Maio 2005


persoal31 Mai 2005 12:14 a.m.

INCUBUS foi a drogadicción total e absoluta do meu corpo. Música en vena. Deixeime levar por ela. Eu non era eu. Fun o que serei. Nada podía ferirme. NADA. Sentíame como a pedra das catedrais que contempla aos que pasan por ela. Naquel instante se alguén quixese darme unha hostia tería partido a man. O Rai colleume e subiume. Aquilo non podía ser real: unha marea de almas sentindo á vez. Brazos que eran coma olas. Un maremoto. E sentín que estaba de cos pés espidos, sobre o Pacífico e coa cabeza inclinada sobre el, coa orella pegada á auga, sentindo o seu latexo, a súa respiración. E despois a música volvendo a meterse comigo, facéndome o amor, devorándome e eu tremendo. Había moito tempo que non me sentía tan ben. Estaba a facer maxia para min. Fixen que o pasado fose presente e que o futuro tivese máis luz ca un amencer. maxia para min.

Con SYSTEM OF A DOWN e THE PRODIGY a cousa continuou. Mágoa non ter un chip na cabeza para gardar todas as cousas que se me pasaron pola cabeza. Bailei a fartar, bailei como bailan os tolos. Sós e sen mirar para ninguén. Pechaba os ollos que alí non había ninguén, tan só eu saltando sen parar. Abría os ollos e estaban todos. A mestura perfecta. Pechaba os ollos e comezaba a medrar coma un xigante. Fun un xigante, un coloso, como Hulk. a tolemia namorándose de min. bailei ata rebentar e o meu corpo non se queixou. pedíame máis. máis. máis. sempre quere máis droga. e fun a música nacendo de guitarras eléctricas, de baterías, de cordas vocais atravesando o aire meténdome polo cables dos micrófonos, sendo electridade, atravesando circuitos e altavoces, e saíndo fóra coma un furacán, facendo tremer o chan, outra vez o aire disparada coma un mísil entrando polas orellas de miles e miles de persoas, facéndoos vibrar, sentindo os latexos dos seus corazóns, cada célula, cada gota de sangue, cada segundo do seu tempo, das súas vidas… os seus pensamentos, os medos, as alegrías, os seus soños. fun tantas cousas que é para min é imposible pensar que non hai nada máis detrás todo o que vivo. creo que non hai droga máis dura. ou si??

MOBY
éxtasis. TODO. sentino todo. vino todo. escoiteino todo. non quería pechar os ollos, quería velo todo. vin o pelao facéndome feliz cunha facilidade que me asustou. vin a luces sobre a miña cabeza como estrelas. vin ao meus dous anxos da garda sentados arriba de todo, no teito do escenario. eran meus avós. sorríanme. toca porcelain e a miña pel ponse de galiña. quero chorar e sei que non debo. dan un chimpo e abrázanme.

non deixes de soñar, digan o que digan, pase o que pase, diga o que diga o mundo ou o universo. cambiarás o universo. abraceime a eles. ninguén o viu. dúas bágoas: unha pola súa ausencia, outra porque todo se acaba. isto tamén

e empecei a saltar. máis. e máis. e a berrar. rebotei contra o chan e fun cara o ceo. saín do meu corpo. de pedinllo a Deus con toda a forza do meu corazón. pedínllo unha e outra vez. atrevinme a pedirllo. acabouse o tempo de espera nesta sala de espera. non teño medo, ainda que sei que non vai ser eterno nin para sempre. non me importa. QUERO NAMORARME. o segredo deixa de ser segredo. NECESITO NAMORARME. máis que nunca. acabouse o disfrutar do silencio. quero que apareza o príncipe das mareas. creo que xamais o necesitei tanto. sinto que estou á portas da Cidade Prohibida, pero non teño as chaves. tenas el, e sen el non podo entrar. quizais sexa egoísmo, quizais sexa desexo; non sei o que é, mais é o único que quero e necesito neste mesmo instante da miña vida. o único. camiño polo deserto, aprendín a pilotar avións e agora estreleime. vou á procura do Principiño e sei que o vou atopar.

aínda non podo crelo. estiven no concerto de Moby. é daquelas poucas coas que non me atrevía nin a soñar. era IMPOSIBLE. pero… NON, os imposibles non existen. de que dependen entón? de moitas cousas supoño. moitas, moitas cousas. foi un regalo para min, un soño feito realidade. non hai nada mellor que o sabor dos soños que se fan realidade.

onte soñei que volvía estar en Italia. soñei que me volvía a quedar durmida sobre a herba cortada xusto aos pés da torre torta en Pisa, con Catuxa dun lado e Rocío do outro. soñei que volvía a pasear por Florencia, por Roma, por Nápoles, polo cume do Vesubio, por Pompei. soñei que volvía a chorar vendo toda a grandeza da Capela Sixtina, a perfección do David, a mirada da Venus de Boticelli. falábame, e pedíame que me achegase a ela. eu saltaba a cinta de protección e ía ata onda ela. territorio prohibido, territorio comanche.

Por que che gusto?, dicía chea de curiosidade. eu ríame. E por que non? Din que es unha obra de arte, non ves que lles gustas a todos? Pero eu quero saber por que che gusto a ti. pechei os ollos e procurei esquecer todo o que me contaran delas en libros e apuntes de arte. Porque nunca saberei se realmente existiches ou non. miroume complacida. Sabes?Hai unha historia que case ninguén sabe. El, o pintor, namorouse de min e como non podía terme pintoume. Mandoume unha carta que dicía: “ás veces estou tan preto de ti que me doe quererte como te quero porque non te teño. e a única que cura que existe é a distancia, pero alomenos xa que este é o adeus, xa que teño que arrincarte do meu corazón para seguir vivindo, quero que o mundo saiba como te vexo eu e vou roubarche a toda a túa Beleza. é a miña pequena vinganza. perdoame” e nunca máis o volvín ver. Saín correndo xusto antes de que entrasen os gardas de seguridade para prenderme. e espertei pensando que ao final é mellor ser a persoa que esquece que a persoa escquecida.

prometinllo aos meus avós, aos meus anxos, por eles, por min, pase o que pase seguirei a soñar. o Super Rock para aprender que é o meu tesouro, o único que ninguén nin nada pode arrebatarme. NINGUÉN. NADA.

