Xuño 2005


persoal30 Xuñ 2005 06:14 p.m.

Tocaban o piano á vez. Estaban sincronizados. Rían á vez. Movíanse á vez. Respiraban á vez. Amaban á vez. Mais non o sabían. Vivían preto, na mesma punta da cidade sen se cruzar xamais. Eu creo que eran felices, tampouco tiñan motivos para non selo. Gardaban dentro de si segredos máxicos que a ningún outro ser humano lle contaban: vivían en conexión constante coa súa xente sen que estes o soubesen, coñecéranse en soños, aínda que só un se lembraba, xogaban ao xadrez con Deus, sabían descifrar os pensamentos alleos e podían ver o aspecto futuro dos seus familiares. A primeira vez que se viron foi noutra cidade, noutro país, noutra lingua. Unha casualidade, o destino, un milagre. Volvéronse siameses sen compartir corpo. Falaban unha linguaxe sen palabras, de miradas, de olores. Música. Unha linguaxe instintiva. Que só eles dous entendían. E pouco a pouco fóranse mesturando de tal xeito que cada vez que se separaban algo se lles morría na alma, cun berro silencioso e nunca confesado. E o “QUÉROTE MÁIS QUE Á MIÑA VIDA” foi subindo do corazón ata á boca unha noite de resaca amable, bruando do verdadeiro que soou. Houbo quen quixo pensar que era amor. Non tal, non era necesario que o fose. Bastaba con que fose o que era, sen buscarlle tres pés ao gato. E que era? Amizade, pero máis inmenso. Creo que os lingüistas aínda non deron coa palabra perfecta para tanta intensidade.

persoal30 Xuñ 2005 01:35 a.m.

e non sei porque agora acórdome dos 15 días que pasei de campamento en Montederramo. ou si, todo a conto de algo que lin sobre Fran Vázquez. non era dos mellores xogando, xogaba fatal. el só quería xogar e aprender. só iso. e aí está fancendo realidade os seus soños, a piques de comezar a xogar na NBA. cantas veces lle dirían que non podía, que se lle daba mal, que era mellor deixalo? e seguro que el simplemente sorría e seguía xogando. non lle molestaban as críticas. el collíaas, absorvíaas como unha esponxa e aprendía a voar. o seu non foi un camiño de rosas. tivo dificultades, pero soubo aproveitar mellor que ninguén as oportinidades que lle deu a vida. ás veces o éxito tan só depende diso. o momento apropiado, o instante xusto e dar o mellor dun mesmo. non é guapo e ten cara de neno inocente. pero aposto o meu pescozo a que é feliz e que non necesita que outros o fagan feliz. xa se encarga el só dos seus soños e da súa felicidade. e acórdome daquelas dúas semanas inesquecibles perdida polo interior profundo. tiña doce anos e xamais esquecerei o moito que desfrutei pateando de arriba a abaixo toda a serra. algo se abriu en min, algo moi dentro. volvínme unha cursi dende aquela, igual que agora. hai cousas que só se poden explicar como se estiveses dentro dunha peli de Hollywood. e facer rastreos polo medio do monte de noite coa luz das lanternas e da lúa e o medo a que algún dos monitores aparecese por algunha esquina para matarnos dun susto. aí foi cando comecei a coidar de min mesma. difícil lección porque un nunca acaba de aprender. estamos sós, pero non estamos sós. tamén me lembro dos partidos de futbol, eternos, que botábamos no campo de herba que tiñamos xusto ao lado do albergue onde acampábamos. lémbrome de Noé, aquel gafitas que lle molaba a unha amiga miña. lémbrome como se fose onte daquel partido no que me retou. el era defensa e eu dianteira pola dereita, a miña perna boa. un contra un. eu levaba as de perder: unha nena miúda que case nunca xogaba ao futbol e el un virtuoso do balón e da técnica que me daba mil voltas. pero eu tiña o corazón, a raza, a forza. e cando tiña doce anos ninguén me gañaba á hora de ilusionarme. era a miña especialidade, mellor que sabía facer. soñar e ser coma un cego. pasáronme o balón e fun coma un mísil contra a portería. non podían pararme, nin sequera el. esquiveino como unha presa escapa do seu cazador no medio xa xungla. quixo vir detrás de min e non puido alcanzarme. era imposible. a fe cegábame e eu era invencible. seguín a correr, nunha milésima de segundo mirei para a portería e sen pensalo golpei a bóla con toda a forza da miña perna. nunca esquecerei aquel momento porque creo, e non esaxero, porque xamais estiven tan segura de algo na miña vida. aquela bóla ía entrar dixese o que dixese o resto do universo, tivese razón ou non. entrou como unha bala por toda a escuadra. corrín por todo o campo para celebralo. non hai nada que se poida comparar ao pracer de alcanzar o que un se propón. conseguira o que me propuxera non por ser mellor ca Noé, só porque confiara en min. volveu a retarme. “non es capaz de volver a facelo” “vaste cagar en todo” pensei. e cagouse. repetino. dende aquel día el xogou no meu equipo e ensinábame o que eu non sabía. aquela inocencia, aquela confianza, aquela ambición non lle facía dano a ninguén. con ela todo é posible. moi poucos a teñen durante toda a súa vida como Fran. daqueles días lembro moitas outras cousas. cousas que agora mesmo me fan sorrir igual que cando as vivín. esta noite cando todos durman eu escapareime unha vez máis para escribir na area beira do río no que me bañei tantos anos atrás a fórmula máxica que me facía loitar por todo o que quería e desexaba. a ecuación que mellor funciona comigo. aquela que tantas veces repetín antes de quedarme durmida. aquela que dá todo e nada pide.

