pasaron xa moitos anos, pero aínda me lembro con claridade daqueles días. xa non me sinto como sentín daquela, sei que non volverei a probar aquela desesperación, medo, dor, ira, rabia, angustia, desilusión, tristeza, melancolía. lémbrome de chorar todas noites. chorar sangue e vida, chorar petróleo como choraban as praias cando foi o do Prestige. lémbrome de abrazarme a Osiria morta de medo, coas mans treméndome de impotencia. lémbrome da soidade e do medo a perdela... ela foi quen me salvou a vida. lembrome de todas ás veces que me levou meu pai a Compostela para que me curasen a aLma. lémbrome de falar durante horas cunha descoñecida porque esa era a miña única menciña. lémbrome da culpabilidade. lémbrome de todas e cada unha das cousa malas que fixen. lémbrome de berrar chorando unha e outra vez: "non podo, non podo cambiar, non o ves!!!" lémbrome de vivir nunha montaña rusa, de andar perdida e soa polas rúas de Ou chorando en silencio. lémbrome de miña nai repetíndome que se realmente dela dependese eu xa estaría ben. lémbrome de berrarlle á miña irmá por puro medo. lémbrome dos CELOS.
é curioso, lémbrome e xa non me doe... cousa boa.
pero tamén me lembro das cartas, dos soños, da ilusión que me fixo cando me deron a alta, de como chorei de alegría. lémbrome dos veráns na aldea soñando con escribir contos e poemas, con bailar ben e ligar. lémbrome de querer ser como Osiria, de querer ir á súa voda. lémbrome de todas e cada unha das veces que actuei co grupo de teatro do colexio no Teatro Principal. lembrome do Faro que tiña eu en Ou para cando volvía tarde a casa. lembrome de que sempre había pendente de min. lembrome de cando fun a Italia e descubrín a Ro. lembrome de tardes eternas no ciber, saltándome as reglas do tempo e aprendendo do Mago. lémbrome de Aransa que me vía máis guapa do que xamais me puiden ver eu. lémbrome do día que naceu a miña prima Iolanda, lembrome do día que cumplin 18. lémbrome da miña primeira borracheira saltando pola plaza maior. lémbrome do primeiro día de universidade no cuvi, de cando me quedaron catro pa setembro e que(milagrosamente) logrei quitalas. lémbrome de ir limpar a Oia e a Carnota, de berrar NUNCA MÁIS e NON Á GUERRA. lémbrome da primeira vez que recitei na universidade e de como me tremían as pernas pola emoción. lémbrome de cando fixen o Camiño de Santiago dende Astorga. lémbrome da primeira vez que lle dixen a alguén que o quería. lémbrome de ir soa con miña irmá no coche coa música a todo volumen e cantando como tolas, lémbrome de noites enteiras bailando sen parar, lémbrome do día que decidín que me viña pa lisboa. lémbrome de deixarme querer e sentirme moi querida. lémbrome do primeiro bico e mil cousas máis que me pasaron dende que estou AQUÍ, en Lisboa, para algo está este blog. pero sobre todo lémbrome do día que me mirei no espello e me vin tal como son. o día que me atopei a min mesma.
e hoxe máis ca nunca lémbrome do momento, desa milésima de segundo, desa nada de tempo, dese instante que conxelei para sempre na miña cabeza, O DÍA que me decidín a cambiar, a botarlle un par e ser eu con todas as consecuencias, aceptando o bo e o malo de min, pq por encima de todas as cousas eu son son imperfeita. quizais sexa ese o meu encanto persoal. en fin. todo se transforma eu tamén o fixen. largo camiño ata aquí, pero non me arrepinto de nada do que dixen e fixen. victorias e derrotas, acertos e erros, etc. de todo aprendín a vivir. máis nada. e a guerra que me queda aínda por dar!!!!!
Todo Se Transforma
Tu beso se hizo calor,
luego el calor, movimiento,
luego gota de sudor
que se hizo vapor, luego viento
que en un rincón de La Rioja
movió el aspa de un molino
mientras se pisaba el vino
que bebió tu boca roja.
Tu boca roja en la mía,
la copa que gira en mi mano,
y mientras el vino caía
supe que de algún lejano
rincón de otra galaxia,
el amor que me darías,
transformado, volvería
un día a darte las gracias.
Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma.
El vino que pagué yo,
con aquel euro italiano
que había estado en un vagón
antes de estar en mi mano,
y antes de eso en Torino,
y antes de Torino, en Prato,
donde hicieron mi zapato
sobre el que caería el vino.
Zapato que en unas horas
buscaré bajo tu cama
con las luces de la aurora,
junto a tus sandalias planas
que compraste aquella vez
en Salvador de Bahía,
donde a otro diste el amor
que hoy yo te devolvería......
Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma.
ata volver do Algarve!!!
chúzame -