Moby

Porcelain

In my dreams I’m dying all the time
As I wake its kaleidoscopic mind
I never meant to hurt you
I never meant to lie
So this is goodbye
This is goodbye

Tell the truth you never wanted me
Tell me

In my dreams I’m jealous all the time
As I wake I’m going out of my mind
Going out of my mind

persoal26 Mai 2005 04:45 p.m.

primeiro pensou que aquelas molestias eran cousa da espalda. xa levaba uns días así. o martes todo foi a peor e levárono ao hospital. diagnóstico: infarto. eu non me enterei ata hoxe pq mo ocultaron (foi mellor, a verdade) e pq Catuxa me mandou un sms contándomo. asusteime, non me importa recoñecelo. vertixe. nunha milésima de segundo a película do que pasou ese martes pasóuseme pola cabeza. pensei na miña tía, nas miñas primas, na miña avoa, na miña nai e no tío Afonso. vertixe outra vez. e vino alí, na UCI metido nunha cama con sábanas brancas. como me tería gustado estar alí para darlle ánimos. el non o sabe, pero para min é un segundo pai. ás veces pode aparentar home de poucas palabras; cando fala sempre é para dicir algo interesante. é coma un neno grande, igual que o avó. o mesmo sorriso contido e bondadoso. o tío Zé é o mellor o mellor amigo dos animais. teríame gustado estar con el, inconvenientes do Erasmus. fareino en soños

e este finde Super Rock sin dolor!!!! tres días de festival de rock acampadas por aí adiante!! e VOU VER A MOBY!! vai arder Lisboa.

a Dido: astéñome de dar consellos. cada un sabe das súas. o que teña que ser será, bo ou malo. tropezarás, pero non caerás. non o esquezas… 🙂 CARPE DIEM

e eu pola miña parte vou facer un pouco de maxia para min e recuperar a esencia dos primeros días en Lisboa, tanta fe, tanta confianza no caos de non saber nada.

CARPE DIEM tamén para min!!

persoal24 Mai 2005 03:59 p.m.

ninguén se esquece de andar en bici. ninguén pode esquecer como se respira. mestura de equilibrio e forza nas pernas. cara adiante porque se miras cara atrás podes perdelo e caer. non mires cara atrás, non perdas o equilibrio, non caias. revivín toda a miña infancia e fíxome rir. que curioso, houbo maxia, non sei que pasou, hai apenas dez anos eu era unha nena e xa non o son. sigo a andar en bici do mesmo xeito, coa mesma necesidade de velocidade, de notar o vento xogando co meu pelo. sempre me gustou andar en bici porque eu sempre quixen despegar do chan igual que Elliot en E.T. e aínda hoxe é o día que dubido de son Eliot ou o pequeno extraterrestre. non botei de menos que o Parque das Naçoes non fose a miña aldea, nin que non estive miña irmá nin meu pai. estaba ca Ninfa e coa Meiga. cruzei a fronteira do espacio e do tempo, fun cara atrás no tempo. a miña infancia é unha bicicleta rosa que me compraron meus pais, coa que me obrigaron a aprender a andar en bici, eu non quería, tiña medo de caer. son todas as gafas vellas que miña nai garda nalgún caixón da seu cuarto. son todas a cancións que meu pai me ensinou. os disfraces que miña nai me facía no entroido para ir ao colexio. a linguaxe secreta que Catuxa e eu tiñamos antes de aprender a falar. os arcos, as frechas, as espadas que meu avó nos facía nun abrir e pechar de ollos, os seus coellos, a súa horta. as festas de aniversario nas que reunía toda familia. todas as veces que me escapei de casa e que me esconder ao rial. todos os cans e gatos que adoptei. os veráns eternos e perfectos na Peroxa. os invernos soñando e soñando no Colexio. todas veces que caín da bici e xogando ao futbol; é curioso o rápido que cicatriza o corpo dos nenos. aos nenos non lles importan as feridas, érguense e volven a xogar. tropezan, caen e érguense. ás veces ata lles parece mal que lle queiras poñer algo para que deixe de sangrar… mírante e rinse. e ti non entendes nada, acaso non se dá conta de que queres curarlle a ferida o máis rápido posible? sigue a mirarte a sorrirche, o único que lle interesa é seguir xogando como se dalgunha maneira soubese que a infancia dura menos do que nos parece e que hai que aproveitar o tempo e que as feridas sempre curan. en Amelie a infancia colle nun caixa vella e enferruxada. a miña infancia colle nun album de fotos e no vídeo, ao pé da piscina, na Cañiza, sentada nas pernas de meu pai no que conto os chistes verdes que sempre facían rir a toda a miña familia.

non camiño, levito. a historia repítese unha e outra vez. exactamente igual que cando faltaban uns meses para que virme a Lisboa. algo vai pasar, ou quizais nada, ou todo, mais xa non será aquí. o mundo non é como nolo ensinaron na escola, nin na catequese, nin na universidade. a vida supera á ficción. sempre a supera en todo.