QUERER É PODER

persoal29 Xuñ 2005 06:43 p.m.

ultimamente non consigo escribir nada con xeito. e creo que algo ten que ver con que a Ninfa e a Meiga xa marchasen de Lisboa. porque non consigo quitarme a idea da cabeza de que non chorei. eu, que no instituto parecía a reencarnación viva de filla da chuvia, que por calquera cousa choraba, que era incapaz de conter ou disimular unha soa bágoa. e non mo creo. o meu corazón non o cre. xa non están en Lisboa. e a min sóname a mentira. eu sinto que si están, como se por arte de maxia algo delas tivese quedado aquí, xusto aquí, na cidade das rúas sen nome. algo todas queda para sempre en Lisboa e non volverá xamais con nós. é o amor que lle demos á cidade. todo o amor que lle demos. non sei é unha sensación estraña. é como se me faltasen dedos da man, como se mos cortasen. non podo escribir, faltan elas. e estou triste e estou feliz. foi un pracer compartir estes meses con elas. non quero escribilo, quero dicirllo en voz alta. por unha vez dicir as cousas en voz alta e non esconderme detrás das letras. fareino? de momento empezo a botalas de menos. moito.

U2

“Where The Streets Have No Name”

I want to run
I want to hide
I want to tear down the walls
That hold me inside
I want to reach out
And touch the flame
Where the streets have no name

I want to feel sunlight on my face
I see the dust cloud disappear
Without a trace
I want to take shelter from the poison rain
Where the streets have no name

Where the streets have no name
Where the streets have no name
We’re still building
Then burning down love
Burning down love
And when I go there
I go there with you
It’s all I can do

The city’s aflood
And our love turns to rust
We’re beaten and blown by the wind
Trampled in dust
I’ll show you a place
High on a desert plain
Where the streets have no name

Where the streets have no name
Where the streets have no name
We’re still building
Then burning down love
Burning down love
And when I go there
I go there with you
It’s all I can do
Our love turns to rust
We’re beaten and blown by the wind
Blown by the wind
Oh, and I see love
See our love turn to rust
We’re beaten and blown by the wind
Blown by the wind
Oh, when I go there
I go there with you
It’s all I can do

persoal27 Xuñ 2005 04:36 a.m.

Lights go out and I can’t be saved
Tides that I tried to swim against
Brought me down upon my knees
Oh I beg, I beg and plead

Singin’, come out if things aren’t said
Shoot an apple off my head
And a, trouble that can’t be named
Tigers waitin’ to be tamed

Singing, yooooooooooooo ohhhhhh
Yoooooooooooo ohhhhhh

Confusion never stops
Closing walls and ticking clocks
Gonna, come back and take you home
I could not stop that you now know

Singin’, come out upon my seas
Curse missed opportunities
Am I, a part of the cure
Or am I part of the disease

Singin’, yoooooooooooo ohhhhhh
Yooooooooooooo ohhhhhh
Yooooooooooooo ohhhhhh
Yooooooooooooo ohhhhhh

Yooooooooooooo ohhhhhh
Yooooooooooooo ohhhhhh

Oh nothing else compares
Oh nothing else compares
And nothing else compares

Yooooooooooooo ohhhhhh
Yooooooooooooo ohhhhhh

Home, home, where I wanted to go
Home, home, where I wanted to go
Home, home, where I wanted to go
Home, home, where I wanted to go

persoal23 Xuñ 2005 06:45 p.m.

soños mesturados, os desta noite co insomnio partido de onte.

corro, eles veñen detrás. van a alcanzarme e eu só son unha nena. atrápanme e non podo soltarme. non consigo pedir auxilio. ahhhh. berro e o meu berro parece máis un ruxido. se alomenos pudiedese defenderme…

boxeando contra o xigante. hostia vén hostia vai. caio, érgome. non podo evitalo. canto máis me baten máis rápido me ergo. e non vexo porque estou sen gafas, xa mas partiron. que paren.

entro no cuarto e vou coma un obús. nin sequera mo penso dúas veces. “queres?” unha e outra vez.

o mesmo soño de hai anos: un disparo directo ao meu corazón. doe. desángrome. que fago? esta vez é distinto. non estou no Cuvi, non está miña nai para operarme, nin Osiria para conducir o coche a toda velocidade. só estou eu coa man no peito, tumbada no chan boca arriba nunha rúa que non coñezo.

esperto en medio da noite. desorientada porque non sei se estou en Ourense ou Lisboa. o meus sentidos do espacio e do tempo totalmente distorsionados. como aborrezo a sensación de non saber nin onde estou.

