meus soños. agora o único que quero é volver para casa e engancharme á vida, á miña vida de cartas, soños, casualidades e recordos. volver para engancharme a ela con toda a forza dos meus dentes, das miña gadoupas e chucharlle a ata o último alento de vida e carne. vouna devorar. e vou ser tan feliz con ela que cando a xente que me coñece de fai anos se asuste cando me vexa pola rúa, porque non me van recoñecer. porque a felicidade son momentos, pero eu vou facer maxia con eles e que se volvan días enteiros, semanas e mesmo meses. despois de Lisboa hai cousas que xa non me asustan. viñen a Lisboa para saber ata onde chegan os límites de todo o que son e amplieinos. son máis grande, e ainda vou ser máis grande. vivo nunha completa e contínua metamorfose. son un camaleón, un lince, un lobo, un peixe de color, unha tartaruga, unha bolboreta. si, un bicho raro. rarísimo. cando me coñeces descubres hai cousas de min que non entederás, estrañas; marabillas porque ao final todos se enganchan de min máis do que eu merezo. aínda me quedan moitas cousas por corrixir e cambiar, e en Lisboa conseguín facerme un mapa delas; non se me van escapar esta vez!

e xa non sei que máis dicir. a partida rematou e onte estiven chorando e hoxe xa non sinto melancolía. voume despedir da miña cidade como se dentro dunha semana fose a voltar e a quedarme para sempre, como se o Erasmus fose eterno e eu puidese enganala. unha despedida romántica na praia vendo como sae o sol. sei que algún día volverei e que todo será distinto, pero voume sorrindo porque creo que lle deixo o mellor de min. non queda máis que dicir. aos que se volveron un pouco ionquis deste blog, deste pequeno rincón do meu corazón, gracias, e que en setembro volverei a dar guerra con outro. moitas gracias por lerme!! perdoade que este post sexa unha merda, pero é que as despedidas non sempre son o meu

Adeus Lisboa, adeus miña amiga, nunca te esquecerei 😀

VOLARE

Pienso que un sueno parecido no volvera mas
Y me pintaba las manos y la cara de azul
Y me improviso el viento rapido me llevo
Y me hizo a volar en el cielo infinito

Volare, oh oh
Cantare, oh oh oh oh
Nel blu dipinto di blu
Felice di stare lassu

Y volando, volando feliz
Yo me encuentro mas alto
Mas alto que el sol
Y mientras que el mundo
Se aleja despacio de mi
Una musica dulce
Se ha tocada solo para mi

Volare, oh oh
Cantare, oh oh oh oh
Nel blu dipinto di blu
Felice di stare lassu

Pienso que un sueno parecido no volvera mas
Y me pintaba las manos y la cara de azul
Y me improviso el viento rapido me llevo
Y me hizo a volar en el cielo infinito

Volare, oh oh
Cantare, oh oh oh oh
Nel blu dipinto di blu
Felice di stare lassu

Volare, oh oh
Cantare, oh oh oh oh
Nel blu dipinto di blu
Felice di stare lassu
Pienso que un sueno parecido no volvera mas
Y me pintaba las manos y la cara de azul
Y me improviso el viento rapido me llevo
Y me hizo a volar en el cielo infinito

Volare, oh oh
Cantare, oh oh oh oh
Nel blu dipinto di blu
Felice di stare lassu

Volare, oh oh
Cantare, oh oh oh oh
Nel blu dipinto di blu
Felice di stare lassu

persoal09 Xul 2005 02:50 a.m.

tremía a terra e de debaixo do chapapote saían lobishomes xigantes. ouleban e eu con eles. o bocexo da miña alma.

AAAAAAAHHHHHHHHHH

voltei a soñar que estaba en Fontes. era outono e chovía, eu viña de buscar setas cos meus tíos e cunha garrafa de vidro chea de auga da fonte. a auga máis pura que xamais bebín porque nace do interior da rocha que ningún canteiro tocou co seu martelo e que é tan dura que conserva a auga fresca ata no peor dos verán. e eu quería baleirar a miña garrafa, a miña auga, pero non atopaba onde botala porque todo estaba mollado e cheo de auga. “aí!!” berrou un dos meus tíos. “non teñas medo” nun charco, mo medio dunha das abandonadas ruas, cun peixe de color intentando nada entre a merda que había alí. quiteille o corcho e comecei a botarlle toda a auga porque eu xa non podía máis, estaba cansa de andar con ela dun lado para outro e xa comezaba a esbararme das mans e eu tiña medo que rompese. o peixe mirome e sorriume. chiscoume un ollo e ía dicir algo xusto antes de que eu escoitase a Dido dende o meu cuarto “Eli! Que isto non imprime!”

hai algo flotando pola aire… hai algo que vén e vai. e hoxe volvei a comprobar que o meu é escribir. estou farta de dicirmo a min mesma: nacín para escribir. todo me vale, todo axuda. e aínda hai quen me di que a alma non existe… a alma non existe?? pois que me perdoen porque se eu só fose un cacho de carne, un corpo, un animal racional non escribiría. eu teño alma, hai cousas que están por riba de todo o racional. e non falo de relixión, de deuses ou de inmortalidade. hai cousas que non se senten cos sentidos, que case non se ven, nin se escoitan, nin se cheiran. son certezas e veñen de dentro, de moi adentro. da materia dos soños. hai cousas que só se poden sentir coa alma. que para iso está!

daba igual que o tipo me tocase, me mirase ou que fixese calquera cousa. fun un bloque de xeo. non podía encenderme, creo que por iso non apartei a súa man da miña perna. só para comprobar que quen manda no meu sexo é o corazón.