hai anos nunha clase de grego, cando eu tiña máis ou menos a idade da Nena-Muller, o meu profesor, o pescador de troitas de prata, o Nitzsche ourensán explicoume en que consiste a Beleza. a Beleza non sempre é perfección. non ten porque selo. non é necesario. quizais estea nunha obra de arte, na Capela Sixtina, por exemplo, ou queizais estea en calquera rúa…, nunha obra, agochada, disfrazada, esperando a que alguén a recoñeza e a vexa. nunca a viches? e cando a descubres vólvese unha droga, unha rutina, unha necesidade. algo incrible. faime caso e hoxe fíxate cando vaias pola rúa. búscaa. se a encontras sentiraste feliz. aquela mesma tarde saín de casa en á procura dela. collín os cascos e atravesei o portal de casa pensando no frío que ía mentres puña a bufanda. comecei a andar pola miña rúa e fun dar á praza fonte do Bispo, xusto antes da praza maior. estaban a arreglar o Liceo e aquilo foi como un imán para os meus ollos. chamoume ou fun que andaba a buscala. unha nube de polvo cruzou por diante de min. estremecín cando a vin diante dos meus ollos en todas partes emanando forza e Vida. tan simple, tan cotidiana. alí estaba sorríndome. deixabase levar polo vento. susurrou o meu nome e marchou. seguin a camiñar coa música da radio de banda sonora. reparei que a auga da fonte estaba conxelada e que as pombas esvaraban sobre o xeo. patinaban. vin o reflexo puro da luz do sol estrelada contra un edificio. todo me chamaba: o sombra dun vello cando camiña, o movento lento e pausado das nubes, o aire quente saíndo da miña boca e volvéndose frío ao instante, unha grúa verde no medio e medio do parque que era igual ca un puño erguido contra o ceo, as rodas dos coches que sempre xiran en sincronia, un segundo piso nunha esquina que se me asemella a un faro, a rúa do Paseo completamente baleira, as árbores do parque de san lázaro que estaban a ser podadas e que se queixaban porque lles amputaran as mans coas que rozan o ceo coa punta dos dedos, a auga dos charcos que sempre reflexa o ceo e aquilo que queres ver, os meus pasos resoando na miña cidade. tantas cousas que son incapaz de describilas coa precisión exacta, son incapaz de transmitir a emoción que me transmiten. a miña non é unha cidade inerte, ten vida, tanta coma un recén nacido. é agradecida e nunca pide nada a cambio. e foi xusto nese instante cando comecei a soñar esperta e a ver xigantes apoiados nos edificios, como se fosen barras, tomándose un viño, e carreira de cabalos polo medio e medio de Xóan XXIII, e estatuas que se baixan do seu pedestal para bailar comigo e saudarme, e manadas de lobos que veñen detrás de min, e rinocerontes brancos xogando ao baloncesto, e un unicornio que me busca desesperadamente pq di que fago maxia, e chuvia que pétalos de rosas, e defiles interminables do circo dos meus soños, e farolas de ferro que che contan un chiste cando pasas por baixo delas e lles sorris, e vexo inundacións porque en realidade Ourense é a Atlántida e todos somos peixes de colores, pero ninguén o sabe. creo que ese foi un dos días máis felices. dende aquela tarde vexo beleza en calquera cousa que apareza diante dos meus ollos: unha cama mal feita, unha persianda a medio baixar, os autobuses cando van cheos de xente, o chan dos centros comerciais, as bombillas das farolas, un armario desordenado, un libro mal pechado, o fume dun cigarro de Xoela, a toalla de Dido enrugada sobre a cama, un cego (falso ou auténtico) pedindo no metro, as escaleiras mecánicas da Baixa, o cuarto de baño dun bar de mala morte, un adoquín fóra do seu sitio, unha herba que nace no chapapote, os railes do tranvía, os seus cables, un CD nunha tenda de segunda man esperando a que alguén o leve para casa, un libro gastado e usado nunha biblioteca, fotos vellas gardadas en sobres, caixas cheas de montes de cartas co meu nome no remite, unha bolsa tirada nunha beirarrúa que move o vento como en American Beauty… ou quitar gafas e non ver nada, todo distorsionado e borroso, como se eu estivese dentro dunha acuarela de Catuxa ou dun cadro de Monet.

tantas tantas tantas cousas!!

erguerse pola mañá cando sabes que vas ver tanta Beleza fai que todo se volva máis gratificante. é a miopía, son os soños, é a luz. é a Vida

persoal23 Mai 2005 03:04 a.m.

a Zinti

hai días que me dan ganas de ODIAR. hai días que empezan tan ben que non pode ser real que acaben así. quero odiar. necesito odiar. agora. neste preciso intanste. e sei que non debería dicilo, pero é a única maneira de non caer no lado escuro. de que sirve ser boa persoa? de nada. de nada. hai cousas que sempre escapan ao meu control e NON QUERO. non me dá a gana. así de simple. estou farta deste mundo cheo de estúpidos e parvos. estou farta de non poder axudar aos meus. estou farta de tanta impotencia. quero ser Superman. quero, non, NECESITO arreglar este mundo. dáme igual parecer parva, dáme igual. sei que se pode. non é tan complido. todo depende un pouco de nós, tampouco é tan complicado. non soporto ás inxustizas. non entendo porque unha amiga miña non pode ir por Lisboa sen que a atraquen. e quero odiar. necesito odiar a ese fillo de puta que se aproveitou dela e lle quitou o que era dela. quero matalo. agora mesmo quero matalo. que sufra. porque ela está a pasalo mal. rabia. odio. noxo. impotencia. inxustiza.

persoal21 Mai 2005 01:05 a.m.

Xoela de cumple. fai 21 anos que xa andaba a dar guerra. e teño curiosidade, como sería o seu primeiro día de vida?? fíxose esperar. mira que xa era terca dende aquela… seguro que xa lle brillaban os ollos como agora. e ese sorriso que ten igual que a Nena-Muller. ás veces quere disimular e ir de dura, pero non pode. é un cachiño de pan. nunca deixa tirado a ninguén, é nai de todas, a miña irmá maior aquí, pq aínda que o tempo e a xenética me digan o contrario, aquí está selo. cóidame mellor ca ninguén. en fin, que máis podo dicir? o alcohol xa empeza a facernos efecto e eu xa non podo conter tanta alegría.

viva o eramus! viva Xoela!!