sona o teléfono. non é un soño. aí vén o sétimo de caballería dende Ou. non é un soño. Catuxa e Quela que por fin veñen á cidade das rúas sen nome. é real. por que será que nunca teño paciencia para as cousas que máis desexo.

o Amor é imperfecto e quizais sexa iso o que máis me atraia del. ás veces non abondar con amar. mira ti por onde os de Hollywood non saben dicir a verdade. mira ti por onde os contos de fadas non son son de fadas e os príncipes azuis non son máis que seres humanos que ás veces tamén se equivocan. quen ten a razón? a quen lle pertence? ás veces a verdade é tan relativa que a única verdade existente é que ninguén ten a culpa. as cousas pasan e punto. mellor non buscarlle tres pés ao gato. mellor non facelo para non ferirnos. o Amor é asi: imprevesible, humano.

persoal23 Xuñ 2005 12:59 a.m.

nadar na bañeira e dúas horas despois acabar vomitando o veleno. trinta segundos diante da taza do váter. vendo como resucita a miña confianza. coches que pasan. un vento que me trae noticias descoñecidas. un raio que se cola por entre as follas. esperar. teño un as na manga. disfrutar, arrancar aínda que me custe ao principio. cousas raras que pasan todos os días. néboa na noite. unha foto en branco e negro. un ollo que me mira, que me ve. que verá el de min? espera, berra o corazón. berra e berra para desacojonarse. nadas que son todo. son unha loba e vou morder. vai na miña natureza. irei de caza, ou non… todo depende de se terei que utilizar o instinto de supervivencia ou non.

agora só quero unha cousa…

COLDPLAY
What if?

What if there was no lie
Nothing wrong, nothing right
What if there was no time
And no reason, or rhyme
What if you should decide
That you don´t want me there by your side
That you don´t want me there in your life
What if I got it wrong
And no poet or song
Could put right what I got wrong
Or make you feel I belong

What if you should decide
That you don´t want me there by your side
That you don´t want me there in you life

Ooh ooh-ooh, that´s right
Let´s take a breath, try to hold it inside
Ooh ooh-ooh, that´s right
How can you know it, if you don´t even try
Ooh ooh-ooh, that´s right

Every step that you take
Could be your biggest mistake
It could bend or it could break
That´s the risk that you take

What if you should decide
That you don´t want me there in your life
That you don´t want me there by your side

Ooh ooh-ooh, that´s right
Let´s take a breath, try to hold it inside
Ooh ooh-ooh, that´s right
How can you know when you don´t even try
Ooh ooh-ooh, that´s right

persoal20 Xuñ 2005 11:47 p.m.

VÉN, ves como o equilibrio descende
sae o sol, entre soños podes velo
son unha estatua de pedra no medio das profundidades do océano. vou derretíndome pouco a pouco. e todo porque son case a cerveza rubia. non podes roubarme, non teño dono. a letra quizais, ou a resaca, os pentagramas do meu corazón, tampouco o carné de tola.

SOMBRAS na parede, non me asustan as pantamas que de nena os meus mestres eran cazapantasmas

BEMOLES sonando no medio da praza. un reloxo que se nega a marcar as horas, lúa artifial. e choro sen chorar. a sorte está botada. xa non teño medo. xa non son unha ionqui. son eu. fin da historia. tan só busco o que quero, que o quero máis porque son libre e pq matei a necesidade. son a pianista sobre o tellado do teu iris. vivo nas túas pupilas

ABRACEIME a el como a un irmán. é o meu irmán. agora xa teño outras sandias de coiro. cando o desexo se apaga e só queda o cariño. e o que un día quixo convertirse Amor xa non é egoísta e non espera nada. non hai tristeza nesta fin da historia… abraceime a el tantas veces como quixen e díxenllo mil veces: “es o meu mellor amigo” apenas iso, que é moito máis do que outros que me probaron terán.

o corazón non me enganou. o meu olfato que descubre a situación exacta do tesouro dentro da pirámide. son catedrática do “fálame sen falarme”. unha partida de xadrez á sombra do meu carballo no meu refuxio. agora si que non hai PEROS.

porque eu na praza eu quixen botarlle un baile, quería bailar, só bailar; pegarme como unha lapa e disolverme, evaporarme dentro do seu peito, que formase parte de min. porque quixeron roubarme os bicos que rego para que non morran de sede. porque me contaron que non o soñei e créomo, pero a néboa que había non me quita a idea da cabeza. e se realmente os soños se mesturan coa realidade?? daquela… son a muller máis rica do universo. teño a chave dos (teus) soños.