P.D: a guerra do mundos é unha merda!!

persoal07 Xul 2005 07:07 p.m.

hoxe empeza o festival e aínda que este ano non podo ir pq estou aquí, como tampouco estiven nas festas da Peroxa, teño que admitir que non me importa nin me doe; NON HAI NADA COMPARABLE A ESTES MESES EN LISBOA. xamais vin tal marabunta de xente nova nunha vila. era o caos perfecto. liberdade, era o que se respiraba. corpos e corpos chamándose e atraéndose como se todos estivesemos en época de celo. agora seino, calquera cousa podería ter ocorrido alí. a carne chámame. incítame. búscame. son unha loba e teño fame. volvo a ter fame. e non me daba conta pero é que aínda non probei os beizos dos galegos!!! vai arder Troia cando volva a casa. é unha das promesas que me fixen hai anos cando era o patito feo. e total, xa o sei, é vanidade, pero un pouco non lle fai mal a ninguén. en pequenas doses, claro. hai homes que teñen unha débeda moi grande comigo. si, xa sei, tamén é algo de vinganza, é que no fondo eu tamén teño o meu orgullo. no fondo todo é por amor propio:”mírame ben porque é o único que che deixo facer”. pero antes de todo isto SÓ me resta unha cousa por facer en Lisboa. teño que acabar unha partida de xadrez que me ensinou tantas cousas sobre a vida e o amor que creo que xamis se vai volver a repetir, nin aínda que eu puidese gañar. si, definitavemente o meu son os retos e nin tan sequera o dubido. nin se me pasa pola cabeza que a vou a cagar a estar alturas do conto. facer cousas nunca fixen dáseme bastante ben.

Xoela
pola Galiza e Dido e eu conectadas como drogadictas ao messenger. non sei cal das tres ten máis morriña. a casa sigue igual de sileciosa que cando se foi e o seu cuarto pechado a cal e canto. en parte mellor así porque se me facía moi duro velo completamente baleiro. outro dato, dende que non está nin Dido nin eu poñemos a música a toda hostia na ducha. casualidade? outra manifestación máis da morriña e da melancolia á que xa me vou acostumando. xa non fire.

persoal04 Xul 2005 08:24 p.m.

Xoela:

ninguén pode imaxinar como me sentín esta mañá. a agonía desta semana rematou e a despedida veu. xamais me abracei a ninguén como a ti. como cando de nena me abrazaba a un carballo. sabes que hoxe sentín o universo cando me abracei a ti? eu pensaba que si, pero non, o Eramus non colle nun abrazo, dixenlle a Dido morta de medo e con dúas bágoas cruzando a miña cara de Norte a Sur. Quérote, agora mesmo só se me ocurre escribilo. o teu cuarto completamente baleiro, xa non estás e a túa ausencia é un cancro contra o que non quero loitar. onte fuxiches para que ninguén vise como te emocionabas e Dido entrou sen chamar e cachoute. un abrazo ou dous, cantas cousas que non se poden dicir nin escribir!! e aínda con todo teño a impresión de que vas volver a Lisboa, e dáme medo saír á rúa porque sei que en calquera esquina pode estar a túa ausencia esperando para apuñalarme. e doe que xa non esteas AQUÍ. doe, doe. fáltame outro dedo, como vou escribir agora que non estas preto?? quen me vai dicir as cousas como son? que me vai coidar sen que eu me dea conta? e onte pola noite, a cámara grabando e eu tratando de dicirche cousas que mereces que che diga, pero que me impedían mirar de fite á cámara porque eu sabía que nunhas horas os teus ollos se cruzarían rompendo espacio e tempo. medo a que vises a toda a miña fraxilidade.

PERO, porque hai un “pero” e sei que este non che vai importar… PERO isto só é o principio de todo o que nos queda por vivir. no fondo estou contenta por todo o que compartimos xuntas. somos paralelas cruzándonos e descruzándonos, facendo maxia e negando as matemáticas. fixemos parte do camiño xuntas, parte da nosa vida. iso é o máis importante e para min é un dos grandes que o Deus no que non cres me fixo. e só por terte coñecido meréreceme a pena crer nel un pouco máis. eu quédome coa música, coas imaxes, coas verdades, cos teus sorrisos e e sobre todo cos abrazos. gracias por terme axudado a ser un pouco mellor!! vémonos, menina!!!

I’LL SEE YOU IN LONDON (XOEL LÓPEZ)

I wake up today
And again I have slept bad tonight
Why life is so cruel
Why the streets now seem so sad

But if you were here now baby
If you could feel my devotion
You could see how much I hate to say goodbye

It´s easy when you come
To feel nice, to feel stronger to fight
Is easy to relax myself And even be fun

But I avoid the time now
And I´m waiting for tomorrow
We both know very soon I´ll be by your side

I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London town

We´ll go to the clubs
Where I thought of you eighty two times
One time for each song, for each word
That I have said that night

Why can´t you be here now baby?
Why I have to feel so lonely?
Why the things with you are so different that now?

I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London
I´ll see you in London town