(CONTINUARÁ…!)

persoal20 Mai 2005 01:29 p.m.

eu xa o dixen sempre, o medo queima e destrue. medo a … Ani acabou convertido nun monstro e matando a quen máis quería. e a ambición de poder tampouco lle axudou moito. mala mestura. e logo están os soños, sempre os soños. realmente existirán as premonicións? nacen os xemelos e con eles renace a Esperanza

estou enviciada co pelao, non sei que me dá, drogada e xa empezo a quedarme ata as tantas escribindo en cama, facendo malabarismos imposibles saltando á pata coxa.

queremos votar por correo, pero a cousa está complicada, parece que che están a facer un favor!! tanto papeleo nin tanta merda, eu quero VOTAR, é un dos meus dereitos.

soñei que estaba ao pé da montaña rusa máis grande e rápida do mundo. subinme a ela sen pensalo dúas veces. hoxe tócame facelo esperta, serei quen de facelo?

Xoela de aniversario, mira que anda contenta! claro agora xa ten un ferrari para conducir sen saír do salón de casa e xa non ten que andar a adiantar carros de vacas. parece que non son nada, pero 21 xa son anos. cando nos queiramos dar conta xa estaremos nos trinta. os vinte son os anos de botarse ao mundo cheos de ilusión. espero non perdela e conservala ata o último día de todos

esta noite festa rachada. como acabaremos ninguén o sabe. mellor deixar a intriga para mañá 🙂 ao final sempre me queda a calma da sinceridade.

persoal19 Mai 2005 12:44 a.m.

todos vestidos coas bufandas verdes do Sporting. bonito día de sol. Sol. e baixa disfrazado de mozo rubio. camiña e vén directo cara min. non me deixa dicirlle nada. bícame. unha e outra vez. non para. sen présa, sen calma. abrázame, soltame e xa non son consciente de que dos bicos que nos damos. a miña boca non é miña. os meus beizos empezan a mesturarse cos del. acaríñame a cara coas puntas dos dedos. sube. baixa. marcha. volve subir. marcha volve. e bícame no pescozo. o tempo detense e xa non estamos na rúa. estamos no metro. completamente espidos facendo o amor diante de todos os meus. non me importa, non me avergonzo. é amor. elevámonos e xa non sei quen son. onde el acaba empezo eu. cruzamos a fronteira dos corpos e as almas son xemelgas.
esperto cando o metro pasa diante de min cortando o aire. estaba a soñar esperta con Moby dentro das miñas orellas. outra se colou dentro dos meus soños. o silencio non existe e as cousas sempre se saben.

e esta tarde soñei coa pantasma (non a miña) do que foi. viña resucitada e de carne e óso. viña de reconquista como se fose Pelayo. eu tiven que abrirlle a porta. quixen odialo e non puiden. odialo porque era máis ca min, odialo por todo. chameille “ladrón”. non lle importou, levouse o que é meu. espertei sen lembrar ben como acabou a cousa. supoño que é porque aínda non rematou

ao final perdeu o Sporting… en fin, que non todo nesta vida é gañar.

Moby – Hotel – CD1

Where you end

Some things fall apart
Some things makes you hold
Something that you find
Are beyond your control

I love you and you´re beautiful
You write your own songs
But if the right part is leaving
Turned out to be wrong

If I could kiss you now
I´d kiss you now again and again
I don´t know where I begin
And where you end

Thought I fell in love the other day
With an old friend of mine
I was running kisses
Down every inch of the spine

We had the roof down
The sun came shining in
The black fact is…
that I was thinking of you

If I could kiss you now
I´d kiss you now again and again
I don´t know where I begin
And where you End

I slept in the sun the other day
I thought I was fine
Everything seemed perfect
Until I had you on my mind

I tried to love you
I did all that I could
I wish that the bad now
And finally turned into good

If I could kiss you now
I´d kiss you now again and again
I don´t know where I begin
And where you End

If I could kiss you now..
If I could kiss you now..
If I could kiss you now..

Oh where you end,
Is where I begin.

Oh where you end
Oh where you end
Oh where you end

persoal18 Mai 2005 01:32 p.m.

non sei como o fai, pero sempre consegue meterse nos meus soños. cólase e eu non me dou conta. sempre pico, sempre caio. son un calamar e onte pescáronme no porto de Vigo. e todo se volve real e todo ten sentido. as pezas do quebracabezas encaixan e case rozo a perfección. digo todo o que quero dicir, fago todo o que quero e sinto todo o que sinto. e non hai medos, nin circunstacias, nin obstáculos nin nada que lle pareza. a vida é moi fácil así.era de noite e estábamos na miña aldea, era outono, mais non ía frío. entón é cando caio dentro do meu corpo e esperto do soño, incrédula porque todo foi moi real. semella unha parvada pensar que todo foi un soño. unha vez escoitei que uns indios da América Central crían tanto no poder dos soños que estaban convencidos de que se un guerreiro nos seus soños era quen de sobrepoñerse a un pesadelo ou loitar contra os seus medos, ou facer aquilo que desexan xa teñen conquistado medio camiño ao espertar. que se volve máis forte, máis sabio. levo un par de semanas que non me quito esta idea da cabeza aínda que racionalmente sexa unha perda de tempo. e o universo conspira. sempre conspira. se pensas que non capaz de facer isto ou aquilo, xamais o farás. se ao contrario te atreves a soñar con iso queres por moi complicado ou difícil que sexa, ao final será teu. ninguén o sabe, os soños que se fan realidade dependen desta equación de fe nos imposibles sen colchoneta para as caídas.