SEA
(Letra y música: Jorge Drexler)

Ya estoy en la mitad de esta carretera
tantas encrucijadas quedan detrás…
Ya está en el aire girando mi moneda
y que sea lo que
sea

Todos los altibajos de la marea
todos los sarampiones que ya pasé…
Yo llevo tu sonrisa como bandera
y que sea lo que
sea

Lo que tenga que ser, que sea
y lo que no por algo será
No creo en la eternidad de las peleas
ni en las recetas de la felicidad

Cuando pasen recibo mis primaveras
y la suerte este echada a descansar
yo miraré tu foto en mi billetera
y que sea lo que
sea

Y el que quiera creer que crea
y el que no, su razón tendrá
Yo suelto mi canción en la ventolera
y que la escuche quien la quiera escuchar

Ya esta en el aire girando mi moneda
y que sea lo que
sea

P.d: a política e os cumpleanos para outro momento

persoal17 Xuñ 2005 02:23 a.m.

o que eu quero e o que non quero. así de repente todo me colle dentro dunha mochila. voume de Lisboa. xa sei que só son uns días. pero de repente a melancolía entra pola porta do salón e mírame. vén directa a min. vén a violarme… que fago??. todo o que quero e todo o que non quero colle nunha mochila, nunha mirada. e despois silencio. e sete horas de bus que me levan cos meus, que estou morrendo por estar con eles. e ver se botamos a Fraga, e a ver se ascendo o Celta dunha vez, e a ver o concerto de Jorge Drexler na Praza Maior. ai!!!!!!!! non me quero ir, non quero que remate este ano. foi o mellor que me pasou na vida. en Lisboa aprendín a voar, a amar.

Foo Fighters

Learn to fly
Run and tell all of the angels
This could take all night
Think I need a devil to help me
Get things right

Hook me up a new revolution
Cos this one is a lie
We sat around laughing
And watch the last one die

Chorus
I’m looking to the sky to save me
Looking for a sign of life
Looking for something help me burn out bright

I’m looking for complications
Looking cos I’m tired of lying (’trying’ in 2nd chorus)
Make my way back home
When I learn to fly (high)

Verse 2
Think I’m done nursing the patience
I can wait one night
I’d give it all away
If you give me one last try

We live happily ever trapped
If you just save my life
Run and tell the angels
That everything is all right

Chorus

Bridge
Fly along with me
I can’t quite make it alone
Try to make this life my own

persoal15 Xuñ 2005 03:07 a.m.

atentados terroristas e explosións. eu polo medio, máis que de heroína, sobrevivindo. matei a dous homes que querían matarme e non me tremeu a man ao facelo. a Ninfa andaba polo medio, diríase que ela era a prota e eu a secundaria, vino case todo sendo a cámara que graba a película. víao todo. e Dido conducindo coches mellor que Kimi con pontes que explotan e que se non veñen enriba. un hospital desaloxado. achégase o final do filme e saio correndo detrás da Ninfa mentres todo explota e voa en pedazos. e tírome detrás dela polo burato, polo tunel vertical que hai cara o centro da terra cheo de auga fervendo. non, me tiro. LÁNZOME. berro e respiro a auga que non me afoga. sinto os latexos a mil por hora do meu corazón. eu coma un mísil contra o universo. canta forza na miña vontade!!! e entón… daquela soou o móbil, Dido, que se iamos a comprar ao Mini Preço e non sei que movidas máis, que a biblioteca estaba pechada. e eu como unha zombie dicindo que si a todo. tardei case cinco minutos en erguerme da cama porque non podía mover un só músculo do corpo. como quen esperta dun coma, como quen volve ao seu corpo logo dun soño. non me importa como acaba a película, o soño, creo que xa o sei… porque “o que teña que ser será”.

morreu José Fontinhas. ninguén é eterno. a min gustaríame terlle dito adeus porque malia a que non nos coñecíamos de nada el tamén era un peixe de color.

coidado para as que se quedan a ler ata as tantas: apaga a luz, non vaia ser que veña o día e non queira entrar no teu cuarto porque ve luz e pensa que xa non o queres… 🙂

persoal13 Xuñ 2005 06:44 p.m.

facendo volteretas dentro da auga, escalando espaldas molladas e tirándome de cabeza sobre a auga. o sol que me bica cada céntimetro da miña pel, por que non baixas e te fas de carne e óso dunha maldita vez?. pero eu non me entero de nada e non me asusto porque a praia está tomada pola policia, algunha vez viches un rifle de francotirador a menos dun metro da túa man?, por culpa dos pandilleros que lle dan a razón aos racistas. son unha insconsciente.

soñeino, pero esta vez foi real. a cidade do meu amor estaba en festa. era unha festa. sardiñas para o santo. o santo da miña aldea, o que sempre me atopa o que perdín. cousas da infancia, recordos, a festa da miña familia, este ano vou faltar eu. unha casualidade, un círculo que se pechou sen que me dese conta. e despois da novena, antes de comezar a festa “que pida cada uno hoy la gracia que desea alcanzar en este día por intercesión de San Antonio” e eu cos meus nove anos, collida da man de meu pai pecho os ollos e pido. inocencia de nena, fe heredada e non heredada. sempre me fixo rir pq ese día vai a misa todos crean ou non e nese instante todos pechaban os ollos e pedían algo. pasaron os anos e sempre pido algo todos os anos. ninguén o sabe. sempre pasa algo.

