non sei porqué, pero si que o sei... “isto xa o vivín†penso cando me boto á rúa coma un can sen dono. Sen rumbo porque non o tiña. Ãa vento e lembreime da praia. De perdidos ao río. lembreime da area pegada aos meus pés. Lembreime daquela calma que se metía dentro de min polo nariz, co olor a salitre. Que rápido son capaz de mandalo todo á merda! Camiñei coma un extraterrestre con música na orellas para anestesiarme. Crucei unha rúa e case me atropelan. Creo que me agarrou unha muller polo brazo. Con forza. Sorriume cando se foi. E eu co susto no corpo, co coche aínda pasando diante das miñas pernas, rozando o meu pantalón. Sorriume. Estaba feliz. Levaba unha gorra no pelo e vestía un chándal. Era a miña Amelie particular, o meu anxo da garda disfrazado de lisboeta. Non lle dixen nada, nada de nada. Tan só vin como se perdía, como se ía facendo máis e máis pequena, como se afastaba de min. Creo que nese momento foi cando me vin a min mesma do outro lado da rúa, tirada no chan, berrando, pq iso era o único que quería facer, coa boca chea de sangue, sen dentes, coa lingua na man. Co coitelo na man. Co coitelo co que apuñalei a Dido. Non apartei os ollos daquela imaxe que me negaba a min mesma unha e outra vez. Leváronme presa igual que aos asasinos. O cárcere da indiferencia será o meu castigo, a Nada, o Baleiro E mentres eu busquei un burato escuro no que esconderme. Estaba soa. Sen liberdade. SOA. Fuxindo da vergoña e da realidade. Da impotencia de saber que nada se esquece, as cousas malas sobre todo. Cara onde fun? Marchei a buscar libros, soñar con namorarme dalgún deles e por algún momento esquecinme de todo. Recoñezo que quixen odiarme e non puiden, supoño que xa nunca máis poderei e iso que non faltaban motivos. Decidín que esta vez non vou pedir perdón. non pq non o queira, é que non podo deixar de pensar que non o merezo. podería escribir a mellor carta, a máis fermosa, podería escribir o mellor de todos os libros, o poema perfecto; para min iso sería o máis fácil. Hai dúas cousas que sempre se repiten na miña vida, como a miña maldición particular, a miña asignatura pendente. Sempre acabo crendo, pensando e sentindo que non teño dereito a pedirlle nada a ningún dos meus; ás veces ata me sinto mal por pedir un abrazo ou un xesto de cariño, o que sexa. E despois que sempre lle fago dano ás persoas que máis quero. A todos, non se salva ninguén. É incrible a facilidade que teño para ferir... e por riba son rápida e eficiente. Igual que un asasino, o mesmiño ca un maltratador. Ou peor.

Fun ao cine e vin unha película chinesa sobre o amor: 2046. E estiven na sala de cine máis bonita que vin na vida. Estaba baleira cando entrei. Soa coma min. Soa ata que cheguei eu para sorrirlle. E ela regaloume a súa escuridade, a súa complicidade para notar como nacía o salitre dos meus ollos. Hoxe só quería estar soa. Fuxir, afastarme pq o medo me impedía atopar o camiño de volta a casa e aquí, en Lisboa, aquí non teño faro que me sinale cal é o camiño para volver a casa.

Mañá máis, hoxe non podo, a tristeza derrotoume. Prometo resucitar mañá, Ao amencer. Gracias polas vosas palabras!! Válenme a vida...

Pido perdón, por no haber escuchado tus ruegos
pido perdón, por las lágrimas que hablan de mi,
pido perdón, por tus noches a solas
pido perdón, por sufrir en silencio por ti.
Te pido perdón, a sabiendas que no los concedas
Te pido perdón, de la única forma que se.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora...
devuélveme la vida.
Yo no volveré, a quererte de nuevo a escondidas
no intentaré, convertir mi futuro en tu hiel
no viviré entre tantas mentiras.
intentaré convencerte que siempre te amé...y yo
Te pido perdón, a sabiendas que no los concedas
Te pido perdón, de la única forma que se.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora...
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
esconde en tu cajón
los recortes de amargura de mi amor
y ahora...
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
esconde en tu cajón
los recortes de amargura de mi amor
y ahora...
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora...
devuélveme la vida.

Chuzame! chúzame -