Jewel – Spirit

Hands

If I could tell the world just one thing
It would be that we´re all OK
And not to worry ´cause worry is wasteful
And useless in times like these
I won´t be made useless
I won´t be idle with despair
I will gather myself around my faith
For light does the darkness most fear
My hands are small, I know
But they´re not yours, they are my own
But they´re not yours, they are my own
And I am never broken
Poverty stole your golden shoes
It didn´t steal your laughter
And heartache came to visit me
But I knew it wasn´t ever after
We´ll fight, not out of spite
For someone must stand up for what´s right
´Cause where there´s a man who has no voice
There ours shall go singing
My hands are small I know
But they´re not yours, they are my own
But they´re not yours, they are my own
I am never broken
In the end only kindness matters
In the end only kindness matters
I will get down on my knees, and I will pray
I will get down on my knees, and I will pray
I will get down on my knees, and I will pray
My hands are small I know
But they´re not yours, they are my own
But they´re not yours, they are my own
And I am never broken
My hands are small I know
But they´re not yours, they are my own
But they´re not yours, they are my own
And I am never broken
We are never broken
We are God´s eyes
God´s hands
God´s mind
We are God´s eyes
God´s hands
God´s heart
We are God´s eyes
God´s hands
God´s eyes
We are God´s hands
We are God´s hands

persoal18 Mai 2005 01:45 a.m.

atopei o meu xardín do Edén agochado entre muros de pedra caliza e con nome de santo.
a luz de maio que esta vez non me fire. o latexo do corazón poderoso, forte, invencible. respiro aire con forza, respiro a cidade dos meus soños. non vou soa, vén comigo a Nena-Muller. que rápido se lle colle cariño!! subimos e baixamos polas rúas vestidas de Primavera. tanta beleza que é a mellor das rutinas. vexo pasar tranvías e lémbrome que esta tarde cando durmía abrazada a un boneco da Xoela soñei con eles. e alguén veu a visitarme neses vinte minutos. non lle deixei pasar. pecheille a porta, as fietras. o río medra, faise océano, agora empezo a comprender algunhas cousas. non me mentiu o meu corazón, el nunca me engana, pero iso non chega para convertirme en astronauta e ir ata a lúa. non me preocupa, fareino noutra vida.
xa empecei a cambiar de droga (esta é máis saudable), doíanme os ollos cando me metín en cama ás tantas despois de deixarme a pel escribindo. pero en honor á verdade á miña irmá vou matar o amor. vouno asasinar cun coitelo de cociña. unha mestura de todo, unha mestura de nada. serei capaz? creo que si, normalmente cando estou segura de algo é para sempre. alguén tiña que facelo, non? ela non pode, fareino eu por ela e quizais así as cousas volvan a ser como antes de o pasase tan mal por culpa del. sei que non lle vai gusta, prefire os finais felices, pero ás veces hai que ser realistas e cortar polo sano. que se me cure dese cancer que ten dende os trece. que se cure para sempre.

onte soñei que me convertía en king kong. que me subía á ponte 25 de abril. soñei que a destrozaba coas mans. que era manteiga nas miñas mans. soñei que me encantaba sentirme poderosa e facer dano por unha vez na vida. e despois soñei que Rosalía viña a facerme unha visitiña polo temita das Letras Galegas. faille gracia que só llo dediquen aos mortos, como que a eles lles importa moito… despois de mortos. xa dan por morta á lingua antes de que morra. viva o positivismo!!!!!!! necesitamos sangue nova na RAG, ou alomenos que non estea tan morta. en fin, o de todos os anos.

Travis – The Man Who

Driftwood

Everything is open
Nothing is set in stone
Rivers turn to oceans
Oceans tide you home
Home is where the heart is
But your heart had to roam
Drifting over bridges
Never to return
Watching bridges burn

You´re driftwood floating underwater
Breaking into pieces, pieces, pieces
Just driftwood, hollow and of no use
Waterfalls will find you, bind you, grind you

Nobody is an island
Everyone had to go
Pillars turn to butter
Butterflying low
Low is where your heart is
But your heart has to grow
Drifting under bridges
Never with the flow

And you really didn´t think it would happen
But it really is the end of the line
So I´m sorry that you´ve turned to driftwood
But you´ve been drifting for a long, long time

Everywhere there´s trouble
Nowhere´s safe to go
Pushes turn to shovels
Shovelling the snow
Frozen you have chosen
The path you wish to go
Drifting now forever
And forever more
Until you reach your shore

You´re driftwood floating underwater
Breaking into pieces, pieces, pieces
Just driftwood, hollow and of no use
Waterfalls will find you, bind you, grind you

And you really didn´t think it would happen
But it really is the end of the line
So I´m sorry that you´ve turned to driftwood
But you´ve been drifting for a long, long time
You´ve been drifting, for a long, long
Drifting for a long, long time

persoal17 Mai 2005 04:00 a.m.