festa de cumpleanos das vallisoletanas. porque é que as rúas que teñen máis encanto son as pequenas? ceamos na rúa chega de guirnaldas. outras das cousas que me certificou que as películas se basan na vida real. nenos xogando ás agochadas. eu xa non xogo ou si, e iso que sei que non podo agocharme. ás veces pregúntome en que momento deixamos de ser nenos. e creo que non hai momento. sempre seguimos a ser nenos, pasen os anos que pasen. uns ocúltano, outros aprendemos a vivir sendo dúas cousas a veces, malia que o equilibrio sexa difícil. pero os nenos tamén son malos e crueis, grandes ou pequenos. egoístas. de nena producíanme alerxia e acabei inventando un sexto sentido para detectalos, para protexerme dos seus xogos e mentiras. sempre me facían rir porque pensaban que me engaban e que facían o que querían comigo. ríame porque era eu a que os deixaba crerse as súas propias trampas. ríome porque hai persoas que caen polo seu propio peso.

agocheime no medio da xente, agocheime e fun Deus. ou non me agochei. noite, música, xente e camiñar sen parar. unha festa medieval en pleno século XXI. e logo vén a Melancolia do Desprazamento, mandoume un telegrama:

AÍ VOU. stop. NON FUXAS. stop. FAIME SITIO NA TÚA CAMA. stop. ATA PRONTO.

isto acábase e síntome igual que aquel que cruza a rúa despistado e de repenta ve como un autobus se lle vén encima e non se move porque sabe que nada pode facer. e que todo o ve a cámara lenta. principio da fin.

xa non sei se son eu ou son as gafas que xogan comigo e me enganan. fixose de día bailando. vou ter que ir ao oculista nada máis chegar a casa, que me cambien os cristais e poñan outros anti-amenceres. e vou ir ata o otorrino para para que me metan un chip nos oídos para descifrar, sen posibilide de erro, as verdades das medias verdades. e vou ir ata a NASA para que experimenten comigo e tripliquen a sensibilidade da miña pel e do olfato. e tamén lles vou pedir que me axuden para alterar a miña percepción do espacio e do tempo para poder facer eternos os momentos que se me antoxen, para revivilos todas veces que me pete, para velos dende dentro ou fóra.

onte choveu. non o suficiente. mollámonos, pero non o suficiente. quería chegar tanta auga a casa no corpo como se fose unha esponxa. quería meterme en cama completaménte mollada, quería bailar baixo a auga, quería acatarrarme, quería volverme de auga. antes de ir durmir volvín asomarme no balcón. a cidade mollada drogoume co seu olor, noutra vida seguro que fun da manada de lobos o que mellor cazaba, non por ser o máis grande ou o máis forte, seguro que tiña un olfato que nunca enganaba. porque aínda o teño.

o rei Arturo soñou que volvía á vida sen saber como. pensou que quizais fose un milagre, ou quizais non. e igual que unha peza do puzzle que encaixa á perfección volveu a recuperar o seu trono e súa espada. que sensación mái agradable!!!!!!!!!! non era polo poder, non era polo reino, é que era o seu fogar!

persoal08 Xuñ 2005 03:50 p.m.

a igrexa chea dos meus. pasaron os anos e todos estamos máis vellos. eu tamén. pero véxome dende fora. é o día da miña voda. é a película e estou sentada na cama vendo a súa proxección na parede branca. estou contenta, serena, máis muller ca nunca, pero fáltame algo… alguén entra na igrexa, eu non vexo quen é, non me dou conta do que pasa. o cura pregúntame a min e vou dicir que si, vexo como abro a boca sorrindo, vexo como pecho os ollos. NON CASES. abro os ollos e miro cara atrás incrédula. “non pode ser!!” e os ollos que me atravesan como unha bala. e sorrí: NON CASES. algo murmuran os outros. non me importa. non os vexo. bótome a rir. ninguén entende nada. nós si.

atopeime co meu Contacontos nun dos peiraos da Cidade dos Segregos. leccións de xadrez. maxia por un tubo. “a campeona es ti” . ruleta rusa da miña vida, de que me vou asustar se eu xa escalei o K-9? unha maratón. correr, correr, correr. rebentarme correndo. morrer correndo. aguantar, non deixar de correr. correr cos pés espidos polo chapapote ardendo. lume. correr polo deserto, polo Polo Norte, polo Pacífico. xogar como xogan os nenos. aprender xogando. porque a quen non lle gusta xogar?

calor e máis calor. morro de calor. deshidrátome. vólvome sonámbula e érgome durmida a beberme toda a auga da nevera. pero non chega. sede a todas horas. a lingua que se me seca, se lles por lume prende igual que unha folla seca. auga, quero auga…

día de praia. salitre. a forza das mareas. ninguén o ve pero hai unha orquesta tocando a 9ª sinfonía de Bethoven. un volcán na area que queima. auga azul porque é un espello e reflicte o que ve. só iso. son un peixe verde sen branquias que nada coa cabeza fóra da auga para non afogar. e róubolle o seu perfume ao mar e volvo a casa con e coa tatuaxe, co bico do sol na miñas costas.