abriuse unha fiestra e o trebón comezou. aburríame en clase, andaba perdida no que vou escribir, unha droga quítase con outra… así que… a DROGARME, a escribir ata que me rebenten as mans. saio de clases e todos fuxen da chuvia. eu non. móllome. e o vento xogando a meterse debaixo da miña camiseta, como un amante silencioso que nunca confesa o que sente. pequenos ríos de auga nacen sobre o chapapote negro. beleza en estado urbano. e síntome ben. nada pasa. volvo a camiñar pola vida con paso firme. volvo atrás no tempo e viaxo ata 1999. espérome á saida do colexio. e saio e eu cos meus quince anos quédome ollando para min con 21. recoñecinme. cruzamos a rúa e abrazámonos. é o abrazo que sempre quixen darme a min mesma. o vento tráeme de volta a Lisboa. ule a auga. drógome con ese olor. unha droga quítase con outra. e vouno facer. vouna matar, vouna asasinar lentamente dentro do meu corazón. sigo a mollarme e ver o brillo da humidade sobre a estrada. hai unha racha no medio e medio que ninguén ve. pártese, ábrese a terra e o ceo. nace a distancia, o esquecemento. medra o río e faise mar, océano. salitre no medio, mareas, peixes, sereas. e no peito tan só me queda unha cicatriz: a beleza do que non foi. camiño e vexo mil bolboretas brancas arredor de min cantando e sorrindo. “todo está ben”. subo no metro e a miña imaxe reflectida a porta do vagón, orgullosa, tranquila:”non pode ferirte pq xa decidiches que non vai ser así, non esquezas que levas unha coraza impenetrable polas balas de prata, NON O ESQUEZAS NUNCA” mírome e véxoa. síntoa latindo dentro de min. igual que hai un ano. e as bágoas asoman. é a fe en min mesma. xa escalei unha vez o Himalaia, fareino de novo. e entón lémbrome de todo o que fun noutras vidas, de todo o que xa conquistei sen sabelo. fun o cabalo salvaxe, indomable que recorreu o mundo enteiro correndo sen parar. fun un apache loitou contra os ianquis. a muller da que se namorou Bethoven. o lobishome que sobreviviu a todo. o anxo que quixo ser muller. o barco co que Vasco da Gama percorreu o mundo. o Big-bang. o violín co que Pachabel tocou por primeira vez o seu canon. os ollos cos que Miguel Anxo imaxinou a Capela Sixtina. a forza interior de William Wallace cando berrou LIBERDADE. o carballo milenario que vive agochado de todos na Galiza profunda. a montaña da que sacaron a pedra para construir a Catedral de Santiago. si, eu son a Deusa das Pequenas Cousas. aí está a miña forza. saber quen son, quen fun. o demais xa non importa. nada pode ferirme se eu creo en min. absolutamente nada. son o ave fénix que renace, que resucita diante dos teus ollos a cada instante. por iso volverei a ser libre para correr libre pola miña cidade, polos prados segredos da miña aldea, polos carreiros que levan cara o castelo. volverei a tirarme sobre a herba mollada mirando cara o ceo ennegrecido nas tardes de treboada sen ter mono. volverei a abrazarme aos carballos da carballeira que hai por tras do campo da festa. volverei a voar sobre as dúas rodas da miña bicicleta. volverei a quedar durmida mentres a lúa entra coa súa luz pola miña fiestra para velar os meus soños. volverei a dedicarme a ler libros durante as 24 horas do día. volverei a ser a nena que aconsella aos meus pais. volverei a ler en voz alta diante de todos. volverei a bailar cos pés espidos polas festas con Aransa. volverei a escribir cartas para Osiria ata o amencer. volverei a ser a mellor amiga de miña irmá. volverei a durmir soa sen necesitar a ninguén. volverei a escaparme para colarme nos soños de todos. volverei para viaxar en coche con Quela coa fiestra aberta ata Muros. volverei para aprender a conducir. volverei para que Matadragóns se namore de min, para que todos se enganchen de min. volverei para cear ao aire libre. volverei para descubrir eu soa a Vigo. volverei e volverei. a droga quédase aquí, non pode alcanzarme, xa non pode(s) ferirme.

LIFT ME UP

Plain talking (Plain talking)
Take us so far (take us so far)
Broken down cars (broken down cars)
Like strong out old stars (like strong out old stars)

Plain talking (Plain talking)
Served us so well (served us so well)
Travelled through hell (travelled through hell)
Oh how we fell (Oh how we fell)

“Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper”
“Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper”
“Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper”

Plain talking (Plain talking)
Making us bold (making us bold)
So strong out and cold (so strong out and cold)
I´m feeling so old (feeling so old)

Plain talking (Plain talking)
Has ruined us now (has ruined us now)
You never know how (you never know how)
Sweeter then down (sweeter then down)

“Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper”
“Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper”

Lift me up, lift me up
Oh la la la la
Lift me up, lift me up
Oh la la la la

persoal16 Mai 2005 01:21 a.m.

o bus da miña Ro chegaba con retraso e cando o vin chegar boteime a correr como se pensase que fose a escaparse. abraceime a ela todo o que me deixou o meu corpo. ríase, sorría e eu comprendía que levo dentro de min esa música. íanse a mesturar os meus dous mundos. fotos para aquí, fotos para aló. e confesións a media noite. venres e chega Uxi e Xoela que se lle cae a baba… viva o amor fraternal!!chegou o venres e saimos. prometérame a min mesma que ía arrasar e arraseime. entregueime en corpo e alma ao momento, ás bromas, á música, aos sorrisos, a bailar. entón pasou o que tiña que pasar. a bomba atómica rebentou dentro de min. rebenteina eu porque xa non podía máis con ela. fun o meu propio refuxio nuclear. radioactividade por dentro, segredos do meu corazón. e por fóra chumbo, bágoas de azufre. escondinme no egoísmo e useino sen que el se dese conta para darlle ciumes á bondade. tan metida no meu papel que para min non existiu a furgalla que case me traga cando crucei a rúa sen mirar. e como sempre, despois da tempestade, a calma. o meu corazón latindo ao ritmo de bossa nova. derbi Benfica-Sporting e cena cos das Azores. Ro e Xoela sentadas fronte a min. vólvome unha cámara dixital e grabo esa imaxe na retina do ollos. fabrico recordos. non se dan conta, non me ven espiándoas, léndolles o pensamento. Ro marchou hoxe pola mañá. non me doeu vela partir, non o sabe, pero queda aquí comigo. non foi unha despedida triste, foi un ata pronto. fuxo das bágoas que asoman no metro cando sen querer collo dous billetes, un para ela e outro para min. rio para min. a amizade non é estar sempre, a amizade é cando estamos aínda que non esteamos de corpo. déixome levar pola música do Robert Miles no metro, voo con ela. levito, transfórmome nela. baixo e xusto antes de chegar a casa, cando pensaba naquilo de que a peor das dores é a da Ausencia, a dor do membro fantasma, mentres pensaba que por moito que eu crea nela hoxe non me sinto así vexo que unha multitude que só podía ser a tribo de Dido, os Braidy como lles chamo eu.
pola tarde marchamos ao Colombo, Xoela, Uxi e eu. montamos no Meteorito e depois de cumplir con outro dos meus vicios (o de berrar ata acabar sen voz) fartamos de pasear polo Colombo, “o centro comercial máis grande de Europa”. como me gusta esa sensacíón de vertixe no estómago subindo e baixando polo meu corpo, igual que cando estás namorado. sentirme igual ca unha pedra lanzada contra o universo, caer en picado, mirar cara o ceo e só ver nubes. mirar cara abaixo e só ver chan e descubrir unha e outra vez que non me faría ningunha gracia acabar coma un ovo escarallado contra o chan. descubrir, redescubrir, comprobar que me encanta vivir. quero repetir!