camiñar sen présa. perderme polas rúas sen nome. non se coñece unha cidade ata que pasa unha primavera nela. o meu corazón latindo como a un río. ese latexo que coñezo tan ben. non fuxo, camiño. eu nunca fuxo. o parque, os cans a xente tomando algo nunha cafetería. non me ven, pero eu a eles si. libros e libros. unha rapaza sentada nun banco lendo o libro que acaba de mercar. un patillas que me mira, todas as cousas que nos queremos dicir e non podemos. miradas. miradas. como en Lost in Translation. mestura de mil desexos, de mil soños. para que falar se xa o dis todo cando miras? non existen os finais tristes ou os finais felices. os finais non existen. vou ter un fillo, vou parir un libro. como lle chamarei? os nomes son importantes, son necesarios, dano todo e sirven para todo. outorgan personalidade e marcan a vida dos nenos. camiñar sen rumbo, con rumbo, cunha brúxula que se chama instinto. e vou a procura dun libro. que non se namorou nunca dun libro? igual foi amor a primeira vista. nunha librería, nunha biblioteca. polo nome, ou polas pastas. polo que fose. e empezaches a lelo e non puideches parar ata acabalo. deixáchelo todo para lelo e acabalo, pq te atrapaba máis e máis. e cando o rematas todo o que leches xa non está no papel, está dentro de ti para sempre. e sorris sen poder explicarllo a ninguén. é a maxia das palabras que se adapta a cada un. volvo a casa antes do anoitecer. miro para atrás. ninguén vén detrás, é o espacio baleiro que ocupa o meu anxo da garda cando vén comigo.

Carlos Chaouen

Dentro de ti

A quién le pido pan de noche
a quién le sigo las constantes orbitales
qué derroche de facultades
qué de tacones se exhiben en el escaparate.

A quien secuestro hoy en mi coche
para obtener mi ración de genitales
qué derroche de obviedades
qué mal se ve la libertad desde estos ventanales.

A quién persigo si me pierdo
para llegar al mismo tiempo
qué derroche de sentimiento
qué bien se me siento cuando fumo
y me engancho al viento.

Cómo me engancho al labio que me da el aliento
en cada beso robado, cómo me engancho al pecho
que me da alimento en cada encuentro afrutado.

No entiendes no quiero tu risa
quiero intercambiar corazones contigo
polvo en la nariz ya no hay prisa
tú quieres que me vaya, que me vaya, dentro de ti.

A quién deduzco de la escena
como probable falsificador de modales
(que indecencia mis verdades)
no se que cosa no daría por ser más amable.

Veo en ti flor de llamas
sol que suma voluntades
que indecencia tempestades
no se que hago aquí volando enganchado al aire.

Cómo me engancho al labio que me da la el aliento
en cada beso robado, cómo me engancho al pecho
que me da alimento en cada encuentro afrutado.

No entiendes no quiero tu risa
quiero intercambiar corazones contigo
polvo en la nariz ya no hay prisa
tu quieres que me vaya, que me vaya, dentro de ti.

persoal07 Xuñ 2005 12:10 p.m.

a Osiria

“todos temos un lado claro e un lado escuro, a diferencia é que algunhas persoas só ven o escuro. acéptate e todo cambiará”

“sempre te vou querer como se foses a miña irmá pequena, que me faltaba e atopei”

“intentar escribirme diez cosas positivas antes de irte”

“ás petardas non se lles bota de menos cando se van de excursión”

“sé que cuesta al principio, pero después se convierte en rutina”

“Querida Elisiña:
É moi grato para min que veñas a verme, as túas visitas son como un raio de luz. Gústame saber como te atopas e que é o que máis che gusta. Como vai cambiando todo ao teu redor.
Vén sempre que queiras, cando gostes, cando o necesites… SEMPRE serás ben recibida”

“Ola Nena/Muller!
(…) Sabes por que ti vas ser feliz? Porque amas as cousas pequenas, amas á túa xente, porque es realista, e… moitas máis cousas que xa coñeces e non che vou descubrir eu”

“Creo que non se pode botar de menos á xente que é feliz”

isto non é nada de nada. é punta do iceberg. é ben certo que me encanta escribir, sobre todo cartas. teño un don para facelo. ás veces mesmo deixo de falar pq sei que cando as escribo, as miñas palabras pasan a meterse nas almas dos que as len cunha forza que parece maxia. non é maxia, é amor puro. pureza. pero hai algo que é moito mellor que escribir cartas: recibilas. que alguén deixe parte do seu corazón nun papel para min. ese é un dos mellores regalos que che poden facer, pq se volve eterno, pq sempre podes volver a lelo. palabras inmortais na miña memoria. o meu osíxeno cando me propuxen escalar o Everest! :)) gracias

persoal06 Xuñ 2005 12:34 a.m.