eu non sabía nada, Uxi colleu e leu o libro case dun tirón. porque a xente se engancha co que escribo? e hoxe rematouno. eu devoraba macarróns con atún mentres a vía buceando polos meus mundos. e sorri e sei que non me mente. e penso no lonxe que vai chegar esta nena-muller. recórdame a aquela nena do colexio que eu adoraba pq non era do mellor, pq era todo o que eu non podía ser daquela, aquela da que eu sempre quixen ser amiga. non hai maior pracer que pregúntame que cando comecei. ás penso que é unha evolución. que nacín escribindo, por e para escribir. respiro e escribo. durmo e estou a escribir. soño e estou a escribir. vivo e estou a escribir a novela da miña vida. eu son o libro da miña vida. e non sei como explicalo, é un amor perfecto, o mellor de todos. todo na súa xusta medida. eu confío nela e el en min. non fai falla dicir nada. non é necesario. ela búscame e eu a ela. cousas nosas…

Y fue a esa edad… Llegó la poesía a buscarme. No se, no se de donde

salió, de invierno o de río

No se como ni cuando

No, no eran voces, no eran

palabras, ni silencio

pero desde una calle me llamaba

desde las ramas de la noche,

de pronto, entre los otros

entre fuegos violentos

o regresando solo,

allí estaba sin rostro

y me tocaba.

din que a vida é unha soidade compartida, por iso, esta noite toca durmir coa cama para min soa. e ireime outra vez a buscar herbas de namorar, a colarme nos soños doutros para dar os bicos prohibidos, ireime a oulearlle á lúa, ireime correndo e berrando de alegría. correndo cara a luz do amencer

persoal11 Mai 2005 12:27 a.m.

onte choveu e onte, de noite, en soños, veu a bicarme. non lembro a cara, nin o nome. non sei se realmente coñezo a ese alguén ou se o meu inconsciente o inventou todo. discutíamos por algunha cousa seria e eu estaba a piques de botarme a chorar. e entón pasou o milagre (digo “milagre” porque asi foi como sentín aínda que non sei quen era). bicoume. bicoume e eu sentín o universo na punta dos beizos. coñecía o seu olor, o seu sabor, a súa lingua. non podía moverme. suaba da intensidade. estaba paralizada pola inmensa sensación de liberación, de poder, de amor… abalanzouse sobre min. foi como se naquel mesmo instante tivese vivido toda a evolución do universo. dende o big-bang até onte pola noite. sentino TODO. e cando digo TODO é TODO. non podía falar, estaba no paraiso, no ceo, na gloria, no limbo. soñábao e eu pensaba que era real. estaba a selo. igual que cando un soño se fai de carne e óso e non podes crelo. non era só un bico, non foi só algo físico. había máis, moito máis. eu estaba dentro dese alguén e ese alguén dentro de min. era máis que electricidade, máis que simple pracer. pode soar a esaxeración e non me importa, creo foi o máis intenso que vivín na miña vida. aquel bico. o mellor soño de todos os vividos.

espertei pola mañá e entón foi cando me din conta de que estivera a soñar. non podía crelo. soñeino? non me dera conta de que o soñara. estiven todo o día a darlle voltas, realmente foi un soño? cheguei á conclusión de que alguén se colou nos meus soños e me bicou. porque, vale, foi un soño, pero o que eu sentín era doutro planeta… ademais, que sei que había alguén polos baixos fondos da miña mente.

quen era ese alguén??

persoal10 Mai 2005 12:00 a.m.

case igual ca un susurro, ou quizais máis doce. os imposibles disfrazándose entre a música e as sombras e deixandose vencer. son a súa dona. camiñei sobre a auga do Tejo e ninguén o viu. o universo nas células da miña pel. repirando, latindo. perdurando, nacendo e morrendo unha e outra vez nas rúas sen nome. a cidade, calada, foi a miña cómplice. sorrí cando empeza a saír o sol. falo e falo sen saber o que digo. non o miro pq os meus ollos non lle pertencen, xa teñen quen os entende. ollos de mel. soziebsonlem. para min, só para min. e por iso non vin como nacía o día.

en fin, noite acelerada na que lle metín unha patada SEN QUERER na boca a Xoela e na que saiu a miña habilidade para falar máis na conta 🙂 e acabamos, sen saber moi ben como, cun baboso con acoso e derribo à Xoela e a Dido facéndose a durmida no sofá, mentres eu fuxía coa Meigagz coa escusa de darlle un pixama para durmir. o resto é outro conto!!

persoal07 Mai 2005 10:34 p.m.

SE REALMENTE QUERES A ALGUÉN, DÉIXAO MARCHAR;
SE VOLVE A TI É QUE FOI TEU
SE NON É QUE NUNCA O FOI

Madonna – The Power Of Goodbye
Your heart is not open so I must go
The spell has been broken?I loved you so
Freedom comes when you learn to let go
Creation comes when you learn to say no
Walk away

You were my lesson I had to learn
I was your fortress you had to burn
Pain is a warning that something’s wrong
I pray to God that it won’t be long
Walk away

There’s nothing left to try
There’s no place left to hide
There’s no greater power than the power of good-bye
Your heart is not open so I must go
The spell has been broken?I loved you so
You were my lesson I had to learn
I was your fortress

There’s nothing left to try
There’s no place left to hide
There’s no greater power than the power of good-bye
There’s nothing left to lose
There’s no more heart to bruise
There’s no greater power than the power of good-bye
Learn to say good-bye
I learn to say good-bye

persoal06 Mai 2005 03:21 p.m.

a miña intuición colouse nos meus soños na madrugada sen resaca. xoguei a ser Deus e ganei. hoxe estou contenta e ninguén me vai estropear o día. eu era unha fareira no medio da noite. e díxenllo. achegueime por sorpresa, por detrás e susurreille as palabras prohibidas. sentinme igual que Nicolas Cage no final Adaptation/El Ladrón de Orquídeas.