Lisboa era unha festa. desfiles no medio da noite por toda a cidade. eu perdíame polas rúas sen saber cara onde ir. xitanos, negros, gigantes, árabes, todos se confundían con todos. aquilo era un circo. era incrible ver toda a cidade alumeada tan só por antorchas. nenos xogando ás agochadas. bruxas e meigos vendendo brebaxes con herviñas de namorar. alquimistas danzando coma indios arredor do lume. e música, moita música que non sei de onde viña. eu levaba posto un vestido vermello. era un pouco máis vella. andaba a buscalo e atopeino nunhas escaleiras esperando por min. de novo esa cara, ese olor que esquezo cando esperto. susurroume algo ao oído: “hai un momento entre durmido e esperto no que se recordan sempre os soños,…alí sempre te vou amar”. alguén turrou por min, afastoume e levoume para bailar. enfadeime, non conseguira acabar de escoitar o que me dixera o Principiño. era unha despedida?volvín a buscalo desesperada, pero non o atopei. e non podía deixar de sentir que me observaba. quitei os zapatos e volvín cos pés espidos ata casa, para seguir buscando ao espertar.

estivemos nun dos Coliseos de Lisboa. que sentirán os gladiadores cando están alá abaixo?? o imperio en crise, pero como dan pan e circo para a plebe… ninguén viu os dragóns e os unicornios voando sobre as súas cabezas. ninguén lles pediu que o levasen a dar un voltiña por aí adiante. estaban de paso, íase cara Nunca Xamais. saudáronme e déronme un paseo polo estadio adiante, voando sobre a ola humana que animaba entusiasmada. creo que a miña clon deu o pego durante todo ese tempo. vou ter que comezar a pagarlle un bo salario.

casualidades, falando de xogos…:
todo é un xogo. o sétimo arte confirmoumo. o amor tamén é un xogo de dous. ningún dos dous quixo perder. é ás veces hai que deixarse gañar para non perder. facer dano sen querer, ou querendo. arrepentirse e non pedir perdón. o rancor, todas as cousas que non se din. non mirar atrás ou mirar cando non debemos. malentendidos. miles de malentendidos; e detrás a intuición que nunca engana. e ao final, aí está sempre o amor, alimentado por todo o que fixemos. e xa en casa un dos irmaos enterradores que aprende que a vida e a morte tamén son un xogo, somos o seu xogo. cousas que non dependen de nós, así que mellor aproveitar o que si estea na nosa man, ou que creamos que está.

algunha vez VIVICHES como aprende a voar un paxaro?
el caera do niño antes de aprender a voar e miña nai non o pisara de puro milagre. seus pais dende o niño intentaran subilo, pero fóralles imposible. entre miña nai, Malegría e eu adoptámolo. ao principio pensei que non sobreviviría. estaba morto de medo lonxe de todo o que lle era coñecido. obligémolo a comer polpa de fritas con bastonciños deses para as orellas. eu encargueime de buscarlle unha caixa para metelo pola noite e adaptar unha bombilla para que estivese quente e non morrese de frío. pasaron os días e comezamos a sacalo fóra porque os pais seguían baixando para intentar rescatalo. e mesmo lle daban de comer. el seguindo o instinto camiñaba saltando pola herba e miraba cara o ceo como querendo despegar. miña nai durmía a sesta sobre a herba e eu, con el que se amarraba cas súas patiñas ó meu índice tremendo de medo, comecei a botalo cara o abismo, cara o ceo. as primeiras veces caía igual ca unha pedra, pero pouco a pouco e soliño foi aprendendo a mover as ás (hai cousas que ninguén pode ensinarnos…). xamais me sentín tan ben co mundo. estaba a formar parte dun milagre da Vida. cada vez que el aguantaba o bo sentíame mellor ca se estivese eu a voar. EMPATÍA. foi perdendo o medo e xa non se asustaba de andar polo herba e de póla en póla baixo a atenta mirada dos pais e das tres de antes. xa sei o que senten meus pais cando me ven medrar, xa sei o que sentiu Osiria todos estes anos. sorrín para min e gardei o segredo ata hoxe. unha tarde volveu ao niño sen que nos désemos conta. volvía a vivir ceibe. non me sentín triste por non volvelo a ver nunca máis. todo contrario, ademais que dende aquel día miña nai vive obsesionada por porlles migas de pan molladas con auga aos nosos novos veciños. e non vexas como as devoran! isto pasou hai tres veráns. esta é unha das anécdotas da miña vida que me fai sentirme máis orgullosa de min, sobretodo porque non necesito que sexa algo importante para ninguén. é DE MEU.

La guerra entre opuestos es la búsqueda de la armonía.

Como no sabían que era imposible, lo hicieron

Querìa tan solo intentar vivir aquello que tendìa a brotar espontaneamente de mi,¿por que habrìa de ser tan dificil?

La vida es lo que va sucediendo mientras tu te empeñas en hacerotros planes.