UN É O QUE AMA E NON O QUE LLE AMA

dar sen esperar. non calar, mirar. escribir os versos que sempre quixen escribir. e volver a saír de caza. nada doe. nada. sorrío, e non estou a finxir. camiño, respiro, bailo, bico, son feliz. voume drogar cos meus soños sen dor de conciencia. unha e outra vez. mil veces todos os días. ata que pel se acostume aos bicos invisibles que algún día recibirá. e farei que a pedra se volva de carne e óso. caerá en min cando me afaste e esta vez será para sempre. un disparo directo ao corazón. non existen os imposibles. sairei de novo de caza para alimentar o meu CARPE DIEM. son a mutación perfecta dunha especie en extinción. en segredo, de noite, cando todos pensen que durmo irei a buscar as herbas de prata para namorar. voulle ser fiel á miña intuición e vou seguila coma un elefante busca auga na sabana. e a verdade que me berra o meu corazón cada vez que abro os ollos. resucitarei aos doídos da súa dor. voulla curar con bicos de mel, con miradas de lume, con palabras que van ser bombas atómicas. o misterio e segredo da miña intimidade que todos queredes coñecer. a electricidade das certezas máis sagradas. a guerra inofensiva dos peixes verdes de cidade que naceron en acuarios e que morrerán ceives, e que aínda non o saben… o MEU Paraíso.

P.d: o Titanic non se afundiu e nada nin ninguén me poderá convencer do contrario!!

persoal04 Mai 2005 06:49 p.m.

rin a fartar. primeiro pq nin Xoela nin eu temos moita idea de conducción. “eu correr vou correr igual aínda que me coma unha hostia”. a todo isto que última vez que se lle ocorreu coller un kart, en Ribeira, case acaba no mar. para resultou que o casco me quedaba enorme e a parte de parecer a pulga atómica tiven un percance á hora de poñer as gafas. e eu crendo que querían que correse sen elas… si oh!!! para acabar no hospital!! e despois rin por non chorar e para evitar poñerme máis vermella do que xa estaba. o kart que me era un pouco grande e logo de conseguir meter a miña cabeziña no casco miro para atrás e vexo vir ao tipiño do circuito cunha especie de asento negro para poñelo no meu kart e así que eu lle chegase mellor ao freno e ao acelerador… QUE VERGONZAAAAA!!! que pasa?? si, son pequena e mido 1,55m, algún problema?? pequena como a sardiña e os perfumes. a ver cando empezan a facer ás cousas un pouco do meu tamaño xDD

e comezamos a conducir. eu saín primeiro e logo duns aceleróns estraños e demais confieime e empecei a crerme Fernando Alonso. ademais, eu miraba para atrás e non vía a Xoela. o meu ego enchido e créndome a raíña da pista. así catro ou cinco voltas ata que sinto un golpe e vexo a Xoela que me adianta como se levase un foguete no cu. a miña cara de psicópata debeu seu todo un espectáculo. o que pasou en realidade é ela viña completamente pegada ao meu cu, e claro, así era que eu non a vía… e despois de berranme durante un bo rato que apartase o meu carro de vacas para adiantarme decidiu dar un golpe de efecto. intentei como puiden collela, pero non había maneira e desistín cando case me como a cuneta á saída dunha curva para acelerar a toda hostia na recta grande. a velocidade é outra poderosa droga.

pois iso, que conduzo coma un carro de vacas, jajajja. e Dido sen montar con nós por culpa dos exames…

xa estamos pensando en repetir. “a min deixádeme saír diante que eu paso de volver ir comendolle o cu a alguén!” xa avisou Xoela. é xenial fabricar recordos así.

persoal03 Mai 2005 02:04 a.m.

un río de palabras. unha inundación delas. e eu buscando resposta fóra da miña cabeza, onde está a verdade??

estás ben?
só estou cansa, anda, vén se podes, faime falla.

e logo volvo a poñer os pés sobre a terra. non caín. aterricei cun paracaídas que me prestou Ro. a xente miránme como se miran aos tolos. falo e non paro de camiñar colgada do móbil. amarrada a el como se fose un salvavidas. creo que xamais falei tanto e tan de seguido. sen pensar, sen pedir permiso. morta de ganas de falar. liberdade de palabras na miña boca. estaban en coma dentro de min. e pouco a pouco vanse as ganas de berrar e subirme á montaña rusa. liberdade. liberación. nn estiven en lisboa, tampouco en Ou. estaba dentro do oído da miña Ro.

aclárate

máis? hai cousas que non se cren ata que che pasan. segredos do corazón aínda que o silencio non exista. e sei o quero pero non me atrevo a pedilo. NON PODO. espero e desespero. ata que volva a pasar algo e teña que escoller. fareino? coñézome e sei que si. hoxe matei o medo sen darme conta. violeino e mordino no pescozo. foise pero eu sei que vai volver. quero espacio, tempo. distancia. outros ollos e velo todo dende fóra. non pido nada a cambio, pero tampouco nego o evidente. que debo facer entón? vivir ata que me doia tanta intensidade. vivir ata emborracharme de recordos e sentimentos. vivir e vivir. e son a Maga que fai maxia para outros, pero quen a fai para min?

en fin, día liberador en parte. as de Ou todas estresadas con exames, movidas familiares e paro. desexando verme e eu a elas. e por aquí o mamón do arquitecto dando a brasa… en fin, que mañá será outro día.