Bebo para hacer interesantes a las demás personas.

persoal02 Xuñ 2005 07:33 p.m.

o Principiño existe, apareceuseme en soños. estabamos a pasear pola Ponte Vella. era outono, ou primavera, non lembro ben. de repente tira de min e bótame contra el. aquel olor, aquela cara que xa nonpodo lembrar e que se me quedou tatuada para sempre na retina da memoria ata que o volva atopar. non deixes que xogue contigo. deume por rir. biqueino no pescozo. as partidas de xadrez hainas que acabar aínda que saibas que vas perder, esta vouna rematar, despois de todo fun eu quen a comenzou. non me entendeu. hai cousas que non se deben contar. tampouco me importou. estaba contenta.

saín de madrugada ao balcón. música nas orellas. todo calado e a escuras. todos durmen, a cidade non, vixíame sen dicirme nada. apetecíame durmir na rúa, sobre o chan duro e quente que tantas cousas escoitou e sabe. quería sentir a miña meixela pegada ao asfalto, ás beirrúas. quería durmir abrazada a Lisboa. pero apetecíame durmir de costas ao ceo. non quería ver a Lúa nin as estrelas. tan só quería sentir a forza da gravidade sobre o meu corpo, o seu peso nunha viaxe cara o centro da terra.

ultimamente o único que fago e durmir. durmir como unha auténtica pedra. igual que se esperase algo. tamén soñei que Cristo volvía ao mundo, volvía e era un guitarrista que todos maldicían. e despois volvo a soñar o que non quero e escapo dos meus soños, voume lonxe e cólome nos de quen non coñezo. e a miña intuición non me engana e fíome dela. sempre me trae a verdade, aínda que non sempre sexa a que eu queira. e a verdade é que nunca me escondo dela.

chamei a Osiria. ai! que morriña me entrou! Ourense empeza a chamar por min dende aló arriba. ten ganas de que volva para contarlle as miñas cousas. este será o verán dos reencontros.

e esta noite que vou soñar?

persoal02 Xuñ 2005 03:07 a.m.

a Osiria
“todos temos un lado claro e un lado escuro, a diferencia é que algunhas persoas só ven o escuro. acéptate e todo cambiará”

“sempre te vou querer como se foses a miña irmá pequena, que me faltaba e atopei”

“intentar escribirme diez cosas positivas antes de irte”

“ás petardas non se lles bota de menos cando se van de excursión”

“sé que cuesta al principio, pero después se convierte en rutina”

“Querida Elisiña:
É moi grato para min que veñas a verme, as túas visitas son como un raio de luz. Gústame saber como te atopas e que é o que máis che gusta. Como vai cambiando todo ao teu redor.
Vén sempre que queiras, cando gostes, cando o necesites… SEMPRE serás ben recibida”

“Ola Nena/Muller!
(…) Sabes por que ti vas ser feliz? Porque amas as cousas pequenas, amas á túa xente, porque es realista, e… moitas máis cousas que xa coñeces e non che vou descubrir eu”

“Creo que non se pode botar de menos á xente que é feliz”

isto non é nada de nada. é punta do iceberg. é ben certo que me encanta escribir, sobre todo cartas. teño un don para facelo. ás veces mesmo deixo de falar pq sei que cando as escribo, as miñas palabras pasan a meterse nas almas dos que as len cunha forza que parece maxia. non é maxia, é amor puro. pureza. pero hai algo que é moito mellor que escribir cartas: recibilas. que alguén deixe parte do seu corazón nun papel para min. ese é un dos mellores regalos que che poden facer, pq se volve eterno, pq sempre podes volver a lelo. palabras inmortais na miña memoria. o meu osíxeno cando me propuxen escalar o Everest! :)) gracias

persoal01 Xuñ 2005 02:37 a.m.

que se sentirá cando tes 93 anos? que se sentira cando xa viviches tanto tempo?

parece mentira, pero nunca mo preguntara a min mesma. chamei a casa e cóntame, a miña avoa, nai de meu pai, outra vez no hospital, nada grave, os anos que lle pesan moito á pobre. de repente pareime a pensalo. que se sinte? non estou triste. só que me sinto moi pequena. agora mesmo daría calquera cousa por estar con ela. collerlle outra vez da man. teño un medo horrible a que se me vaia estando eu aquí. teño medo de non volvela a ver, de non collerlle a man e non ver como se lle iluminan os ollos cando me ve aparecer pola porta. ten 93 anos e ten a pel das máis suave cá seda. cando ma colle sinto calor, é o calor da súa vida. agora váiselle moito a cabeza e é igual ca unha nena. xa non ten malicia ningunha e os defectos que tiña é como si se evaporasen. sempre está a lembrarse de cousas que lle pasaban de nena. case ninguén o sabe pero eu vin a Deus nos seus ollos. foi aproximadamente un ano. rompera a cadera e déranlle a alta despois de estar un mes e pico no hospital. eu volvín a casa con ela na ambulancia. o chegar a casa puxémola na súa cama e chamaron por teléfono, algunha das súas irmás. eu agarráballe o auricular. entón pasou. os seus ollos xa non eran os seus ollos. había alguén a mirarme por detrás deles. e había tanta bondade que non me asustei. eu estaba moi quieta, sentada a carón dela, mirándoa aos ollos. algo pasou dentro de min. o meu corazón parouse e volveu a latir. había tanta bondade naquela mirada que quixen chorar e non puiden. era Deus. por que o sei? por que aquel brillo, aquela pureza xa a teño atopado hai moitos anos. non sei se Deus existe ou non, pero eu creo nel. e non sabería dar motivos racionais e moito menos irracionais. non son mellor ca ninguén por iso, nin peor. é algo persoal, íntimo, que só a min interesa. eu vin a Deus nos ollos de miña avoa e esta noite o único que me gustaría facer é durmir con ela. só iso.